Post on 07-Mar-2021
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
BASES PARA A FORMACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL DO
CONCELLO DE LOBEIRA 2020-2021
ÍNDICE:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación.-
Artigo 2. Definición e finalidade da Bolsa.-
Artigo 3. Vixencia.-
Artigo 4. Procedemento e nomeamento ou contratación.-
Artigo 5. Sistema de Selección.-
Artigo 6. Requisitos dos/as aspirantes.-
Artigo 7. Documentación a presentar. Acreditación de méritos.-
Artigo 8. Presentación de solicitudes.-
Artigo 9. Reclamacións.Subsanación ou emenda de erros.-
Artigo 10. Tribunais cualificadores.-
Artigo 11. Valoración de méritos.-
Artigo 12. Resolución da convocatoria.-
Artigo 13. Contratacións.-
Artigo 14. Listados adicionais.-
Artigo 15. Causas de exclusión da Bolsa de Emprego.-
DISPOSICIÓN FINAL.-
ANEXO I.- CATEGORÍAS PROFESIONAIS, REQUISITOS MÍNIMOS ESIXIDOS.-
ANEXO II.- MODELO DE INSTANCIA.-
ANEXO III.- DECLARACIÓN XURADA.-
ANEXO IV.- DECLARACIÓN RESPONSABLE.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.
O emprego dos medios materiais axeitados e de recursos humanos suficientemente
preparados é unha necesidade imprescindible hoxe en día para poder levar a cabo de
forma axeitada os servizos que presta o Concello de Lobeira aos/ás cidadáns/ás.-
Na cuestión relativa á organización dos recursos humanos no sector público
débense de ter en conta os principios constitucionais de acceso ao emprego público
previstos nos artigos 23.2 e 103.3 da Constitución Española, e que son os de igualdade,
mérito e capacidade. Débese ter en conta tamén que a Administración Local, é a que está
máis preto das demandas de servizos por parte dos/as cidadáns/ás, e a que está a asumir
progresivamente competencias que implican unha maior complexidade no seu
desempeño.-
A regulación de todo o relativo á creación dunha Bolsa de Emprego, pretende
axilizar a selección de aspirantes para cubrir necesidades de emprego de carácter temporal
e garantir que os/as aspirantes coñezan a valoración dos seus méritos de cara a unha
posible contratación futura por parte deste Concello.-
O artigo 35 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o
Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e
de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios civís da
Administración Xeral do Estado; para estes efectos dispón:
“Contratación de persoal laboral non permanente. 1. Os Departamentos ministeriais
poderán proceder á contratación de persoal laboral non permanente para a realización de traballos
que non poidan ser atendidos por persoal laboral fixo, logo de informe favorable dos Ministerios para
as Administracións Públicas e de Economía e Facenda.-
Os devanditos contratos asinaranse conforme aos principios de mérito e capacidade, e
axustándose ás normas de xeral aplicación na contratación deste tipo de persoal laboral e de acordo
cos criterios de selección que se determinen polo Ministerio para as Administracións Públicas”.-
O procedemento para a contratación temporal a través da Bolsa de Emprego
Temporal fundaméntase no contemplado no art. 19. Dous da Ley 6/2018, de 3 de xullo de
2018 de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018 (prorrogados para o ano 2019) que
establece:
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
"Dous. Non se poderá proceder a contratación de persoal temporal, así como o
nomeamento de persoal estatutario temporal e de funcionarios interinos excepto nos casos
excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables".-
Artigo 1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN.
