Post on 20-Mar-2016
description
1
Ola cuquiños e cuquiñas!
Outro ano máis recollemos algúns dos traballos que fixemos con esforzo e ilusión.
Con eles tentamos respostar a pregunta que Lois Pereiro, o homenaxeado deste
ano nas Letras Galegas, se fixo unha vez. “Que é Galicia?” onde intenta expresar
o seu sentir por Galicia.
Galicia para nós é cultura, que manifestamos a través da nosa lingua: as
panxoliñas, os contacontos, as lecturas compartidas, os xogos tradicionais…
Galicia para nós é danza tradicional como a que nos achegou a Asociación Cultural
Trepia.
Galicia para nós é a nosa terra e a nosa horta.
Galicia para nós son os traballos tradicionais casi esquencidos (zapateiro,
ferreiro, labrego, afiador, mariñeiro, canteiro, carpinteiro…), e dos que viviron os
nosos avós, tíos…
Galicia para nós son os libros que nos fan viaxar sen movernos do sofá.
Galicia para nós é a posibilidade de aprender outros idiomas, de aí que cada ano as
nosas seccións bilingües vaian a máis.
Non queremos rematar sen facer referencia á nosa amiga americana London que
nos achegou a outra cultura e outra lingua, e por eso lle estamos agradecidos e
non a olvidaremos. Tamén despedimos ao noso pequeno gran grupo de 6º, que nos
deixa moi triste o corazón.
E a todos vós, que pasedes un bo verán e deica ó ano que ben!
2
Por fin:
Cando chegamos en setembro
levamos unha gran sorpresa, o
cole estaba pintado.
Qué bonito quedou!
A profe London
Estivemos de sorte veunos
unha auxiliar de conversa
californiana.
Que contentos quedaron os
nenos!
E para o ano outra nos
virá…
A sección bilingüe de plástica foi
todo un éxito e para o ano que ven
repetimos e engadimos
coñecemento do medio tamén. Animación á lectura.
Este curso tivemos unha
sesión de Animación á
lectura coa profe María.
Canto lles fixo imaxinar,
contar, ler e disfrutar.
Para que os nenos a lectura
aprendan a valorar.
A nosa profe de música moi
cantareira é, dixémoslle:
Antía non te vaias
que te vas marear
e no noso cole tes que quedar.
3
4
Recibimos no noso colexio a unha veciña nosa, que foi pulpeira. Respostou moi amablemente a tódalas nosas preguntas.
Alumnos de sexto no seu papel de reporteiros.
Pregunta: Gústache a túa profesión? Resposta: Sí. P.: De nena xa pensabas en ser pulpeira? R.: Non, eu empecei xa de maior, xa tería uns 40 anos. P.: Que che gustaba, cando eras nena, das pulpeiras? R.: O pulpo jajajaja... P.: Dache moito beneficio ao final do ano esto de ser pulpeira? R.: Deu moito, pero agora non estou traballando. P.: Canto consumes de pulpo ao día? R.: Depende de como estea a feira. P.: A cantos euros vendes unha ración? R.: Según a como compres o pulpo, sobre uns 6 ou 7 euros.
... bla, bla, bla...
“Estiven traballando nas feiras e festas
de Cambados, Santa Marta...”
... bla, bla, bla...
“Cando era nena, o que máis me gustaba era o
pulpo.”
5
P.: Cantos cartos gañas, máis ou menos, ao día? R.: Entre 300 ou 450 euros, se é unha festa moi grande. P.: Onde compras o pulpo?
R.: Nos conxelados en Deiro. P.: Traballas ti soa ou tes algún axudante? R.: Eu e o meu home.
P.: Sobre canto tempo se ten que cocer o pulpo? R.: Sobre 20 ou 25 minutos. P.: Non tes guantes por se te queimas? R.: Non, xa estou acostumbrada ao quente. P.: Nas festas, pola noite, ata que hora botas facendo o pulpo? R.: Ata as doce, a unha..., depende dos clientes. P.: Tiveches que sair de Galicia algunha vez para cocer pulpo? R.: Non, sempre estiven por aquí. P.: Tiveches algún problema con algún cliente? R.: Non, nunca. P.: Que fas no teu tempo libre? R.: As tarefas da casa. P.: En cantas feiras e festas estiveches? R.: En Cambados, Santa Marta...
Como bos periodistas, informámonos en tódalas fontes que puidemos acadar.
Pode que sexa isto unha aceiteira? Ten máis pinta de cafeteira!!...
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
TÍTERES
Os nenos de Educación Infantil, primeiro e segundo fomos ao teatro a
Pontevedra.
Vimos unha obra de teatro duns títeres moi graciosos chamados Os
Narigudos. Estes son os principais personaxes.
22
23
OLA A TODOS SON
PIRRACAS A
MASCOTA DE
INFANTIL E ESTA
TROPA DE
PEQUENOS
POÑENME A CABEZA
COMA UN
TAMBORIL
24
Os prehistóricos de infantil
25
MONDRIAN
26
LUIS SEOANE
27
POLLOCK
28
KLEE
29
30
31
32
33
AS MOMIAS DE EXIPTO
34
Pero...se son
os
os nosos nomes!
