Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)

Post on 20-Jul-2015

177 views 2 download

Transcript of Claudieira, ameixeira (Prunus domestica)

claudieiraameixeira

(Prunus domestica)cirueloplum

prunierameixeira

CLASEAnxiospermas

ORDERosalesFAMILIA

Rosáceas

Árbore de copa irregular e extendida que pode acadar os 10 m de altura.Orixinaria de Europa e cultivado desde tempos antigos.Na actualidade tamén se cultivan variedades asiáticas.

FOLLASAs follas son caedizas, alternas, simples co limbo de forma oval-apuntada e a beira serrada, de cor verde intensa e con peliños polo revés

FLORESSimples, hermafroditas, completas con cinco pétalos de cor branca. Teñen uns rabos curtos e agrúpanse en ramiños de dúas ou tres.

FROITOS (claudias, fatóns ou ameixas, segundo a variedade) son drupas globulares de cores e tamaños diferentes (verde, amarela, encarnada, negra-azulada...). A semente é grande, leñosa e de forma oval-aplastada.

CICLO ANUAL-CLAUDIEIRA

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

MIRABELES(Prunus domestica var syriaca)Ten froitos amarelos de pequeno tamaño. Cultivouse tradicionalmente na Lorena Francesa. En Galiza cultívase no Rosal.

USOS:Froitos para consumo en fresco ou en conserva, confituras, dóces, aromatizantes, zumes, licores...As follas empréganse como laxante en mediciña tradicional.

AMEIXEIRA BRAVA

(Prunus domestica, subsp. insititia)

Arbusto ou pequena árbore de ata 4 m de altura. O froito mide de 15 a 20 cm, é de cor azul e sabor amargo. En Galiza é rara e pódese atopar no val do Sil, no Salnés...

CLAUDIERA XAPONESA(Prunus cerasifera var. pissardii.)Variedade ornamental de folla vermella.

ABRUÑEIRO(Prunus spinosa)Arbusto que medra silvestre formando parte de sebes, beiras e claros de bosques.Atópase por toda Galiza, especialmenta en terreos de baixa altitude.Os froitos, pequenos e agres, empréganse para aromatizar licores.

TRADICIÓN ORAL

-Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu amigo.

-De escribáns e de ameixeiras, libre Deus as miñas terras.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta InternetXullo 2015