As presentes Bases teñen por obxecto regular o procedemento para a creación
dunha Bolsa de Emprego, referida ao persoal necesario para a cobertura, con carácter
temporal, dos postos de traballo relacionados no Anexo I, e que figuran recollidos na
“declaración de servizos municipais obxecto de contratación de persoal de carácter
urxente e inaprazable" para os exercicios 2020-2021 ”, (acordo do Pleno Municipal do
10/12/2019).-
Unha vez creada a Bolsa de Emprego e durante o seu período de vixencia,
cubriranse os postos de traballo de carácter temporal que se concretan na devandita
“declaración de servizos municipais obxecto de contratación de persoal de carácter
urxente e inaprazable" para os exercicios 2020-2021”, con excepción daqueles postos que
por disposicións legais ou por determinalo así programas concretos de axudas á
contratación de persoal (subvencións e/ou convenios) non poidan seguir este
procedemento, ou aqueles postos non contemplados na Bolsa que se determinan na "
declaración de servizos municipais obxecto de contratación de persoal de carácter urxente
e inaprazable" do ano 2020 e que se incorporarían a presente bolsa.-
Artigo 2. DEFINICIÓN E FINALIDADE DA BOLSA.
1. Enténdese por Bolsa de Emprego un sistema de selección para a cobertura das
necesidades temporais de persoal.-
2. A selección de persoal e a Bolsa de Emprego teñen como fin dotar ao Concello do
persoal máis capacitado e preparado seguindo criterios de igualdade, mérito, capacidade e
publicidade nos casos considerados na lei. Así mesmo ten como fin axilizar os
procedementos de dotación de persoal en prol dunha maior eficacia dos Servizos
Públicos.-
3. A Bolsa estará formada por unha lista, ordenada en función da puntuación
obtida no proceso selectivo.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
4. De cada aspirante consignaranse o seu nome e apelidos, Documento Nacional de
Identidade e puntuación obtida.-
5. En ningún caso a mera pertenza á Bolsa implicará dereito ningún a obter
nomeamento ou contrato laboral, garantíndose unicamente que, cando o Concello
considere conveniente a súa utilización, polos motivos que fosen, respectarase o
procedemento de chamamento regulado nestas Bases. En todo caso, o Concello, de forma
xustificada, poderá convocar “ex profeso” un proceso selectivo para cubrir postos vacantes
ou contratos temporais, aínda que houbese constituída unha Bolsa de Emprego.-
Artigo 3. VIXENCIA.
A. A vixencia da Bolsa será desde a súa aprobación ata o 31 de decembro de 2021,
de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 1 das presentes Bases.-
B. Os postos de traballo a incluír na Bolsa de Emprego para 2020-2021 serán os
relacionados no Anexo I, ao abeiro da “declaración de servizos municipais obxecto de
contratación de persoal de carácter urxente e inaprazable" para os exercicios 2020-2021”
acordada polo órgano municipal correspondente, así como as posibles incorporacións
derivadas do art. 1, parágrafo 2 que resulten de aplicación.-
C. Estas bases exporanse no Taboleiro de Anuncios, na Páxina Web deste Concello
e anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, para xeral coñecemento dos/as
posibles aspirantes.-
Artigo 4. PROCEDEMENTO E NOMEAMENTO OU CONTRATACIÓN.
1. Cando as necesidades dos diversos servizos do Concello de Lobeira así o
requiran, procederase, mediante Resolución da Alcaldía que así o dispoña, e na que se
xustificará a necesidade de contratar ou nomear o persoal correspondente, ao chamamento
das persoas que integren a lista, pola orde de puntuación obtida atendendo aos criterios de
desempate establecidos para tal efecto.-
2.- No caso de renunciar o contrato ou chamamento, quen renuncie pasará ó último
posto da lista, salvo casos de forza maior debidamente xustificada ( incapacidade
temporal, baixa maternal, estar desempeñando un posto de traballo de caracter interino ou
temporal ou outras causas de caracter extraordinario) e debidamente motivadas.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
3.- En caso de resolución do contrato por parte do Concello antes da data prevista
de remate o traballador afectado manterá o seu posto dentro da categoría correspondente
na Bolsa de Emprego Temporal.-
4. As comunicacións faranse por vía telefónica, para o cal os aspirantes deberán
indicar na súa solicitude de participación polo menos un teléfono de contacto. En caso de
indicar máis dun número, deberá consignarse unha orde de preferencia. -
Os integrantes da bolsa estarán obligados a comunicar por escrito calquera
variación do/s númoer/s de telélfono sinalado/s.-
5.- Para a súa localización realizaranse tres chamadas telefónicas cun intervado de
media hora entre cada unha delas. A aceptación ou renuncia ao posto de traballo ofertado
realizarase no mesmo momento en que se estableza o contacto telefónico.-
Se renuncia ao posto farao constar por escrito e remitirao por e-mail ou
persoalmente no rexistro municipal no mesmo dia. No caso de non presentar por escrito
dita renuncia entendese que desiste, pasando ao último lugar da lista.-
No suposto de non poder localizar a un/ha aspirante, pasarase a chamar ó/á
seguinte da lista, mantendo a persoa non localizadao mesmo posto o que figura na lista.-
6. A persoa encargada destas comunicacións deixará constancia destas, con
indicación de data, hora e persoa ou sistema de contacto, mediante dilixencia no
expediente.-
Artigo 5. SISTEMA DE SELECCIÓN.
