A agricultura en Galiza

Post on 09-Jul-2015

86 views 8 download

Transcript of A agricultura en Galiza

A agricultura en Galiza

A agricultura é “a arte de cultivar a terra”. O traballo que se fai para favorecer o desenvolvemento das plantas útiles, aquelas que poidan servir como alimento ou para outros usos.

A AGRICULTURA PRECISA:•Un terreo cunhas características que permitan o laboreo •Un solo axeitado•Condicións ambientais: sol, auga... •Nutrintes •Especies seleccionadas en función da súa utilidade ou produtividade•Labores, ferramentas e medios de tracción e transporte.

HISTORIA

Os primeiros vestixios da agricultura proceden das prospeccións arqueolóxicas: sementes de trigo e unha caste de verza atopados en estratos de finais do terceiro milenio a. de C. No comezo da cultura castrexa (1800-1700 a. C.) atopáronse sementes de millo miúdo e ao longo deste período varias castes de trigo, avea e fabas.

En achados tardíos, xa na época galaico-romana aparece centeo.

Sementes de avea atopadas na excavación do castro de Viladonga.

Muíño castrexo. Museo do Tegra.

Durante a Idade Media cultivábanse en rotación cereais de verán e de inverno (millo miúdo con trigo ou avea). Coa incorporación do nabo, no século XII, producíuse a ocupación total do solo.

Os principais cambios na agricultura galega tiveron lugar no século XVII coa introducción dos cultivos procedentes de América, especialmente o millo e a pataca.

No século XVIII introducíronse as primeiras máquinas agrícolas.

Escea que representa o

cultivo do millo en America.

Cultivos procedentes de America.

Ata hai pouco tempo a agricultura era maioritariamente de autoconsumo e subsistencia practicada con medios primitivos (o arado de volteo non se utilizou ata mediados do século XX).

Nos últimos anos producíuse unha importante modernización nalgúns sectores como o gandeiro, os cultivos de horta, o vitivinícola e o forestal.

Pañando patacas.

Malla. Ata finais da década de 1950 en Galiza non se dispoñía de medios

técnicos para mallar os cereais.

A entrada na Unión Europea, fomentou a modernización das explotacións pero, as limitacións que impuxo ás producións de carne, leite e viño, elementos fundamentais na agricultura galega, supuxo o peche de moitas pequenas explotacións e impediu o desenvolvemento do sector.

Plantación de albariño no Rosal

Colleitadora de patacas na Limia

A PROPIEDADE DA TERRAO sistema de propiedade da terra tivo unha influencia decisiva no desenvolvemento da agricultura galega.Os grandes propietarios eran a nobleza, o clero e a fidalguía. A forma de acceder á terra de moitos campesiños galegos producíase a través de arrendamentos mediante o pago de rendas, en efectivo ou en especies, e parcerías, pagos dun tanto por cento do produto obtido ou o equivalente en diñeiro. Estas rendas a maioría das veces beneficiaban aos intermediarios (fidalgos, burgueses e campesiños ricos) que impoñían cantidades moi superiores ás orixinais.

Os mosteiros eran os propietarios dunha grande parte dos terreos.

Unha forma característica de cesión das terras foi o réxime foral, que predominou en Galiza desde o século XII ata mediados do século XX. O foro era un contrato polo que os campesiños recibían as terras durante un tempo (xeralmente tres vidas ou xeracións) e baixo unhas condicións determinadas. O forista (propietario) recibía unha parte proporcional das colleitas ou unha renda fixa, ademais doutras compensacións como a de entregar “a mellor cabeza ou cousa de catro pés” á morte do foreiro.

En Galiza houbo varios levantamentos contra o intento da suba dos foros. A mediados do século XIX propúxose a redención foral para unificar o dominio útil e directo da terra en mans de quen a traballaba. En 1926 un decreto-lei de Primo de Rivera permitíu a redención dos foros, proceso que se fixo lentamente ata que en 1974 desapareceron como figura legal.

Debuxo de Castelao

Existe ademais, o réxime de propiedade colectiva que se aplica sobre todo aos espazos de monte (montes en man común), as augas e aos pasteiros, xestionados por comunidades veciñais.

