Post on 27-Jan-2017
Realizado por:
Jorge González Méndez
David Díaz Carballal
Biografía A.D.R. Castelao nace en Rianxo no ano
1886 e fina en Bos Aires no ano 1950, aínda que os seus restos están en Compostela.
Emigrou á Arxentina, e ao volver a Galicia, estudou medicina en Compostela.
Nunca exerceu coma médico, senón que se dedicou á política.
Achegouse ás Irmandades da fala, e colaborou, coa súa obra gráfica, na difusión do nacionalismo.
En 1920 asumiu a dirección da revista Nós.
Durante a II República participou na vida política e foi deputado nas Cortes polo Partido Galeguista.
Viuse obrigado a exiliarse en América, pero sen renunciar á súa actividade cultural e política a prol de Galicia e en contra do franquismo.
NarrativaTemas:O humanismo e o compromiso.A crítica da marxinación económica.O protagonismo social das clases populares.A defensa da lingua galega.
Obras narrativas Un ollo de vidro. Memorias dun esqueleto (1922)
Cousas (1926/1929/1934)
Retrincos (1934)
Os dous de sempre (1934)
Obra EnsaísticaA produción en prosa de Castelao complétase coa obra Sempre en Galiza (1994). Esta obra é una compilación de ensaios, artigos de viaxes, reflexións, discursos e memorias, que condensa o seu ideario nacionalista. Galiza aparece definida con todas as características propias dunha nación: idioma propio, territorio diferenciado, vida económica específica e tradición cultural autóctona.
Obra gráficaCastelao foi pintor, debuxante, caricaturista e autor de gravados. As súas obras reflicten o compromiso ético coas clases populares. Castelao denuncia, con humor crítico e irónico, os abusos dos caciques, a demagoxia dos políticos, a marxinación económica de Galicia, o drama da emigración, os horrores do fascismo...Destacan o álbum Nós e os tres álbums da Guerra Civil (1937-1938).
Obra Teatral Castelao escribiu Os vellos non deben de namorarse (1941). Esta obra divídese en tres lances e temas moi semellantes: tres vellos ricos
namoran de tres mozas pobres e, por intentaren conseguir o seu amor, acaban morrendo.