Decembro 2014

Post on 12-Jul-2015

80 views 4 download

Transcript of Decembro 2014

diciembredecember décembre dezembro

Decembro é o duodécimo mes do ano e ten 31 días. O nome ven de ter sido o décimo mes no calendario romano.

A pedra de decembro é a turquesa e a flor o narciso.

Caen as derradeiras follas das árbores

Florecen as camelias, o toxo, as azaleas, os ciclames, os cartuchos...

camelia

acivro

Maduran os froitos das xilbarbeiras, acivros, laranxeiros, mandarinos, hedras...

Quedan poucos cogomelos

reprodúcense os liques

o mar bota as algas ás praias

Vense aves invernantes

Páñanse mariscos para o Nadal

Pódanse as vides, fanse as parras...

REFRANEIRO-No Nadal alegrote alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote-A castaña no Nadal sabe ben e parte mal-Polo San Clemente bota a túa semente.-Por Santa Lucía, o allo quere ver o día.-Mentres Deus non é nacido nada é crecido

-Deus nacido, días crecidos.-Ande o frío por onde andar, sempre ha de vir no Nadal.-Polo Nadal sol, pola Pascua Carbón.

-Tantos días de sol en Nadal como de auga en San Xoán.-De Santos ao Nadal é inverno natural.-Por Santa Lucía medra a noite e míngua o día.

TEMPERATURA MÁXIMA-MEDIA (ºC)

TEMPERATURA MÍNIMA-MEDIA (ºC)

TEMPERATURA MEDIA (ºC)

HUMIDADEMEDIA (%)

VELOCIDADE DO VENTO MEDIA

(km/h)

CHUVIATOTAL (l)

DÍA CHUVIAMÁXIMA

(l/m2)

DIASCHUVIA

13,4 8,4 10,83 83,5 11,88 45,6 12 (22,8 l) 7

O TEMPO

DATOS GALICIA:-Temperatura mínima rexistrada: -9,3 en Calvos de Randin, día 8 -Racha de vento máis forte: 103 km/h en Xares (A Veiga).-Día de máis Chuvia: 3 (71 litros) na Fragavella (Abadín)

O 21 de decembro comezou o inverno. •É o solsticio de inverno (o día máis curto do ano no hemisferio norte.•A duración do día diminueu 20 minutos ata o día 21 e aumentou 14 minutos ata o 31. En total a diferencia é de 8 minutos menos de luz.

1 de decembro:

Día mundial da loita contra o SIDA

DÍAS SINALADOS

2 de decembro

Día internacional da abolición da escravitude

2 de decembro de 1015

Albert Eistein publica a teoría xeral da relatividade.

2 de decembro

de 1971A sonda Mars 3 é o primeiro vehículo que se pousa en Marte.

3 de decembro

Día do Médico

3 de decembro de 1992

O petroleiro grego Mar Exeo naufraga fronte á Coruña provocando un vertido dunhas 80.000 toneladas de cru.

4 de decembro

de 1798morre Luigi Galvani, científico e médico italiano.

5 de decembro de 1987

O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.

6 de decembro de 1778

Nace Louis Joseph Gay-Lussac, fisicoquímico francés.

7 de decembro de 1772

morre Frei Martín Sarmiento, escritor e erudito galego.

10 de

decembroConmemoración da DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS (1948)

10 de decembro

Día Internacional dos Dereitos Animais

10 de decembro de 1896: morre Alfred Bernard Nobel , químico sueco, fundador da institución que leva o seu nome.

10 de decembro

Ceremonia de entrega do Premio Nobel , en Suecia. Concédense por primeira vez en 1901.

14 de decembro de 1911

O explorador noruegués Roald Amundsen chega ao Polo Sur

14 de decembro

de 1782En Francia, os irmáns Montgolfier realizan o primeiro voo de proba do seu primeiro globo.

11 de decembro

1852: nace Henri Becquerel, físico francés.

15 de decembro 1832

nace Gustave Eiffel, enxeñeiro francés.

16 de decembro

de 1770 nace o compositor alemán Ludwig van Beethoven

17 de decembro

de 1706nace Émile du Châtelet, matemática e física francesa.

17 de decembro de

1778nace Humphry Davy, químico británico.

1907: nace William Thomson (Lord Kelvin), físico británico.

21 de decembro de 1898

Marie e Pierre Curie descobren o radio.

cosméticos con radio, antes de coñecerse a súa perigosidade

24 de decembro de 1818

nace James Prescott Joule,físico británico.

24 de decembro de 1968

A tripulación do Apolo 8 entra en órbita ao redor da Lúa, os primeiros humanos en facelo. O 27 de decembro volve á Terra despois de dar dez voltas arrededor da Lúa.

25 de decembro

Nadal para cristiánsNatalis Solis Invictus, na Antiga Roma

350: en Roma celébrase por primeira vez o Nadal.

26 de decembro

de 1764 Morre Benito Jerónimo Feijoo, escritor galego da Ilustración.

26 de decembro de 1863

Aplícase por vez primeira a enerxía eléctrica en Europa co alumeado dos faros costeiros do cabo de La Heve (Francia)

26 de decembro de 2004

No noroeste da illa de Sumatra prodúcese un terremoto submariño, dunha magnitude estimada de 9 graos, que provocou un tsunami que devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, causando a morte de entre 240.000 e 300.000 persoas.

27 de decembro

de 1571Nace Johannes Kepler, astrónomo alemán descubridor das leis do movemento dos planetas.

27 de decembro

de 1822Nace Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés.

29 de

decembro de 1891Thomas Alva Edison patenta a radio.

31 de decembro de 1704: erupción do volcán

Teide, na illa de Tenerife (Canarias)

31 de

decembro de 1730: en Xapón rexístrase un terremoto que ocasiona 200.000 mortes.

31 de decembro de

1514: nace en Bruxelas André Vesalio (Andreas Vesalius ou Andries van Wesel) considerado fundador da anatomia moderna. Autor dun dos libros máis influíntes sobre anatomía humana, De humani corporis fabrica (Sobre a estrutura do corpo humano).

FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon DaportaXANEIRO 2015

Departamentode Ciencias

1º ESO