Post on 27-Feb-2021
O libro Lingua para o 3.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ana Canyelles Roca Ánxela Carril Caldelas María Duque Hernández Rafael Fortes Otero Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz
ILUSTRACIÓN ARTIMAGOS (Malena F. Alzu e Esther Pérez-Cuadrado)
EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro
DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero
As actividades non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno.
PRIM
AR
IA
Lingua3
Presentación do proxecto
Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu SABER FACER CONTIGO.
Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para a futura cidadanía do século XXI:
As habilidades de comunicación
A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:
– Tempo para falar. Comunicación oral.
– Tempo para ler. Competencia lectora.
– Tempo para escribir. Comunicación escrita.
As destrezas de pensamento
Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para iso trabállanse as estratexias e as rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que o alumnado adquira habilidades de pensamento de orde superior:
– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.
– Reter e lembrar a información.
– Relacionar coñecementos entre si.
A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.
A intelixencia emocional
A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan arredor destes aspectos:
– A identificación das emocións propias e alleas.
– A autoxestión e a regulación emocional.
– A expresión das emocións.
– As habilidades sociais e a empatía.
Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.
3
A creatividade
A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser capaz de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:
– A busca de estratexias persoais e innovadoras.
– A utilización de formas creativas de expresión.
As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.
O traballo cooperativo
Co obxectivo de que as alumnas e os alumnos desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupamento:
– Traballo por parellas.
– Traballo en equipo.
– Traballo en grupo-clase.
Estas actividades identifícanse con distintas iconas.
Ademais, ao finalizar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.
A autorregulación da aprendizaxe
En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e detectar fortalezas e debilidades.
Ao longo das unidades deste libro inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.
Para finalizar, e atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que van axudar a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.
4
Comezamos ............................................................ 9
Unidade 1. A descubrir mundo! ........................... 13
Unidade 2. Canta auga! ........................................ 29
Unidade 3. Unha paisaxe en miniatura ................ 45
Unidade 4. Unha colección moi curiosa ................ 61
Cooperamos ........................................................... 76
Unidade 5. Como sopra o vento! .......................... 79
Unidade 6. No mercado ....................................... 95
Unidade 7. As festas do barrio ............................ 111
Unidade 8. Repoboamos o bosque ..................... 127
Cooperamos ......................................................... 142
Unidade 9. Un día na granxa ............................. 145
Unidade 10. Unha rúa moi animada .................. 161
Unidade 11. No faiado ....................................... 177
Unidade 12. Que coches máis antigos! ............... 193
Cooperamos ......................................................... 208
Acabamos o curso ................................................ 212
O meu álbum de Lingua ...................................... 214
Índice
5
Cadro de contidos
Unidades Tempo para falar e escoitarTempo para ler
Aprendo e practico (Gramática)
Comezamos
1. A descubrir mundo!
13
Identificar e clasificar obxectosImprovisar unha conversa
Ladróns! A linguaxe e as linguas
2. Canta auga!
29
Localizar erros nunha descriciónFormular hipóteses
Auga clara! Oracións e palabras
3. Unha paisaxe en miniatura
45
Identificar unha paisaxeDescribir un lugar
A imaxinación ao poder!
