Post on 22-Mar-2016
description
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
TecnoloxíaBoletín 3ºPDC e RE Nome
BLOQUES 1 e 2: O PROCESO TECNOLÓXICO e O ORDENDADOR
1. Que diferencia hai entre a Ciencia e a Tecnoloxía?2. Completa a seguinte táboa que nos permite describir un obxecto desde un punto de
vista tecnolóxico:
Obxecto Lapis Silla Bolsa dacompra
Análise formal Rectángulo deaprox.
220x15cm2 egrosor 2cm
Cilindro duns 20cm de longo e
base condiámetro aprox
1cm
Tén unha baseduns 50x50 cm2
apoiada encatro patas eun respaldo
rectangular dedimensiónsvariables
Análisefuncional
Sobre unha dassúas superficiespode escribirse
Serve paratomar líquidos
Análisetecnolóxica
Feita demadeira e
bordeada dunperfil metálico
O cilindro é demadeira e no
seu interior ténunha mina de
carbón
A base e orespaldo soenser de madeiraou plástico; as
patas, demadeira oumetálicas
Análisesociolóxica
Pode facersecon
prefabricadosde madeira, asíque non tén un
gran costeambiental. Non
é cara
O carbón queos compón,
grafito, obtensexunto a outros
carbóns enminas bastantecontaminantes.O prezo é baixo
3. Explica con exemplos en qué consistirían as seguintes fases do proceso tecnolóxico aplicadas ó problema: “necesitamos unha caixa para gardar cousas”:
Plantexamento do problema Busca e proposta de solucións Elección dunha solución Proposta de deseño: bosquexo enriquecido Planificación da solución Construción da solución Verificación da solución
4. Supoñamos que imos construír unha caixa de madeira. Primeiro, faremos a estrutura con listóns, e logo fixaremos a estes listóns chapas de madeira que fagan o
1
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
recobremento. Completa a seguinte folla de procesos que corresponde á construción da estrutura da caixa e pásaa a un documento Google Docs:
Peza: estrutura dacaixa con listóns demadeira
Debuxo
FASES DA
CONSTRUCIÓN
DESCRICIÓN MATERIAIS eFERRAMENTAS
TEMPO
OBSERVACIÓNS(DETALLES ESEGURIDADE)
1. Marcadopezas bases
As bases son rectángulos de31x21,5. Estamosdescontanto 5mm queocupará a madeira querevista a estrutura
Listón 15x15;Lapis, metro,escuadro
5’ Ter en conta o grosor dolapis, así como o daserra con quecortaremos
2. Marcadopezas alto dacaixa
Debemos cortar 4 listónstriangulares que serán ospiares da nosa estrutura
Ídem
3. Serrado epulido daspezas daestrutura
Serrucho esarxento/prensaEscofinas epapel de lixa
Pode usarse unha caixade ingletes paraasegurarse de que ocorte é recto.
4. Conformaciónda estrutura
Os listóns anteriores debensuxeitarse entre si; paraisto utilizaremos cola decarpinteiro e reforzaremos acontinuación con clavos
5. Remata este orzamento e atopa o valor total a pagar. Despois, pásao a unha folla de
cálculo e inserta as ecuacións precisas para obter os resultados:
Material Coste por unidade Nº de unidades Prezo total
Pintura 3,50€/litro 10 litros
Brochas 1,50€ 4
Cubeta pintura 2,75€ 2
Disolvente 3€ cada medio litro 1 litro
Man de obra 18€/hora 20 horas
IVE 21%
TOTAL A PAGAR
2
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
6. Clasificación de empresas: completa a seguinte táboa rodeando a resposta correcta, e engade tres empresas máis (clasificándoas)
Sector laboral
Primario:extracción de bens
Secundario:transformación de bens
Terciario:hostelería e servizos
Cuaternario:educación,investigación e ciencias
Propiedadedo capital
Empresaprivada
Empresa pública
Réximexurídico
Empresaindividual (pode ser
autónomo) Empresa
societaria: S.A., con
accións en bolsa
S.L., sociedadede responsabilidadelimitada
Cooperativa
Ámbito deacción
Local/comarcal
Nacional Multinacional
(opera en variospaíses)
Trasnacional(tén filiais en outrospaíses)
Tamaño(según
empregados)
Micro: ata 10 Mediana: 11 a
49 Grande: 50 a
250 Macro: + 250
Movistar
Jealsa
Rule’s Moda
Zara
Mariscadoras
Kiosko
7. As presentacións e a web: crea en Google Drive unha presentación sobre o impacto
ambiental da produción industrial na túa área/vila.
