AS RESPOSTAS DO MAÑÁN COMEZAN HOXE

Post on 27-Jan-2016

37 views 3 download

description

AS RESPOSTAS DO MAÑÁN COMEZAN HOXE. VII Programa Marco (FP7) Principal instrumento de financiamento de proxectos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración da Unión Europea. Plurianual (2007-2013), aínda que con convocatorias anuais. Orzamento: 50.521 millóns de euros. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of AS RESPOSTAS DO MAÑÁN COMEZAN HOXE

AS RESPOSTAS DO AS RESPOSTAS DO MAÑÁN COMEZAN HOXEMAÑÁN COMEZAN HOXE

VII Programa Marco (FP7)

• Principal instrumento de financiamento de proxectos de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración da Unión Europea.

• Plurianual (2007-2013), aínda que con convocatorias anuais.

• Orzamento: 50.521 millóns de euros.

• Estructúrase en 4 programas específicos:

– Cooperación - Apoio á cooperación transnacional, executado fundamentalemente meiante proxectos en consorcio. A lo menos o 15% do orzamento destinarase ás PEMEs.

– Ideas - Fortalecemento da creatividade e da excelencia da investigación europea nas fronteiras do coñecemento.

– Persoas - Reforzo do potencial humán e a tecnoloxía en Europa.

– Capacidades - Fortalecemento das capacidades de investigación en toda Europa, inlcuíndo as PEMEs.

+

EURATOM e Centro Común de Investigación (JRC)

FP7: Vantaxes

• Incremento da competitividade.

• Colaboración con entidades doutros países i en redes internacionais.

• Internacionalización de estratexias e mercados.

• Compatir riscos en actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

• Acceso a información privilexiada a nivel europeo e a novos coñecementos.

• Renovación tecnolóxica.

• Mellora da imaxen da entidade, visibilidade e prestixio.

• Financiamento privilexiado (subvencións) ás actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración.

• Posibilidade de facer fronte a problemas científicos e industriais actuáis, así como coñecemento de hacia onde se dirixe o sector.

Programa Cooperación(32.413 M€)

• Obxectivo: prestar apoio á cooperación transnacional, dentro da UE e fora dela, nunha serie de campos temáticos correspondentes aos principais ámbitos do progreso do coñecemento e a tecnoloxía.

• Os 10 temas prioritarios de investigación para Europa son:

1. Saúde (HEALTH)

2. Alimentos, Agricultura, Pesca e Biotecnoloxía (BIO)

3. Tecnoloxías da Información e Comunicación (ICT)

4. Nanociencias, Nanotecnoloxías, Materiais e Novas Tecnoloxías de Produción (NMP)

5. Enerxía (ENERGY)

6. Medioambiente (ENVIRONMENT)

7. Transporte (TRANSPORT)

8. Ciencias Socioeconómicas e Humanidades (SSH)

9. Espazo (SPACE)

10. Seguridade (SECURITY)

Programa Cooperación(32.413 M€)

Orzamento por temas

SECURITY(1.400 M€)

SPACE (1430 M€)

SSH (623 M€)

NMP (3.475 M€)

ENVIRONMENT (1.890 M€)

ENERGY (2.350 M€)

TRANSPORT (4.160 M€)

BIO (1.935 M€)

HEALTH (6.100 M€)

ICT (9.050 M€)

Programa CooperaciónTema 1: Saúde (32.413 M€)

• Obxectivo: Mellora-la capacidade dos cidadáns europeos e aumenta-la competitividade e a capacidade de innovación das empresas europeas relacionadas coa saúde, facendo fronte aos problemas sanitarios mundiais como ás novas epidemias.

• Áreas de actividade:

– Biotecnoloxía, ferramentas xenéricas e tecnoloxías médicas en beneficio da saúde.

– Translación da investigación en beneficio da saúde humana.

– Optimización da prestación de asistencia sanitaria aos cidadáns europeos.

– Outras accións que resposten ás necesidades das políticas comunitarias.

Programa CooperaciónTema 2: Alimentación, Agricultura, Pesca e

Biotecnoloxía

(1.935 M€)

• Obxectivo: Crear en Europa unha bioeconomía basada no coñecemento agrupando aos científicos, os industriais e os demáis interesados para explotar oportunidades de investigación novas i emerxentes que aborden retos económicos, medioambientais e sociais.

