A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non...

Post on 25-Aug-2020

7 views 0 download

Transcript of A VOZ D@S NEN@S · 2020. 8. 16. · Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente. E non...

A VOZ D@S NEN@S Colexio Alborada

Curso 2011/2012

PublicaciÓn ANUAL COORDINADA POLO EQUPO DE

DINAMIZACIÓN da lingua galega DO CEIP “ALBORADA”

2

LIMIAR

Outro ano máis, sae a luz un novo número da revista “ A Voz d@nen@s” e isto foi

posible pola cooperación de toda a comunidade educativa. Sen esta colaboración non

sería posible. Por iso, dende estas páxinas, o Equipo de Dinamización da Lingua

Galega, damos a grazas a todos e todas polo traballo desenvolvido e que amosaremos ao

longo destas páxinas.

Como nos anteriores números, con esta publicación, faremos un pequeno resumo das

actividades máis salientables levadas a cabo este curso. Tamén están publicados os

traballos realizados para esta revista polo alumnado de todos os ciclos da Educación

Infantil e a Educación Primaria.

E, como novidade, publicaremos os traballos que foron seleccionados no I concurso de

narrativa, poesía e banda deseñada. Tamén a portada desta publicación, foi elixida por

unanimidade polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, no I concurso de debuxo

convocado para tal fin.

Como un dos obxectivos do Equipo de Dinamización da Lingua Galega é a promoción

da lingua galega, amosaremos algunha das actividades feitas, como o proxecto”Contos

a carón da lareira”, onde as familias colaboraron desinteresadamente para vir a contar

contos na nosa lingua, ao alumnado de Educación Infantil e o Primeiro Ciclo de

Educación Primaria. Con esta actividade queremos manter viva a tradición oral, tan

presente na nosa cultura. Dende aquí queremos dar as grazas as familias colaboradoras

e emprazar esta actividade para darlle continuidade o vindeiro curso.

Así mesmo queremos reflectir o labor desenvolvido polo profesorado, fóra do seu

traballo puramente docente. Dende o Colexio Alborada queremos ter presentes valores

como o respecto e coidado do medio natural, tamén o respecto as diferentes culturas,

formas de aprender, por iso o profesorado organiza grupos de traballo sobre estas

temáticas que este curso se concretan en:

Proxecto “ Voz Natura “

Grupo de traballo sobre o autismo para coñecer máis en profundidade este

trastorno e poder dar resposta educativa nas aulas onde exista alumnado con el.

Proxecto de formación en centros sobre medio ambiente.

E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este

ano está adicado o autor Valentín Paz Andrade, persoeiro ben importante para a cultura,

a política e a economía galega. Non podía faltar, nestas páxinas, a homenaxe adicada a

este galego ilustre.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos enviar un agarimoso

saúdo a toda a comunidade educativa, arelando que a nosa lingua sexa cada vez máis

valorada e, en consecuencia, máis falada polas novas xeracións que estamos a educar.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA

3

GAÑADORES/AS DO I CONCURSO DE NARRATIVA, poesia e banda deseñada

Este curso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso de

narrativa, poesía e banda deseñada para promocionar entre o alumnado o uso da lingua

escrita. Os traballados premiados son os seguintes:

NARRATIVA :

Na etapa de Educación infantil foron as aulas de 5 anos, os que levaron o

premio, con esta historia ben ecoloxista:

4

5

Na etapa de Educación Primaria, os seleccionados na modalidade de narración

foron:

- Kevin Souto Cillero, de 1º B, Samuel Martín e Aitxiber Torres de 2º B, todos eles do 1º Ciclo, as obras premiadas son as que publicamos a

continuación:

6

7

8

POESIA

Os gañadores de poesía por cada ciclo foron os seguintes:

En Educación Infantil: foi seleccionada esta composición poética realizada

polos nenos e nenas das aulas de 4anos.

Estes rapaces e rapazas cos seus sorrisos, anímanos a falar na nosa língua.

Grazas rapaces e rapazas por esta fermosa rima e polos vosos sorrisos!

9

No 2º Ciclo de Educación Primaria foi seleccionado os seguinte poema, do

que son coautoras Ana Cristina Caramés e Uxía Freire Olveira, de 4º curso.

10

No terceiro ciclo de primaria, o poema o” rir do gaiteiro”, de Adrián

Méndez de 6º B, foi o premiado.

