Post on 11-Mar-2016
description
IES… con nome de muller 7 / 254
Tan só sete dos douscentos cincuenta e catro centros de ensino
secundario en Galicia levan o nome dunha muller.
IES Rosalía de Castro IES Sofía Casanova IES Concepción Arenal IES Maruxa Mallo IES María Casares IES María Sarmiento IES María Soliño
Santiago (A Coruña) Ferrol (A Coruña) Ferrol (A Coruña) Ordes (A Coruña) Oleiros (A Coruña) Viveiro (Lugo) Cangas (Pontevedra)
Estas son as sete únicas galegas que dan nome a un dos institutos de secundaria da nosa comunidade.
Por qué elas?. Por qué non máis?
maría soliño (Cangas 1601 - Cangas 1680)
Un tribunal Inquisitorial condenouna e converteuse no símbolo do sufrimento do pobo
Desta muller temos poucos datos para reconstruír a súa vida. Nos
arquivos históricos non atopamos documentos respecto ao xuízo que a
condenou nin ás súas propiedades, que se estenderían polas
freguesías de Aldán e Moaña.
En 1617, Vigo foi atacada por naves turcas. A península do Morrazo
sofre tamén estes ataques. As mulleres defenden as costas dos
piratas e moitas veces sofren a violación e a tortura, ademais do
roubo.
Varias das mulleres que organizaran a resistencia no Morrazo foran
acusadas de bruxaría ante o Tribunal da Inquisición. Unha delas sería
María Soliño, apelido seguramente moito máis real que Soliña,
derivación daquel.
A Inquisición confiscaba os bens das persoas procesadas e partía
sempre da base da culpabilidade, tendo que ser a acusada a que
demostrase a súa inocencia.
María Soliña, xunto con outras compañeiras, foi encarcerada e
torturada, os seus bens, confiscados polo Santo Oficio e ela
condenada por bruxaría.
Malia que é certo que non foi queimada viva, como moitas outras
mulleres desa época, a loucura, a fame e a miseria remataron coa súa
vida. Converteuse no símbolo do sufrimento do pobo e das mulleres
perante o poder e o despotismo.
MARIA SOLIÑA
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas
muros de noite se erguían:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, qué soliña quedache,
María Soliña.
(Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de Pedra)
rosalía de castro (Santiago 1837 – Padrón 1885)
"Mollo na propia sangre a dura pruma"
A literatura galega contemporánea nace como tal da obra dunha muller
que teimou en "falar das causas da nosa terra na nosa léngoa", e en
facelo malia saber que "as multitudes dos nosos campos tardarán en
ler estes versos”.
Dotada dunha especial sensibilidade para sintonizar cos menos
afortunados e para vibrar coas "innumerables coitas das nosas
mulleres", Rosalía será ata os nosos días o mito fundacional dunha
cultura que adoptaría como matriarca.
Aínda que boa parte da súa produción está en castelán, foron
Cantares gallegos e Follas novas os dous poemarios que a
converteron na escritora máis coñecida en idioma galego, non só entre
os especialistas senón entre a xente común.
Rosalía morrería como consecuencia dun cancro. Enterrada nun
primeiro momento en Iria, no cemiterio de Adina, en 1891 os seus
restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, en San
Domingos de Bonaval (Santiago).
Tras a súa morte, axiña comezou a exaltación da súa figura,
estereotipada como "a nai", "a santiña"... Imaxes que obvian
dimensións máis profundas e polémicas como a crítica que realizou a
un sistema social que lexitimaba radicais desigualdades étnicas, de
clase e de sexo
.
TECÍN SOIA A MIÑA TEA
Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.
(Rosalía de Castro, Follas novas)
concepción arenal (Ferrol 1820 – Pontevedra 1893)
Abrid escuelas y se cerrarán cárceles
Otorgou á educación e instrucción da muller un papel fundamental.
Pódese decir que con ela naceu o feminismo en España.
Asiste á Facultade de Dereito vestida de home nunha época na que a
muller ten negada a educación universitaria. Tamén com roupas
masculinas acude a tertúlias literarias e políticas, opoñéndose así ao
establecido na época para a condición feminina.
Termina a súa carreira e, en 1859, funda o grupo feminino das
Conferencias de San Vicente de Paúl para axuda dos necesitados.
Será a primeira muller en conseguir un premio da Academia de
Ciencias Morales y Políticas polo seu traballo “La beneficencia, la
filantropía y la caridad”, presentado baixo o nome do seu fillo de dez
anos, co que evita a censura do xurado por ser muller.
