Post on 15-Mar-2016
description
1
Campus eduEmprende Visita á Ulloa
(Granxa Maruxa, Arqueixal, Ovos Pazo Vilane)
Cuestionario a empresas De seguido móstranse algúns exemplos de preguntas que vos poden guiar na
elaboración do voso cuestionario, podedes utilizalas e engadir máis preguntas que
vos parezan necesarias para realizar o voso análise:
Aspectos económicos/empresariais da empresa
1. Os comezos: como xurdiu a idea empresarial?
2. Cal é a imaxe que se quere transmitir da empresa?
3. Como comercializa os seus produtos?
4. Como se dá a coñecer a empresa?
5. Por que se elixiu esa localización?
6. Cal é a súa política de prezos?
7. Como se fai a distribución dos produtos?
8. Utilízase algunha ferramenta de promoción?
9. E algunha campaña publicitaria?
10. A que tipo de clientes se dirixen os produtos?
2
Aspectos Ambientais da empresa
1. Que materias primas necesita para realizar o seu produto ou servizo?
2. Onde consigue estas materias primas? De que maneira?
3. Consumo de auga: estableceu algunha medida para reducilo?
4. Consumo de enerxía: estableceu algunha medida para reducilo?
5. Utiliza substancias químicas artificiais á hora de elaborar o seu produto? Cre
que podería substituílas por algunha natural?
6. Como xestiona os impactos negativos que xenera a súa actividade?
7. Residuos: cales son e como os xestiona?
8. Xeración de augas sucias: como as elimina?
9. Ten algúnha garantía de que a súa actividade segue uns principios
respectuosos co medio ambiente?
10. O seu valor ambiental sírvelle para diferenciarse no mercado? Por que?
11. Proporciona a súa empresa información medioambiental clara e precisa sobre
as súas actividades e/ou produtos ós seus clientes, provedores, comunidade
local?
3
Aspectos sociais da empresa/igualdade/RSC
1. Compra produtos locais ou nútrese de servizos ofrecidos na súa comunidade
local, do comercio xusto, etc.?
2. Á hora de realizar unha contratación, dá preferencia á xente que vive na súa
localidade?
3. Ofrece oportunidades de formación a xente da empresa ou da comunidade
local?
4. Participa en actividades sociais da súa comunidade local?
5. A súa política de empresa inclúe cuestións como a igualdade de xénero,
capacidades especiais. etc?
6. Toma algunha medida para a conciliación da vida familiar e social dos seus
traballadores ou de vostede mesmo?
7. Ofrece algunha mellora ás condicións de maternidade/paternidade
establecidas pola lei?
8. Analiza a satisfacción dos seus clientes?
9. E dos seus empregados?
10. Establece medidas que favorezan un entorno laboral saúdable?