Post on 29-Jan-2016
description
CEIP Lamas de Abade
As principais vías de evacuación do Centro son:
As horizontais: O edificio conta con tres saídas desde o corredor Central ao
patio e á entrada principal do Colexio.
As verticais: Dúas escaleiras que comunican as plantas superiores coa baixa, de uso
habitual, con dous tramos de chanzos e un rellano intermedio.
Os dous corredores centrais das dúas plantas son amplos, polo que se facilita o
desaloxo e a circulación de varias filas á vez (En caso de necesidade).
Estarán sinalizadas as vías de evacuación naturais e tamén as alternativas, con carteis
que indiquen claramente a dirección do fluxo en caso de evacuación en forma
de frechas de cores. A cada zona asignaráselle unha cor. As clases que
correspondan ao mesmo circuíto de desaloxo terán a mesma cor e sinalizaranse
cun círculo. Os alumnos de cada zona deben coñecer a súa cor e fluxo de desaloxo.
Igualmente coñeceranse os lugares de concentración ou encontro tras saír do Centro
en caso de evacuación. (Pista de arriba).
O tempo máximo de evacuación de todo o Colexio non chega en ningún caso aos cinco
minutos. O risco potencial máis significativo é o incendio e explosión da caldeira, aínda
que non hai que descartar outras urxencias.
O Director/a exercerá o mando en caso de urxencia de grave risco ou sinistro. En caso
de ausencia do Director/a, substituiralle quen nese momento exerza a función.
A avaliación do risco corresponde ao Director/a, ao Coordinador de seguridade e ao
Conserxe, quen segundo os niveis de perigo apreciados, procederán a activar o Plan
de Urxencia.
Inmediatamente á declaración dunha urxencia o Director ou o Coordinador
deberá dar o sinal de alarma e evacuación do Centro. O medio que se usará será a
sirena. Daranse uns toques curtos e intermitentes. Igualmente preveranse
procedementos alternativos para casos de corte de fluído eléctrico (chifres, palmadas,
etc.)
-2-
PLAN DE EVACUACIÓN
CEIP Lamas de Abade
Simultaneamente, realizaranse as oportunas chamadas de teléfono para requirir as
axudas necesarias aos servizos de seguridade (bombeiros, policía local, garda civil,
servizos sanitarios, etc.).
Repartiranse responsabilidades para canalizar a evacuación de cada planta e anexos
(Biblioteca, aula de Informática, etc.), de revisión das dependencias e de cortar
a subministración de fluídos. Os Profesores da planta superior comprobarán que
non queda ninguén na mesma nin na inferior antes de abandonar o edificio.
Ensinar aos alumnos a conducirse adecuadamente en situacións de urxencia.
Coñecer as condicións do edificio para conseguir a evacuación dunha forma
ordenada e sen risco para os seus ocupantes, sen deteriorar o edificio nin o
mobiliario escolar, debéndose realizar todo iso no menor tempo posible.
Mentalizar ao alumnado, aos seus pais e ao profesorado da importancia dos
problemas relacionados coa seguridade e urxencias nos Centros
escolares.
-3-
OBXECTIVOS
CEIP Lamas de Abade
Cada clase ou grupo manterase sempre unido.
Refugar as iniciativas propias, seguir sempre as indicacións do profesor.
Non recoller os efectos persoais nin o material de traballo.
Quen ao soar o sinal de alarma, se atope fóra da súa clase incorporarase
rapidamente a esta, caso de estar cerca. Se o alumno estivese noutro lugar máis
distante, agregarase ao grupo máis próximo, incorporándose logo ao seu cando
chegue ao lugar de encontro.
Moverse con rapidez, pero nunca correr, empuxar ou atropelar.
Realizar as saídas en orde e silencio, actuando con solidariedade e sentido de
mutua axuda.
Camiñar sempre en sentido do fluxo da evacuación, xamais se retrocederá.
Evitar deterse, en especial preto das portas de saída.
Todos os alumnos sairán polas portas que se lles indique e concentraranse no
punto exterior que hai prefixado. En ningún caso marcharán deste.
As aulas da PLANTA BAIXA evacuarán da seguinte forma:
o Aulas 1,2,3,4,5,6 e Biblioteca ao patio dianteiro pola porta 1 de acceso
ao Colexio.
o Aula de usos múltiples cara o patio traseiro pola porta 3.