8. Deseña o teu Curriculum Vitae conforme os seguintes apartados:
Información persoal (nome, dirección, tfno, email, data e lugar nacemento…)
Experiencia laboral (comezar pola máis recente, e indicar nome do empregador e características
da empresa e do posto de traballo)
Educación e formación (comezar pola máis recente, e indicar nome das escolas e os títulos
obtidos, especificando nivel alcanzado e cualificacións)
Capacidades e aptitudes persoais:
Lingua materna e outros idiomas (indicar nivel escrito, lectura e expresión oral)
Capacidades e aptitudes sociais (as túas relacións coa xente)
Capacidades e aptitudes organizativas
Capacidades e aptitudes técnicas (na manipulación de máquinas e ferramentas)
Capacidades e aptitudes artísticas
Outras: permiso de conducir, capacidades e aptitudes deportivas, etc
3
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
BLOQUE 3: DESEÑO GRÁFICO
1. Atopa as vistas das seguintes pezas (tés moitos máis exemplos que deberías resolver no Cachatronic, 3º ESO, UD 3, Deseño gráfico):
4
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
2. “Acoutar” unha peza é indicar as súas medidas. Anorma elemental é non empregar medidas de máis nin demenos. As cifras de couta póñense por enriba dunhaflechiña que se apoia en liñas auxiliares, e non se indica aunidade de medida (esta pónse ó lado da peza, e soen sermm).Outras normas de acoutación son:
a) As liñas de couta deben debuxarse fóra docontorno das figuras, e non se poden utilizar aristasdas propias peza
b) As liñas de couta dos radios e diámetros non podencoincidir coa horizontal nin vertical
c) As frechas de couta deben ser paralelas ás liñasque acoutan, e as de referencia han de serperpendiculares
d) As liñas de couta e referencia nunca cortarán odebuxo, a ser posible
e) As cifras de couta deben situarse sobre as flechasde couta, centrados; han de ter un tamaño lexiblepero proporcionado á flecha
2a) Segundo o anterior, sinala as acoutacións que están malna figura da esquerda.
2b) Acouta as seguintes imaxes, tendo en conta que 1 cadradiño equivale a 1mm:
5
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
BLOQUE 4: ELECTRICIDADE
A corrente eléctrica é o paso de electróns por un condutor. Como son miles de millóns de electróns os que circulan por segundo, adoita empregarse un múltiplo: o Culombio
1C (Culombio) = 6,241 ×1018 veces a carga dun electrón
Para que exista corrente eléctrica, debe haber:
1. Circuíto eléctrico: unconxunto de condutoreseléctricos e compoñentesunidos entre si. Se nun circuítoexisten terminais sen conectar(circuíto aberto, caso c nafigura), non pasará corrente, pois a resistencia que presenta oaire é infinita. Pola contra, se nun circuíto non hai elementosresistentes, a intensidade tenderá a infinito e queimarásenos ocircuíto (sería como unir os 2 terminais dun enchufe). A este caso(o a, na figura) chámaselle curtocircuíto, e é moi perigoso:debes evitalo sempre nas túas montaxes!
2. Unha fonte de enerxía que faga circular os electróns! Convencionalmente, a corrente vai do polo positivo da nosa fonte ó negativo. Na realidade, dado que a carga é negativa, o sentido é o inverso.
En corrente eléctrica existen tres magnitudes fundamentais:
V (Tensión eléctrica ou voltaxe, mídese en Voltios -V-): é a enerxía eléctrica por unidade de carga, e gracias a ela flúen os electróns polo condutor
I (Intensidade de corrente, mídese en Amperios -A-): é a cantidade de carga por unidade de tempo que circula nun condutor, é dicir, a velocidade dos electróns. Canto maior sexa a voltaxe que aplicamos e menor a resistencia que atopemos, maior será a intensidade. Canto maior é esta, os motores xiran máis rápido, as lámpadas alumean máis e as resistencias quéntanse máis.