Sons e letras
4. Unha colección moi curiosa
61
Localizar mineraisDescribir obxectos dunha colección
A colección A sílaba. Clases de sílabas
COOPERAMOS Facemos un esquema visual
5. Como sopra o vento!
79
Completar unha táboaExplicar unha noticia en directo
O primeiro temporal O substantivo
6. No mercado95
Atender aos detallesRepresentar unha escena de compra
Nube O xénero dos substantivos
7. As festas do barrio
111
Organizar a información dun cartelFacer a presentación dun acto
Unhas festas diferentes
O número dos substantivos
8. Repoboamos o bosque
127
Atopar diferenzas entre dous textos Animar a alguén a facer algo
Non podo respirar! O artigo e os demostrativos
COOPERAMOS Facemos o resumo dun texto
9. Un día na granxa
145
Resolver adiviñas Describir un animal
Excursión á granxa escola
Os posesivos
10. Unha rúa moi animada
161
Resolver un ditado gráfico Preguntar con precisión
Cuestión de nomes O adxectivo
11. No faiado177
Localizar erros de vocabulario Dar pistas sobre un obxecto
Vaia descoido! Os pronomes persoais
12. Que coches máis antigos!
193
Reconstruír mensaxesFacer un discurso de despedida
Unha viaxe no tempo
O verbo
COOPERAMOS Facemos un vocabulario de palabras difíciles
ACABAMOS O CURSO O MEU ÁLBUM DE LINGUA
6
Tempo para escribir mellor (Ortografía)
Máis tempo para ler Saber estar atentos
Saber facer (Escritura)Textos literarios Outros textos
O son K Un texto informativo: Acampada de fin de semana
Cada son, un momento
Pedir información por correo electrónico
O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela e O río
Elaborar un cartel
Signos que pechan oracións
Un texto instrutivo: Normas para visitar as Fragas do Eume
Unha fotografía como recordo
Comparar paisaxes
O son Z Poesía: Rachar a escuridade, Tesouro pirata e A escultura
Elaborar un folleto informativo
A partición de palabras
Un texto explicativo: Chuvia de animais
O mapa do tempo persoal
Elaborar unha lista de recomendacións
Palabras con b Teatro: O país das adiviñas
Escribir unha receita
Palabras con h Un texto informativo: Programa de festas do barrio da Carballeira
O corpo fala Escribir unha invitación
As contraccións do artigo
Teatro: Un bosque monstruoso
Explicar un proceso
Palabras con v Un texto informativo: Un mapache escala un rañaceos de Minnesota
Atentos coma unha ra
Contar unha experiencia persoal
Palabras con x e con s
Lenda: A torre de Hércules
Dar indicacións
Palabras con x e con ll
Un texto instrutivo: A maxia da orde
Veño doutro planeta
Describir un obxecto
A coma e os dous puntos
Conto popular: O demo noviño
Elaborar un anuncio
7
Símbolos utilizados neste libro
Sombreiros de cores
Indica as actividades en que vas traballar co teu compañeiro ou compañeira.
Para realizar estas actividades vas ter que traballar en equipo.
Indica que actividades tes que facer escoitando unha gravación.
É o sombreiro do pensamento. Valo poñer para reflexionar e sacar conclusións.
É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.
É o sombreiro das emocións. Valo usar para expresar o que sentes e poñerte no lugar dos demais.
PENSAMENTO
CREATIVIDADE
EMOCIÓNS
8
Falamos?
1 Describe como pensas que se senten os rapaces e as rapazas da foto e compara os seus sentimentos cos teus.
2 Explica as vantaxes e os inconvenientes de comezar as clases.
Que fas nas vacacións que non podes facer agora? Que fas agora que non podes facer durante as vacacións?
3 Presenta o compañeiro ou a compañeira.
Non esquezas ningún destes datos:
Como se chama. Onde vive. Cantos anos ten. Que lle gusta facer.
Comezamos
9
Máis tempo para falar
4 Que dirán as persoas da foto? Cun compañeiro ou cunha compañeira, elixe unha imaxe, obsérvaa e inventa un diálogo.
5 Escolle un dos trabalinguas e adéstrate para dicilo tan rápido como poidas.
Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pía.
Do queixo non che me queixo que o queixo ben che me sabe. Quéixome de quen o vende que non mo deixa de balde.
6 Escolle un dos plans de domingo e intenta convencer os compañeiros e as compañeiras por que é mellor ca os outros plans.
Plan 1. Ir ao cine pola tarde e merendar nunha hamburguesaría.
Plan 2. Dar un paseo en bici pola mañá e facer
un pícnic nun parque.
Plan 3. Ir de excursión a algunha localidade próxima e xantar na beira dun río.
10
Comezamos
Tempo para ler
De volta ao colexio
É o último día de vacacións e Martiño está moi triste.
–E logo que tes, Martiño? –pregúntalle a avoa. –Que non quero que acaben as vacacións.
Paseino tan ben!A avoa sorrí e dille:–E por que pensas que non o vas pasar
igual de ben ou mellor no colexio? Alí tes os teus amigos, non si? Aqueles que me explicabas que eran tan divertidos e que aprecias tanto. Como se chaman?
