Post on 04-Aug-2020
Rúa Lisboa, 20 - baixo
15707 Santiago de Compostela A Coruña
T 981552206 | F 981938274
ceesg@ceesg.org www.ceeesg.org
A profesión que sentes, o colexio que queremos
Boletín do Ceesg
nº96—outubro 2015
Tema do mes
Celebración do Día Mundial da Educación Social
O 2 de outubro festexamos o Día Internacional da
Educación Social en Sevilla. O Ceesg asistíu á Xor-
nada “A Educación Social, unha profesión transfor-
madora” que organizou o CGCEES e CoPESA na
Universidade Pablo de Olavide.
Na inauguración asistiron o reitor de dita universi-
dade e a decana da Facultade de Ciencias Sociais, o
Defensor do Pobo Andaluz, a secretaria xeral dos
Servizos Sociais da Consellería de Igualdade e Políti-
cas Sociais, a concelleira de Educación e Participa-
ción Cidadá de Sevilla e o Presidente do CGCEES.
As diferentes personalidades destacaron o papel
das educadoras e educadores sociais na satisfacción
das necesidades da sociedade, enlazando a idea co
lema do próximo Congreso da Educación Social: “A
máis Educación Social, máis cidadanía”.
Trás o acto de celebración continuou o fin de semana
con reunións dos comités do Congreso e da Xunta de
Goberno do CGCEES. Neste marco tivo lugar a reunión
da Xunta de Goberno Ampliada do CGCEES coa partici-
pación dos Colexios Profesionais do Estado.
A presentación do Congreso foi a cargo da presi-
denta de CoPESA, Lola Márquez, a cal explicou os
catro eixes temáticos. Posteriormente Rafael Ló-
pez, Presidente Honorífico do CGCEES, falou sobre
a historia dos sete Congresos da Educación Social.
A xornada proseguiu coa exposición de Iñaki Rodrí-
guez sobre o código deontolóxico da educadora e
educador social. Finalizou o acto co nome dos gaña-
dores e gañadoras do concurso de proxectos Toni
Julià: Anna Prat do CEESC polo seu programa so-
cioeducativo no comedor escolar; e Israel Fernán-
dez e Carlos Zapata do CoPESA co proxecto
#alternajoven. Estes foron presentados por Flor
Hoyos, Presidenta Honorífica do CGCEES e presi-
denta do Xurado do concurso.
Maite Sío Docampo
Educadora Social
Colexiada nº 3850
Secretaria do Ceesg
Nesta reunión se debateu e acordou os pasos a seguir
para a aprobación dos Estatutos do Consello. Ademais
presentouse o plan de traballo a realizar polos colexios
profesionais sobre a revisión do Modelo do Consello,
tarefa acordada na Asamblea Xeral do pasado mes de
xuño en Pamplona. Para levar a cabo esta acción cada
colexio profesional debe reflexionar sobre os elementos
fundamentais que afectan á xestión e organización do
CGCEES.
Día Mundial da Educación Social nas universidades galegas
Con motivo do Día Internacional da Educación So-
cial o Ceesg organizou tres eventos nas tres faculta-
des de Ciencias da Educación galegas; de forma que
estivemos presentes en A Coruña, Santiago e Ou-
rense.
A pesar de que cada evento tivo un protagonismo
particular, o fío conductor que guiou a actuación do
Ceesg foi a reivindicación da profesión, o nomea-
mento das gañadoras do 2º concurso tfg.EDUSO e
a presentación dun breve avance do documental no
que estamos a traballar e que verá a luz en breve.
Mónica Serrano, presidenta do Ceesg, acudiu á fa-
cultade de Ciencias da Educación do Campus Vida
en Santiago de Compostela, onde estivo acompaña-
da polo alumnado do PIC e profesorado que se
implicou de forma activa.
No caso da facultade de Ciencias da Educación de A
Coruña, Alfonso Tembrás foi a persoa que representou
ao Ceesg na actividade, contando coa inestimable cola-
boración do alumnado da Asociación IM-PARES. Esta
asociación está integrada por estudantes de Educación
Social e teñen entre os seus obxectivos, a promoción
da nosa profesión na sociedade; así como ser unha guía
para quen se inicia no mundo universitario.
