Diversidade linguas

Post on 28-Nov-2014

511 views 3 download

description

 

Transcript of Diversidade linguas

O ser humano é un ser social que convive

con outros membros no seo dunha sociedade. A

sociedade humana existe porque as persoas que as

conforman se relacionan entre si a través dun

mesmo sistema de comunicación.

Agora ben, non todos falamos a

mesma lingua, pois os pobos somos

diferentes.

A diversidade lingüística é tan grande que

atopamos 3000 linguas diferentes

Existen unhas 5000 linguas para 140 estados.

Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan.   

A UE, como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo. 

A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor

da diversidade lingüística.

Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas,

diversificadas e transversais, xa que estas

cuestións dependen de cada Estado membro. 

A pluralidade lingüística

do planeta non é

maldición bíblica, senón

signo de variedade

humana e de progreso.

Falar dunha única lingua

como universal é un

feito antihistórico.

Situación lingüística mundial.

Raramente coinciden as

fronteiras lingüísticas

coas políticas.

Hai un número 30 veces

maior de linguas ca de

estados.

Continente

País/territorio Lengua materna %Lenguas oficiales

Población

África(4)

BurundiComoresRuandaSwaziland

kirundicomorano

kinyarwandaswati

98 %97 %98 %90 %

kirundi/francéscomorano

kyn./fr./inglés.swati/inglés

6,1 M600 000

7,7 M952 000

América(14)

Antigua/BarbudaBarbadosBermudas*BrasilCubaGuadelupe*Farklands*HaitíiMartinica*ParaguayPuerto Rico*St-Pierre/Miquelon*St-Kitts/NévisUruguay

creolecreoleinglés

portuguésespañolcreoleingléscreolecreole

guaraniespañolfrancéscreole

español

97 %96 %92 %95 %90 %

96,8 %99 %

98,5 %96 %97 %95 %99 %

100 %93,7 %

inglésinglésinglés

portuguésespañolfrancésinglés

francés/creolefrancésespañol

español/inglésfrancésinglés

español

67 000268 000

64 000174,4

M11,1 M

421 632

20007,1 M381 467

5,7 M3,8 M6316

39 0003,2 M

Asia(8)

BangladeshCorea del NorteCorea del SurJapónKirghizistanLíbanoMacao*Maldives

bengalícoreanocoreanojaponéskirghizárabe

cantonésmaldiviano

98 %90 %91 %

97,2 %98 %93 %95 %95 %

bengalícoreanocoreanojaponéskirghizárabe

cantonés/portuguésmaldiviano

124,7 M25,5 M44,8 M

125,1 M4,6 M4 M

400 000271 000

Europa(7)

AlbaniaAustriaDinamarcaIslandiaLichtensteinPoloniaPortugal

albanésalemándanés

islandésalemánpolaco

portugués

90 %97 %98 %98 %98 %97 %96 %

albanésalemándanés

islandésallemand

polacoportugués

3,5 M7,8 M5,1 M

276 000  31 27038,6 %10,4 M

Oceanía(7)

KiribatiNiue*Norfolk*Samoa amér.*TokelauTongaTuvalu

kiribatiniu

ingléssamoan

tokelauanotongués

tuvaluano

97,2 %97,4 %94 %90 %99 %98 %97 %

kiribati/inglésinglésinglésinglésinglés

tonguien/ingléstuvaluan/inglés

81 0002,3 M1 700

63 0001 700

103 0008600

Continente País/territorioLengua materna

%Lenguas oficiales

Población

Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

2. Esta Declaración considera que os dereitos colectivos dos

grupos lingüísticos, ademais dos establecidos polos seus

membros no apartado anterior, tamén poden incluír, de

acordo coas puntualizacións do artigo 2.2:

o dereito ó ensino da propia lingua e cultura; o dereito a disporen

de servicios culturais; o dereito a unha presencia equitativa da

lingua e a cultura do grupo nos medios de comunicación; o dereito

a seren atendidos na súa lingua nos organismos oficiais e as

relacións socioeconómicas.

Die Sonne scheint über

den Berg

Fala raro este individuo

Como vai todo, meu?

Non é fácil coexistir nun mesmo espazo cando se ansía o mesmo.