11

Tamén obtivo 1º accésit o poema adicado o noso colexio, escrito por Paula

García Esmorís, de 6ºA.

O 2º accésit correspondeulle a esta composición do que son autores Julia A.

Barbosa de 5º curso.

12

Banda deseñada

Os traballos seleccionados na modalidade de banda deseñada foron para

Rebeca de 6º B, que obtivo o 1º premio .

13

O segundo premio foi para Noemí, de 5º B

14

Premios do concurso de debuxo para seleccionar a portada da revista

Os debuxos seleccionados foron os seguintes: 1º premio para as aulas de 4anos, por

esta interpretación dun poema de Valentín Paz Andrade. Os seguintes accésits foron

para os debuxos realizadas en 4º con frases alusivas á utilización da nosa fala.

15

TRABALLOS REALIZADOS NAS AULAS

Os nenos e nenas de 1º construíron un poema cos seus nomes e aquí está o resultado:

16

17

18

Julia Andrea Barbosa de 5º compuxo este poema adicado a súa nai.

Andrea Trujillo de 2 º fixo esta narración:

19

María González Justo, de 2º curso co seu debuxo explica en que consiste a reciclaxe.

Adrián Méndez Espasandín debuxou un baile tradicional da nosa cultura. Diego Infante

de 2º, tamén realizou este debuxo sobre a Praza de María Pita.

20

Pasatempos

21

Contos a caron da lareira

Unha das actividades realizadas para fomentar a lingua galega é a chamada “contos a

carón da lareira, onde as familias veñen ao colexio a contar un conto ao alumnado de

Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria. Dende estas páxinas damos a

grazas a todos e todas as participantes. Contamos con vós para o curso que vén!

22

23

24

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS COLABORADORAS !

25

Proxecto voz natura

Este curso estamos a levar a cabo un proxecto de Voz Natura para a reforestación do

patio do centro e a limpeza do mesmo. Realizamos unha plantación de árbores de

diversas especies.

Arelamos un patio verde e limpo!

26

Letras galegas 2012 Ano de Valentín Paz Andrade

O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 898. Fixo o bacharelato na cidade de Pontevedra e estudou Dereito en Compostela onde coincidiu con numerosos intelectuais galegos: Castelao, Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Luís Peña Novo... Chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal «Galicia». Foi membro do Partido Galeguista sendo nomeado o seu secretario en 1934. Anteriormente fora candidato a deputado ás Cortes Constituíntes. Colaborou na redacción do primeiro Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos no ano 1931. Cando estalou a Guerra Civil defendeu a moitos galeguistas e mesmo axudou a fuxir a algunhas persoas. Foi desterrado a Verín, Badaxoz... e ao longo da súa vida foi detido en varias ocasións por mor da

27

súa militancia política e polos seus artigos periodísticos. Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo. Impulsou a creación do grupo industrial galego Pescanova que foi a primeira compañía armadora europea de buques conxeladores e da que foi vicepresidente. Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título «Pranto Matricial» (1954). Máis tarde escribiu «Sementeira do vento» (1968) e «Cen chaves de sombra» (1979). Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias, galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis polo seu traballo a prol de Galicia.

Faleceu en Vigo no ano 1987. Un poema do seu libro “Galicia matricial,”adicado a Castelao, é o seguinte:

CANDO TI VOLVAS

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,

que dende a Torre de Hércules ao Miño

un facho acenderá por cada illa,

cando ti volvas polo mare;

de toxo unha fogueira en cada monte,

cando ti volvas polo mare;

dos castros na coroa unha cachela,

cando ti volvas polo mare;

28

unha loura candea en cada pino,

cando ti volvas polo mare;

o seu cirio de frouma os alciprestes,

cando ti volvas polo mare;

luces de ardora branca en cada mastro,

cando ti volvas polo mare;

un farol mariñeiro en cada dorna,

cando ti volvas polo mare;

veliñas á xanela en cada casa,

cando ti volvas polo mare;

e as pérolas das bágoas derramadas,

cando ti volvas polo mare;

cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954

29

Valentin Paz Andrade Baixo a mirada dos nenos e nenas de 1º

30

SIMULACRO NO COLEXIO

Este curso realizamos un simulacro no noso centro, contando coa colaboración dos

bombeiros.

31

Despedimos ao alumnado de 6º curso que comeza unha nova

etapa