Espazo natural Río Sor

Post on 14-Apr-2017

163 views 2 download

Transcript of Espazo natural Río Sor

Río Sor

Inclúe o curso do río Sor e as súas cabeceiras coas serras que o rodean: Faladoira, Tras da Serra, Veiga do Xunco... Únese polo nordeste co LIC “Costa da Mariña Occidental” na desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro, e polo suroeste co LIC “Río Baleo”, na serra da Faladoira.

SUPERFICIE: 7.932 haTIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

CONCELLOS: As Pontes e Mañón (A Coruña), Muras, Ourol e O Vicedo (Lugo).

SERRA DA FALADOIRAEsténdese con dirección NNE-SSO entre os concellos de Mañón e Ortigueira. É unha serra de cumes suaves e grandes desniveis polos que discorren os ríos. O cume máis alto é o Caxado, con 756 m. Está formada maiormente por bandas de lousas negras, gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granito e cuarcita.As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera e ao Baleo.

Vista dos cumes achairados do alto da serra da Faladoira.

Montes de Tras da Serra e A Faladoira desde Ambosores

Montes da Veiga do Xunco desde o val do rego de Santar coas fragas de Santar e Campelos da Auga.

MONTES DA VEIGA DO XUNCO:Esténdense con dirección N-S desde a serra do Bostelo ata o val do Sor en Ambosores, entre as dúas principais cabeceiras do Sor (Regos de Tras da Serra e Santar) O Cume máis alto ten 688 m.As súas abas acollen importantes formacións de bosque autóctono.

Cumes da Veiga do Xunco

Montes da Veiga do Xunco

A Fraga Gorda, nas cabeceiras do rego de Tras da Serra.

A Fraga Gorda

Vista cara ao norte desde o cume da Veiga do Xunco co val do rego de Couce Mouro, afluente do Santar.

MONTES DE TRAS DA SERRA, entre a Veiga do Xunco e a Faladoira. Están rodeados polo vales do rego de Tras da Serra e o seu afluente o Batán

Montes dos Callós desde a Ribeira do Bispo (Mañón)

Montes da Veiga desde a Ribeira do Bispo

Montes da Veiga da Torre desde a Ribeira do Bispo

RÍO SORFórmase pola unión do Xantes (Pico Montouto) e Tras da Serra co Batán e Solloso (Penadaugas e Serra das Campas). Recolle as augas das serras da Faladoira, Coriscada e Gañidoira. Ten un curso sinuoso, con fortes desniveis e zonas encaixadas e, despois de 49 km de percorrido, desemboca na ría do Barqueiro onde forma un amplo esteiro. No espazo protexido recibe pola dereita ao Santar e Cristo dos Callós e pola esquerda ao Casateites, Arganzo e Rego do Rosario.

O Sor en Ambosores

O Sor en Ribeira do Bispo (Mañón)

O Sor en Ribeira do Bispo (Mañon)

O Sor en Ponte Segade (Mañón)

O Sor en Cubelas (Mañón)

Canón do Sor entre Mañón e O Vicedo

O Sor en Caión, no seu encontro co Couce que cae nel formando un salto.

Fervenza de Augas CaídasRego do Couce ou Seixo

Caión (Mañón)

Último tramo do curso do Sor

Centro ictioxénico

Ponte Ulló ou de Por da Tronca

Dúas instalacións de cadeiras mecánicas para cruzar o río.

Muíños Vellos

Albariños

Área de lecer nas beiras do Sor (Ribeiras do Sor, Mañón).

Desembocadura do rego do Muro Novo no Sor (Rio Barba, O Vicedo)

O Sor en Ribeiras de Sor

O Sor en Ribeiras de Sor

Esteiro do Sor coa Ínsua de San Martiño

Esteiro do Sor

Esteiro do Sor

A ponte vella da estrada e a ponte do ferrocarril sobre o esteiro do Sor, no límite do espazo protexido.

FLORANo curso do río consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, fentos, brións...

Bosques nas abas da Veiga do Xunco

Os cumes dos montes están cubertos de mato e pasteiros con algunha áreas de repoboación de eucaliptos. Nos vales do curso alto consérvanse grandes masas de fragas autóctonas.

No curso medio e baixo a maior parte do val está ocupado por plantacións de eucaliptos e so se conserva algún resto de bosque de galería e carballeira na beira do río.

Bosques e prados nas abas da Veiga do Xunco

Breixos e toxos

Xensá (Gentiana pneumonanthe)

Froitos de pereira brava (Pyrus cordata)

Salgueiro nas beiras do Sor

Menta de auga (Mentha aquatica).

Molinia caerulea

Dentabrú (Osmunda regalis)

Narciso (Narcissus triandrus)

Trevo acedo (Oxalis acetosella)

Allium triquetrum

Dúas plantas invasoras que se atopan nas beiras do Sor

Hedychium gardnerianum

FAUNAA fauna é a típica dos ríos (anfibios, cabalos do demo, troitas, lontras...), dos bosques de ribeira (aves insectívoras, lesmas, saramaganta...) e dos matos e espazos abertos das serras (coellos, lavercas, picas, papuxas, rapinas...)

Saramaganta (Chioglossa lusitanica)

Ferreiro abelleiro (Parus major)

Lagarta da serrra (Iberolacerta monticola)

Candil curvado (Onychogonphus uncatus)

Coenonympha dorus

Coenonympha dorus bieli

Bolboreta (Arethusana arethusa)

Saltón (Omocestus viridulus)

Cabras na Veiga do Xunco

Gando na Faladoira

Muíño no Sor en Ambosores (Ourol)

Os elementos etnográficos son outro dos atractivos desta área

Muíño en Ribeira do Bispo (Mañón)

Ouriceiras nas beiras do Sor, en Caión.

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

(xuño 2012)