–Si. Chámanse Uxío, Xiana, Aldara e Alberte. A verdade é que teño moitas ganas de velos e de xogar con eles!
–Ademais, ti non dis que de grande che gustaría ser explorador? –continúa a avoa–: Pois, se pensas no colexio coma se fose un país que esconde unha chea de segredos que só os grandes exploradores coma ti poden chegar a descubrir, seguro que che resulta todo moito máis divertido e interesante.
–Graciñas, avoa! –di Martiño ilusionado–. Vou preparar a mochila para mañá. Quen sabe as novas aventuras que agardan por min neste curso!
7 Le a lectura en voz alta seguindo estas indicacións.
• Intenta pronunciar todas as letras das palabras correctamente e diferenciar unhas palabras das outras.
• Le cada oración coa entoación correspondente tendo en conta se acaba en punto (.), en signo de interrogación (?) ou de admiración (!).
8 Responde sen volver ler o texto.
• Como se chama o protagonista da lectura? Que lle pasa?
• Quen intenta animalo? Que lle di?
• Como se sente o protagonista ao final?
11
Tempo para escribir
9 Di o que é cada debuxo e inventa un nome propio para el. Despois, escribe unha oración en que expliques como é cada un.
10 Escribe unha palabra en cada caso.
Que teña 5 letras.
Que conteña tres vogais.
Que conteña o son R forte.
Que conteña x.
Que conteña o son Z.
11 Que estará pensando cada un? Completa no caderno.
12 Elabora, en grupos de catro, un cartel para comezar o curso.
Podes elixir algunhas destas ideas.
• As normas da clase. • Benvida ao novo curso.
• Cousas que nos gustaría aprender. • Mensaxes de ánimo para estudar.
12
813755174 Getty813755174 GETTY
Falamos?
A onde che gustaría viaxar? É un lugar próximo ou afastado?
Que medio de transporte terías que utilizar: coche, avión, bicicleta, tren, autobús…?
Quen che gustaría que te acompañase na viaxe? Como convencerías esa persoa para que te acompañase?
Que lugares dos que visitaches che gustaron máis?
1 A descubrir mundo!
SABER FACER
Pedir información por correo electrónico.
13
Tempo para falar e escoitar
Agora contesta as preguntas
Que fai a rapaza da lámina?
A onde cres que irá? Por que?
Que ten nas mans o rapaz?
Que levarías ti para pasar uns cantos días na montaña?
Que vexo? Que penso? Que me pregunto?
PENSAMENTO
As palabras sobre as viaxes pódenche axudar a responder
as preguntas.
14
11 Escoita e di cales son os dous obxectos que non se nomean na audición.
• tenda de campaña • impermeable • toalla
• saco de durmir • traxe de baño • lanterna
2 Que cómpre e que non cómpre levar ao campamento? Escoita de novo e escribe.
CÓMPRE LEVAR NON CÓMPRE LEVAR
3 Escoita estas palabras que conteñen o son K e cópiaas coas grafías que faltan.
es*ina ro*a re*eixo *en albari*o*e *ume
4 Representa cun compañeiro ou cunha compañeira unha conversa entre dous personaxes da lámina durante dous minutos.
• Primeiro repartide os papeis. Quen vai ser cada un?
• Despois fixádevos na situación e elixide o tema da conversa.
• Durante a conversa procurade non cortar as intervencións do outro e estade atentos ao que di para seguirlle o fío.
5 VALORES. Son responsable.
• Adoitas revisar a equipaxe, a bolsa, etc., para comprobar que non che falta nada?
• Cres que é importante facelo? Por que?
botas de tacos
saco de durmir
protector solar
Palabras sobre as viaxes
friameira
lanterna
cantimplora
compás
mapa
estoxo
caderno de notas
prismáticos
tenda de campaña
15
Tempo para ler
Ladróns!Na casa de Martiño semella que entraron os ladróns.
Os armarios están abertos de par en par e ensinan sen vergoña os seus misterios. Hai caixóns medio baleiros que parece que foron revoltos con présa. Nalgúns lugares vense moreas de obxectos diversos: roupa, zapatos, libros, cepillos de dentes, mapas, lanternas...
A tía Xulia, que nese intre chega de visita, queda coa boca aberta.