Na actualidade hai 670.000 titulares de terreos agrícolas e forestais e 2.835 comunidades de montes.

Curro do Forgoselo

CARACTERÍSTICASDA AGRICULTURA GALEGA

As características da agricultura galega son o resultado da combinación das condicións físicas e ambientais (clima, relevo, solo),

e socio-económicas do país.

A agricultura é un pear tradicional da economía galega, sobre todo pola cantidade de persoas que emprega directamente ou nas actividades de comercialización e transformación; aínda que, como consecuencia do minifundismo, a falta de especialización, formación e inversións, xera escasas rentas.

Máis da metade das explotacións producen por debaixo do salario mínimo, polo que en moitos casos, e nalgunhas zonas, realízase como unha actividade complementaria.

Galiza ten unha alta porcentaxe de poboación traballando no sector agro-gandeiro en comparación coa media europea e do Estado.

CLIMAGalicia ten un clima favorable para a agricultura e a gandeiría, con temperaturas suaves e abundantes precipitacións, aínda que cunha seca estival acusada, fundamentalmente nas Rías Baixas e nos Vales do Miño e Sil, e grandes áreas sensibles ás xeadas, sobre todo no interior.

CARACTERÍSTICAS FÍSICAS

Arredor do 70% do conxunto do territorio galego está baixo risco de xeada durante un período superior a seis meses.

RELEVOO relevo é bastante montañoso (máis da metade do territorio atópase entre os 200 e os 600 m de altitude e unha cuarta parte entre os 600 e os 1.000 m) o que fai que as terras axeitadas para o cultivo teñan pouca extensión. Só o 6,6% dos terreos agrícolas son chans ou con pendentes inferiores ao 3%. Máis do 20% dos terreos teñen pendientes superiores ao 20%.

As terras máis fértiles atópanse nas chairas costeiras e nos vales dos ríos máis importantes.

SOLOSA maior parte dos solos galegos son de boa calidade dentro das limitacións que impón a súa composición, o clima e o relevo. O 95% proceden de rochas ácidas (granito, xisto), polo que son acedos e bastante areentos. A inclinación e a porosidade dificultan a retención da auga, facilitan a erosión e o lavado, coa conseguinte perda de elementos nutritivos e profundidade. Son ademais moi activos bioloxicamente, porque ao estaren moi aireados o osíxeno aviva a actividade dos microorganismos e a materia orgánica esgótase rapidamente.

COMARCAS AGRARIASO conxunto de condicións climáticas e ambientais fai que en Galiza se atopen áreas de características diferentes:

COSTA NORTE E ATLÁNTICA:De topografía accidentada, clima húmido e temperaturas suaves. Agricultura relacionada coa gandaría de leite

RÍAS BAIXAS: Clima atlántico con seca no verán. Especializada en policultivo e viño.

MESETA CENTRAL:Clima continental, agricultura forraxeira, pequenas parcelas de policultivo e gando vacún de leite.

Abegondo

O Salnés

Vilariño de Conso

MONTAÑA NOR-ORIENTAL:Clima continental de montaña, agricultura de autoconsumo e gandaría de réxime extensivo.

MONTAÑA SUR-OCCIDENTAL:Alta pluviosidade. Gandaría extensiva.

DEPRESIÓNS E VALES INTERIORES:Clima con caracteres mediterráneos. Viticultura en comarcas definidas, patacas e cereais.

MONTAÑA SUR-ORIENTAL:Clima con gran amplitude térmica. Policultivo de autoconsumo, gandaría extensiva.

Trabada

Belesar

Queguas

Arzoá

CARACTERÍSTICAS SOCIAIS E ECONÓMICASA agricultura galega caracterízase polo pequeno tamaño das explotacións, un policultivo pouco especializado, a falta de tecnificación e formación dos agricultores, unha deficiente comercialización e unha escasa rede de transformación dos produtos. Estes problemas teñen como consecuencia un baixo rendemento que alonxa do agro á poboación máis nova quedando unha parte importante da actividade en mans de persoas maiores.

