B contos

Post on 07-Jul-2015

350 views 3 download

description

Textos do obradoiro de escrita creativa desenvolvidoo por Kalandraka no CEIP Marcos da Portena no marco da campaña de animación á lectura O CARTAFOL DO LÉREZ

Transcript of B contos

De cando en vez, saía pasear coa súa cadela Lúa que era o seu mellor tesouro.

Un día, cando se achegou ao parque, perdeuna. Matilda púxose moi triste,

pois aquel can fora importado da cidade portuguesa de Porto.

1b

Matilda tiña un tesouro ao que quería moito porque o rescatara dunha árbore e

levaba xa moito tempo con el. Un día pola mañá o tesouro desapareceu.

2b

Matilda tiña un cabalo de pura raza española que lle trouxera o seu pai nunha viaxe por Madrid. O cabalo

chamábase Tornado, era negro e moi agarimoso e era o mellor amigo de

Matilda. Pero unha noite desapareceu e Matilda levou un desgusto enorme.

3b

O pai de Matilda cando ía de viaxe traíalle agasallos á súa filla. Un día

mercoulle unha espada de ouro polo seu aniversario. Unha tarde, Matilda foi

buscar a súa espada ao se cuarto pero non a atopou no seu lugar. A espada

desaparecera¡.

4b

Un día a Matilda desapareceulle o seu hipopótamo Popitos o Bruto. Era moi

valioso para ela porque llo regalara o seu pai polo seu quince aniversario. Ata

fixera unha corte con paus onde gardaba o seu hipopótamo que estaba desfeita.

5b

Matilda caeu na conta de que perdera a foto do seu defunto avó. Era moi

importante para ela porque era o único recordo que tiña del despois de que

morrera hai tres anos. Ela tíñalle moito cariño.

6b

A unha das cousas que máis cariño lle tiña era ao seu basto que recibira en

herdanza dos seus tataravós. E tamén quería moito a unha cría de tigre. Unha mañá comprobou que o seu prezado basto non estaba no acocho no que

quedara o outro día.

7b

Matilda levaba no seu dedo máis longo un anel que lle dera o seu pai. Era un

anel cun diamante moi grande. Un día, deixouno na mesa do seu escritorio e foi durmir. Á mañá seguinte xa non estaba.

Desaparecera¡

8b

Matilda tiña unha caixiña moi especial que lle regalara o seu mozo. Un día foina

coller pero non estaba por ningún recuncho do castelo. Quedou moi triste e

non paraba de chorar.

9b

Pero a Matilda desapareceulle o seu basto un día mentres durmía. Era o seu

maior tesouro porque fora da súa nai cando ela era pequena e cando naceu seu pai regalárallo. Matilda buscou por

todo o reino pero non o atopou.

10b

A Matilda gustáballe un mozo. Chamábase Ricardo e era o príncipe das Espadas. Tiña os

ollos azuis, o pelo negro, a pel branca e os mesmos anos e faccións que Matilda. Todas

as tardes a viña buscar e ían xogar ao campo. Pero esa tarde non apareceu. “Onde estas,

meu namorado?”, berrou Matilda. O que pasara foi que o seu pai encerrara a Ricardo

en Espadalantra cando descubriu o seu amor.

11b