É tamén a primeira que recibe o título de Visitadora de cárceles de
mulleres, e, en 1868, é nomeada Inspectora de Casas de Corrección
de Mulleres. A súa frase máis celebrada é
Odia o delito e compadece o delincuente
maría sarmiento
María Sarmiento Ribadeneira, foi unha acaudalada dama de
principios do século XVI (falecida en 1566 en Viveiro, Lugo )
que deixou en herdanza a doazón de bens para crear un
colexio de gramática, Colegio Insigne, que funcionou desde
1599 ata 1840 e no que as prazas cubríanse por oposición e
concurso público. Na actualidade, queda na fachada do edificio
o escudo da familia Sarmiento e unha placa que lembra o
colexio desaparecido.
Estivo casada con Gómez Pérez das Mariñas, político,
diplomático e militar galego que foi gobernador das Filipinas,
onde fundou a cidade de Dasmariñas.
maría casares (A Coruña 1922–Alloue,Francia 1996)
“Vivir es sentir, sin amarguras, todas las edades, hasta que llega la muerte”
Actriz galega filla de Santiago Casares Quiroga que foi ministro e xefe
de goberno da república no Goberno de Azaña. Tralo golpe de 1936
exíliase en Londres e logo en París.
O interese de María Casares polo teatro comezou ó pouco de chegar a
Francia. Estudou interpretación no Conservatorio de París, no que
conseguira entrar en 1941 a pesar das dificultades co idioma..O
primeiro papel profesional foi en A Celestina. En 1944 coñeceu a
Albert Camus, do que protagonizou O malentendido, Estado de sitio e
Os xustos. Tamén representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean
Cocteau, Genet e Claudel, converténdose en musa do existencialismo
francés.
En 1949 entra na Comédie Française e cinco anos máis tarde no
Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública cunha forte
preocupación social.
Dirixida por Jean Cocteau roda a película "Orpheo" en 1950. A súa
popularidade xa é universal.
Os recoñecementos chegan cando xa leva máis de corenta anos de
carreira. En 1989 acada o premio Moliére á mellor actriz de teatro e é
nominada ós César. Recibe do governo francés o Premio Nacional de
Teatro, e desde España entréganlle a Medalla ó Mérito de Belas Artes.
No ano 1996, María Casares acepta que os premios de teatro de
Galicia leven o seu nome.
¿De qué han servido contra esa niña gallega las persecuciones, los odios y las bombas, si el
espíritu no tiene fronteras?. España la desterró y ella le devuelve en gloria su destierro. Le
arrasaron su jardín y ahora todas las flores son suyas. Le quitaron una patria, y ahora son ¿De
qué han servido contra esa niña gallega las persecuciones, los odios y las bombas, si el espíritu
no tiene fronteras?. España la desterró y ella le devuelve en gloria su destierro. Le arrasaron su
jardín y ahora todas las flores son suyas. Le quitaron una patria, y ahora son suyas todas las
patrias. Los príncipes de las letras se disputan su zapato de cristal, y todos los palacios del arte se
le abren de par en par.
Por esta vez los poetas pueden volver a contar al derecho el viejo cuento de la Cenicienta.
Alejandro Casona. El viejo cuento de la Cenicienta. 1952
maruxa mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995)
A intensa vida de Maruxa Mallo, pintora e musa do surrealismo español, atravesa todo o século XX.
A profesión do seu pai levouna a residir en distintas provincias ata a súa
instalación en Madrid onde ingresa na Real Academia de Belas Artes en
1992. Alí empeza a
relacionarse coa nova
xeración de poetas e artistas
que conformarían a xeración
do 27 e estreita lazos de
amizade con Lorca, Buñuel e
especialmente Rafael Alberti.
Nestes anos crea a súa propia
linguaxe artística,
caracterizada por particulares
combinacións de elementos
festivos e burlescos, pola
alegría da cor, as
distorsionadas composicións
das súas verbenas e polas
atléticas mulleres que protagonizan as súas estampas.
Viviu sempre como una muller moderna e emancipada, manexando
bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés e a eventos literarios.
Unha beca permitiulle ir a París en 1932, onde entrou en contacto co
surrealismo (coñece a Max Ernst, René Magritte e outros), e muda a súa
concepción sobre a pintura.
De regreso a España comprométese coa IIª República, e dá clases de
pintura no instituto de Arévalo. A Guerra Civil cóllea en Galicia, mais
logra escapar a Portugal. Acaba por instalarse na Arxentina. A chegada
de Perón fai que marche aos Estados Unidos. Porén en 1965 decide
regresar a España, e fixa a súa residencia en Madrid.