As parcelas están moi fragmentadas e hai un gran dominio das de pequeno tamaño: as máis grandes correspóndense con terreos forestais ou de pasteiros de montaña, no resto do país, especialmente nas zonas costeiras e nas proximidades dos núcleos urbáns, predomina a pequena propiedade.

-Máis das 3/4 partes das explotacións agrarias galegas teñen menos de 5 hectáreas.

-As grandes explotacións supoñen o 1% do total e abranguen o 41,3% da superficie.

O Salnés

Ordes

Parcela abandoada, unha imaxe cada vez máis habitual no agro galego.

En Galiza, ao igual que na maioría das culturas agrarias tradicionais a muller faise cargo dunha gran parte do traballo.

As FEIRAS e MERCADOS son elementos importantes na economía agraria. Tradicionalmente as feiras foron, e seguen a ser, os principais centros comerciais dos produtos agrícolas e gandeiros así como de aparellos, maquinaria e outros bens de consumo, eran centros de negocios e relación social. Teñen unha periodicidade establecida: semanal, mensual, anual... e xeralmente celébranse no centro do concello ou da comarca.Algunhas feiras están especializadas nun tipo de produto: gando, maquinaria, queixo...

Feira do Mosteiro (c.a.1985)

Feira de Monterroso

Na actualidade algunhas feiras perderon importancia ao crearse outras canles de comercialización para os produtos como cooperativas, lonxas agrarias...

As COOPERATIVAS son agrupacións de produtores que se encargan de reunir (nalgúns casos tamén de transformar) e comercializar os produtos, ofrecer información, formación e xestión ao asociados e facilitar a adquisición de materiais.

Cooperativa no Salnés

SISTEMAS DE EXPLOTACIÓN

DO SOLO

SUPERFICIE TOTAL: 2.957.841 Ha

PRADEIRAS E PASTEIROSFormacións vexetais herbáceas que se dan con carácter espontáneo ou semiespontáneo nos climas húmidos que non teñen moita seca no verán. Poden estar formadas só por gramíneas ou gramíneas e outras especies. Na actualidade non son totalmente naturais pois son regadas, coidadas e plantadas con especies seleccionadas.

Pradeira natural(Os Ancares)

PRADEIRAS PERMANENTES OU DE SEITURA: no inverno e primavera adícanse ao pastoreo, logo retírase o gando e a finais do verán séganse para ensilar.

PRADEIRAS TEMPORAIS OU DE CORTE EN VERDE: constituídas por unha mestura de gramíneas e leguminosas (trevo, ray-grass, dactilo...). Teñen unha duración media de cinco anos e ofrecen a posibilidade de varias cortas ao ano.

TERRAS DE LABRADÍOOcupan as amplas superficies chairas da Coruña e Lugo e os vales. Están adicadas a cultivos extensivos (trigo, centeo, millo, patacas...) e intensivos, produtos de horta (fabas, coles, repolos, leitugas, tomates, pementos, cenorias, chícharos, cebolas, allos, remolachas...), amorodos, froitas... Nas zonas especializadas no cultivo de hortalizas moitas parcelas están ocupadas por invernadoiros.

VIÑEDOSOcupan as zonas máis temperadas e secas: vales do Miño e do Sil, depresións interiores, e vales das Rías Baixas.

A Peroxa

TERREOS FORESTAISOcupan as partes medias e altas do relevo, espazos abandoados da agricultura e os terreos pouco aptos para o cultivo como encostas fortes e solos pobres ou degradados. Están ocupados por dous tipos de bosque, o autóctono-tradicional, formado por carballos, castiñeiros, bidueiros..., e o de repoboación, case exclusivamente de piñeiros e eucaliptos.

SISTEMAS DE CULTIVO

POLICULTIVOÉ un sistema de cultivo intensivo moi común en Galiza que se practica, sobre todo, nas áreas onde se producen hortalizas.

O Salnés

CULTIVOS ASOCIADOSPractícase en pequenas explotacións para aproveitar ao máximo o terreo. Son típicos das Rías Baixas: viñedos con patacas ou hortalizas, millo con fabas ou cabazas…

Millo con calacús

ROTACIÓN DE CULTIVOSA rotación de cultivos en Galiza é diferente segundo as comarcas. As hortas están sometidas a unha ROTACIÓN INTENSIVA, a maioría das terras labradas producen sen descanso agás en pequenos sectores das montañas de Lugo e Ourense onde se practica o barbeito un ano de cada dous.