R (Resistencia eléctrica, mídese en Ohms - Ω -): é a oposición que presenta calquera corpo ó paso da corrente. Os condutores (metais) teñen baixa resistencia, mentres os aillantes (plástico, madeira) a teñen moi alta. Canto máis fino e longo sexa un material, máis resistencia terá. A enerxía eléctrica, nunha resistencia, transfórmase en enerxía térmica ou calor: as estufas eléctricas, as planchas, os secadores… son electrodomésticos que teñen resistencias para producir calor.
6
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
As 3 magnitudes anteriores relaciónanse a través da Lei de Ohm, que di que canto maior é a voltaxe, maior a intensidade, e que canto maior é a resistencia que se opón, menor é a intensidade. Isto pode expresarse de 3 xeitos equivalentes:
V=IxR I=V/R R=V/I
Unha forma gráfica de velo é o triángulo de Ohm: tapando unha das magnitudes, obterás o resto (E é a forza electromotriz, igual á Voltaxe)!
1. Tendo en conta o visto ata agora, cal lámpada alumeará máis nos seguintes circuítos, suposto que todas teñen igual resistencia? ¿Por que?
2. Os elementos dun circuíto eléctrico teñen un símbolo que os representa:
7
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
2a) Completa a seguinte táboa na que se clasifican segundo a súa función nun circuíto:
Elemento Símbolo
Xeradores: proporcionan enerxíaeléctrica ó noso circuíto
CC: proporcionan correntecontinua
A partir de enerxía química Pila/Batería
A partir de movemento D...
CA: proporcionan correntealterna (a partir movemento)
Consumidores ou receptores de enerxía
Transfórmana en luz
Transfórmana en calor
Transfórmana en movemento
Transfórmana en enerxíamagnética
Gobernan o circuíto (elementos demando ou control)
Acenden/apaganpermantentemente
Acenden/apagan mentres sepulsan
Permiten diferentesposicións/camiños
Actívanse en función daintensidade
2b) Debuxa os seguintes esquemas empregando os símbolos normativos:
8
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
3. As resistencias son elementos cerámicos cuxo valor se pode determinar a partir dos aneis
de cores que teñen debuxados:
Debuxa tres resistencias de valor: 2600Ω, 13000Ω e 3k7Ω, e calcula o valor doutras 3 que
atopes na maleta do taller.
4. Conexión dos elementos dun circuíto: os compoñentes dun circuíto poden conectarse en serie (un tras doutro), paralelo (todos comparten os mesmos nós) ou mixto (unha mestura dos dous):
Cando varias resistencias están en serie (como nas lámpadas do circuíto 1), o valor total é a suma de todas as resistencias. Así, nun circuíto con varias lámpadas en serie, estas alumean menos, pois a Resistencia total é moi alta.
Pola contra, cando as resistencias están en paralelo, como na figura 2, o valor total da resistencia é menor do que cada unha por separado, polo cal o valor da intensidade total é maior. Se se trata de lámpadas, a consecuencia é que alumearán máis!
Comproba no taller qué acontece cos circuítos arriba explicados, e engade unha lámpada máis (en serie no primeiro caso, e en paralelo no segundo). Que ocorre? Proba a desconectar unha lámpada en cada caso: que acontece? Finalmente, intenta deseñar un circuíto mixto, debúxao na libreta e explica qué ocorre nel.
9
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
5. Atopa a magnitude que falta en cada esquema aplicando a Lei de Ohm:
6. Para medir o valor das magnitudes eléctricas nun circuíto, utilízase o polímetro: un
aparello cunha roda selectora para medir Resistencias, Voltaxes, Intensidades e outras
magnitudes que veremos no curso próximo (díodos, transistores, capacidades). Na seguinte
figura que representa un polímetro, sinala qué función tén cada elemento:
10
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
7. Existen reglas para a medida de magnitudes:
Para calcular o valor dunha resistencia, esta non debe estar conectada á corrente
Para medir a intensidade, o polímetro debe colocarse en serie, como se fose un
compoñente máis da rama onde imos medir a corrente
Para medir a tensión, o polímetro disponse en paralelo ó elemento no que queremos
calcular a caída de tensión
Polímetro en modo Amperímetro(medida intensidade)
Polímetro en modo Ohmímetro(medida resistencia)
Polímetro en modo Voltímetro(medida tensión)
Monta no taller oo circuíto da figura, completa o seguinte cadro e debuxa cómo fixeches
as medidas de tódalas magnitudes utilizando un polímetro.
