Eneas

Post on 30-Jun-2015

2.821 views 6 download

description

Resumo das aventuras de Eneas en imaxes

Transcript of Eneas

ENEAS

É

fillo de Afrodita (Venus) e Anquises, primo do rei de Troia Príamo.

Afrodita namórase de Anquises, que gardaba os seus rabaños no monte Ida. A deusa promételle un fillo que reinará

sobre

troianos.•

Eneas

foi criado polas

ninfas e o centauro Quirón•

Aos 5 anos foi devolto ao monte Ida co seu pai, que o levou á

cidade de Troia.

ENEAS

Afrodita pide a Eneas que acompañe a Paris na

súa viaxe

a Esparta.

Paris rapta a Helena e provoca a guerra de Troia.

ENEAS

Eneas

convértese no heroe troiano máis valoroso despois de Héctor.

Na guerra de Troia enfróntase ao grego Diomedes, que o fire. Afrodita intenta salvalo e é

ferida ela mesma.

ENEAS

Cando se produce a destrucción de Troia, por consello de Afrodita fuxe ao monte Ida co seu pai e o seu fillo Ascanio. Perde a súa muller Creúsa

polo camiño.

Leva consigo os deuses Penates, protectores do fogar e o estado.

ENEAS

Tras un breve tempo no monte Ida, embárcase cos troianos superviventes cara Occidente.

Terá

unha longa viaxe que rematará

na costa occidental de Italia.

ENEAS

Despois de recalar en varias cidades gregas, chega á

cidade de Cartago, fundada pola raíña Dido.

ENEAS

A raíña Dido

recibe hospitalariamente a Eneas, quen lle refire a destrucción de Troia e as súas aventuras, segundo nos conta Virxilio canto II da Eneida.

ENEAS

Dido

e Eneas

namóranse perdidamente, pero os deuses ordenan a Eneas

continuar a súa viaxe.

Eneas

parte cara Italia e a raíña suicídase.

ENEAS

Continúa a súa viaxe por Sicilia onde morre o seu pai Anquises

e celebra os seus funerais.

Chega a Cumas

para consultar o futuro á

sibila.•

A sibila acompáñao aos Infernos, para que consulte ao seu pai. Alí

Anquises

revélalle o futuro glorioso de Roma.

ENEAS

Eneas

chega ao Lacio e é

acollido hospitalariamente polo rei Latino, quen lle ofrece a man da súa filla Lavinia

(e a sucesión no seu reino).

ENEAS

Turno, rei dos rútulos, tamén pretendía a Lavinia,enfróntase a Eneas.Ambos buscan aliados e reúnen un exército.

Tras moitas loitas, Eneas

e Turno

enfróntanse o nun combate singular. Apesares de Turno

fire a Eneas, este consigue matalo.

ENEAS

Eneas

casa con Lavinia

e funda a cidade de Lavinium.•

Despois da súa morte durante unha tempestade, o seu Ascanio

(ou Iulo) funda a cidade de Alba Longa.

Tras varias xeracións, Rómulo

e Remo fundarán a cidade de Roma, preto de Alba Longa.

Feito por Susana Losada Soto•

IES de Melide (A Coruña)