ROTACIÓNS BIANUAIS: propias da Galiza interior. Alternan os cereais de inverno (centeo ou trigo) cos nabos ou o alcacén, seguidos de patacas ou de millo.O barbeito é unha forma de alternancia bienal que se practica (cada vez menos) nos cultivos de centeo do leste ourensán.

ROTACIÓNS DE CICLO LONGO (tres ou máis anos): son típicas da costa de Lugo, dunha parte da Coruña e de Pontevedra. Durante varios anos sucédese unha alternancia de millo e herba de Vigo, interrumpida por un ano de patacas ou de cereal de inverno.

Centeo nacendo nunha leira onde se pañou o millo.

MONOCULTIVOPractícase nas zonas de pradeiras, nos viñedos e na maioría das áreas forestais repoboadas.

OS CULTIVOS MÁIS

IMPORTANTES

CULTIVOS HERBÁCEOS Ha %Cereais (gran) 41.332 11,30%

Cultivos forraxeiros 286.545 78%Tubérculos 19.672 5,38%Leguminosas (gran) 2.121 0,58%Hortícolas, flores e viveiros 16.081 4,4%TOTAL 365.750

CULTIVOS LEÑOSOSHa %

Froiteiras 36.431 59%

Viñedo 24.904 40,60%

TOTAL 61.336

CEREAISO cultivo dos cereais de gran cobre unha parte importante das terras de cultivo. O que ocupa máis extensión é o millo, seguido do trigo e o centeo. Tamén se cultivan pequenas cantidades de avea, (Avena sativa), cebada ou orxo (Hordeum sativum) e de forma moi puntual millo miúdo (Paniculum miliaceum).

O MILLO MIÚDO era o cereal dominante en Galiza antes da introducción do Zea mays que, polo seu maior rendemento, ocupoulle o espazo e colleulle o nome.

Millo (Zea mays)É unha gramínea que pode acadar máis de 3 m de altura. Cultívase en terreos baixos e de media altura, para aproveitar o gran ou para forraxe. Hai millos de ciclo curto ou longo (90 a 120 días). Seméntase en marzo-abril e páñase en outubro. Ocupa máis do 50% da superficie cerealista. Nos últimos anos aumentou a extensión de cultivo para forraxe e diminuiu a de gran.

O millo é orixinario de América. Comezouse a cultivar arredor de 1630 polas Rías Baixas e foise introducindo polos vales cara ao interior. En poucos anos, a expansión do seu cultivo, cambiou a paisaxe e a forma de alimentación.

Trigo (Triticum…)É un cereal que se cultiva en Galiza desde a prehistoria. Existen varias clases e distintas formas de cultivalo: o trigo de inverno (grandal ou temperán) cultívase nas zonas máis cálidas, seméntase en outubro-novembro e páñase no verán. O trigo de primavera (serodio, tremesiño ou marceño) cultívase en zonas de montaña e seméntase en febreiro-marzo.As zonas de cultivo máis importantes son A Coruña (sobre todo Bergantiños), Lugo e Ourense (A Limia)

Centeo (Secale cereale)É un cereal orixinaro de Asia Menor, moi ben adaptado aos solos ácidos e o clima rigoroso do interior de Galiza. Cultívase sobre todo en Lugo e Ourense, a maior parte para forraxe. Seméntase no outono e recóllese de xuño a agosto. Hoxe en día este cultivo está practicamente abandonado.

Cultivos forraxeiros Son típicos das zonas gandeiras. Está conformados por cereais de inverno para o consumo en verde (ferralla ou alcacén, avea), cereais para o aproveitamento en seco ou ensilado (raigras, vallico ou herba de Vigo), millo e nabo forraxeiro. Ocupan máis de 286.000 ha.