En Ourense, Aurelio Prado, acompañou, no acto orga-
nizado na facultade de Ciencias da Educación, ao alum-
nado do PIC desta cidade e tamén á gañadora do 2º
tfg.EDUSO na versión escondida; neste caso, toda a
actividade foi canalizada a través do espazo xerado polo
Encontro de Radios. Moi interesante a nosa andaina
radiofónica!!!!
actualidade
NOVA ANDAINA DO GRUPO FIADEIRAS
Sylvia Pankhurst, emblemática sufraxista inglesa e unha das fundadoras da Unión Social e Política das Mulleres, ad-
vertía que “non se pode cambiar o mundo tanto como quixeramos pero si se poden dar pequenos toques”, e con
esta idea na cabeza, comezamos a traballar na campaña “Micromachismos: moito máis que micro” na primavera do
ano 2013 con motivo do 8 de marzo; pois dende vai tempo as Fiadeiras viñamos reflexionando sobre a necesidade
de levar adiante unha acción para denunciar o machismo que na vida cotiá continúa afectándonos como mulleres.
Foron moitas as narracións, experiencias e vivencias que foron chegando ao noso blogue durante os dous últimos
anos, as cales nos permiten exemplificar a violencia que seguimos aturando na vida cotiá como nenas e mulleres. A
partir destas achegas, decidimos empregar os nosos esforzos na elaboración dunha publicación que vos presenta-
mos a continuación; “Machismos: de micro nada”.
Sen dúbida, son moitas as motivacións que nos levan a publicar este traballo de sensibilización e reivindicación du-
nah sociedade libre de violencia machista, mais consideramos relevante destacar as seguintes:
1. Denunciar que as actitudes e os comportamentos dominantes, que os varóns seguen exercendo en relación
ás mulleres, por máis que se manifesten de forma sutil ou case imperceptible, son formas de violencia que
reproducen a desigualdade de valor e oportunidade en función do xénero.
2. Sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de debater sobre todo o que nos afecta ás mulleres, sen censu-
ras, sen tabús, sendo libres de pensar e falar por nós mesmas.
3. Concienciar ás educadoras e educadores sociais sobre o valor que supón integrar unha ollada feminista no
noso labor para que este sexa, efectivamente, unha praxe a prol da igualdade e da liberdade das persoas
coas e para as que traballamos.
4. Construír modelos de poder en feminino, onde as atitudes que proliferan e florecen se relacionen coa
cooperación e a solidariedade; poñendo en valor dinámicas do autocoidado nos grupos de acción sen nece-
sidade de esgotarnos no intento.
5. Loitar polo empoderamento e sororidade das mulleres: desde as mulleres, coas mulleres e para as mulleres;
construíndo espazos de encontro e redes onde as protagonistas do cambio sexan as voces femininas, as no-
sas voces.
Partindo de todos estes elementos, o traballo que aquí se presenta parte das experiencias que diversas mulleres
tiveron a ben compartir con nós. Son todas as que están, pero non están todas as que son; pois nalgúns casos,
houbo para quen o proceso de (re)encontro persoal con certos episodios vitais, resultando excesivamente dolo-
roso como para ser compartido.
Precisamente, esta imposibilidade de compartir o que nos pasa ou o que vivimos dá conta
de que non son cuestións nimias ou baladís, de aí que rexeitemos a súa conceptualización
como “micro”. O machimo é violencia, con tódolos graos que se lle queiran poner, pero
violencia ao fin e ao cabo.
«A idea que nos movía era recoller
experiencias de mulleres en relación
ás formas sutís en que se presenta o
patriarcado, precisamente coa in-
tención de visibilizar a súa impor-
tancia»
NOVA ANDAINA DO GRUPO FIADEIRAS
A través desta publicación evidénciase como cunha boa organización, as mulleres podemos chegar a facer grandes
ou pequenas cousas (pero poder facer é o reto), considerándoo como un paso máis de unión, fortalecemento e
dignidade das mulleres.
Entre as autoras e autores atopades a Lucía Aldao, Pablo Andrade, Leo Arremecághona, Isaac Castro Neira, Luís
Dávila “O Bichero”, Tareixa Ledo Regal, Andrea Nunes Brións… e moit@s máis!!!!!!
Ides quedar sen o voso exemplar?
Foro Galego de Inmigración—Moción cidade libre de CIE
A presente moción responde á vontade de xerar
mecanismos municipais de cumprimento do principio
de igualdade e de non discriminación entre todas as
persoas que viven e residen no Estado español. En-
tendemos que os concellos e entes locais son, para
principios de proximidade e subsidiariedade, as insti-
tucións con potencial de garantir estes principio. Así,
as ciudades e vilas convértense en espazos políticos
de proximidade entre os cidadáns/ás e as institucións
que permiten o desenvolvemento da democracia e a
igualdade de dereitos.
