Post on 01-Jul-2015
description
CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DO PIRAGÜISMO EN AROUSA
NORTE
A Mancomunidaded e Municipios Arousa Norte está colaborando co Clube de
Piragüismo Rías Baixas e coa Federación Galega de Piragüismo, na organización do
Campionato Galego de Promoción de Piragüismo que se realizará en Boiro o
próximo 18 agosto.
Con este proxecto, dende a Mancomunidade, quérese insistir no posicionamento da
Ría de Arousa como eixo de desenvolvemento a partir do cal organizar eventos
náuticos e produtos turísticos.
Neste caso, cóntase co financiamento da Deputación da Coruña a través da
Convocatoria de programas de apoio á Cultura e ao Deporte para o ano 2013.
O domingo 18 de agosto terá lugar o campionato que ten como obxectivo
promocionar o piragüismo na comarca con especial incidencia na poboación infantil
e adolescente. Por este motivo contémplase a participación de 500 palistas
federados en categoría infantil (12 e 13 anos) de toda Galicia, onde se favorece en
todo momento a participación de palistas dos concellos da comarca.
Programa
Data: domingo 18 de agosto
Hora inicio: 16.30 h
Hora prevista entrega trofeos: 20.30 h
Hora prevista finalización actividade: 21:00 h
Lugar: peirao de Cabo de Cruz (Boiro)
HORARIO DE PROBAS
Carreira Data Hora Sexo Categoría Embarcación Distancia Fase 1 18/08/2013 16:30 MUJER INFA-B K-1 3.000 m. FINAL 2 18/08/2013 17:00 HOMBRE INFA-B C-1 3.000 m. FINAL 3 18/08/2013 17:00 MUJER INFA-B C-1 3.000 m. FINAL 4 18/08/2013 17:00 MUJER INFA-A C-1 3.000 m. FINAL 5 18/08/2013 17:30 HOMBRE INFA-B K-1 3.000 m. FINAL 6 18/08/2013 18:00 MUJER INFA-A K-1 3.000 m. FINAL 7 18/08/2013 18:30 HOMBRE INFA-A C-1 3.000 m. FINAL 8 18/08/2013 19:00 HOMBRE INFA-A K-1 3.000 m. FINAL ENTREGA DE TROFEOS: 19:30 h.
------------------------------------------------------------------
DESENVOLVEMENTO DO EVENTO: Regatas divididas por sexo, categoría e embarcación sobre 3000 metros. Campo de regatas balizado con distancia de 750 metros, onde os participantes dan 2 voltas completas para completar os 3000 metros. CAMPO DE REGATAS: