Post on 10-Jul-2015
epitelio dorsal
capa intermedia
epitelio ventral
Corpo aplanado, moi simple, sen cabeza nen boca, sen simetría, sen diferenciación de órganos e con pouca diferenciación celular. Reprodución sexual ou asexual. Coñecese unha especie.
PLACOZOOS
Pequenos parásitos vermiformes de estrutura simple e funcións complexas. Coñecense 50 especies.
MESOZOOS
célula axial con función reprodutora
ORTOCNETIDO (Rhopalura ophiocomae).
ROMBOZOO (Dyciema)
♂
♀
Animais transparentes, xelatinosos, exclusivamente mariños que case sempre forman parte do planto desde augas superficiales ata 3.000 m de profundidade. Coñécense unhas 1.000 especies.O seu nome significa peite, polas ringleiras de láminas que usan para desprazárense.
CTENÓFOROSláminaslocomotoras
boca
aparato dixestivo
tentáculos
poro anal
órganos reprodutores masculinos
órganos reprodutores femininos aparato
dixestivo
boca
PLATELMINTOSCoñecidos comunmente co nome de vermes planos.Invertebrados de simetría bilateral, co corpo brando en forma de cinta e sen segmentar, aparato dixestivo cun so orificio e cabeza pouco diferenciada. Reprodución ovípara. De vida libre, parásitos ou simbióticos.
Coñécense 20.000 especies.
Dúas planarias que se atopan nas costas galegas.
NEMERTINOSCoñecidos co nome de vermes acintados. A maioría mariños. Teñen un tubo dixestivo completo con boca e ano, unha probóscide e un sitema circulatorio pechado.
ollos
aparato dixestivo
anoboca probóscide
Lineus …
GNATOSTOMÚLIDOSVermiformes, coa boca cunhas mandíbulas dentadas características. Viven no substrato pobre en osíxeno. Coñécense unhas 80 especie.
órganos reprodutores masculinos
intestinoórganos reprodutores femininos
boca
CICLIÓFOROSboca
MACHO
disco adherente
FEMIA
Vermiformes, coa boca rodeada dunha coroa de cilios. Viven apegados ás pezas bucais dos crustáceos. Coñécese unha especie.
Symbion pandora
ROTÍFEROS
Tamaño microscópico, acuáticos. Teñen unha coroa de cilios na parte anterior do corpo conectada cunha farinxe con pezas mastigadoras. Coñécense unhas 2.000 especies.
nefridios
ovo
estómago
glándulas gástricas
farinxe mastigadora
sistema nervoso
vexiga
boca
cloaca
pé
Acuáticos, a maioría microscópicos, vermiformes aplanados. Teñen cilios na cara ventral do corpo. Cabeza con boca e farinxe tubular. Coñécense unhas 450 especies.
GASTOTRICOS
órganos reprodutores masculinos
boca
farinxe
ovos
intestino
tubos adhesivos
Mariños, vermiformes, cunha probóscide móbil. Viven no substrato. Coñécense unhas 150 especies.
QUINORRINCOS
Echinoderes
ovario
aparato excretor
aparato dixestivo
sistema nervoso
boca
Microscópicos, mariños, corpo aplanado cuberto por unha “loriga” coa cabeza cuberta de apéndices espiñentos. Viven fixados ás partículas de sedimentos.Coñécense unhas 50 especies.
LORICÍFEROS
Spinoloricus
ovario
boca
aparato excretor
aparato dixestivo
sistema nervoso
glándulas salivais
poro uroxenital
boca
aparato excretor
aparato dixestivo
anel nervoso
gónadas
ano
PRIAPÚLIDOS
Corpo brando, cilíndrico, cuberto cunha cutícula dura, extensible, con probóscide. Viven nos sedimentos mariños. Coñécense unhas 17 especies.
Corpo brando, cilíndrico, máis fino nos extremos, cuberto dunha cutícula ben desenvolvida. Son moi abundantes en todos os ambientes acuáticos ou terrestres, con vida libre ou como parásitos, microscópicos ou de tamaños ata 5 cm de lonxitude.
