Post on 29-Mar-2016
description
Popi fala…
Ola!!!
O primeiro dar a noraboa a todos os rapaces e rapazas do cole, por
axudar na BIBLIO, por ler moitos libros, e por participar nas actividades
que propoño.
Aproveito, como vedes, para deixar os carnés que faltaban por repartir.
O caso é que, sen as miñas SUPER-AXUDANTAS, non estarían hoxe nas vosas
mans. Por certo, se a alguén lle falta o carné, avisádeme, sempre estou no
mesmo sitio e son fácil de atopar. como vedes,os meus cornos, as miñas
cores e a miña campaniña identifícanme axiña!!!.
Tamén dicir que o xoves día 28 de febreiro repartiremos un pequeno
agasallo “aoS MÁIS LEÓNS” DO COLEXIO, “aoS COMELIBROS E DEVORA LETRAS” POR
SER ESTES OS QUE MÁIS LIBROS LEVARON E LERON. Estade atent@s ao taboleiro
de anuncios da biblio…
Aviso tamén, que a partir da vindeira semana tedes un ordenador con
conexión a internet para que poidades facer os traballos de investigación
que a profe poña. Lembrade que polo de agora o ordenador está disponible
baixando nas horas de clase coa titora e anotándose no horario do
taboleiro da biblio.
Por certo pregunta as axudantas da biblio para que imos empregar os
marca-libros…
Un saúdo e ata a vindeira carta.