11
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
BLOQUE 8: ENERXÍA E POTENCIA ELÉCTRICA
1. A Potencia Eléctrica é o rápido que produce ou consume enerxía eléctrica un aparello ou
circuíto. Un electrodoméstico moi potente, absorbe moita Enerxía; un xerador pouco
potente, produce pouca enerxía. A potencia eléctrica depende da Voltaxe e da Intensidade
que atravesan os circuítos dun sistema, e é unha media da taxa á que se consume ou
xenera a enerxía:
P=VxI (mídese en Watts, que son VxA)
P=E/t ou sexa, E=P.t (Mídese en Watt.s ou Joules)
Atopa o valor da potencia eléctrica que disiparían as resistencias do exercicio 5 do bloque
anterior.
2. Investiga na túa casa a potencia de diferentes electrodomésticos:
Secador do pelo:
Lavadora:
TV:
Ordenador:
Estufa:
Outros:
3. Un secador tén unha potencia de 2300Watt. Que intensidade absorbe (está conectado á
rede, V=230V)? Canta enerxía consume se o temos funcionando 10 min?
4. Averigua qué tensión eléctrica chega ás nosas casas, e canta se produce nas centrais.
Busca tamén o valor da tensión nas redes de transporte de alta tensión. Investiga por qué
non se transporta a enerxía eléctrica á mesma tensión que se xenera nas centrais.
5. Se tiveramos que depender da xeración de corrente eléctrica a través de pilas e baterías,
sería imposible abastecernos. Afortunadamente, ó longo do s. XIX, unha serie de
investigadores (Oersted, Ampére, Maxwell), atoparon o xeito de producir corrente eléctrica
a partir do fenómeno do electromagnetismo. Eses mesmos descobrementos leváronnos a
descubrir que había dous tipos de corrente:
Corrente Alterna (CA): trátase dunha corrente na que os electróns están todo o
tempo avanzando e retrocedendo
Corrente Continua (CC): nela, os electróns circulan sempre na mesma dirección (é
coa que traballamos ata agora, nos circuítos con pilas)
12
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
Un electroimán é un artefacto moi sinxelo de construír, e
permitiranos entender mellor que é eso do electromagnetismo, e
como se xenera corrente eléctrica nun xerador. Experimenta no
taller!
6. Para subir e baixar a tensión, utilízanse uns aparatos que se denominan
transformadores. Só poden funcionar cando se traballa con CA: constan dun primeiro
bobinado no que se introduce CA, o que convirte o seu entreferro nun imán variable; o
magnetismo que ocasiona exténdese por toda a armadura ou entreferro (a parte metálica
na que están enroladas as bobinas), e dese xeito, créase na bobina secundaria unha
corrente variable (corrente alterna).
No seguinte transformador, identifica: bobinado primario, bobinado secundario e
entreferro:
Experimenta no taller montando un transformador, e
medindo as diferentes tensións de saída.
7. Nas seguintes centrais, que función desempeñan os tres elementos sinalados cunha frecha? De que centrais se trata? Utilizan enerxía renovable ou non renovable?