Coñécense máis de 20.000 especies. Algúns autores estiman que poden chegar a un millón. Nun m2 de lama chegáronse a contabilizar máis de catro millóns de individuos.
NEMATODOS
gónadas
boca
aparato excretor
aparato dixestivo
sistema nervoso
ano
Lombrigas (Ascaris lumbricoides). Parásito intestinas de persoas e animais.
Corpo brando, cilíndrico e moi fino, de ata 70 cm de lonxitude. Parásitos en estado larvario e de vida libre na fase adulta. Non teñen sistema circulatorio, respiratorio nin excretor. Coñécense máis de 250 especies
NEMATOMORFOS
cloaca
boca
gónadas
aparato dixestivo
sistema nervoso
receptáculo da trompa
boca
testículos
gánglio central
bolsa copuladora
ACANTOCÉFALOS
Chamados vermes de cabeza espiñenta. Os adultos son endoparásitos intestinais dos vertebrados e non teñen aparato dixestivo. Teñen unha probóscide cilíndrica con ganchos. Coñécense 500 especies
Invertebrados acuáticos, de pequeno tamaño, a maioría mariños, solitarios ou coloniais. O corpo está dividido en cálice e pedúnculo. Coñécense 150 especies.
ENTOPROCTOS
Barentsa discreta
anoboca
pedúnculo
gónadas
xema
ANÉLIDOS
Invertebrados co corpo brando, cilíndrico ou acintado segmentado interior e exteriormente, con boca e ano, e cabeza diferenciada. Reprodúcense por ovos.Coñécense unhas 15.000 especies.
Miñoca, serradella (Nereis diversicolor). Vive enterrada no substrato fangoso desde a zona medio-litoral ata o infralitoral, especialmente en augas tranquilas. Aguanta ben a baixa salinidade.
POLIQUETOSSegmentos iguais, cada un cun par de parápodos (quetas) que usan para nadar, excavar ou respirar. A maioría son mariños.
Miñoca que excava galería nos fondos fango-areosos formando tubos.
Colonia de Sabelaria alveolata. Anélidos que constrúen tubos con grans de area apegados ás rochas en zonas de augas limpas na zona intermareal e infralitoral.
Lanice conchilega. Constrúe un tubo con grans de area en zonas de augas tranquilas.
Miñoca palmeira (Sabella pavonina). Constrúe un tubo que suxeita no substrato en fondos da barro e area da zona infralitoral.
Spirorbis borealis: elaboran un tubo calcário espiral de ata 3 mm de lonxitude que incrustan en algas, rochas e outros obxectos.
Hydroides norvegicaPomatoceros triqueter
Cagón (Arenicola marina). Excava galerías e deixa unhas moreas de area características.
CLITELADOSCon clitelo (rexión do corpo especializada onde están os órganos reprodutores)
Miñoca de terra. É un anélido activo formador de solo polo seu labor desintegrador e mineralizador de restos orgánicos.
Invertebrados mariños co corpo brando vermiforme co ano na parte dorsal-anterior do corpo e unha probóscide retráctil. Coñécense unhas 150 especies
SIPUNCÚLIDOS
gónadas
boca
aparato excretor
aparato dixestivo
sistema nervoso
probóscide
músculosano
EQUIÚRIDOSInvertebrados mariños co corpo brando vermiforme cunha probóscide contráctil.
