Post on 05-Mar-2016
description
O primeiro que fixemos foi sementar en distintos materiais:
Para facelo hai que meter as legumes no algodón ben envoltas e despois
mollalo pero sen encharcalo.
En ALGODÓN plantamos legumes como garbanzos, lentellas, fabas e chícharos.
Para facelo botamos terra na maceta e fixemos un buraco onde colocamos os dous allos. Despois lle botamos un pouquiño de auga xa que os allos non queren empaparse.
Tamén sementamos en TERRA un par de allos.
E para rematar plantamos en AUGA uns bulbos de xacinto e narciso.
Para facelo hai que encher os recipientes de auga ata que se quede
preto da raíz do bulbo pero sen tocalo. Ó narciso tivésmolle que por
uns pauciños porque se nos colaba dentro do bote.
Despois de sementar había que coidar ben as plantas para que puidesen
crecer. Para iso precisaban un sitio non moi frío e regalas cada dous días,
menos ós bulbos de auga que lla cambiamos os venres.
Aínda que algunhas foron preguiceiras e non saíron, mirade que ben
foron crecendo as outras.
FABAS XUDÍAS GARABANZOS
Estas fotos as sacamos unhas semanas despois de plantalas.
Mirade que rápido medran!!
LENTELLAS CHÍCHAROS ALLOS
XACINTO NARCISO
Cando as plantas xa estiveron grandes houbo que metelas en terra porque
o vaso do algodón se lles quedaba pequeno.
Ademais algunhas son trepadoras polo que lle puxemos pauciños para que
puidesen subir por elas. Ademais as sacamos á ventá para que lles dera máis sol.
E moitas das que estaban en vasos xa grandes nolas levamos para casa
para seguir coidándoas. Xa enviaredes fotos de como van!!
E despois do Nadal, mirade que sorpresa atopamos!!
O xacinto xa botou flores!!!