Na liña de garantir a igualdade e a non discriminación
entre as persoas que residen no Estado español, a
lexislación española prohibe claramente a discrimina-
ción.
Tamén na mesma Constitución, no seu artigo 13.1,
esténdese a igualdade a todas as persoas estranxei-
ras e concrétase a vixencia dos instrumentos de de-
reitos humanos, e o cumprimento obrigatorio dos
tratados internacionais e rexionais ratificados polo
Estado español.
Entendendo os concellos como a institución máis
próxima á cidadanía, é necesario que se sitúen no
caso de que haxa prácticas ou lexislacións que vulne-
ren dereitos protexidos polo dereito internacional
dos dereitos humanos.
No conxunto da Unión Europea, unha das actuacións
que viola de forma máis directa o principio de igual-
dade e de non discriminación é a actuación policial
baseada nos perfís raciais. A Comisión Europea con-
tra o Racismo e a Intolerancia do Consello de Euro-
pa (ECRI polas súas siglas en inglés) definiu a realiza-
ción de redadas por perfís raciais como "o uso por
parte da policía, sen xustificación obxectiva ou ra-
zoable, de criterios como a raza, a cor, a lingua, a
relixión, a nacionalidade ou a orixe nacional ou étnica
para actividades de control, vixilancia ou investiga-
ción".
Son estas redadas no espazo público, ou nas redes de
transporte, unha das portas de entrada das persoas
en situación irregular nos Centros de Internamento
de Estranxeiros (CIE). Estes espazos son, en si mes-
mos, espazos de vulneración de dereitos humanos,
na medida na que privan de liberdade a persoas que
están en situación irregular (só unha falta administra-
tiva) ou a persoas ás que se lles computan penas de
prisión, sufrindo a chamada dobre discriminación
(condena polo delito que cometeron e condena por
estar nunha situación de irregularidade administrati-
va).
A privación de liberdade por estancia irregular en
CIE confronta co dereito á liberdade e á seguridade
persoais proclamados no art. 3 da Declaración Uni-
versal dos Dereitos Humanos e o art. 9 do Pacto
Internacional de Dereitos Civís e Políticos. En con-
creto, a detención en CIE foi denunciada por tratarse
dunha medida lexislativa desproporcionada e incom-
patible co art. 5 da Convención Internacional sobre a
Eliminación de todas as Formas de Discriminación
Racial. Con todo, en España a constitucionalidade do
internamento foi avalada polo Tribunal Constitucio-
nal, pero condicionada a unha serie de requisitos de
excepcionalidade, control xurisdicional e suposto
carácter non penitenciario dos centros, que non se
corresponden á realidade.
Neste sentido, os CIE, separadamente de ser espazos
que vulneran dereitos humanos básicos, son disposi-
tivos que non cumpren a función para a que foron
creados (o internamento como medida cautelar para
asegurar a deportación), xa que menos da metade
das internas e internos que pasan polos CIE españois
son deportados. Así, os CIE deveñen mecanismos de
chantaxe, ferramentas de presión e manipulación pa-
ra a poboación migrante, que sofre a ameaza perma-
nente do internamento na súa vida cotiá.
En terceiro lugar, cabe destacar que, na actualidade, a
maior parte das deportacións estanse levando a cabo
sen respectar o dereito fundamental á tutela xudicial
efectiva (art 25 CE) debido a que o corpo de Policía
Nacional está levando a cabo deportacións exprés
nas que os cidadáns e cidadás son detidos e devoltos
«Concretamente, no artigo 14 da
Constitución garántese a igualda-
de ante a Lei, sen que poida dar-
se ningunha discriminación por
razón de "nacemento, raza, sexo,
relixión, opinión ou calquera ou-
tra condición ou circunstancia
persoal ou social"».
«os CIE, separadamente de ser
espazos que vulneran dereitos
humanos básicos, son dispositi-
vos que non cumpren a función
Foro Galego de Inmigración—Moción cidade libre de CIE
ao seu país no marco das 72 horas dunha detención,
sen que se avise na maior parte dos casos ao seu
representante legal e sen que poida realizarse unha
revisión xurisdicional da orde de expulsión, a cal po-
de estar vixente desde hai varios anos, incluso com-
pletamente desactualizada.
