Día do libro

Post on 14-Mar-2016

219 views 3 download

description

Carta de Abadiño para alumnado CEIP Lamas de Abadse con motivo do Día do Libro.

Transcript of Día do libro

Ola,ola!

Grazas, grazas por encher o noso marabilloso patio

coas vosas “florpoemas”. Quedou chulísimo.

Pero aquí non acaba o conto. E nunca mellor dito.

Próximo reto? Celebrar o DÍA DO LIBRO.

Data: 23 de abril.

Por que? Porque nese día morreron tres importantes escritores.

Averigua cales.

Para celebralo (non que morresen, senon que escribisen ), no

equipo de biblioteca propoñemos o seguinte:

1.- A partires do día 19 de abril, iredes vendo carteis nas portas

das aulas ou doutros espazos, facendo propaganda de distintas

lecturas que se farán o día 23.

2.- Á beira porán para que idades está recomendada. Escollede

a que máis vos guste.

3.- Tamén á beira haberá un listado para que poñades o voso

nome e apelidos e o curso. Se cando chegues a apuntarte xa está cheo,

busca outro.

Non te anotes no primeiro que atopes, a oferta será variada e

podes escoller segundo os teus gustos literarios ou a túa curiosidade.

4.- O día 23 de abril, despois do recreo, busca o espazo no que te

anotaches, entra, escoita, disfruta e… xa me contaredes!

Confío na vosa responsabilidade e colaboración

para que sexa un día estupendo no que tod@s nos

sintamos a gusto compartindo eses momentos lectores

con outros compis e profes.

Un saudíño de

Abadiño.