–Que pasou? –berra, espantada–. Chamastes a policía?Catro parellas de ollos miran para ela. Os ollos azuis
de Martiño mírana coma se se volvese tola. Os ollos castaños de Elisa, a irmá de Martiño, mírana coma se falase un idioma descoñecido. Os ollos negros de Carme, a nai de Martiño, mírana coma se fose un extraterrestre. Só os ollos verdes de Henrique, o pai de Martiño, a miran de xeito diferente: coma se fose a persoa máis graciosa do mundo!
Henrique escacha coa risa e a tía Xulia preocúpase aínda máis. Quizais o roubo o trastornou! Mirando ao seu arredor, decátase de que non será doado atopar o teléfono. A saber a onde foi parar no medio daquel rebumbio! Saca o móbil do peto e di suavemente:
–Tranquilos... A policía ha vir deseguida.
DIFICULTADES DE LECTURA
Ás veces cústanos ler correctamente algunhas palabras en voz alta, porque son moi longas ou porque conteñen letras ou grupos de letras difíciles de pronunciar.
Localiza na lectura as palabras que che parezan máis difíciles e leas antes en voz baixa para practicar a pronuncia.
16
1
revoltos: movidos, desordenados.
escacha coa risa: empeza a rir ás gargalladas.
rebumbio: conxunto de cousas mesturadas sen orde.
Daquela, Martiño e a súa irmá Elisa rin ás gargalladas co pai, que xa se deixou caer nunha butaca e agarra a barriga coas mans. Carme di:
–Que non, Xulia! Que non entrou ninguén a roubar! –Non? –a tía Xulia pon os ollos coma pratos–. E, daquela,
como se explica todo isto? –É que hoxe marchamos de acampada aos Ancares, tía
Xulia! –di Martiño, esmendrellándose de risa–. Non te lembrabas?
Agora é a tía Xulia quen ri. –Non me lembraba, non! Agora explícome... –volvendo
mirar ao seu arredor, di aínda–. E necesitades tantas cousas?–Necesitamos! –exclama Henrique–. Temos que ir
preparados para o frío, para a chuvia, para a calor... O tempo na montaña é imprevisible! E, ademais, levamos a tenda de campaña, os sacos de durmir, a mesa de encartar...
–E a comida, a neveira portátil, os cubertos... –continúa Carme.–E libros e xoguetes! –exclama Elisa–. Como imos estar
de acampada unha semana, imos ter tempo para todo! –E os mapas e o compás –remata Martiño–. Faremos un
montón de excursións pola montaña e non nos queremos perder!–Sabedes que? –dixo a tía Xulia–. Dádesme unha envexa
enorme!Coma se o tivesen ensaiado, Martiño, Elisa, Henrique
e Carme din á vez:–Pois ven connosco!A tía Xulia pénsao só un segundo e, despois, sae a fume
de carozo pola porta mentres berra:–Agardade por min un momento, que vou facer a miña
equipaxe!
EMOCIÓNS
Expreso os meus sentimentos.
Como te sentes cando convidas a alguén á túa casa e che di que si, que quere ir?
E se che di que non pode ir? Que lle dis?
17
Tempo para ler
Tranquilos... A policía ha vir deseguida.
1 Que aspecto presenta a casa ao principio? Elixe o debuxo correcto.
A B C
2 Escribe cada nome onde corresponda.
Xulia Elisa Henrique Carme
é a nai de Martiño. é o pai de Martiño.
é a irmá de Martiño. é a tía de Martiño.
3 Le e responde.
• Quen di iso?
• Por que quere avisar a policía?
• Como reaccionan Martiño e a súa familia?
4 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.
• Na casa de Martiño entraron os ladróns.
• A tía Xulia quere chamar os bombeiros.
• Martiño e a familia prepáranse para ir de acampada aos Ancares.
• Martiño e a familia convidan a tía Xulia a ir con eles de acampada.
• Ao final, a tía Xulia decide quedar na casa.
18
1PONTE A PROBA
Resolve estas actividades a partir da lectura.
a) Di se esta afirmación é verdadeira ou falsa.