Dita práctica de deportacións exprés prodúcese cun-
ha maior intensidade cando o Ministerio de Interior
ou a axencia europea Frontex teñen previsto fletar
un avión ad hoc de deportación a un país determina-
do. A contratación de devanditos voos colectivos de
deportación vulnera a prohibición de realizar depor-
tacións colectivas presente no Convenio Europeo de
Dereitos Humanos, ademais de fomentar os controis
policiais baixo criterios de perfil racial e as deporta-
cións sen garantías.
Os antecedentes descritos recomendan a redacción
da presente moción e a aprobación dos seguintes
acordos por parte do Pleno municipal:
ACORDOS
(Previo)
-Manifestar o compromiso do Concello en traballar
pola erradicación do racismo na cidade e a igualdade
de dereitos e oportunidades para todos e todas os
seus cidadáns e cidadás.
Primeiro.
-Manifestar o compromiso de emprender medidas
municipais en base á legalidade e competencias exis-
tentes e os efectos que sinala esta moción, co obxec-
tivo de garantir que ningunha persoa será identificada
e detida por cuestións raciais e privada de liberdade
polo feito de atoparse en situación administrativa
irregular. En base a iso, comunicarase aos diferentes
corpos policiais que actúan na cidade, de forma escri-
ta e mediante os organismos de coordinación exis-
tentes, a oposición deste Concello á identificación
baseada en perfil racial, a detención e traslado aos
CIE de ningún veciño ou veciña do municipio.
Segundo.
-Nos convenios coas empresas adxudicatarias para o
transporte público incluirase a garantía do dereito á
mobilidade de todas as persoas mediante un uso das
redes de transporte público que non se vexa pertur-
bado por identificacións raciais. Neste sentido, que
inste expresamente ao persoal contratado para o
desenvolvemento dos servizos de transporte a non
realizar identificacións baseadas en perfil racial así
como, no caso das persoas sen documentación con-
forme a súa situación administrativa regularizada, non
dar aviso aos corpos policiais.
Terceiro.
-Instar ao Goberno do Estado español a que se inicie
un proceso que leve ao peche dos Centros de Inter-
namiento de Estranxeiros.
Cuarto.
-Instar ao Goberno a que cesen as deportacións ex-
prés, mediante as cales a policía deporta a vecinos e
veciñas do municipio baixo un réxime de detención
de 72 horas, sen previo aviso e sen que medie ningún
tipo de asistencia letrada.
Quinto.
-Instar ao Ministerio de Interior para que derrogue,
por vulnerar os dereitos fundamentais de veciños e
veciñas do municipio, o Protocolo de Deportación
da Policía Nacional de 2007 que permite, entre ou-
tras medidas vulneradoras de dereitos, a sedación
forzosa, atar con correas ás persoas que van ser de-
portadas, así como ser inmobilizadas cunha camisa de
forza.
Sexto.
-Instar ao Ministerio de Interior para que non se
realicen deportacións en voos colectivos nos que se
constatou un gran número de situacións de vulnera-
ción de dereitos, tanto no procedemento que leva
encher os mesmos así como nos propios voos.
formación
Proximamente...
O VII Congreso estatal en marcha
SEVILLA ESPÉRANOS...
A EDUCACIÓN SOCIAL NECESARIA...
A CIDADANÍA NECESÍTANOS...
Xa está aberto o prazo de presentación de comunicacións e pósters pa-
ra profesionais, empresas, entidades sociais, Universidades e Institucións que desexen participar no
VII Congreso Estatal de Educación Social; que como sabedes celebraráse os vindeiros 21, 22 e 23
de abril na cidade de Sevilla.
A listaxe das comunicacións seleccionadas publicarase na web oficial do Congreso con anteriori-
dade ás datas de celebración do mesmo. O prazo de presentación terá como data límite o
11 de xaneiro de 2016, e todas as propostas remitidas, deberán integrarse nalgún dos ca-
tro eixos establecidos:
1) (Re)pensar a profesión, historia, identidade e deontoloxía.
2) (Re)facer a Educación Social para impulsar e acompañar á cidadanía.
3) O Esta(R) da Educación Social.
4) (R)evolucionando a educación social dende as emocións. Sentir, Pensar, Facer, Coidarse e
Coidar.
Para máis información, consultar as bases completas na páxina web do congreso:
www.congresoeducacionsocial.org/comunicaciones
O programa do Congreso
Durante a mañá falarase sobre…
¿Contribúe a educación social á construcción da cidadanía e aos procesos de transforma-
ción social que esixe o século XXI?