O procedemento de selección será o de concurso-oposición e constará das seguintes
fases:
1.- Valoración de méritos.-
2.- Entrevista curricular.-
3.- Proba de galego, realizarase de maneira oral durante a celebración da proba.-
A entrevista versará sobre os méritos específicos adecuados ás características do
posto. Na entrevista valorarase a dispoñibilidade e coñecemento específico do posto de
traballo concreto, responsabilidade que comporta o seu desempeño, a súa capacidade de
traballo en equipo, etc..
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
Artigo 6. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para participar nesta convocatoria, os/as aspirantes deberán reunir na data na que
finalice o prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:
Ser español ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea.-
Ademais poderán participar no concurso os nacionais dos demais estados
membros da Unión Europea, así como os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes
de españois/las ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que
non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe, sexan
menores de 21 anos ou maiores da dita idade dependentes. As mesmas regras aplicaranse,
de se-lo caso, ás persoas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados
pola Unión Europea e ratificados por España, nos que sexan de aplicación a libre
circulación de traballadores/as.-
Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das
correspondentes funcións.-
Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de
xubilación forzosa.-
Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera
das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das
comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para
empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de
funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal
laboral no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non
atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin que fora sometido a sanción
disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao
emprego público.-
Estar en posesión do título/formación correspondente de acordo co Anexo I ou en
condicións de obtelo na data de finalización do prazo de admisión de instancias.-
Todos os requisitos xerais e específicos deberán estar en posesión do solicitante o
día que remate o prazo de presentación de solicitudes.-
Artigo 7. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR. ACREDITACIÓN DE MÉRITOS.
1. Os/as aspirantes deberán achegar, xunto coa solicitude, e con carácter obrigatorio
os seguintes documentos:
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
a) Fotocopia cotexada do DNI ou documento equivalente para xustificar a
personalidade.-
b) Fotocopia cotexada do título ou títulos esixidos segundo o Anexo I.-
c) Fotocopia cotexada do carné de conducir segundo se dispón no Anexo I.-
d) Declaración xurada, cuxo modelo figura como Anexo III das presentes bases.-
e) Documentación acreditada dos méritos alegados para a convocatoria, mediante
orixinais ou fotocopias cotexadas.-
2. Acreditación de méritos:
A. Cursos de Formación: o certificado ou diploma de asistencia ao curso con
indicación do número de horas lectivas (organizados, ben por unha Administración
Pública, unha Universidade ou impartidos por empresas privadas homologados por unha
Administración Pública).-
B. Experiencia na Administración Pública: deberá xustificarse co certificado
expedido polo órgano da Administración con competencia na materia, onde constará a
denominación do posto de traballo que ocupa ou ocupase, con expresión do tempo que o
viñese desempeñando e relación xurídica que mantivo ou mantén no desempeño deste.-
C. Experiencia profesional fóra do ámbito da Administración Pública: deberá
xustificarse mediante o contrato de traballo, nóminas ou certificado de empresa, onde
conste o período e grupo de cotización; acompañado do certificado de vida laboral