A lectura Ladróns! comeza cunha descrición.
b) Di cantos personaxes interveñen na lectura.
c) Busca no texto unha enumeración e cópiaa.
d) Elixe a opción correcta. Que significa a expresión a fume de carozo?
• Con gran rapidez.
• Pouco e pouco.
e) Explica coas túas palabras o que é un compás.
f ) Por que Ancares se escribe con maiúscula inicial?
5 Comenta coas compañeiras e cos compañeiros.
• Cres que a situación que se explica na lectura pode pasar na realidade ou que se trata dunha esaxeración? Por que?
• Que cousas pensas que son imprescindibles para ir unha semana de acampada? Elixe só cinco.
6 Expresa a túa opinión.
• Que é o que máis che gustou da lectura? E o que menos?
VOCABULARIO
7 Responde en cada caso.
• Que portas están abertas de par en par?
A B
• Quen ten os ollos coma pratos?
A B
AO FÍO DA LECTURA
8 Busca unha explicación lóxica para estes feitos misteriosos que non sexa o roubo.
Desapareceron todas as xoias da avoa.
Os veciños non están, pero óense ruídos dentro do piso.
19
Como nos comunicamos?
As persoas falamos cos demais para expresar as nosas opinións, ideas, sentimentos… Cando nos comunicamos facémolo, sobre todo, por medio da linguaxe. Utilizamos a linguaxe cando falamos cos demais e tamén cando escribimos.
• Que utilizamos sobre todo para nos comunicar?
• En que situacións empregaches hoxe a linguaxe? Pon dous exemplos.
Hai moitas linguas
Ao falar ou ao escribir utilizamos unha lingua determinada: árabe, español, inglés…
No mundo hai moitas linguas diferentes, como o alemán, o chinés ou o francés. Para que dúas persoas se poidan entender, é importante que as dúas coñezan a lingua en que se comunican.
En España fálanse diversas linguas: galego, castelán, catalán, éuscaro…
• Entenderías unha persoa que falase chinés? Por que?
• Que lingua utilizas normalmente? Que outras linguas coñeces?
APRENDO E PRACTICO A linguaxe e as linguas
Cando nos comunicamos cos demais, facémolo sobre todo por medio da linguaxe. Utilizamos a linguaxe cando falamos cos demais e cando escribimos.
No mundo hai moitas linguas ou idiomas diferentes. Para que dúas persoas se entendan, é importante que as dúas coñezan a lingua en que se comunican. En España fálanse varias linguas: o castelán, o éuscaro, o catalán... Nós falamos galego.
Mamá:Hoxe teño fútbol, non o esquezas!Breixo
1 Observa e responde as preguntas.
• Con quen se comunica Breixo?
• Para que?
• Como o fai?
20
1
Good morning! ¡Buenos días! Bonjour! Guten morgen!
ABERTOOPEN
OUVERT
2 Sinala que linguas falan estes rapaces e rapazas.
A B C D
3 Escribe estas palabras en dúas linguas diferentes que coñezas.
• lapis • chuvia • bolboreta • auga
4 Di en que lingua están escritas as frases que aparecen entre comiñas («»). Despois, substitúeas polas correspondentes en galego.
Campamento de verán
«Good morning!». Así comezou o meu campamento de verán en Londres. Alí coñecín a Sophie, unha rapaza moi simpática de París que sempre me dicía: «Ça va bien?». Ao principio non a entendía, pero o meu amigo Carlos explicoume: «Te pregunta cómo estás». Desde aquela, eu sempre respondía: «Très bien, merci!». Paseino moi, moi ben!
Como estás?
Bo día!
Pregúntache como estás.
Moi ben, grazas!
5 Escribe o nome de tres linguas que se falen no mundo e responde. Cal che gustaría aprender? Por que?
6 Observa o cartel e responde as preguntas.
• Que linguas se utilizan?
• Por que pensas que a mesma mensaxe está escrita en varias linguas?
21
Tempo para escribir mellor
1 Copia só as palabras que conteñan o son K.
castaña cesta esquimó acordeón paquete escudo cinto quilo
2 Completa con c ou qu, segundo corresponda.
Unha enquisa pouco clarificadora
Onte pola tarde, na es*ola, pasáronnos unha en*isa para saber *e tipo de ex*ursións preferimos facer este ano. E sabedes *omo *edou todo ao final? Pois
*ince alumnos prefiren facer saídas ao *ampo e a
*atorce gustaríalles máis facer visitas *ulturais.