Unha lingua autóctona é minoritariaminoritaria no seu

territorio cando a porcentaxe de poboación que

a usa é baixa, ben sexa pola chegada de

poboación foránea, ben por abandono do idioma

por parte do grupo étnico-histórico que sempre

a empregou. E, á súa vez, unha lingua é

maioritariamaioritaria cando a porcentaxe que a usa é

máis elevada.

O galego-portugués no mundo

O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de habitantes nos cinco continentes.

Unha lingua é minorizadaminorizada cando os seus usos

sociais están supeditados aos usos doutra

lingua (dominante), normalmente foránea,

cando fronte a esta última está nunha situación

de desvantaxe ou desequilibrio.

Unha lingua é maiorizadamaiorizada cando ten uns usos

sociais plenos e as súas funcións sociais están

garantidas e normalizadas.

Minorización Minorización

lingüísticalingüísticaUnha das linguas -dominante-dominante- vaise

impoñendo sobre a outra - dominada-dominada-,

ocupando progresivamente os seus ámbitos

de uso. Deste xeito, a esta última

impídeselle desenvolverse con normalidade,

limitando as súas posibilidades nos

diferentes espazos comunicativos e

empobrecéndoa por falta de cultivo.

Esta tensión de intentar

ampliar funcións no seo

da sociedade ou evitar

ser desprazada nalgunha

delas provoca a

aparición do chamado

conflito lingüísticoconflito lingüístico.

Vexamos algúns exemplos:

Linguas maioritarias maiorizadasLinguas maioritarias maiorizadas: francés en Francia, alemán en

Suíza, flamenco en Flandres, etc.

Linguas maioritarias minorizadasLinguas maioritarias minorizadas: galego en Galiza, frisón en Frisia

(Holanda), sardo en Sardeña (Italia), etc.

Linguas minoritarias minorizadasLinguas minoritarias minorizadas: é a tipoloxía máis común por ser

produto da falta de coincidencia entre fronteira lingüística e fronteira

político-administrativa. É o caso do galego en Asturias, León, Cáceres;

do portugués en España; do grego en Italia e Albania; etc.

Angola

Agora ben, as linguas minoritarias son en realidade

tan minoritarias?

Ás veces as estatísticas confunden grupo étnico

con grupo lingüístico. Os grupos étnico-lingüísticos

maioritarios tenden a apropiarse de falantes

doutras orixes, mentres os minoritarios e

minorizados sofren deserción dos falantes cara os

maioritarios e maiorizados.

o eco lingüismoeco lingüismo defende o equilibrio lingüístico,

protexendo as linguas en perigo, de modo que cada comunidade conserve a

súa propia lingua e coñeza unha segunda

exclusivamente para as relacións con outras

idiomaticamente diferentes.

Eu son

Je suis

I am

Jo sóc

Ni naiz

Eu sou

Io sono

Ich bin

Linguas nacionais e

nacionalismos

lingüísticos.

Agás no caso da illa de

Islandia, en ningunha outra

situación van coincidir

unha fronteira lingüística

cunha fronteira

administrativa. A política e

economía dos poderosos

impuxéronse

historicamente sobre as

linguas e nacións naturais.

Por iso non vale aplicar o

adxectivo “estatalestatal” ás linguas: o

catalán non é só unha lingua

española, tamén o é francesa,

andorrana e italiana.

Hai estados que lles aplican ás súas linguas

estatutos territoriais, sen teren en conta a

non coincidencia entre territorio político e lingüístico.

Outros estados aplican un estatuto persoal. A persoa pode

empregar a lingua que queira en calquera parte do territorio estatal. Isto

acontece en Finlandia co finlandés e o sueco (pero non co saami). O problema

que presenta este modelo é que resulta antieconómico.

En Europa, ante a magnitude do problema, o

Consello de Europa aprobou en 1992 unha

Carta Europea das LinguasCarta Europea das Linguas Rexionais ou

Minoritarias. Nela recoñécese a pluralidade

lingüística como unha riqueza cultural e

declárase que é responsabilidade dos poderes

públicos a defensa dos idiomas minorizados.

Artigo 12

1. No ámbito público, todo o mundo ten

dereito a desenvolver tódalas actividades

na súas lingua, se é a lingua propia de

onde reside.

Artigo 29

1. Toda persoa ten dereito a recibi-la

educación na lingua propia do territorio

onde reside.

