Post on 30-Jul-2015
A bubela e outros galegos curiosos
outro fascinante descubremento do morcego Roque
Sorprendeuse Roque, a tempada pasada, ao sentir “bubear”, en galego, na sabana africana.
BU, BU… BU, BU BU… BU,BU…
Achegouse curioso e descubreu sorprendido a unha bubela chamando por un seu amigo.
-Como pode ser que tan lonxe da terra escoite a fala das nosas bubelas?.
-Non é nada extrano- respondeulle a bubela-. Aínda que estou lonxe, eu tamén nacín nela.
-E como puido ser que pasara tal cousa? Eu son galego de pai, nai e avoas.
-Pois eu, para que o saibas, e aínda que non o creas, teño, que as recorde, todas as raíces galegas.
Cando medran os días cruzamos o mar e buscamos un sitio onde aniñar.
Nun burato dun valo,
ou nunha árbore furada, facemos o niño e coidamos a niñada.
Atendemos ás crías para que medren ben, e cando o tempo enfría vímonos outra vez.
Pero o meu non é un caso especial, hai outras moitas aves que tamén o fan.
Tal coma nós, hai algún paspallás,
cegoñas,
rulas… e unhas trinta máis.
Moitas anduriñas,
xirrios
e cucos,… tamén son galegos
…ata abellarucos.
Hai miñatos queimados,
avenoiteiras,
mouchos de orellas
e gatafornelas.
Reiseñores,
ouriolos,
picanzos vermellos,
escribentas das hortas
e pedreiros cincentos.
Pernileiros,
unha clas de lavandeira,
merlos rubios,
águias perdigueiras…
E como non as coñezo, non che digo máis, pero sei que hai outras… e algunhas do mar.
Roque admirado de canto aprendera despideuse agradecido de aquela bubela.
E como pasa sempre, cada vez que sae, volveu moito máis sabio daquela viaxe.
fin
As imaxes de aves foron collidas da rede.Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta
Catro aves, escollidas,son as que pasan o mar: o cuco, a anduriña,a rula e o paspallás Cantiga popular
CO
USIÑ
AS F
EIT
AS N
A C
ASA
Cegoña brancaMiñato abelleiroMiñato queimadoMiñato realÁguia albelaGatafornelaTartaraña cincentaÁguia caudalÁguia perdiceiraFalcón pequeñoPíllara areeiraPaspallásSisónPernileiroRula común Moucho de orellasAvenoiteiraXirrioAndurón realAbellarucoBubelaPeto formigueiroAnduriña das barreirasAnduriña comúnAnduriña dáuricaAnduriña do cu branco
Pica papudaPica das árboresLavandeira verdealReiseñor comúnPapoazul Rabirrubio realChasco rabipintoPedreiro cincentoPedreiro amareloMerlo rubioFulepa pintada Fulepa dos carrizosFulepa grandeFulepa amarelaPapuxa paporrubiaPapuxa comúnPapuxa apardazadaPicafollas de BonelliPicafollas ibéricoPapamoscas cincentoOuriolo comúnPicanzo vermelloPicanzo rebordáEscribanta das hortasTrigueiro comúnCuco papudoCuco común
Relación de especies migradoras estivais que crian en Galicia e pasan o inverno en África