*ue resultado máis axustado, non si?
3 Clasifica as palabras anteriores segundo a forma en que se escriben.
ESCRÍBENSE CON C ESCRÍBENSE CON QU
4 Ordena e escribe os nomes dos obxectos representados.
O son K
O son K pódese representar con c ou con qu.
• Escríbese c diante de a, o, u. Exemplo: caracol, conto, culler.
• Escríbese qu diante de e, i. Exemplo: chaqueta, quince.
A
R
E
A
QU
T
M
N
O
I
QU
O
R A N
C O Á
Ó
U
R
E
LL
C N
C Q
22
15 Observa e forma palabras seguindo o exemplo.
foca foquiñas vaca
barca butaca
6 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno.
Fíxate no uso de c e qu.
A cara ou cruz
Carolina vota por ir de vacacións a Cuba, porque quere coñecer o Caribe. Xaquín, en cambio, considera que Turquía é un país máis exótico. Cansos de discutir, acordan decidilo a cara ou cruz. Que país será cara e cal será cruz? Aínda lles queda moito por discutir...
7 DITADO ACUMULATIVO. Fíxate nos contidos que se repasan neste ditado e prepárao para facelo no caderno.
Uso das maiúsculas O son K
A queixaría
Raquel e Cosme, curmáns do avó Quico, encárganse da queixaría, que é antiquísima. Alí elaboran queixos co fantástico leite que dan as súas vaquiñas. Eu coñézoas a todas polo nome: Xovenca, Cuca, Marquesa, Quina, Condesa... Sonvos as mellores vacas do mundo!
23
Máis tempo para ler
Acampada de fin de semana
O Club Excursionista de Tui vai de acampada! E faino nin máis nin menos ca ás Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A acampada vaise facer a segunda fin de semana de outubro (días 10 e 11) para celebrar o aniversario de creación do Club.
Á acampada poden vir todos os rapaces, rapazas, mozos e mozas que queiran, tanto se son membros do Club coma se non o son, nacidos entre 1999 e 2013.
O período de inscrición comeza o 2 de setembro e finaliza o 30 do mesmo mes. Podedes apuntarvos por Internet, a través do enderezo excursion@tui.org, ou no servizo de información da Casa da Cultura de Tui.
O próximo 1 de outubro, ás seis da tarde, haberá unha reunión na Casa da Cultura de Tui para informarvos de todo o que se necesita e para resolver as dúbidas que teñades.
Non deixedes pasar a oportunidade única de que as vosas fillas e os vosos fillos vivan unha experiencia inesquecible, onde a natureza, a diversión e a aprendizaxe van da man. Apuntádevos á acampada do Club!
Deseña un anuncio para a acampada do Club Excursionista de Tui, con debuxos e letras grandes. Tes que incluír esta información:
Club que organiza a acampada.
Lugar e datas da acampada.
Unha frase bonita que anime a participar na acampada.
CREATIVIDADE
24
1
2 A quen se dirixe o texto, aos pais e nais ou aos rapaces e rapazas? Como o sabes?
3 Relaciona cada data arrodeada de vermello co acto que se celebra ese día.
4 Que información se atopa no texto? Copia.
• Formas de inscribirse. • Cousas que cómpre levar á acampada.
• Lugar onde se fai a acampada. • Idade das persoas que poden ir.
• Lugar da reunión informativa. • Invitación para apuntarse na acampada.
5 Escolle quen vai poder ir á acampada do Club Excursionista.
A B
6 Podes ir á acampada, segundo a túa idade? Gustaríache ir? Por que? Explícallo ao resto da clase.
1 Que obxectivo ten o texto que liches? Responde.
• Describir as Illas Cíes e indicar onde se atopan.
• Dar información sobre o Club Excursionista de Tui.
• Dar información xeral da acampada ás Illas Cíes para que a xente se apunte.
SOBRE O TIPO DE TEXTO
Nacín no ano 2000.
Nacín en 1998.