• Áreas de actividade:

– Xestión e producción sostible dos recursos biolóxicos da terra, o bosque e os medios acuáticos.

– Instrumentos para aplica-la lexislación, as políticas e estratexias pertinentes que respalden a idea dunha bioeconomía europea basada no coñecemento.

– A integridade e o control da cadena alimentaria (planteamento “do consumidor ó produto), abarcando alimentación, saúde e benestar.

– As ciencias da vida e a biotecnoloxía para procesos e produtos no alimentarios sostibles.

Programa CooperaciónTema 3: Tecnoloxías da Información e a

Comunicación(9.050 M€)

• Obxectivo: mellora-la competitividade da industria europea e responder ás demandas socioeconómicas mediante o dominio dos futuros desenvolvementos das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

• Áreas de actividade:

– Seguridade e estabilidade das infraestructuras de redes e servizos.

– Rendemento e fiabilidade dos sistemas electrónicos e os seus compoñentes.

– Sistemas de TIC personalizados.

– Xestión de contidos dixitais.

Programa CooperaciónTema 4: Nanociencias, Nanotecnoloxías, Materiais e

Novas Tecnoloxías de Producción (3.475 M€)

• Obxectivo: mellora-la competitividade da industria europea e asegura-la súa transformación mediante:

– A transición efectiva da industria: de basearse en recursos a basearse en coñecemento.

– A xeración de novo coñecemento “rompedor” e aplicable.– O reforzo de liderado europeo en nanomateriais e tecnoloxías da

producción.– O énfases na integración das novas tecnoloxías en sectores de

aplicación.

• Áreas de actividade:

– Nanociencias e nanotecnoloxías.– Materiais.– Novas tecnoloxías de producción.– Integración de tecnoloxías para aplicacións industriais.

Programa CooperaciónTema 5: Enerxía (2.350 M€)

• Obxectivo: adapta-lo actual sistema enerxético para facelo máis sostible, con menor dependencia dos combustibles importados e baseado na diversificación de fontes enerxéticas, particularmente renovables e non contaminantes, dando especial importancia a temas de eficiencia enerxética.

• Áreas de actividade:

– C élulas de combustible e hidróxeno.

– Xeración de electricidade renovable.

– Producción de combustibles renovables.

– Enerxías renovables para calefacción e refrixeración.

– Tecnoloxías de captura e almacenamento de CO2 para lograr unha xeración de enerxía con emisións cero.

– Tecnoloxías que empreguen carbón limpo.

– Redes enerxéticas intelixentes.

– Eficiencia enerxética e aforro.

– Coñecementos para formular políticas enerxéticas.

Programa CooperaciónTema 6: Medio Ambiente (1.890 M€)

• Obxectivo: fomenta-la xestión sostible do medio ambiente e os seus recursos a través do aumento do coñecemento sobre as interaccións entre o clima, a biosfera, os ecosistemas e a actividade humana, así como co desenvolvemento de novas tecnoloxías, instrumentos e servizos dirixidos ao tratamento integrado de cuestións ambientais globais.

• Áreas de actividade:

– C ambio climático e riscos naturais.

– Xestión sostible dos recursos.

– Tecnoloxías medioambientais.

– Medio ambiente e saúde.

– Instrumentos de observación e monitorización da Terra.

– Instrumentos de avaliación para o desenvolvemento sostible.

Programa CooperaciónTema 7: Transporte (4.160 M€)

• Obxectivo: desenvolver sistemas de transporte panaeuropeos “máis ecolóxicos” e “máis intelixentes” en beneficio dos cidadáns e a sociedade no seu conxunto. A investigación en materia de transporte terá tamén unha incidencia directa noutras políticas fundamentais como as políticas de comercio, competencia, emprego, cohesión, enerxía, seguridade e mercado interior.

• Áreas de actividade:

– Aeronáutica e transporte aéreo.

– Transporte de superficie sostible ferroviario, por estrada e por vías acuáticas.

– Apoio ao sistema europeo de navegación por satélite Galileo i EGNOS.