13
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
8. Comenta a seguinte gráfica. Cal cres que foi a evolución desde o 2005? Compróbao.
9. Calcula o consumo da factura seguinte e explica en qué consiste o concepto “termo fixode potencia”:
FACTURA DA ELECTRICIDADE Compañía CorrenteBoiro, A CoruñaCliente: Humberto HumbertoEnderezo: Portocubelo, 26 Domiciliación Bancaria: 2234 3345 34 4444
SERVIZOS/CONCEPTOS PERÍODO UNIDADE BASE PREZO/PORCENTAXE IMPORTE €Electricidade e servizosTermo fixo de potencia(4,6 kW)
13-07-2011/19-08-20111,216438 meses 1,719203 Euros/kW
Enerxía activa total 13-07-2011/19-08-2011138 kWh 0,142319 Euros/kWhAluguer de Equipo 13-07-2011/19-08-2011 0,69Imposto eléctrico 4,864%I.V.E. 21 %
IMPORTE TOTAL
14
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
BLOQUES 6 e 7: PÉTREOS, CERÁMICOS, PLÁSTICOS E TÉXTILES
1. Existen cinco grandes grupos de materiais de construción: madeira, metais, pétreos, plásticos e textís. Dentro de cada un destes grupos, poden atoparse varias subclasificacións: madeiras duras e brandas, prefabricados e celulósicos; metais siderúrxicos e metáis non derivados do ferro (pesados, lixeiros e ultralixeiros); pétreos naturais, artificiais e cerámicos; plásticos termoplásticos, termoestables e elastómeros; textís naturais (animais, vexetais, minerais) e textís sintéticos. Realiza un diagrama que englobe todos estes materiais.
2. Nesta terceira avaliación o traballo de exposición é unha presentación sobre os materiais 1
pétreos e plásticos. Preparade esa exposición tendo en conta que as imaxes e/ou vídeos que insertedes han de ser Creative Commons ou vosas propias (particularmente as ferramentas podedes e debedes fotografalas no noso taller; habemos saír de paseo nunha clase para que poidades retratar exemplos en edificacións cercanas), e que tedes que citar a bibliografía que usedes
3. Cada grupo deberá confeccionar dous murais (preferentemente soportados en cartón duro ou madeira): un cos tipos fundamentais de pétreos e outro cos de plásticos. Ó pé de cada exemplo (obtido no contorno e pegado fisicamente no mural) han de aparecer as propiedades e usos característicos de cada tipo. Os mellores penduraranse no centro!
4. Indica, na seguinte figura, qué material de construción corresponde a cada número:
5. Explica a diferencia entre pétreos naturais e pétreos artificiais, e pon catro exemplos de cada tipo. Cales son máis caros? En que tipo de construcións se usa cada tipo? De entre eles, hai algún que serven para unir outros materiais?
1 http://www.slideshare.net/advl03/inmunoterapiaparapresentacionesaburridas15
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
6. Copia no caderno a seguinte táboa e cumpriméntaa:Orixe e
obtención1
Propiedadesfísicas e
químicas2
Ferramentas coasque se traballa
para obterderivados
Utilidadestécnicas naconstrución
Posibles derivados (emétodo de
obtención dosmesmos)
Taboleiro decastiñeiro
Peza de parqué
Cartón
Barra de aceiroinoxidable
Perfil en L deAluminio
Tubería de cobre
Prancha demetacrilato
Perfil en T de PVC
Banda de caucho
Mesado de mármore
Moldura de xesopara o teito
Peza de gres
Xersei de lá
Lá de amianto
Tela de neopreno
Tetrabrik de leite
Bolsa de plástico1Materia prima da que se parte e método de extracción (se é natural) e transformación (se é un derivado)2Propiedades físicas son a dureza, tenacidade, elasticidade, plasticidades, condutividade eléctrica e acústica… Químicas son a corrosionabilidade, oxidabilidade…
7. Identifica a técnica de obtención de prefabricados plásticos da figura e describe en que consiste. Que se obtén neste caso?
8. Na figura aparecen diversas etiquetas dos téxtiles. Na libreta, debúxaas e localiza, nas
túas prendas e as dos teus compañeiros, cadansúa (pon o nome da prenda e do compañeiro
e engade outras se as atopas).
16
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
9. Resolve o test:
1. Os termoplásticos son plásticos que:
a) convértense en líquido cando se quentan eendurécense nun estado vítreo cando arrefrían.b) convértense en líquido cando se quentan epermañecen en estado líquido cando arrefrían.c) endurecen cando quentan e cando arrefríanconvértense nun líquido espeso.
11. Cando é máis duro o granito?
a) cando ten máis cuarzo, porque é o materialmáis duro que o compón.b) cando ten menos cuarzo, porque é o materialmáis brando que o compón.c) cando ten máis mica, porque é o materialmáis duro que o compón.