(Re) pensar a profesión nos procesos de construcción da cidadanía e transformación so-
cial: historia, identidade e deontoloxía.
O Estar(R) da Educación Social.
Pola tarde haberá espazos simultáneos… onde se presentarán as comunicacións correspondentes aos Eixes
1 e 2, favorecendo a creación de espazos de reflexión e construcción no desenvolvemento da profesión:
Espazo 1. Sistema de Protección de menores de idade: prevención, protección, promoción e participación.
Espazo 2. Xustiza Xuvenil.
Espazo 3. Centros Penitenciarios.
Espazo 4. Servizos Sociais Comunitarios.
Espazo 5. Terceiro Sector.
Espazo 6. Saúde Mental.
Espazo 7. Diversidade funcional.
Espazo 8. Educación Ambiental.
Espazo 9. Mediación.
Durante a mañá falarase sobre…
(Re) facer a Educación Social para impulsar a construcción da cidadanía e o pensamento
crítico na transformación social.
(R) evolucionando as emocións: formulando os malestares para pensar/propor estratexias
de mellora.
Mesas de confluencia sobre os eixos transversais.
Mesa 1. Educación Social en Políticas de Igualdade
Mesa 2. Diversidade cultural: ¿multiculturalidade, interculturalidade ou cidadanía inclusiva?
Mesa 3. A vida como un proceso de aprendizaxe permanente para o envellecemento activo.
21 de abril, 2016
22 de abril, 2016
O programa do Congreso
Mesa 4. Crecemento socio-sustentable como contexto da Educación Social.
Mesa 5. Desenvolvemento do territorio e a comunidade, como implicamos á cidadanía para a transformación
dos territorios.
Mesa 6. Cooperación e desenvolvemento local, rexional e internacional.
Mesa 7. Estabilidade, empregabilidade e innovación social no traballo socioeducativo.
Mesa 8. Educación Social nas organización e no sistema socioeducativo.
Mesa 9. Educación Social e diversidade para a transformación social.
Mesa 10. A situación Internacional da Educación Social. AIEJI.
Mesa 11. A Educación Social na competencia dixital.
Pola tarde haberá espazos simultáneos… onde se presentarán as comunicacións correspondentes aos Eixes
3 e 4, e tamén tempo para a participación en obradoiros diversos:
Código Deontolóxico do educador e da educadora social: análise de casos.
Obradoiro de interculturalidade.
Teatro social.
Movemento Expresivo.
Construcción de indentidade de xénero.
Coaching en educación social.
Feminismo e educación social.
Emprendemento e empregabilidade.
Medios de comunicación.
Emocións e pensamento: un encontro saudable.
Pola noite está previsa unha CEA-FESTA nun lugar emblemático da cidade de Sevilla.
Diálogo da profesión e a rede profesional: recreando as nosas organización.
Diálogo final. A Educación Social e a Cidadanía.
23 de abril, 2016
Entre esta situación,
-“Perdoe, ¿é a coidadora do rapaz?”
-Non, son a súa educadora social.
E esta outra...
-“¿Cal é a túa profesión?
-”Educadora Social”
- “¡Que bonito, meu irmá tamén é educador social!”
... Non hai tanto espazo de tempo. Tan so uns meses
de diferenza e, as dúas sucedéronme este ano, pero as
dúas situacións exemplifican moi ben a finalidade última
desta entrada; a Educación Social actualmente non
parte de cero. Existe bastante camiño trazado, pero
aínda queda por avanzar.
A primeira, tivo lugar no meu horario de traballo,
acompañando a un menor ao servizo de urxencias dun
hospital. Unha vez alí, a recepcionista amosouse
educada, pero cun total descoñecemento da nosa
profesión. Sen embargo, cando facilitei os meus datos
persoais a unha entidade bancaria –situación segunda-,
sorprendeume agradablemente a resposta e a
expresión da persoa que me atendeu.
No momento que me sento a escribir esta entrada,
deixo caer a mirada pola fiestra e fágome por un
momento consciente que o ano que vén terán pasado
20 anos...
¡¡Bufff, case nada!! Foi no 1996, cando finalicei os meus
estudo de diplomatura en Educación Social.
Afortunadamente, sempre puiden traballar dentro
dalgúns dos diferentes eidos da Educación Social.