PATACA (Solanum tuberosum)Planta herbácea anual cuns talos subterráneos (tubérculos) nos que almacena substancias de reserva, e que se aproveitan para alimento. Desenvólvese mellor en terreos soltos e lixeiramente ácidos (pH 5,5 a 6), e soporta ben variacións de temperatura e altitude, pero non o exceso de humidade.A máis cultivada é a de media estación. Xeralmente plántase na primavera (marzo-abril) usando cachelos (anacos de tubérculos) e páñase en agosto-setembro. Nas zonas costeiras (A Mariña e Rías Baixas) cultívanse patacas do cedo. Plántanse en xaneiro-febreiro e recóllense an abril-maio.

A pataca é orixinaria dos Andes Chilenos e Peruanos. A primeira mención ao cultivo de patacas en Galiza é do século XVI no Mosteiro de Herbón, pero o seu cultivo comezou a estenderse no século XVIII, época na que se chamaban “castañas mariñas”.

A pataca galega de consumo da variedade Kennebec está acollida a unha Indicación Xeográfica Protexida que inclúe a produción das zonas de Bergantiños, Lemos, Terra Cha-A Mariña e A Limia.

A Limia

VIÑA (Vitis vinifera)Planta arbustiva, perenne e trepadora que se cultiva controlando o crecemento por podas. O froito é a uva que se aproveita fundamentalmente para facer viño. Precisa tratamentos contra as pragas, especialmente fungos (mildeu, oídio, botrite...).O cultivo da vide ten unha longa tradición en Galiza. Na segunda metade do século XIX as vides sufriron os ataques de pragas (primeiro o oidium e despois o mildeu e a filoxera) que diminuíron moito a produción e levaron ao abandono dos cultivos nas zonas onde resultaba traballoso, e á substitución das especies tradicionais de calidade (treixadura, brancellao, caíño, godello, albariño) por foráneas e híbridos de calidade inferior.A partir da década de 1980 iníciouse unha profunda transformación recuperando especies autóctonas e tradicionais e nalgunhas zonas, o cultivo da vide, pasou de ser un produto de subsitencia e autoconsumo a ser o cultivo principal.Na actualidade cultívanse máis de 24.000 ha de viñedos.

En Galiza cultívanse máis de 200 variedades de vides, das que 77 (41 de tinto e 36 de branco) son autóctonas.

Existen cinco DENOMINACIÓNS DE ORIXE PROTEXIDAS: O Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra que deron lugar ao desenvolvemento dunha industria vitivinícola moi importante e dúas denominacións de Viños da Terra: Val do Miño e Betanzos.

HORTALIZAS E LEGUMESTradicionalmente ocupaban pequenas parcelas, hortas, nas proximidades das casas e a maioría de produción adicábase ao autocosumo. Na actualidade son obxecto de cultivo comercial, en moitos casos en invernadoiros, especialmente nas zonas temperadas, para adiantar as colleitas e poder producir durante todo o ano. As máis cultivadas son os feixóns ou fabas (secos e verdes), as coles, os repolos, a leituga, a cebola, o tomate, o pemento e o amorodo. Tamén se cultivan cantidades menos importantes de chícharos, cenorias, acelgas, remolachas, allos, pepinos, berenxenas,...

Feixóns ou fabas (Phaseolus vulgaris)Leguminosa, herbácea, anual, de talos trepadores da que se aproveitan as sementes. Seméntase de marzo a maio e páñanse en agosto-setembro. Ocupa arredor de 6.500 ha. As zonas onde máis se cultivan son Bergantiños e Lourenzá.

As xudías son unha variedade da que se consumen os froitos (vaíñas) en verde.

Chícharos ou ervillas (Pisum sativum)Leguminosa, herbácea, anual, de talos trepadores que se suxeitan con gabiáns. Seméntase de decembro a marzo e páñanse os froitos, para aproveitarlle as sementes, desde finais de inverno a finais da primavera.

Coles (Brassica oleracea)Plantas herbáceas bianuais ás que se lle aproveitan as follas. Cultívanse desde o Neolítico. Existen moitas variedades: coas follas lisas ou rizadas e de distintas cores, coas follas agrupadas formando cabezas (repolos), coas follas soltas (verzas), con grandes masas florais (coliflor, brécol)... que se poden cultivar en distintas épocas ou todo o ano.