Programa CooperaciónTema 8: Ciencias Socioeconómicas e

Humanidades(623 M€)

• Obxectivo: xeración de coñecemento compartido e profundo dos retos socioeconómicos aos que se enfronta Europa, como o crecemento, o emprego e a competitividade, a cohesión social e a sostenibilidade, a calidade de vida, a educación, os aspectos culturais e a interdependencia mundial.

• Áreas de actividade:

– Crecemento, emprego e competitividade na sociedade do coñecemento.

– Combinación dos obxectivos económicos, sociais e medioambientais dende unha perspectiva europea.

– Principais tendencias da sociedade e implicacións.– Europa no mundo.– O cidadán na Unión Europea.– Indicadores científicos e socioeconómicos.

– Actividades de prospectiva.

Programa Cooperación Tema 9: Espazo (1.430 M€)

• Obxectivo: apoiar un Programa Espacial Europeo centrado en aplicacións como o Sistema de Vixilancia Mundial do Medio Ambiente e a Seguridade (GMES) en beneficio dos cidadáns e con miras á competitividade da industria espacial europea.

• Áreas de actividade:

– Aplicacións espaciais ao servizo da sociedade europea.

– Exploración do espazo.

– Investigación e desenvolvemento tecnolóxico para fortalecer as bases do sector espacial europeo.

Programa CooperaciónTema 10: Seguridade (1.400 M€)

• Obxectivo:desenvolvemento de tecnoloxías e coñecementos que garantan a seguridade cidadá, actuando sobre ameazas tales como terrorismo e crime organizado, desastres naturais e accidentes industriais, tendo en conta os dereitos humanos fundamentais incluíndo a privacidade.

• Áreas de actividade:

– Seguridade cidadá.

– Seguridade das infraestructuras e as empresas de servizos públicos.

– Vixilancia intelixente e seguridade fronteiriza.

– Restablecemento da seguridade e a protección en caso de crise.

– Integración, interconexión e interoperabilidade dos sistemas de seguridade.

– Seguridade e sociedade.

– Coordinación e estructuración da investigación sobre seguridade.

Programa Ideas (7.510 M€)

• Obxectivo: Impulsa-la competitividade de Europa a base de atraer

e conservar aos científicos de maior talento, apoiar as iniciativas

arriscadas e a investigación de gran impacto e, ademáis, fomenta-

la investigación científica de primeira clase en campos novedosos i

emerxentes.

• Apoiarase a investigación “impulsada polo investigador” realizada

en todos os campos por equipos que compiten a nivel europeo

os temas serán escollidos polos investigadores e independentes

das outras áreas temáticas do FP7.

• Este programa será implantado e supervisado polo Consello

Europeo de Investigación (CEI), formado por un consello científico

independente, apoiado por unha estrutura de execución

especializada.

Programa Persoas(4.750 M€)

• Obxectivo: fortalecer, cuantitativa e cualitativamente, o potencial

humano da investigación e a tecnoloxía en Europa mediante o

apoio á formación, a mobilidade e o desenvolvemento da carreira

do investigador, pertencente tanto a universidades e organismos

de investigación, como a empresas, a través de accións Marie

Curie reforzadas e outras iniciativas.

• Acciones:

– Formación inicial de investigadores -Redes Marie Curie.

– Formación continua e promoción persoal - Becas individuais.

– Pasarelas e asociacións entre a industria e a universidade.

– Dimensión internacional que se fomentará por medio de bolsas internacionais de saída a terceiros países e bolsas para beneficiarios de terceiros países.

– Premios á excelencia.

Programa Capacidades(4.097 M€)

• Obxectivo: Fortalecer as capacidades de investigación e innovación en toda Europa e asegurar o seu óptimo aproveitamento.

• Medidas:

– Investigación en beneficio das PEMEs.

– Infraestructuras de investigación.

– Rexións do coñecemento.

– Potencial de investigación.

– A ciencia na sociedade.

– Apoio ao desenvolvemento coherente das políticas de investigación.

– Actividades de cooperación internacional.

Para máis información:

Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi)

Dirección Xeral de I+D+iA Cabana, s/n.

15590 - Ferrol - A Coruña

Tel.: +34 981 33 71 33Fax: +34 981 33 71 71

promocion@opidi.orgwww.opidi.org