Post on 02-Jul-2015
Acordo Atlántico
Organizacións empresariais e sociais relacionadas con Software
Libre/Código Aberto de ambos lados do Atlántico formalizan a súa
colaboración a través do
Acordo Atlántico
29 de Xuño de 2011
As seguintes asociacións empresariais e sociais do ámbito do Software Libre/Código
Aberto:
• AGASOL: Asociación Galega de Empresas de Software Libre – Galicia, España.
• ASL: Associação SoftwareLivre.Org – Brasil.
• ASOLiF: Federación Nacional de Empresas de Software Libre - España.
• CAdESoL: Cámara Argentina de Empresas de Software Libre – Arxentina.
• ESOP: Associação de Empresas de Software Open Source Portuguesas – Portugal.
• SoLAr: Asociación Civil Software Libre Argentina – Arxentina.
estiveron ao longo dos últimos meses traballando conxuntamente co fin de establecer
acordos e canles de comunicación como paso previo á realización dun Plan de Acción
conxunto a executar a ambos lados do Atlántico ao longo dos vindeiros anos. Estas
actividades estarán orientadas á xeración e explotación de oportunidades de negocio, así
como melloras de carácter social, difusión, apoio e asesoramento en cuestións que incumben
a cada unha das entidades implicadas.
O Software Libre/Código Aberto propón a xeración e transferencia de coñecemento de
igual a igual. As organizacións asinantes do Acordo Atlántico, que hoxe se fai público,
pretenden trasladar este principio ao ámbito empresarial e social máis aló das súas
respectivas contornas nas que operan. Propóñense tamén aproveitar a experiencia
1
Acordo Atlántico
acumulada no desenvolvemento e explotación de tecnoloxías libres, así como na xeración de
riqueza a través de modelos de negocio baseados en Software Libre/Código Aberto, para a
realización de proxectos e accións conxuntas con impacto global.
O Acordo Atlántico constitúe, polo tanto, a primeira pedra que poñen estas
organizacións para consolidar procesos de internacionalización durante os vindeiros anos.
Representa á súa vez unha proba de madurez e visión global das organizacións asinantes do
acordo, que reforza a auxe que o Software Libre/Código Aberto está experimentando en todo
o mundo e, en concreto, nos países hispanos e lusófonos.
Entidades asinantes do Acordo Atlántico:
AGASOL ASL ASOLiF
Presidente: Jorge Vázquez González Presidente: Ricardo Fritsch Presidente: Pablo Gómez García
Web: http://www.agasol.org Web: http://www.softwarelivre.org/ Web: http://www.asolif.es
CAdESoL ESOP SoLAr
Presidente: Daniel E. Coletti Presidente: Gustavo A. Vouga de Carvalho Homem
Presidente: Horacio Arroyo
Web: http://www.cadesol.org.ar Web: http://www.esop.pt Web: http://www.solar.org.ar
2