Bascuas a vida na area

Post on 16-Apr-2017

281 views 0 download

Transcript of Bascuas a vida na area

A VIDA NA AREA

VISITA ÁS PRAIAS DE BASCUAS E MAGOR

COSTA AREOSA

COSTA AREOSA EXPOSTA

zona supralitoral

DUNASSon un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento.

As dunas son medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana.

Arenaria do mar (Honkenya peploides). A planta das praias que vive máis perto do mar.

Feo (Ammophila arenaria), medra na parte máis alta da duna móbil, onde o vento bate con máis forza. Coas longas raíces e talos subterráneos contribúe a fixar a area.

Gramas

Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)

Eiruga mariña (Cakile maritima).Toda a planta é lixeiramente carnosa para almacenar auga.

Leiteira (Euphorbia paralias)

Correola mariña (Calystegia soldanella)

Carrasco bravo (Hellichrysum picardii)

Cardo mariño. (Eryngium maritimum). Desenvólvese nos primeiros amoreamentos de area que se forman por enriba da liña de marea.

Cardo mariño

Carrascas de San Xoán (Othantus maritimus)Cubertas dunha densa borra branca.

Carrascas de San Xoán (Othantus maritimus)

Alhelí mariño (Mathiola sinuata)

Larva de formiga león (Myrmeleon formicarius). Vive enterrada na area e captura pequenos animais.

PRAIAS Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse.

COSTA AREOSA EXPOSTAZONA INTERMAREAL

A mobilidade do substrato impide a fixación das algas. Os animais son de formas comprimidas ou deprimidas, realizan migracións ao ritmo das mareas, enterrarse na area ou protéxense entre as plantas. É a zona máis visitada polas aves, especialmente as limícolas.

Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina.

Caramechas (Nassarius reticulatus). Aliméntase de animais mortos que detecta polo olfato.

Arola (Lutraria lutraria). O bibalvo máis grande que se atopa en Galicia. Vive enterrada na zona infralitoral, ata 100 m de profundidade.

Coquinas (Donax vitatus). Vive enterrada en areais de costas expostas.

Fotos: Alba Rodríguez, Carmen Vilanova, María Díaz, Raúl Piñeiro, Joel Mucelli, Emilio Lumbres, Laura Ozores, Tamara Parracho, Iván Lois, Adela Leiro.Debuxos: Mon Daporta

Xuño 2012