Paralelamente ao meu desenvolvemento profesional
fun observando como o recoñecemento da nosa
profesión foi cobrando máis relevancia. Non hai que
enganarse, este proceso ten sido lento e custoso,
realmente debería falar en presente, porque aínda sinto
que é un proceso en construción. Quizais sexan
precisos 20 anos máis, para pensar co proceso
rematará algún día, non o sei.
bloguES
Hoxe en día, as universidades ábrennos as portas aos
profesionais, para que ilustremos coa nosa humilde e
nova experiencia (recordade, so 20 anos), algunhas
clases, inclusive xa existen profesores universitarios
que son Educadores Sociais. Os profesionais da
Educación Social, podemos asinar as prácticas como
titores do primeirizo alumnado de Grao. Todas as
comunidades autónomas teñen o seu propio colexio
profesional de Educadores Sociais –agás Ceuta e
Melilla, e, Cantabria en breve-.
Xa existen científicos da Educación Social que publican
artigos rigorosos e son tamén Educadores Sociais. As
redes sociais están ateigadas de moitos de nós, que
pouco a pouco imos tecendo un mapa de conexións,
de forzas, de ilusión cada vez máis tupido. De loita e
reivindicación tamén, da acordo, ¡por suposto!.
Como vos dicía antes, atopámonos nun proceso en
construción. Na comunidade na que vivo, Castela e
León, as administracións públicas non dan visibilidade á
Educación Social nin aos Educadores Sociais. Xa nin
vos conto os medios de comunicación... para ler
publicada unha nova sobre nós ou a nosa profesión hai
que buscar debaixo das pedras. As hemerotecas están
baleiras de Educación Social. Isto indígname, fártame,
éncheme de carraxe, de impotencia...
Pero hoxe, precisamente hoxe, 2 de outubro, Día
Internacional da Educación Social, cando estou en
plena celebración cos meus colegas do noso #diaES e
#EdusoDay2015, síntome forte e animada, con gañas
de seguir o camiño. E hoxe mellor que nunca para
reivindicar que a nosa profesión non é de paso, que
non se pode ocupar con outros profesionais “ata que
atopen do seu”. ¡¡Somos EDUCADORES SOCIAIS e
non nos imos cansar de repetilo, en voz alta, a gritos,
de forma clara!!
Carmen Carrión Ordás
Educadora Social
e autora do blogue:
Caordas-La educación social y otras
especias
«Contamos con Educadores Sociais
que escriben blogues, libros, artigos...
etc. sobre a nosa profesión, como a
viven, como a sinten, cunha
sensibilidade, agarimo e respecto
exquisito cara a nosa praxe».
«Só podo dicirvos, que hai moitos
indicadores, moitos sinais que cada vez
permiten á Educación Social estar
máis viva».
V aia pregunta, que fago eu pola Educa-
ción Social! Resultaríame máis doado res-
ponder a que fai a Educación Social por
min…
Rematei os estudos de Educación Social no ano 2011,
na Universidade de Santiago de Compostela, despois
de facer a Diplomatura e un ano a maiores para a ob-
tención do título de Grao. Dende aquela, desenvolvin-
me profesionalmente no ámbito da infancia e a adoles-
cencia, primeiro no eido do lecer e tempo libre e logo
con mozas e mozos en acollemento residencial.
Precisamente por estar vinculada laboralmente a este
ámbito, fai tres anos – máis ou menos – xunto con ou-
tras compañeiras e compañeiros de profesión, inicia-
mos a nosa andaina en “Escaravellando”, o grupo de
traballo do Ceesg en infancia e adolescencia. Unha an-
daina na que, ademais de potenciar e visibilizar a figura
das educadoras e educadores sociais neste ámbito, té-
ñense creado espazos e momentos de reflexión. Ade-
mais deste grupo, dende fai uns mesiños uninme ao
grupo de igualdade do Ceesg, “Fiadeiras” que vén de
culminar un interesante traballo que se reflectirá na
publicación “Machismos: de micro nada”.