Repolo Verza

Leituga (Lactuca sativa)Planta herbácea anual da familia das compostas, da que existen moitas variedades que se distinguen pola súa resistencia, forma, tamaño, textura e cor das follas. Cultívase todo o ano, no inverno baixo cuberta, e sobre todo no verán, ao aire libre.

Nabos, nabizas e grelos Plantas da familia das crucíferas que se cultivan sobre todo nas zonas de media altura. Os nabos seméntase en agosto-setembro e recóllenselle, despois dun mes, follas (nabizas), logo cimos (grupos de follas da parte alta) e, a partir dos dous meses e ata finais do inverno, grelos (talos florais tenros). Na primavera arráncanse os nabos e úsanse para alimento do gando. A nabiza e o nabicol son plantas diferentes á que só se lle aproveitan as follas como verdura de inverno.

Nabizas Grelos

Tomate (Solanum lycopersicum)É unha planta orixinaria de América á que se lle aproveita o froito. Cultívase no verán en exterior e, sobre todo, en invernadoiros. Seméntase en cama quente e cuberta a finais do inverno, plántase de marzo a xuño e recóllese o froito de xuño a setembro. O 75% do tomate galego prodúcese na provincia de Pontevedra.

Pementos (Capsicum annuum)Plantas orixinarias de América das que se cultivan distintas variedades. As máis coñecidas son as de Padrón e de Arnoia. Ten un ciclo semellante e parello ao do tomate e cultívase nas mesmas condicións.

Pementos de Padrón e da Arnoia.

Cebola (Allium cepa)Planta herbácea bianual á que se lle aproveitan os bulbos formados por follas engrosadas que conteñen as reservas da planta para a floración do ano seguinte. Seméntase en alcoubos, no outono, e trasplántase o ceboliño á terra en primavera. Recóllese cando lle secan as follas.

Allos (Allium sativum)Aprovéitanse as xemas (dentes) que xorden no talo subterráneo e gardan as reservas para o agromo do ano seguinte. Plántase no inverno e recóllese ao final do verán.

Amorodos (Fragaria vesca)Planta perenne, rastreira, da familia das rosáceas que se cultiva para aproveitar a parte carnosa que soporta os froitos. Recóllense desde finais da primavera e no verán. Na actualidade o seu cultivo está indo a menos.

FROITEIRASPredomina o sistema de árbores espalladas entre os outros cultivos ou en parcelas pequenas preto das casas. A maioría son para autoconsumo ou comercialízánse en feiras e mercados. As maceiras e pereiras (en menor cantidade) son obxecto de plantacións comerciais, as demais cultívanse en pequenas cantidades: ameixeiras, claudieiras, pexegueiros, cerdeiras, laranxeiras, limoeiros... Galiza é a primeira produtora de castañas, noces e kiwi do Estado.

Maceira (Malus communis)É a árbore froiteira que máis se cultiva en Galiza (arredor de 1.300 ha), tradicionalmente de forma natural no Norte, onde se vende sobre todo para sidra, e en plantacións regulares e titoradas desde 1970, aínda que o seu número estase a reducir por baixo rendemento.

Mazán para sidra

Kiwi (Actinida chinensis)Planta arbustiva orixinaria de Asia Oriental. Chegou a Galiza na década de 1970, o seu cultivo ocupou rapidamente grandes superficies, polo alto rendemento económico dos seus froitos. O aumento da produción e a importación abarataron os prezos o que deu lugar ao abandono e reconversión de moitas plantacións.

CASTIÑEIRO (Castanea sativa)É unha árbore de folla caediza de orixe mediterránea que se cultiva para aproveitar os froitos (castañas) e a madeira. O labor de cultivo céntrase no enxerto, a poda dalgunhas ponlas (para mellorar os froitos e poder pañalos con máis facilidade) e a colleita.A colleita das castañas faise no mes de outubro. Os ourizos apáñanse do chan ou varéanse e logo lévanse á ouriceira onde se teñen un tempo para que maduren e poder sacar as castañas con facilidade.