Tempo para inscribirse
Acampada
Reunión informativa
SETEMBROl m mc x v s d
1 2 3 4 5 67 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 2728 29 30
OUTUBROl m mc x v s d
1 2 3 45 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 2526 27 28 29 30 31
25
Descubrir mundo é esgotador: vemos, ulimos, oímos, tocamos… É hora de parar un pouco e prestar atención a algo concreto para gozar de todo o que nos arrodea. Ademais, axudaranos a estar concentrados cando facemos os deberes. Practicamos a atención plena?
Proposta 1: Cada son, un momento
APRENDEMOS UN TRUCO DE ATENCIÓN PLENA
PASO 1. Senta no chan coa clase formando unha roda coas pernas cruzadas, o corpo recto e as mans enriba da barriga.
PASO 2. Respira a fondo e nota que a barriga se vai inflando e desinflando.
– Para concentrarte, podes pensar estas palabras máxicas.
DENTRO
barriga inflada
FÓRA
barriga desinflada
PASO 3. Centra a atención nun son que fará o docente (cun obxecto ou co corpo).
– Escóitao ata que non se oia. Imaxina como se escribiría con letras.
PASO 4. Abre os ollos e escribe nun papel o son que escoitaches. Compárteo coa clase e explica o que che transmitiu (calma, enfado, alegría…).
As onomatopeas son palabras que imitan os sons que oímos. Hai moitas que conteñen o son K. Pensa no son relacionado con estas imaxes e escríbeo en letras. Todas conteñen c ou q.
SABER ESTAR ATENTOS
ATENTO Á LINGUA: PENSO ONOMATOPEAS ae p c d eu
x x xo e rn
m
26
Para: diverarte@diverarte.com
Asunto: Información sobre a visita ao museo
Escritura
Pedir información por correo electrónicoAgora vas escribir un correo electrónico para pedir información antes de visitar unha cidade. Atréveste?
PREPARA O TEU TRABALLO
1 Le o seguinte anuncio e responde.
• De que informa o anuncio?
• Que ruta che gustaría facer?
• Que tes que facer para obter máis información?
2 Que preguntarías para coñecer estes datos sobre a ruta elixida? Escribe.
• Percorrido • Horario • Prezo • Duración
DEMOSTRA QUE O SABES FACER
3 USA AS TIC. Escribe un correo electrónico seguindo este modelo.
SABER FACER 1
QUERES COÑECER CITIMAR?
URBANRUTA ofréceche dous xeitos de descubrir a cidade:
Citimar Citimar a cabalo desde o aire
Se queres máis información, envía un correo electrónico a citimar@urbanruta.com
Estimados señores de Diverarte:Gustaríame que me informasen sobre a visita que van facer ao Museo Municipal:
1. Que día se vai realizar a actividade?2. Cómpre reservar a praza antes?
Grazas pola súa atención.Saúdos cordiais,Uxía Crespo
Enderezo electrónico
Obxectivo do correo
Saúdo
Motivo do correo
Información que se pide
Despedida
Sinatura
Agradecemento
27
COMO O FIXEN? Responde as preguntas no caderno.
Que texto da unidade serve para informar? Entendino ben?
Que dúas letras serven para representar o son K?
Que me resultou máis difícil? Que me pareceu máis fácil?
Ponlle unha nota ao traballo que fixeches nesta unidade.
COMPROBO O MEU PROGRESO 1
MENÚ DO DÍA
8 EUROS
1 Di en cal destas situacións se usa a linguaxe para comunicarse.
A B
2 Completa os enunciados.
• Utilizamos a linguaxe cando e cando
• Para que dúas persoas se entendan, é importante que
3 Escribe o nome de dúas linguas distintas que se falen en cada sitio.
• En Europa. • En España.
4 Responde e pon exemplos.
• Diante de que vogais a letra c representa o son K?
• Como se representa o son K diante de e e i?
5 Forma palabras seguindo o exemplo.
zoco quiosco
vaca banco
choco arco
Exemplo barco → barqueiro
6 Que son? Escribe os nomes destes obxectos.
A B C
REPASO ACUMULATIVO
7 Escribe dúas palabras en cada caso.
• Que conteñan o son R forte.
• Que conteñan o son R suave.
• Que conteñan mp.
• Que conteñan mb.
• Que se escriban con h.
28