Alén da participación activa no colexio profesional,
“facer” pola Educación Social faise a diario, entre as
nosas coñecidas, compañeiras de profesión, familiares
… digamos que, un activismo cotiá, respirando e to-
mando alento cada vez que alguén che pregunta: “iso
da Educación Social, que é? Como traballo social?”. En
moitas ocasións teño empregado esta metáfora para
explicarlle á xente que me pregunta que é a Educación
Social e se non é o mesmo que outras profesións que
comparten o apelido “social”. O ámbito do social é
coma un queixiño do Trivial, todas xogamos no mesmo
taboleiro mais cada ficha é un sector concreto, unha
profesión coas súas ferramentas de traballo, o seu xei-
to de proceder. Ou exemplificando noutra profesión, é
coma a Menciña na que existen diversas especialidades
mais todas elas traballando a prol da saúde, do benes-
tar da “paciente”. A miúdo, na Educación Social ponse
o acento sobre o “social” cando o substantivo, o que a
fai distinta e a caracteriza é a “educación. Quen teña
xogado ao Trivial sabe que para gañar hai que conse-
guir reunir tódalas fichas de cores distintas, o mesmo
debería acontecer neste ámbito que é o “social”, pasar
de persoal técnico – individual – a equipos conforma-
dos por distintas profesionais con responsabilidades
Raquel López Fernández Educadora Social
Colexiada nº 3808
Integrante de Escaravellando e Fiadeiras
QuE fas ti pola educación social?
distintas en función do momento no que se atope a
persoa ou o grupo. A día de hoxe, podo dicir que as
persoas que me rodean saben que son Educadora so-
cial e saben, máis ou menos, o que facemos.
Volvendo ao inicio, dicía que ata me resulta máis doa-
do dicir que fai a Educación Social por min. Ser educa-
dora social permíteme desenvolverme profesionalmen-
te sendo coherente cuns valores, facéndoo un conti-
nuo, sen abismos entre “a teoría e a práctica”. Ás ve-
ces non resulta unha postura cómoda nin sinxela mais,
por fortuna, somos moitas as persoas implicadas e tra-
ballando a prol da Educación Social, o cal nos retroali-
menta e nos dá impulso para seguir avanzado no re-
coñecemento e valorización da nosa profesión, abrin-
do novos horizontes para ela como pode ser o ámbito
da educación escolar, un ámbito que ata o momento
se consideraba “vetado” á Educación Social pola ba-
rreira artificial entre educación “formal” e “non for-
mal”, termos xa esgotados e superados.
Toda educación é un proceso formal na cal parti-
cipan diversos axentes e entre eles, dende logo,
debe estar –e estará- a Educación Social.
Para ler E reflexionar...
#EDUSOHISTORIAS. Unha viaxe pola educación social.
A realidade supera á ficción. Esta é unha máxima que, non por
repetida, deixa de ser certa. Así o poden corroborar as e os
profesionais que se dedican ao acompañamento pedagóxico, ao
apoio socioeducativo ou á intervención social.
Relatos sobre infancia institucionalizada, sobre persoas con pro-
blemas de adiccións, sobre persoas sen fogar; contos sobre mu-
lleres, migrantes, persoas maiores; historias sobre diversidade
funcional, sobre o traballo comunitario...
Neste libro atoparedes escritos dun grupo de Educadores e
Educadoras Sociais prologados por dous mestres na materia,
Segundo Moyano e Enrique Martínez Reguera, coordinado polo Equipo de EducaBlog.
Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg
Recorda que tes á túa disposición a Biblioteca do Ceesg, unha biblioteca especializada en Educación Social
onde atoparás as publicacións organizadas por ámbitos de actuación da profesión.
Para consultas na biblioteca, é recomendable que avises previamente, para asegurarte de que a biblioteca
non estea reservada para outras actividades.
Consulta o catálogo completo de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca
Consulta o regulamento para o empréstito de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca
Actuacións
Xornada “Ni Locas Ni terronistas”. O Ceesg acom-
pañou, no Auditorio do Concello de Vigo ás compañeiras
e compañeiros da asociación Érguete nesta xuntanza con-
memorativa dos seus 30 anos de andaina.
Foro autonómico sobre maiores e consumo.
O grupo Geix representou ao Ceesg coa súa participa-
ción neste foro, onde se abordaron cuestións diversas en
referencia ao colectivo de persoas maiores.
Rolda de contactos con concellerías e depu-
tacións. No mes de
outubro deu comezo un-
ha xira pola xeografía
galega para dar presentar
ao Ceesg ante as novas
corporacións municipais
e deputacións. Ademais,
nestes encontros, nos
que está a participar o
grupo Fiadeiras, presenta-
mos a publicación “Machismos: de micro nada” buscando
o compromiso da sua difusión e adquisición por parte
Ciclo de Documentais e-DOC.SOCIAL:
No mes de outubro dou comezo unha nova edición da
proposta formativa a través do cinema que o Ceesg
iniciou o pasado ano.