Hai anos os soutos ocupaban moita máis extensión, pero as pragas dos castiñeiros (fungo da tinta), os incendios e as repoboacións forestais con piñeiros e eucaliptos reduciron a superficie de cultivo que na actualidade abrangue aproximadamente 38.000 ha concentradas, sobre todo, nas provincias de Ourense e Lugo.

Oliveira (Olea europaea) Árbore perennifolia orixinaria de Asia, típica do clima Mediterráneo, que se cultiva para aproveitar o froito para consumo directo ou tranformado en aceite.En Galiza foi un cultivo que acadou certa importancia nas zonas de clima seco dos vales do Sil nos séculos XVII e XVIII e que actualmente está case desaparecido. Só quedan nunhas poucas áreas da zona de Quiroga. Arredor do seu cultivo había unha industria artesanal de elaboración de aceite.

Oliveiras en Montefurado.

Liño (Linum usitatissimum)Foi un cultivo que tivo moita importancia ata o século pasado como fonte de materia prima para unha importante industria artesanal de tecidos. Da súa importancia quedan referencias en moitos topónimos galegos: Liñares, Liñeira, Liñar... Actualmente cultívase en varias zonas da Coruña.

Plantas de liño no Museo da Limia.

Plantas mediciñais e aromáticas. Cultívanse nalgunhas zonas (Vilar de Santos, Palas de Rei, Toques ...)

Cultivo de especie aromáticas. Vilar de Santos.

Cultivo de flores na Guarda.

FloriculturaTradicionalmente cultivábanse flores en pequenas parcelas destinadas á venta na festa de Santos e Difuntos (dalias, crisantemos...). Hoxe en día o cultivo industrial de flores faise en invernadoiros especialmente nas Rías Baixas, nas Mariñas, en Ourense...

CogomelosGalicia, polas súas temperaturas suaves e oscilacións térmicas pouco acusadas presenta unhas condicións idóneas para o cultivo de cogomelos, que en áreas experimentais, nalgúns soutos, acada unha produción anual de 150 kg/ha o que o a fai moi rendible. Existen cultivos en interior e en bosques.

Hifas da Terra

O terreo forestal (arborado ou non) ocupa unha gran parte da superficie galega (arredor do 61%). A maior parte da superficie arborada está adicada á produción de madeira. As especies forestais máis cultivadas son o piñeiro (pinaster e insignis), o carballo, o eucalipto, os castiñeiros e as árbores de ribeira. O 47,54% da superficie galega está cuberto por uns 600 millóns de árbores que producen 6.500.000 m3 de madeira ao ano, o 50 % da madeira do Estado Español.

APROVEITAMENTO FORESTAL

As repoboacións forestais con especies foráneas comezaron a finais do século XIX, primeiro con piñeiros, e despois con eucaliptos e intensificáronse a mediados do século XX como materia prima para as celulosas.

A AGROINDUSTRIAGALEGA

A carón da agricultura e da gandeiría creáronse e desenvolvéronse, nas propias casas ou en pequenos obradoiros, actividades de transformación dos produtos. Máis recentemente xurdiron as empresas industriais que recolleron a riqueza e variedade dos valores tradicionais e incorporaron á produción as máis modernas técnicas de elaboración e comercialización. Na actualidade aínda conviven coas modernas industrias empresas de caracter familiar e obradoiros tradicionais.

As industrias máis representativas do sector son as lácteas, as cárnicas e as de alimentación animal. Tamén están adquirindo un gran desenvolvemento as de elaboración de viños e augardentes e as de conservas e envasados de produtos vexetais.

A Rosaleira, empresa pioneira no envasado de produtos vexetais galegos.

A TRADICIÓN

A agricultura, ao formar parte desde sempre da vida diaria da xente, foi fonte de experiencia e de saber que se reflicte nun abondoso e variado folclore e refraneiro, e nun vocabulario específico moi rico que presenta innumerables variacións entre unhas zonas e outras: o xeito de nomear as plantas, os animais, as ferramentas os traballos...