Coñécense unhas 150 especies.
probóscide boca aparato excretor
aparato dixestivo
sistema nervoso
saco anal
ano
gónadas
POGONÓFOROSInvertebrados de corpo longo e fino que viven nos fondos de lama no interior de tubos quitinosos. Teñen numerosos tentáculos finos na parte anterior do corpo. Coñécense unhas 150 especies.
tentáculos
papilas
opistosoma
agrupación
Tubos de pogonóforos
TARDÍGRADOSPequenos invertebrados coñecidos co nome de “osos de auga” co corpo se segmentar cunha cabeza rudimentaria e catro pares de apédices curtos. Coñécense unhas 600 especies.
gónadas
boca
tubo de Malpixio
aparato dixestivo
sistema nervoso
glándulas salivais
PENTAST ÓMIDOSO nome significa “cinco bocas” polos ganchos que ten na parte diantera do corpo para ancorarse nos hóspedes. Brandos, vermiformes cubertos dunha cutícula que sofre mudas. Os adultos viven no aparato respiratorio dos vertebrados. Coñécense unhas 130 especies.
ovario
boca
ovario
aparato dixestivo
receptáculo seminal
espermateca
útero
FORONÍDEOS
Invertebrados mariños tubícolas e solitarios. Teñen lofóforo (extensión tentacular que rodea a boca). Coñécense 12 especies.
nefridios
boca
glándulas nidamentais
aparato dixestivo
ano
gónada
lofóforo
BRAQUIÓPODOSInvertebrados mariños solitarios con lofóforo e corpo cuberto dunha cuncha de dúas valvas (dorsal e ventral). A maioría das veces suxéitanse mediante un pedúnculo ao substrato. Coñécense unhas 350 especies.
gónadas
nefridios
músculos
aparato dixestivo
ano
lofóforo
cuncha
pedúnculo
boca
manto
sistema nervoso
BRIOZOOS
Invertebrados coloniais diminutos que medran no interior dunha cápsula ríxida. Teñen tubo dixestivo completo e gónadas e a boca rodeada de tentáculos. Coñécense unhas 5.700 especies. O nome significa animais mofo.
Capsulas baleiras
Colonia de Membranipora membranacea.
Colonia de Electra pilosa.
QUETOGNATOSInvertebrados mariños hermafroditas con aspecto de vermes con prolongacións a xeito de aletas. Coñécense unhas 100 especies.
bocagónadas femininas
aparato dixestivo
sistema nervoso
ano
gónadas masculinas
ONICÓFOROSCorpo vermiforme cuberto dunha cutícula fina e flexible, con 14 a 43 apéndices locomotores sen articular (lobópedos) rematados en dúas unllas. Cabeza pouco diferenciada con tres pares de apéndices (antenas, papilas orais retráctiles e mandíbulas).Coñécense 165 especies que viven en climas tropicais.
gónadas
aparato dixestivo
sistema nervoso
ano aparato circulatorio
boca
glándulas salivais
aparato excretor
glándulada substancia visguenta
estomas
HEMICORDADOSTeñen unha estomocorda (expansión do tubo dixestivo) e a farinxe con fendas para filtrar o alimento.Coñécense unhas 100 especies.
probóscide
sacos hepáticos
colar
rexión intestinalás xenitais
Na fase larvaria teñen un cordón nervoso central na parte final do corpo.Corpo brando envolto nunha cuberta xelatinosa ou coirenta e unha cavidade interna ampla con dous orificios para a entrada e saída da auga. Reprodúcense por xemación ou sexualmente (por ovos), producindo larvas libres.
TUNICADOS
(UROCORDADOS)
gónadas
aparato excretor
aparato dixestivo
ano
túnica
aparato circulatorio
sifón adral
sistema nervososifón branquial
farinxe
Mexón ou mexete (Phallusia mamillata), un urocordado que se atopa fixado sobre calquera obxecto ata os 200 m de profundidade.
Botryllus schlosseri, urocordados que adoitan formar colonias características en forma de estrela aplanada sobre rochas, cascos de barcos algas…
CEFALOCORDADOS
gónadas
aparato dixestivo sistema
nervoso
ano
fígado
boca
adroporo
cilios
farinxe branquial
Teñen o corpo alongado e aplanado, cun cordón nervoso neuronal (notocorda) que chega ata a cabeza. Viven nos fondos mariños. Coñécense trinta especies.
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Isaac Pontanilla.DEBUXOS: Mon Daporta