2. Os téxtiles están formados por fibras, que podenser:
a) naturais, sintéticas, artificiais e vexetais.b) vexetais, animais, naturais e sintéticas.c) vexetais, animais, minerais e sintéticas.
12. Para que se utiliza o estaño na técnica deconformación de materiais pétreos?
a) para que o vidro sexa empuxado máisfacilmente aos rodillos.b) para que as láminas queden mellor feitas.c) para que o vidro flote nel.
3. Os plásticos clasifícanse en:
a) termoplásticos, termostables e elastómeros.b) duros, brandos e fráxiles.c) poliméricos e monoméricos.
13. Cal é a compoñente básica do mármore?
a) arxila.b) carbonato de calcio.c) granito.
4. Os plásticos son:
a) un conxunto de materiais sintéticos de orixeorgánica, facilmente moldeables con calor e presión.b) materias que se atopan na natureza e se consumendirectamente, sen ningunha transformación.c) un conxunto de materiais sintéticos de orixe
14. Que diferencia hai entre un vidro e uncristal?
a) o vidrio é de cor verde e o cristal étransparente.b) teñen dirferentes formas.c) o vidro é artificial e o cristal natural
17
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
orgánica, facilmente moldeables a baixastemperaturas.
5. Que forma adopta o plástico despois de saír daextrusionadora?
a) pode adoptar a forma que nós queiramos.b) sae en forma de láminas.c) sae en forma de tubos.
15. Cales son as compoñentes do morteiromáis comúns?
a) area, granito e auga.b) area, auga e cemento.c) arxila e cemento.
6. Que tres tipos de moldeado existen?
a) inxección, soprado e extracción.b) soprado, compresión e inxección.c) extracción, compresión e soprado.
16. Os ladrillos son:
a) cerámicos.b) rochas.c) pétreos naturais.
7. De que material esta feito o pneumático duncoche?
a) plástico termoplástico.b) plástico termoestable.c) plástico elastómero.
17. A materia prima das cerámicas é:
a) a louza.b) a arxila.c) o granito
8. Como exemplos da transformación de pezasplásticas temos:
a) inxección, soprado e calandrado.b) calandrado, soprado e barreado.c) torneado, corte e limado.
18. Os cerámicos son:
a) pétreos artificiais.b) pétreos naturais.c) outro material.
9. Os termoestables despois de fundirse pódensevolver a fundir para ser moldeados de novo?
a) si.b) non.c) depende do tipo de termoestable.
19. De que material se obtén a porcelana?
a) alcalino.b) caolín.c) alabastro
10. Para o perforado utilízase:
a) tradeadora ou broca.b) tradeadora ou berbiquí.c) escofina.
20. ¿Que se introduce no molde nas técnicasde soprado?
a) auga.b) aire.c) estaño fundido
18
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
BLOQUE 2: O ORDENADOR E OS NOSOS PROXECTOS
1. Hoxendía moita xente dispón dun espazo no que publicar as cousas que lle interesan. Que
diferencia hai entre:
Blog:
Páxina web:
Wiki:
Rede social:
Google Site
2. Entrevistaremos a algunha entidade, clube, empresa… que non teña páxina web e
crearémoslla na aula!
3. Explica as diferencias entre software libre e software gratuíto e completa a seguinte
táboa con exemplos:
Software gratuíto/libre(especificar se se coñece) Software de pago
Debuxo
Ofimática
Electricidade
Pneumática
Edición de foto
Edición de vídeo
Creación páxinasweb
4. Que é a “nube”? Que vantaxes e desvantaxes cres que tén?
5. Pescuda no Cachatronic os artigos que falan do tema da publicación e partillamento de contidos: concretamente, o curso pasado fixemos unha investigación sobre a denominada “Lei Sinde”: poderías averiguar en que consiste, e que vixencia tén hoxendía?
19
Boletín de exercicios Tecnoloxía para 3ºPDC e RE - Cachatronic
6. Que son as licenzas de código aberto ou Creative Common? Completa a táboa seguinte, e explica ó lado de cada licenza qué significa
20