actualizado expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (orixinal ou copia
cotexada).-
As copias acreditativas dos méritos presentados deberán ser cotexadas, sen
prexuízo de que, en calquera momento, se poderán requirir os documentos orixinais
destas. Calquera diferencia entre o documento orixinal e a súa fotocopia, suporá a non
validez do mérito alegado e a exclusión definitiva do proceso selectivo, sen prexuízo das
responsabilidades que se poidan derivar. Así mesmo, os orixinais poderán requirirse
aos/as interesados/as seleccionados/as en calquera momento do proceso selectivo e, en
todo caso, ao ser chamados para formalizar o correspondente contrato.-
En caso de non achegar os devanditos orixinais/fotocopias, quedará
automaticamente excluído.-
D. Coñecemento da lingua galega:segundo establece o artigo 11 das bases.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
Artigo 8. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
1. As instancias solicitando formar parte da Bolsa presentaranse no modelo oficial
facilitado polo Concello de Lobeira (Anexo II), no Rexistro Xeral do Concello, correo
certificado ou rexistros da administración xeral ou autonómica, durante o prazo de cinco
días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da
convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, na Páxina Web e no Taboleiro de Anuncios
do Concello.-
As solicitudes que se presenten a través da Oficina de Correos deberán entregarse
nun sobre aberto para ser selada e datada polo funcionario de correos antes de ser
certificada. Neste caso os aspirantes deberá comunicalo mediante telegrama durante o
mesmo prazo que o de presentación de instancias. Actuarase de igual xeito, no caso de ser
presentada a solicitude no rexistro noutra Administración Pública autonómica ou Xeral.-
Sendo o horario de presentación da documentación o seguinte:
- de luns a venres: de 9:00 a 14:00 horas.-
As bases íntegras publicaranse igualmente no Taboleiro de Anuncios e na páxina
web do Concello.-
De non presentarse as solicitudes no Rexistro Xeral Municipal, os/as interesados/as,
na mesma data de presentación da documentación noutro rexistro e remitirán por fax ao
Concello (nº 988 – 459003), ou correo electrónico (lobeira.lobeira@eidolocal.es) anuncio da
remisión e copia da documentación, resultando causa de exclusión o non facer o
anteriormente sinalado.-
2. O modelo de solicitude figura como Anexo número II das presentes Bases. As
solicitudes deberán ir acompañadas da documentación indicada no artigo 7 das mesmas.-
Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no Taboleiro de
Anuncios e na páxina Web deste Concello.-
Artigo 9. RECLAMACIÓNS. SUBSANACIÓN OU EMENDA DE ERROS.
1. Publicadas as listas de aspirantes no Taboleiro de Anuncios e na páxina Web
deste Concello, os/as aspirantes poderán presentar reclamacións ás mesmas, en todo caso
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
por escrito, constando a descrición precisa da reclamación e achegando a documentación
en que se fundamente.-
2. As reclamacións deberán ser rexistradas e presentadas de idéntica forma que as
solicitudes.-
3. Non caben reclamacións para a falta de documentación non achegada no seu
momento.-
4. Dada a urxencia das contratacións o prazo de presentación de reclamacións será
de dous días hábiles a partir do día seguinte á publicación da lista de aspirantes no
Taboleiro de Anuncios e na páxina Web do Concello de Lobeira.-
5. Rematado o prazo de reclamación e/ou de emenda de erros, o Sr. Alcalde dictará
unha resolución aprobando a listaxe de admitidos e excluídos definitiva, fixando a data da
celebración da entrevista e da proba de galego, de ser o caso, que se publicará no Taboleiro
de Anuncios e na páxina Web do Concello.-
No caso de non presentarse reclamacións polos/as aspirantes excluídos/as (de
existir) a lista publicada terá carácter definitivo.-
Artigo 10. TRIBUNAIS CUALIFICADORES.
1. Para a aplicación, selección e interpretación das presentes Bases da Bolsa de
Emprego, constitúense os seguintes Tribunais Cualificadores:
1.1. O Tribunal Cualificador para os postos de traballo de “Auxiliares de Axuda no
Fogar” estará integrado polos seguintes membros:
Tribunal titular:
Presidente: D. Santiago Mansilla Vázquez, Secretario do Concello de Lobeira.-
Secretario: Dona María Jesús Iglesias Álvarez, funcionaria do Concello de Lobeira.-
Vogais: Dona Mª Carmen Domínguez Pérez, Traballadora Social do Concello de
Muíños.-
Dona Beatriz Pérez Pérez, Traballadora Social do Concello de San Cristovo
de Cea.-
Dona Carmen González Pena, Auxiliar de Axuda no Fogar do Concello de
Lobeira.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
Tribunal suplente:
Presidente: Dona María Carmen García Pérez, Secretaria do Concello de Sarreaus.-
Secretaria: Dª. Ana María Antúnez Pérez, Funcionaria do Concello de Muíños.-
Vogais: Dª. Cristina González Blanco, Traballadora Social do Concello de
Montederramo.-
1.2. O Tribunal Cualificador para o posto de traballo de “Peóns da Brigada
de obras públicas e infraestruturas”, e “Peóns da Brigada de conservación , mantemento e
recuperación de servizos Municipais” estará integrado polos seguintes membros:
Tribunal titular:
Presidente: D. Santiago Mansilla Vázquez, Secretario do Concello de Lobeira.-
Secretario: Dona María Jesús Iglesias Álvarez, Funcionaria do Concello de Lobeira.-
Vogais: Dª. María Rosario Dacal Rodríguez, Arquitecta do Concello de Lobeira.-
D. Olegario Rodríguez Justo, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
do Concello de Bande.-
Dª. María José López Álvarez, Auxiliar Administrativa do Concello de
Lobeira.-
Tribunal suplente:
Presidente: Dª. María del Carmen García Pérez, Secretaria do Concello de Sarreaus.-
Secretaria: Dª. Ana María Antúnez Pérez, Funcionaria do Concello de Muíños.-
Vogais: Dª. Luísa María López Pérez, Arquitecta do Concello de Pereiro de Aguiar.-
D. Antonio Janeiro Fernández, Funcionario do Concello de San Cristovo de
Cea.-
Dª. María Elena Domínguez Gomez, Funcionaria do Concello de Muíños.-
O Tribunal Cualificador de cada posto de traballo está facultado para interpretar e
resolver as cuestións que poidan suscitarse na aplicación das normas de procedemento,
inspirándose a súa actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia.-
O Tribunal non poderá actuar ou constituírse sen a presenza polo menos de tres
dos seus membros, sendo imprescindible, en todo caso, a asistencia do presidente e do/a
secretario/a, titular ou suplente.-
O réxime xurídico aplicable aos Tribunais de selección será o que se establece para
os órganos colexiados na sección 3ª, da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do
Sector Público.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ao órgano que
efectuase o seu nomeamento, cando concorran neles algunhas das causas previstas no
artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público.-
Artigo 11. VALORACIÓN DE MÉRITOS.
EXPERIENCIA PROFESIONAL: puntuación máxima: 10 puntos.
Por servizos prestados en concellos nos últimos tres anos, na mesma
categoría ou similar á do posto ó que se opta……………………………….....…...0,5
por cada mes completo ou fracción.-
Por servizos prestados noutras AAPP nos últimos tres anos, na mesma
categoría ou similar á do posto ó que se opta……………...………………………0,10
por cada mes completo ou fracción.-
Por servizos prestados en empresas privadas nos últimos tres ano na mesma
categoría ou similar á do posto ó que se opta………………………...........……0,10 por
cada mes completo ou fracción.-
A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación de certificado
de vida laboral actualizada expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (orixinal
ou copia cotexada), e copia dos contratos de traballo ou certificados das empresas. A
experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.-
FORMACIÓN. Valorarase a formación nas materias propias do posto: máximo: 5
puntos.-
1. Cursos de máis de 50 horas: 0,50 puntos/curso
2. Cursos de entre 20 e 50 horas: 0,20 puntos/curso
3. Cursos de menos de 20 horas: 0,10 puntos/curso
A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación de copia
dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número
de horas de formación realizada. No suposto de que non conste o número de horas da
acción formativa, entenderase que teñen unha duración inferior a 20 horas, e puntuarase