OS NOMES DAS TERRASHerdade ou eido : terreo de propiedade particular, en xeral de cultivo.Agros , agras ou vilares : grandes extensións de terra de cultivo sen pechar que aínda que pertenzan a varios donos trabállanse de xeito comunitario.Leira : anaco de finca que se traballa dunha vez. Nalgúns sitios é un eido adicado a cereais ou patacas que carece de auga.Horta , chousa ou cortiña anaco pequeno de terra situado a carón da casa onde se cultivan hortalizas.Seara : terra de cultivo

Veiga : terreo de cultivo bo, situado nas beiras das valgadas. Terra adicada ao millo.Cavada : anaco de monte ou eido preparado para o cultivo.Estivada : anaco de monte rozado, queimado e sachado para o cultivo do centeo.Cortello : finca cercada que pode ter arredor videiras ou parras.Cortiña : terreo rodeado de muros no que medran árbores para leña. Touza : anaco de monte rodeado de muros ou sebes que se adica a leña e estrume.Bouza : terreo con árbores e monte baixo, ou só de monte baixo.

Devesa : finca con árbores destinadas a producir leña.Choupín : finca de pequenas dimensións.Souto : anaco de monte adicado aos castiñeiros.Pomareira ou pomar : terreo con maceiras.Enxido : finca onde se cultivas árbores froiteiras variadas.Toxeira ou toxal terreo con toxos.Coutada : anaco de monte pechado con muros ou sebes.Campo ou prado : finca destinada á produción de herba.Corgo : pequeno prado onde se leva o gando a pastar.Boedo : terra de gándara na que medra espontaneamente o pasto.

MEDIDAS TRADICIONAISPARA AS TERRAS:Ferrado (a máis usada): de medida moi variable, desde 64 m2 en Soutomaior até 725 m2 en Cervo. Nalgunhas zonas chámase tega ou choupín .Fanega (4 ferrados)Tego (1/2 ferrado) RiotortoCuartillo (1/4 de tego)Cunca (1/12 de ferrado)Cavadura : úsase en Ourense para medir o viñedo. 435 ou 437 m2, segundo as zonas. Na Ribeira Sacra é o terreo no que caben 100 cepas ben desenvolvidas.Copelo : A Porqueira: 21 m2, Celanova e A Bola 20 m2 (equivale aproximadamente a 1/5 de área)Maquía : en Valdeorras 120 m2, en Verín, 22,22 m2.

MEDIDAS DE CAPACIDADE:Ferrado ou tega : ten un valor moi variable segundo as comarcas de 13 a 24,68 litros para trigo, cebada, avea e centeo.Fanega : 5 ferradosEsca ou tego : 1/2 ferrado ou tega.Cuarta e media Cuarta : 1/2 e 1/4 ferrado.Ola e cántara : 16 ou 16, 5 litros (Ourense)Cunca : 1/16 de ferrado.Moio : 8 olasCanado : dúas cántaras. Cabazo : 20 litros (Ourense)Arroba : (Rías Baixas): 14, 5 litrosPipa : 36 arrobasBocoi : 42 arrobasCuba ou fusta : 2 a 3 pipas.

Arroba Ola

Ferrado

REFRÁNS (tempo e agricultura)• No mes de xaneiro sube ao outeiro,

se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar.

• Xaneiro xeado e abril mollado, enchen o faiado.

• Seco xaneiro, abundancia no graneiro.

• Auga de febreiro enche o cabaceiro.• Pascuas molladas, anadas dobradas• Abril frío, moito pan e pouco viño.• En abril espigas mil, en maio todo

espigado (centeo).• En abril augas mil, cargan o carro e

máis o barril.• Auga en abril, toda a que queira vir;

auga no maio, detrás do arado.• Que chova en abril e maio aínda que

non chova en todo o ano.

• No maio bebe o boi no prado, e se non bebe, malo.• Polvo no maio e lama no agosto, anda o tempo descomposto.• Maio frío moito trigo, maio pardo, ano farto.• Maio pardo e San Xoan craro, valen máis que os bois e o carro.• A auga por San Xoán tolle o viño e non da pan.• En San Xoán seca a raíz do pan (centeo).• Cando chove en agosto chove mel e mosto.• Máis vale anubrado de agosto ca sol de setembro.

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaNovembro 2014