As aulas da PRIMEIRA PLANTA evacuarán da seguinte forma:
o Aula de música, aula TIC e aula 14 pola escaleira 1 cara o patio de atrás
pola porta 3.
o Aulas 7,8,9,10,11 e 12 pola escaleira 2 cara o patio de atrás pola porta 2.
As aulas da SEGUNA PLANTA evacuarán da seguinte forma:
o Aulas 19 aula de audiovisuais, plástica, PT e Al pola escaleira 2 cara o
patio traseiro pola porta 3.
o Aulas 13,15,16,17,18 e Informática pola escaleira 1 cara o patio traseiro
pola porta 2.
-4-
INSTRUCIÓNS PARA O ALUMNADO EN CASO DE EVACUACIÓN
CEIP Lamas de Abade
A Directora e o Coordinador responsable de seguridade actúan automaticamente,
desenvolvendo o seu labor específico:
Avaliar o risco e exercer o mando.
Activar o Plan de urxencia.
Avisar aos servizos competentes.
Esperar aos profesores da planta alta para saír xuntos.
O resto do persoal con responsabilidades especiais na evacuación, asumen
estas: Apertura de portas do edificio e recintos, suspensión das subministracións de
fluídos
Conserxe, toma de extintores, no seu caso; os coordinadores de planta poranse nos seus
postos, axuda especial aos alumnos con problemas motorices ou
funcionais, etc.
Os alumnos abandonarán as súas pertenzas e material de traballo.
Inician a evacuación os alumnos que estean na planta baixa, simultaneamente os
alumnos que estean na planta superior baixan a escaleira e ao chegar á planta baixa
proseguen a súa saída pola porta que teñen asignada.
É preciso evitar aglomeracións en corredores, escaleiras. Recoméndase camiñar
pegados ás paredes para deixar libre o centro da vía e, en caso de haber fume,
marchar agachados.
Cada profesor supervisa e controla os movementos dos alumnos ao seu cargo,
evitando que queden atrasados ou se dispersen, dirixíndoos pola vía de evacuación
ata o punto exterior de evacuación prefixado.
Tenderase a non mesturar os alumnos de varias clases ou grupos para poder controlalos
mellor.
O Profesor, tras a saída do último ocupante de calquera aula ou dependencia, pechará
as portas e fiestras, previa comprobación de que non queda ninguén dentro.
O/os coordinadores, antes de abandonar o edificio, aseguraranse de que estean
totalmente desocupadas todas as dependencias asignadas.
-5-
CEIP Lamas de AbadeO persoal do centro, docente e non docente, intentará manter a
calma en todo
momento, evitando condutas que denoten tensión nerviosa.
Ata a chegada dos servizos públicos de urxencia, se procede, verificaranse as
incidencias e paliaranse as consecuencias das mesmas.
Polo menos unha vez por curso e, a poder ser no primeiro trimestre, realizarase un
exercicio de evacuación do centro (previo coñecemento das persoas responsables
do mesmo e os pais dos alumnos, aínda que non saiban o día e a hora concreta da
súa execución) cuxos obxectivos serán:
Comprobar os niveis de eficacia e operatividade, así como corrixir os fallos
atopados no plan.
Detectar insuficiencias ou carencias no edificio, así como os erros na execución.
Constituír un principio de aprendizaxe na autoprotección.
A previsión dalgunha posible eventualidade imprevista, por bloqueo dalgunha saída
exterior da Planta Baixa, débense utilizar as restantes. Para iso, convén ter un
Plan de desaloxo alternativo. En tal caso, canalizarase aos alumnos de acordo co
circuíto marcado.
FLUXO DE
-6-
SIMULACROS
FLUXO DE DESALOXO ALTERNATIVO
CEIP Lamas de Abade
DESALOXO ALTERNATIVO
Mando da urxencia Director
Coordinadora Xeral Xefe/a de Estudos
Portas, corte de subministracións, extintores. Conserxe
Coordinador de Planta Baixa Director e Conserxe
Coordinador de Primeira Planta. Profe que estea na aula nº 7.
Coordinador de Segunda Planta. Profe que estea na aula nº 13
Extintores Planta Baixa. Conserxe
Extintores Primeira Planta. Profe aula 14 que o sustituia.
Extintores Segunda Planta. Profe da aula 13 ou profe que o sustituia.
-7-
DISTRIBUCIÓN DE FUNCIÓNS