con 0,10 puntos por curso.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
Os cursos deberán ser organizados, ben por unha Administración Pública, unha
Universidade ou impartidos por empresas privadas homologados por unha
Administración Pública.-
A formación terá que estar relacionada co contido do posto de traballo.-
COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.-
O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei
da Función Pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo,
establece: “...nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da
Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais de Galicia
incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua
galega conforme a normativa vixente...”.-
En cumprimento do sinalado os aspirantes deberán realizar unha proba que
consistirá na traducción oral ou escrita directa dun texto elixido polo tribunal do castelán
ao galego sen axuda de diccionario nun tempo máximo de 30 minutos. Estarán exentos da
realización da proba de galego os aspirantes que acrediten, antes de que remate o prazo de
presentación de solicitudes, posuír o Celga 2, curso de iniciación ou estudios
equivalentes.-
Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio.-
En todo caso, valorarase o coñecemento da lingua galega acreditado polos cursos e
titulacións homologados pola Xunta de Galicia (só se valorará o grao superior alegado):
1.- Curso de iniciación ó galego o certificación de aptitude do Celga 3: 0,50 puntos.-
2.- Curso de perfeccionamento do Galego o certificación de aptitude o Celga 4: 0,75
puntos.-
ENTREVISTA CURRICULAR: máximo 5 puntos.-
A entrevista versará sobre os méritos específicos adecuados ás características do
posto. Na entrevista valorarase a dispoñibilidade e coñecemento específico do posto de
traballo concreto, responsabilidade que comporta o seu desempeño, a súa capacidade de
traballo en equipo, etc.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
Nos supostos nos que se obtivese igual puntuación por algún/ha ou algúns/has
dos/as candidatos/as, os desempates dirimiranse atendendo aos seguintes criterios:
1º.- Maior puntuación por experiencia na mesma categoría á que se opta no
concello de Lobeira, ou noutra administración pública.-
2º.- Maior puntuación por experiencia na mesma categoría a que se opta na
empresa privada.-
No caso de persistir o empate, este se dirimirá mediante sorteo.-
Non serán tidos en conta os méritos que non estean acreditados documentalmente,
conforme ao regulado nestas Bases. -
Artigo 12. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA.
Unha vez concluído o proceso de selección, o Tribunal publicará a relación de
candidatos/as para cada posto de traballo, pola orde de puntuación acadada, con
indicación da cualificación obtida, así como do documento nacional de identidade,
elevando dita proposta ao alcalde.-
O Alcalde dictará resolución, aprobando a lista definitiva de aspirantes que integra
a bolsa de emprego, en réxime de persoal laboral, de acordo coa orde de puntuación
obtida no proceso selectivo, para os efectos da súa contratación temporal, cando as
necesidades do Concello así o requiran.-
A dita resolución publicarase no Taboleiro de Anuncios e na Páxina Web do
Concello.-
Artigo 13. CONTRATACIÓNS.
1. A Bolsa terá carácter rotatorio e o chamamento realizarase en función das
vacantes de postos por rigorosa orde de puntuación, a través de teléfono, conforme ao
artigo 4 destas Bases. De producirse renuncia expresa ou nos termos do devandito artigo 4,
o/a aspirante pasará ao último lugar da lista correspondente, salvo que concorran
circunstancias que impidan o desempeño do posto e que sexan acreditadas debidamente.
Nestes casos respectarase a orde do/a aspirante na lista para cando se produza a próxima
vacante.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
2. A persoa que entrase a traballar, unha vez finalizado o seu contrato,se este acada
os 6 meses de duración (nun período de 12 meses) pasará a ocupar o último lugar da lista
correspondente.-
Se o contrato ou sucesivos contratos non acadasen os 6 meses de duración ( nun
período de 12 meses) reincorporarase á Bolsa de Emprego da súa especialidade na
posición que tivese no listado.-
3. Os contratos de traballo non poderán ter, en ningún caso, unha duración
superior á vixencia da Bolsa de Emprego.-
Artigo 14. LISTADOS ADICIONAIS.