35
36
37
38
39
40
41
42
ESTE É O CONTO PREFERIDO DE TODOS OS QUE CONTAMOS
SIN PROBLEMA DE MEMORIA CHO CHIMPAMOS
E DEMOSTRANDO QUE CONTANDO CONTOS SOMOS OS AMOS!!!
43
E para despedirnos
Facemolo con Rosalía
“Adios ríos, adios fontes
adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos......”
NÓS SI!!!!!
Aquí estaremos o curso que ven
para pasalo moi ben
con novos compañeiros
e coas profes tamén!!!!!!
44
45
46
INICIACIÓN AO BAILE TRADICIONAL
Por primeira vez recibimos no colexio a visita dunha Asociación
Cultural de Música Tradicional chamada TREPIA. Viñeron dous dos
seus membros (Xandre e Andrea) e ensináronos que a muiñeira é un
ritmo e tamén um baile. Aprendemos as diferentes partes que ten e
intentamos bailala. Qué cansancio!!!
Ademáis aprendemos distintos usos de utensilios da vida cotiá como
as culleres, as cunchas, a tixola.....para facer música con eles.Non o
podíamos crer!!
47
48
SECCIÓNS BILINGÜES
Este ano temos dúas seccións bilingües na materia de Plástica en 4º e 5º coa profe
Cova e con London. Aprendimos moito inglés, e foi moi divertido!
Estes son algún dos nosos traballos esta primavera.
Welcome spring!
1. Colour the butterflies, leaves
and flowers.
2. Cut them out.
3. Paint the grass and cut it out.
4. Draw the letters and colour
them.
5. Stick them on the wall.
Spring lambs
1. Cut the lamb following the
pattern.
2. Stick the cotton on the body
and head.
3. Colour the flowers and cut
them out.
4. Paint the grass and cut it out.
5. Stick them on the wall.
49
50
CARTA DE DESPEDIDA
UN BICO!!!!
51
Os amigos de Dinamarca
O mesmo que o curso pasado, os nenos e nenas de 5º, mantivemos correspondencia con alumnos e alumnas dun cole en Dinamarca. Eles tamén están a aprender inglés na escola coma nós.
Onde están ?
A bandeira
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
Día da biblioteca
Para conmemorar o día da biblioteca trouxemos un libro
da casa para poñer en exposición. Durante varios días
puidemolos mirar e desfrutamos un montón!!!!
62
SAMAÍN
Un berro tivemos que pegar
ao ver os puntos que houbo que pintar!!
Munch así o pintou, e así nos asustamos nós.
63
64
65
DICCIONARIO FANTÁSTICO
E como nos gusta inventar,
un diccionario decimos crear e
así volo queremos mostrar.
66
ABECEDARIO DOS PERSONAXES CONTOS
Asociamos a cada letra do abecedario personaxes dos
contos.
67
HORA DE LER
A lectura fai viaxar a nosa imaxinación e nós lemos en todas
partes, no patio, na clase, na biblio.....
68
CUNQUEIRO
Cuqueiros este ano celebramos o centenario do nacemento do
escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.
Un dos autores imprescindibles na cultura galega que nos
deixou obras de teatro, poemas, narrativa e ata o libro máis
vendido da cociña galega.
Inspirándonos nel fixemos acrósticos coma estes:
Amencer Nerviosa Jirafa
Luz Estrela Oriental
Brilante Rabiosa Rosa
Atardecer Escapa Grande
Andando Enamorada
Como un gran xenio das letras Vaca
Un bo día púxose a escribir Enferma
Noite e días expresou o Rara
Querer dunha lingua Olvidada
Unha idea Nun
Expresada en textos que narran Iglú
Imaxinadas historias para Conxelada
Recordar nos tempos de hoxe Acatarrada
O centenario do seu nacemento
69
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Ai Xosé Neiras Vilas
que gran regalo nos fixeches
contando unha historia labrega
na boca do pequeno Balbino
un neno con moito maxino
con verbas da nosa terra galega
Xa son 50 anos da publicación de “Memorias dun neno labrego"e estas
son algunhas das edicións que se fixeron ao longo do tempo.
70
CORRELINGUA
Como cada ano promóvese unha carreira popular pola lingua e desde
Tremoedo non quixemos ser menos,e decidimos participar.
Para apoiar a causa elaboramos unha pancarta.
MIRADE QUE CHULA NOS QUEDOU!!!
Todos queriamos posar
Puxémonos o chandal, os tenis, quentamos un pouquiño e ...
71
PREPARADOS, LISTOS......
XAAAAA!!!!!
Tamén bailamos e cantamos ao son da música e recibimos un merecido
agasallo pola nosa participación.
E por suposto co guapiños que estabamos tamén salimos en varios
periódicos. A VER QUEN SE ATOPA.......
72
EU FALO GALEGO PORQUE......