Nesta ocasión, a proposta xira arredor do visionado
dun conxunto de documentais seleccionados e propos-
tos polos diferentes grupos de traballo. Unha aposta de
interse para este outono, iniciada polos grupos Geix e
Fiadeiras, que terá continuidade en novembro coas pro-
postas de A Eira do Ceesg e Escaravellando.
Reunión Foro Galego de Inmigración. Neste mes
de outubro, houbo unha nova xuntanza para preparar os
actos da III Semana de Loita contra as Fronteiras
Mesa de traballo sobre Persoas sen Teito e Tran-
seutes e Mesa de traballo sobre persoas refuxia-
das. Seguindo o plan establecido dende a constitución
destas mesas de traballo, o Ceesg acudiu ás novas xun-
tanzas convocadas dende o concello de Santiago de
Compostela.
Xuntanzas de traballo interno. Escaravellando, Geix,
Fiadeiras mantiveron reunións organizativas para o
desenvolvemento do seu plan de traballo. Igualmente, a
área de acción profesional e a de comunicación mantive-
ron xuntanzas de traballo neste setembro.
Reunión da Presidenta do Ceesg coa Directora de
SarQuavitae. Dna. Mónica Serrano Soto, presidenta do
Ceesg, e dna. Gloria Mª García Barreiro, directora de
SarQuavitae San Lázaro mantiveron unha xuntanza para
valorar a renovación do convenio de colaboración entre
estas dúas entidades; que manterán a liña de traballo que
viñeron compartindo ata o momento actual.
Servizo xurídico do Ceesg. o Servizo xurídico está
dispoñible para que as persoas colexiadas reciban aseso-
ramento xurídico sobre calquera cuestión. A atención
facilítase na sede do Ceesg, cada primeiro martes e cada
terceiro mércores de mes, en horario de tarde, de 17:00
a 19:00.
Mesa de traballo sobre a Renda Básica Municipal
(Concello de A Coruña). O Ceesg estivo presente no
acto de constitución da mesa de traballo sobre a Renda
Básica Municipal impulsada dende a Concellería de Xusti-
za Social e Coidados.
Presentación do libro “Atención y protección jurí-
dica de la discapacidad”. O Ceesg acudiu a este acto
de presentación en resposta ao convite recibido dende a
organización do evento.
20 anos en Galicia de Médicos do Mundo.
O Ceesg estivo
represntado no
acto organizado
para conmemo-
rar as dúas dé-
cadas de traba-
llo da ONG en
Galicia.
Técnico/a Orientación Laboral. Betanzos (A Coruña). Concello de Betanzos.
Estas son as ofertas de emprego publicadas na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre
ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-
emprego-do-ceesg
Novas Dos boletíns
EMPrEgO
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Ad-
ministracións Públicas e Xustiza. CORRECCIÓN
de erros. Resolución do 8 de outubro de 2015, da Se-
cretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as
bases reguladoras de axudas e subvencións ás entidades
locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a pro-
moción da igualdade, de forma individual e mediante o
sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo
Social Europeo, e se procede á súa convocatoria no ano
2015.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151022/
AnuncioG0244-161015-0001_gl.pdf
Consellería de traballo e Benestar. RESOLUCIÓN do
29 de setembro de 2015 pola que se convoca a contrata-
ción por lotes da xestión de servizos públicos, na modali-
dade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de
atención residencial para persoas con discapacidade inte-
lectual e enfermidade mental asociada, tramitación docu-
mentalmente simplificada.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151020/
AnuncioCA05-290915-0007_gl.pdf
http://www.contratosdegalicia.es
Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusu-
las administrativas particulares.
Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o
31 de decembro de 2016.
Data límite de presentación: quince días naturais contados a
partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación
no Diario Oficial de Galicia.
Formación
Atención centrada na persoa en institucións sociais dende unha perspectiva socioeducativa
Organiza: Geix
Datas: 14 e 15 de novembro, 2015.
Lugar: Santiago de Compostela
Prezo: 25€ Colexiadas/os e Amigas/os do Ceesg| 25€ Desempregadas ou estudantes| 35€ cota xeral
Máis información: ceesg@ceesg.org
Xornada de Emprendemento
Organiza: Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA)
Datas: 26 e 27 de novembro e 3 e 4 de decembro Lugar: Edificio Cersia (Santiago de Compostela)
Prezo: De balde
Máis información: aeigagalicia@gmail.com