1. Excepcionalmente, cando nunha categoría quedase esgotado o listado da Bolsa
de Emprego, poderá confeccionarse un listado adicional a partir da apertura dun prazo
extraordinario de Bolsa de Emprego para cubrir esas necesidades de carácter temporal.-
2. Estas posibles convocatorias, axustaranse, en todo caso, ao disposto nas
presentes Bases.-
Artigo 15. CAUSAS DE EXCLUSIÓN DA BOLSA DE EMPREGO.
A. Por vontade propia do solicitante.-
B. Por obter informe desfavorable do responsable do servizo nun posto da mesma
categoría nesta entidade ou non superar o período de proba a que se refire o Estatuto dos
Traballadores.-
C. Por non presentar en tempo e forma a documentación necesaria de acordo con
estas Bases.-
D. Por non cumprir os requisitos mínimos esixidos nestas Bases para cada
ocupación.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
DISPOSICIÓN ADICIONAL UNHA
En caso de obtención de subvencións ou convenios, ou financiación municipal
adicional, que poden implicar a contratación de persoal laboral temporal non contemplado
nestas Bases, poderase recurrir á Bolsa de emprego por analoxía de funcións.-
DISPOSICIÓN ADICIONAL DÚAS
A contratación de persoal incluído na Bolsa de Emprego Temporal perfeccionarase
ó longo do exercicio 2020, unha vez conqueridos os fondos vía Convenio ou subvencións
ou aplicación de fondos propios que se poidan adicar ás mesmas.-
De igual maneira de desarrollará durante o exercicio 2021, en caso de prórroga da
Bolsa de Emprego Temporal.-
DISPOSICIÓN ADICIONAL TRES
En caso de urxente e inaplazable necesidade de contratar categorias análogas ás xa
incluídas na Bolsa de emprego, a Corporación, por Resolución de Alcaldía, poderá acordar
acudir a esta Bolsa ou crear unha nova categoría dentro da Bolsa de Emprego.-
DISPOSICIÓN FINAL.
As presentes Bases entrarán en vigor ao día seguinte da publicación do anuncio no
Boletín Oficial da Provincia.-
O que se fai público para xeneral coñecemento. –
Lobeira, a 19 de decembro de 2.019.
O Alcalde.-
Antonio Iglesias Álvarez.-
DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE A MARXE
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
ANEXO I.- CATEGORÍAS PROFESIONAIS E REQUISITOS MÍNIMOS ESIXIDOS.
CATEGORÍAS PROFESIONAIS
Nº DE POSTOS
QUE SE
CONVOCAN
(Previsión)
TITULACIÓN
ESIXIDA
CARNÉ DE CONDUCIR
MÍNIMO ESIXIDO
Auxiliares de Axuda no fogar 5
Certificado de profe-
sionalidade de Aten-
ción Sociosanitaria a
Persoas no Domicilio e
e Institucións, Auxiliar
de enfermería
Clase “B”
Peóns da Brigada de obras públicas e
infraestruturas 5 Non se esixe Non se esixe
Peóns de Brigada de conservación,
mantemento e recuperación de servizos
Municipais
5 Non se esixe Non se esixe
Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase, no seu día, certificado para o
efecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.-
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que
acredite fidedignamente a súa homologación.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
ANEXO II.- MODELO DE INSTANCIA.
A) DATOS DO SOLICITANTE.