VAI MORRER
ESTA LINGUA
TAN BONITA
É A PRIMEIRA
LINGUA QUE
ESCOITEI
ME DA A
GANA
SEI
FALALO
73
NO COLE
FÁLASE
GALEGO SIIIIIII
QUERO
É A LINGUA
MAIS LIBRE
QUE HAI.
Falemos como
galegos!!
74
ATRAPACONTOS
Para celebrar o día do libro, este ano, tivemos unha visita moi
especial, veu Anxo Moure a contarnos contos que falaban de cómo
coidar a natureza.
Un paxariño lendo un libriño. Non o podo crer!!!
Son a xacia lubiña, son a xacia das cariciñas se a natureza queres
desfrutar moito a tes que coidar.
75
As árbores serven para.......RES....PI....RAR!!!
Mirade!!! É Chinchanciño de Chantada
NON
TIRES
LIXO
76
Non é unha biblioteca,
é una CICLOBIBLIOTECA
despois dunha volta quedas coa cabeza turuleca!!
77
A RATIÑA PRESUMIDA
Os alumnos e alumnas de 3º decidimos que o importante dun conto é
COMO contalo.
Así que puxémonos mans á obra, había que traballar a comprensión, a
memorización, as voces, os estados de ánimo, os sonidos e, como non,
os PERSONAXES.
Aquí volos presentamos:
78
Cos personaxes elaborados, o decorado acabado e o conto aprendido o
que queríamos era poñer en práctica o noso traballo, así que o
alumnado de infantil sería o noso público e vaia éxito que tivemos.
Moitos aplausos!
OS PROTAGONISTAS
O PÚBLICO
79
As nosas celebracións
SAMAÍN 2011
Velaquí algúns dos exemplos das imaxinativas cabazas que pasaron polo colexio este ano
Dende a biblioteca promoveuse a lectura de contos de terror , pasade a páxina para ver un dos
contos máis terroríficos que vos podades atopar:BIGFOOT
Vendo a exposición algún que outro susto se
pasou, pero hai que ver a imaxinación dos
nenos e nenas de Tremoedo.
MIRADE, MIRADE, non falta detalle
80
MAGOSTO 2011
Recordando os xogos de antano , que tempos aqueles!!!!
81
Maquillando a alumnos e ata as profes!!!!
Qué guapa!
Encántame Foto,
foto!!!
82
Decorando e aprendendo refráns e adiviñas pois o saber non
ocupa lugar...
Comendo e morrendo o lume remata a nosa xornada no cole
Qué
boas!!
83
NADAL 2011
Mirade que bonitiño quedou o cole!
Nacementos e árbores decoraban os corredores.
84
Cantamoslles panxoliñas aos Reis
E ata fixemos teatro!
85
DÍA DA PAZ
Este ano cada curso fixemos un cartel alusivo á paz en cada
continente buscando a unión dos pobos do mundo.
86
ENTROIDO 2011
Aquí están os expicios
de San Bartolomeu
Os de 1º a China querían chegar e así
de guapiños querían festexar.
87
Os de 2º querían pintar, e ata Francia
quixeron chegar
As hawaianas de 3º , preparadas para bailar.
Aloha, aloha ! non paraban de saudar.
88
Os de 4º ao continente americano
querían lembrar e de indios se quixeron
disfrazar
89
90
Velaquí tedes as coplas deste ano que algún aínda corea
polo colexio adiante
MAIOS 2011 RETROUSO O maio deste ano imos celebrar, os rapaces do cole só queremos xogar
A profe Dolores moi contenta está cando chega a clase ponse a brincar A profe María que está en Infantil pasa todo o día co dichoso mandil A nosa profe London moi rubiña é con eses vestidiños lle están requetebén O profe Don Javier non cansa de ensinar pero os de 5º non paran de xogar A profe Begoña moito ensina inglés pero no tempo libre non para co café
A profe Covadonga moi guapiña é pero co seu curso non se ten de pé A profe Teresa é moi cantareira pero algunhas veces asusta a calqueira A profe de reli moi cristiana é pero pa aprobarnos non ten tanta fé A profe Otilia que paciencia ten con eses de 4º que xogan ao brilé O noso Manolo Toca toca ben pero a mediodía non escoita ninguén
91
ESPECIAL : “A CASIÑA DE DON CUCO”
Este ano quixemos lembrar cómo se gañaban a vida os nosos velliños.
Ai, que dura era a vida naqueles tempos!
Eleximos un oficio por cada curso e recabamos toda a información que
puidemos. Buscamos en libros, preguntámoslles os pais , pedimos
utensilios e ferramentas, en fin un traballazo!
Cada clase fixo unha EXPOSICIÓN para que todos aprenderamos de
todo e finalmente resumimos o noso traballo nun mural para colocar na
casiña de Don Cuco na entrada do cole.
CANTEIROS
ZAPATEIROS
PULPEIROS
92
LABREGOS/AS
FERREIROS E AFIADORES
MARIÑEIROS
A CASIÑA DE DON CUCO
93
94