Post on 07-Jul-2015
description
Hai centos de anos nunha terra moi afastada vivía Matilda, a infanta lexítima
do Reino de Bastolandia. Bastolandia era un pais moi pequeno
pero tiña de todo. Matilda vestía casco con ás como Astérix (o personaxe
fantástico dos cómic), chaqueta, saia e pite rpán. Era moi falangueira e animada.
1a
Hai moito tempo vivíu unha muller chamada Matilda filla duns labradores á que lle gustaba erguerse cedo. Aínda que vivía nos Alpes, anoxábase con
facilidade.
2a
Hai moitos séculos nunha pequena aldea de Lugo vivía unha sota chamada Matilda. A ela gustáballe darlle á xente
co seu bate na cabeza. Matilda vestía un traxe axustado, tiña o don de botar lume
pola boca e o seu casco máxico concedíalle todos os desexos que
quería.
3a
Hai moito tempo viviu unha sota chamada Matilda. O seu pai era un ser
moi poderoso chamado Hércules e a súa nai chamábase María. Matilda era moi forte, alta e seria. Vestía saia curta e
xersei vermello e vivía nun gran castelo cos seus pais.
Vivían moi felices os tres.
4a
Érase unha vez unha nena moi bruta chamada Matilda. Era filla do rei de Bastos que tamén era moi
bruto. Vivían xuntos no barrio Cachiporrio na rúa Espaguetes con
Queixo. Un barrio moi ruidoso e porco pero divertido.
5a
Érase unha vez unha moza chamada Matilda, unha moza moi forte pero moi torpe, baixa, loura e cun gran basto na
man.
6a
Unha noite estrelada, Dona Matilda, a fermosa guerreira e sota de bastos coa súa saia de cor branca e o seu basto na
man, miraba as estrelas e a vila onde vivía. Aquel lugar chamábase
Bosquelandia.
7a
Érase unha vez unha princesiña chamada Matilda, filla do rei Enriquebruto
da familia dos Bastos. Tiña dezaseis anos e sempre levaba na súa man un
pesado basto verde. Era moi delgadiña e tiña as pernas moi longas. Vivía na
cidade da Baralla na rúa dos Bastos.
8a
Hai moitos anos naceu unha nena chamada Matilda moi tímida pero
graciosa. Era a filla de Bastocapilo e Risurinda e vivía na cidade de Popularín.
9a
Hai moito, moito tempo existiu unha princesa de Bastos chamada Matilda. Sempre vestía un casco con as de ouro, unha saia branca que lle gustaba moito, un chaleque vermello con bordados dourados, pantalóns vermellos e amarelos e zapatos verdes. Na man tiña un
gran basto verde que nunca soltaba porque lle gustaba machucar sandías, melóns e
maracuiás.
10a
Hai xa moito tempo cando as persoas non vivían moi ben había unha sota chamada
Matilda. A súa pel era da cor do outono, o seu pelo da cor do sol, os seus ollos da cor da herba e os seus beizos como o das rosas. Vivía no castelo de Bastoserrán co seu pai.
Gustáballe ir ao campo e e durmir alí e tamén coller flores e xogar cos animais. Era a nena
máis fermosa de Bastoserrán e tiña doce anos.
11a