Bloques e áreas lingüísticas do galego

Post on 09-Jul-2015

571 views 6 download

Transcript of Bloques e áreas lingüísticas do galego

BLOQUES E ÁREAS

LINGÜÍSTICAS DO GALEGO

BLOQUE OCCIDENTAL

Delimitado coas isoglosas ladróns/ladrós e

irmán/irmao

Corresponde ás falas occidentais de Pontevedra

e Coruña.

É un bloque innovador.

CARACTERÍSTICAS

Seseo implosivo (des, lus,…)

Seseo explosivo.

Gheada

Plural das palabras rematadas en –n (en

singular) en –NS (cans, ladróns, xardíns)

Terminación –AN para os dous xéneros (meu

irmán-miña irmán)

Pronome suxeito TI

CARACTERÍSTICAS

Formas verbais COLLECHES, VENDECHES,

FOCHES (por colliches, vendiches, fuches)

BLOQUE OCCIDENTAL: ÁREAS

FISTERRÁ

Seseo total

Cheísmo

TUDENSE

Ditongo –OI-

E pechado

etimolóxico (neve)

Demostrativo ISTO.

BLOQUE CENTRAL

Ocupa case a totalidade de Lugo e Ourense, así

como o oriente de Pontevedra e Coruña.

As isoglosas coa fronteira occidental son

camións/camiós e coa fronteira oriental

camiós/camiois

CARACTERÍSTICAS

Non hai seseo

As formas do plural das palabras rematadas en –

N no singular pérdeno (cas, ladrós)

Distinción entre –AO para o masculino e –A para

o feminino como resultado da terminación latina

–ANUM: meu irmao-miña irmá

Pronome suxeito TU

CARACTERÍSTICAS

Ditongo –OI- (moito, coiro)

Formas verbais COLLICHES, VENDICHES,

CANTADES, CANTABADES.

BLOQUE CENTRAL: ÁREAS

MINDONIENSE LUCU-AURIENSE

BLOQUE ORIENTAL

Recolle as falas do oriente de Lugo e Ourense e

as falas do galego exterior (occidente de

Asturias, León e Zamora)

CARACTERÍSTICAS

Plural –is para os nomes rematados en –N no

singular (cais, ladrois,…)

Terminación –IN por –iño (camín, padrín,…)

Formas BAXO, CAXA, FAXA (no sitio de baixo,

caixa e faixa)

Ditongo –UI- con variantes (muito, mutio, muto)

Formas verbais COLLICHES, VENDICHES,

CANTAIS, CANTABAIS…

CARACTERÍSTICAS

Conservación do –U- en palabras como:

cuatro, cuando, guardar,…

BLOQUE ORIENTAL: ÁREAS

ASTURIANA

Mantén o -L- intervocálico: avolo, molín.

Terminación –IUS: padrius (por padriño)

Artigo EL

ANCARESA

Gheada

Vogais nasais

BLOQUE ORIENTAL: ÁREAS

ZAMORANA

Forma verbal COLLÍ

Teísmo