Comunicación á prensa

Post on 16-Apr-2017

177 views 1 download

Transcript of Comunicación á prensa

O alumnado de 1º de bacharelato do IES FélixMuriel de Rianxo asistirán a clase o 25N de loitopolas mulleres asasinadas

A ONU declarou como Día Internacional para a erradicación da violenciamachista o 25 de novembro. Para colaborar nesta loita e porque o machismo mata,os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo vanrealizar unha serie de tarefas.

Así, ao longo da semana do 21 ao 25 de novembroterán lugar no IES Félix Muriel unha serie de actividades,que o alumnado realizará en horario extraescolar, entre ascales se encontran a colocación de poemas contra omachismo, obtidos da obra de Carlos Negro, Masculinosingular, no vestíbulo do instituto; ou a distribución denoticias e imaxes da prensa cotiá arredor da violencia dexénero. Tamén se está levando a cabo a construcción dunmuro de tixolos na entrada do instituto ondeposteriormente o alumnado escribirá un poema de CarlosNegro que trata o tema dos micromachismos, o caldo decultivo da violencia machista e que simboliza todos os

prexuízos sexistas que amontoamos arredor damuller.

A parte, xa en horario escolar, o alumnadoparticipará nun obradoiro organizado polo concellocontra a violencia machista, que terá lugar omartes 22 de novembro. Xa para rematar, o propiodía 25 terá lugar unha lectura de dous textoscreados polo alumnado de bacharelato e aproxección dun video arredor da violenciamachista, así como a lectura por parte do alcaldede Rianxo diante do muro dos prexuízos sexistas,do Manifesto realizado por parte dos alumnos ealumnas de primeiro de bacharelato ao longo detoda a semana. Neste Manifesto o alumnadoreivindica a igualdade de xénero e a fin de tantosprexuízos partindo do máis famoso manifesto daLiteratura galega nacido a mans dun rianxeiro, o manifesto Máis Alá de ManuelAntonio.