Bases do III Concurso de cartas de amor en galego

Post on 26-Jul-2015

163 views 1 download

Transcript of Bases do III Concurso de cartas de amor en galego

BASES DO III CONCURSO DE CARTAS DE AMOR EN GALEGO

Obxectivo

O Concurso de Cartas de Amor en Galego, promovido pola Biblioteca Pública de

Santiago Ánxel Casal, ten por obxectivo fomentar a creación literaria e actuar como

canle para a difusión de novos valores.

Participantes

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.

Criterios de valoración

– Orixinalidade no tratamento da temática amorosa e no emprego de técnicas e

figuras literarias

– Uso correcto da gramática e da ortografía

Condicións de presentación das obras

Cada participante poderá presentar unha única carta en lingua galega. Esta deberá ser

orixinal e inédita, non téndose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo

de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)

A extensión máxima admitida é dunha páxina escrita a ordenador con fonte Arial de

tamaño 11 e interliñado de 1,5.

Os traballos deberán depositarse no buzón habilitado no mostrador de Información do

andar baixo da Biblioteca. A carta de amor presentarase sen asinar e cun pseudónimo, e

se introducirá nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir

"Concurso de Cartas de Amor + o pseudónimo" e no seu interior, ademáis da obra, incluirá

outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI)

Prazo

O prazo de presentación dos traballos iníciase o 2 de febreiro e remata o 14 de

febreiro de 2015 ás 14.00 h.

Premios

1º premio: lote de libros

2º premio: lote de libros

3º premio: lote de libros

Resolución e entrega dos premios

A resolución do xurado farase pública o venres 20 de febreiro ás 12.00 h no Salón de

actos da Biblioteca e comunicarase persoalmente aos premiados por medio do correo

electrónico e/ou teléfono. Os gañadores deberán asinar con anterioridade á entrega

de premios a cesión de dereitos de imaxe do acto de entrega (no caso de que un dos

premiados sexa menor de idade, requerirase a sinatura dos pais/titores) coa finalidade

de que a Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” poida publicitar o resultado do

concurso, empregando para isto o nome e imaxe dos gañadores, sen que a devandita

utilización lles confira dereito de remuneración ou beneficio algún.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis

interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en

diferentes canais da Biblioteca en Internet.

As cartas premiadas quedarán en poder da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

para pasar a formar parte dos seus fondos. A Biblioteca resérvase o dereito de

reprodución (por calquera medio), exposición e calquera outro dereito de explotación

que poidera corresponderlle de acordo cos obxectivos fixados no concurso. En todos

os casos a Biblioteca indicará o/a autor/a.