Os contactos das linguas.

desequilibrios

hibridación

substitución

asimilación

Mais o proceso de minorización non é un camiño

sen retorno

A recuperación das linguas menores pasa

primeiramente pola lealdade familiar,

pola esixencia da lingua vehicular

na escolar por medidas de discriminación

correctiva

E sobre todo

pola conciencia e vontade dos e das

falantes

A moitas destas linguas fáltalles conquistar

prestixioprestixio, pois uso aínda teñen. Para modificar

esta situación cómpre un mínimo de poder político,

unha mínima autonomía e vontade e capacidade

de xestión e decisión para poñer en práctica

medidas de equilibrio e discriminación positiva.

ENTREVISTA CON ALBERT HOFFMANSuíza está constituída por 24 cantóns, unidades altamente autónomas. En Suíza hai tres zonas culturais: a alemá, a italiana e a francesa. Cada parte, dentro do posible, ten a súa liberdade e a súa identidade. Esta distribución do poder en pequenas unidades étnicas paréceme a base de toda posibilidade de convivencia en liberdade. Se unha parte tenta dominar a outra, como vemos agora en Iugoslavia, créase un conflito; pero se cada grupo é respectado dentro dunha Constitución que lle permite a súa propia cultura, as súas propias ideas e toda a liberdade posible, daquela poden vivir xuntos. Desta forma temos este sistema político de pequenas unidades autónomas, o que é moi importante. Un mínimo de centralismo e un máximo de Particularismo: esta é a esencia da fórmula suíza.

Neve

Schnee (al)

Neu (cat) Neige (fr) Snow (ingl) Neve (it) Neve (pt) Snö

(sueco) ninge

(rom)

Na linguaxe esquimó temos para esta palabra:

aniu (neve no chan), kanevvluk (neve lixeira), murvaneq (neve suave e profunda), natquik (neve en remuíño), nevluk (neve pegañenta), qanis, quineq (neve sobre a auga), nutaryuk (neve fresca), etc.

Na lingua kangiryuarmiut aínda é maior o número de palabras para a ‘neve caída’, ‘neve derretíndose’, ‘neve en po’, ‘neve caendo’, etc.

O nacionalismo ten moitos aspectos. O nacionalismo pode significar un amor polo teu país. Unha nación é un grupo de xente coa mesma lingua e a mesma cultura; (... ) E eu creo que todo ser humano precisa estar "na casa" nalgunha parte: a súa nación, no mellor sentido do termo. Dentro do seu corpo étnico, xente coa mesma lingua, as mesmas crenzas, o mesmo ambiente. Isto dá un sentido de felicidade e protección. Isto é o lado positivo do nacionalismo. Con todo, se o teu nacionalismo consiste na dominación ... vexamos, unha nación é o que xa existe; non é algo artificial que te propós construír. (... )Adaptación da entrevista con Albert Hoffman (investigador, químico que sinettizou o LSD) publicada en BABELIA, revista de cultura, El País, o 11 de xullo de 1992.

Lenguas en FinlandiaLos escolares de Finlandia, como ya sabrás, estudian obligatoriamente 4 idiomas:•    Finés = Lengua oficial del país.•    Sueco = Lengua co-oficial que es hablada por un 6% de la población.•    Inglés = Segundo idioma obligatorio para todo el alumnado.•    Francés, Alemán, Ruso, Italiano, Español (a escoger una) = Tercera lengua de elección.Se afirma que el elevado nivel que obtienen en el uso de estas 4 lenguas al finalizar sus estudios, no sólo se debe a patrones de calidad en la educación lingüística del país, sino también al hecho de que en la televisión finlandesa las películas, las series y los dibujos animados extranjeros no se traducen: se subtitulan. Se dice que esto redunda en que los escolares se esfuerzan más en aprender a leer al tiempo que asimilan otros idiomas de manera informal.¿Qué opinas?

Pax 49:1, 2, 3, 4

Páx. 50:5

Páx 43:8,

Páx 43:9, em grupo a pescuda de mapas; individual as tres cuestións

posteriores

Páx 35:Cando se pode dicir que estas linguas

son minoritarias?

Que é “lingua minoritaria”? E lingua maioritaria? Pon un exemplo para ambas.

Páx 36: 1, 3, 5