A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos que ven
nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a
morte de Franco chegalle o recoñecemento total coa concesión da
Medalla de Ouro de Belas Artes, no 1982, e a exposición antolóxica que
en 1993 lle dedica o Centro Galego de Arte Contemporánea.
"TÚ, tú que bajas a las cloacas donde las flores
más flores son ya unos tristes salivazos sin sueños
y mueres por las alcantarillas que desembocan a
las verbenas desiertas para resucitar al filo de una
piedra mordida por un hongo estancado, dime por
qué las lluvias pudren las hojas y las maderas.
Aclárame esta duda que tengo sobre los paisajes.
Despiértame."
Rafael Alberti, "Ascensión de Maruja Mallo al subsuelo",
Cabeza de muller. 1941
sofía casanova (Culleredo 1861 - Poznan 1958)
A primeira correspondente de guerra
Nace en Culleredo e moi nova trasládase a Madrid, para poder estudar
e formarse. Con 15 ou 16 anos frecuenta xa tertulias na capital do
Estado, onde se pon de manifesto a súa sede de coñecemento e de
saber. Será nestes círculos onde coñeza ao profesor, filósofo e
diplomático polaco Vicente Lutoslaswki, co que vai casar e muda a súa
residencia a Polonia; regresando nos veráns a Galiza.
Os seus desprazamentos continuos, como consecuencia da carreira
diplomática do seu home, combínaos co seu traballo de xornalista e co
seu estudo dos idiomas dos países onde reside, o que lle vai permitir
dominar oito linguas diferentes. Esta actividade por toda Europa faille
vivir acontecementos como a loita das sufraxistas en Inglaterra, o
desenvolvemento do sindicalismo, a formación do Partido Bolchevique
na Rusia tsarista e, sobre todo, as dúas guerras mundiais e a
persecución dos xudeus polo réxime nazi no gueto de Varsovia.
Non só fará crónicas senón que opinará en cada un destes episodios
da historia europea da primeira metade do século XX, por iso colabora
en xornais como La Época, El Liberal, El Mundo, El Imparcial de
Madrid; na revista Galicia, noutras publicacións galegas e en prensa
internacional como a Gaceta Polska e o New York Times.
No ano 1917 traballa como cronista de guerra na fronte polaca e como
enfermeira para a Cruz Vermella en Varsovia; volta a Galiza
completamente arruinada e case cega aínda que sempre contará co
coidado e co agarimo dunha muller da súa aldea que manterá vivo
nela o idioma galego e axudaralle no coidado das fillas. Sofía vai
morrer en Polonia,na vila de Poznan, o 16 de xaneiro de 1958.
A súa produción literaria, de narrativa, poesía e teatro vai ser inmensa
pero o que máis nos interesa resaltar aquí é a súa obra como
xornalista e cronista. Sofía Casanova manifestou e tomou partido
nunha postura nidiamente pacifista e antibélica; así o manifestou nas
súas colaboracións na prensa na guerra do Rif (Marrocos) e na
Semana Tráxica de Barcelona; mais a obra onde evidencia esta
postura de xeito máis contundente é nas crónicas de Polonia e Rusia
que ela, como correspondente de guerra, escribía para a prensa e que
se publicaron reunidas no libro De la guerra no ano 1916.
Toma de posesión da presidencia da Academia
de Poesía Española por Alfredo Vicenti. Á súa
esquerda, Sofía Casanova; de pe, no ángulo dereito,
Antonio Machado; no seu ángulo esquerdo, de pe,
Pérez Ayala. No grupo, entre outros, Manuel
Machado, Villaespesa, Antonio Zozaya, Pedro de
Répide, Cristóbal de Castro e Eugenio Sellés.
E estes son os blogs das bibliotecas
dos nosos IES con nome de muller:
● IES Maruxa Mallo
http://conldeler.blogspot.com/
● IES María Casares
http://bibliomariacasares.blogspot.com/
● IES Sofía Casanova
http://bibliotecasofia.blogspot.com/
● IES Concepción Arenal
http://bibliotecash.blogspot.com/
● IES María Soliño
http://bibliomariasolinho.wordpress.com
● IES María Sarmiento
http://iesmasa2.blogspot.com/
CRÉDITOS.-
Marco, Aurora. Diccionario de mulleres
galegas. Edicións A Nosa Terra.
Albúm de Mulleres. www.culturagalega.org
www.viveiro.es
http://gl.wikipedia.org
http://es.wikipedia.org
www.galiciaespallada.com
Pérez Leira, L. Sofía Casanova. O premio
Nobel que non puido ser. www.galiciacig.com
Arnar Soler,M. María Casares o el viejo
cuento de la Cenicienta según Alejandro
Casona. Revista FerrolAnálisis, nº17, 2002