NOME E APELIDOS:
NIF / NIE Nº.: NACIONALIDADE:
DOMICILIO
NOTIFICACIÓNS:
LOCALIDADE: CÓDIGO POSTAL:
PROVINCIA:
TELÉFONO: TELÉFONO MÓVIL:
CORREO ELECTRÓNICO:
EXPÓN: Que informado da convocatoria efectuada polo Concello de Lobeira para
a formación dunha BOLSA DE EMPREGO para contratacións temporais, conforme aos
supostos previstos no artigo 15.1 do vixente Estatuto dos Traballadores.-
SOLICITA: Que sexa admitido/a a tomar parte no procedemento,
comprometéndose a someterse ás bases que o regulan.-
POSTO SOLICITADO:
Auxiliar de axuda no fogar.-
Peóns da Brigada de obras públicas e infraestruturas.-
Peóns de Brigada de conservación, mantemento e recuperación de servizos
Municipais.-
AUTORIZA: Ao Concello de Lobeira para a publicación dos meus datos persoais
(nome, apelidos e DNI) e das posibles causas de exclusión, no Taboleiro de Anuncios e na
Páxina Web do Concello, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe
observarse nos procedementos de selección.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
B) RELACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS MÉRITOS A
VALORAR:
- Copia cotexada da titulación esixida.-
- Copia cotexada do titulo de galego.-
- Copia compulsada do DNI ou documento que proceda no suposto de
estranxeiros.-
- Copia cotexada do carné de conducir.-
- Declaración responsable.-
- Documentación acreditativa dos méritos alegados (vida laboral, contratos,
certificados de empresa, cursos...).-
-
-
-
C) LUGAR, DATA E FIRMA.
En Lobeira, ________ de ________________________ de 2019 .
Asdo.: ________________________________________________________.
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE LOBEIRA En cumprimento da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, se lle informa que os datos persoais
facilitados se incorporan e manteñen nun ficheiro, titularidade do Concello de Lobeira, coa finalidade de xestionar todo o relacionado co
expediente tramitado.-
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
De acordo co preceptuado no artigo 45.1.b da Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, O
Concello de Lobeira realizará a publicación dos datos persoais dos candidatos e
das posibles causas de exclusión, no Taboleiro de Anuncios, e na Páxina Web do
Concello, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos
procedementos de selección.-
PROTECCIÓN DE DATOS:
En cumprimento da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter
persoal, se lle informa que os datos persoais facilitados se incorporan e manteñen
nun ficheiro, titularidade do Concello de Lobeira, coa finalidade de xestionar todo
o relacionado co expediente tramitado.-
Os datos de carácter persoal serán tratados polo Concello de Lobeira e
incorporados á actividade de tratamento “Provisión de postos de traballo”, coa
finalidade de selección de persoal e provisión de postos de traballo mediante
convocatorias públicas. Polo tanto, os seus datos serán tratados para poder
tramitar a súa solicitude e resolver a convocatoria na que participa. A lexitimidade
do tratamento baséase no consentimento do interesado no cumprimento de
obrigacións legais polo Concello de Lobeira. Os datos de carácter persoal poden ser
comunicados a outras administracións ou rexistros públicos, e publicados no
Boletín Oficial da Provincia, na páxina web do Concello. Os datos serán
conservados durante o tempo necesario para cumprir con a finalidade para a que
se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran
derivar de dita finalidade e do tratamento de los datos. Será de aplicación o
disposto na normativa de arquivos e patrimonio documental español. Pode
exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos
seus datos, de limitación e oposición ó seu tratamento, así como a non ser obxecto
de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos,
cando procedan, ante o Concello de Lobeira, Travesía Toural, nº 4 - 32850 Lobeira
(Ourense), así como, no seu caso, reclamar ante a Axencia Española de Protección
de Datos.-
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE LOBEIRA.
CONCELLO DE LOBEIRA
Travesía Toural, núm. 4
32850 – LOBEIRA (Ourense)
Teléfono: 988.458.513 – Fax: 988.45.90.03
lobeira.lobeira@eidolocal.es
ANEXO III.- DECLARACIÓN XURADA.
D./Dª.
______________________________________________________________________,
con DNI núm. ___________________________, con domicilio a efectos de
notificación en__________________________________________________________
________________________________________________________________________,
DECLARA:
Baixo xuramento ou promete, aos efectos de ser admitido no proceso selectivo para
a formación dunha BOLSA DE EMPREGO para contratacións temporais:
non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na
lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das
administracións públicas,
non padecer enfermidade ou defecto físico/psíquico, que lle impida o desempeño
das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que se opta e,
non estar separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás
Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o
exercicio das funcións públicas,
no caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación
equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que
impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o aceso ao emprego público.-
En Lobeira, a de de 2019 .
O/A solicitante,
Asdo: _________________________________.
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE LOBEIRA.-