Post on 21-Jan-2018
Experiencias sobre Cambio Climático
MERCEDES RODRIGUEZ RUIBAL
Profesora de Bioloxía e Xeoloxía
IES SAN CLEMENTE
Unha maneira activa e orixinal de achegar ao alumnado a problemática ambiental do planeta, e en particular ao complexo fenómeno do Cámbio Climático, as súas evidencias, causas, consecuencias e posibles alternativas, é recrear de forma experimental un conxunto de actividades prácticas, sinxelas á vez que rigorosas, fáciles de replicar e adaptar aos diferentes niveis educativos, na perspectiva do compromiso coa sociedade contemporánea e na percura da sustentabilidade ambiental, económica e social.
Experiencia nº 1: Simulación do Efecto Invernadaorio
♦ Obxectivo: comprender o funcionamento dun invernadoiro mediante a simulación.
♦ Protocolo: collemos os tres vasos, e ún forrámolo de papel negro. Botamos en cada vaso a mesma cantidade de auga á mesma temperatura. O terceiro vaso cubrímolo co recipiente de vidro. Colocamos os vasos ao sol e esperamos uns minutos. A continuación medimos as temperaturas e constataremos que tanto no vaso negro como no que está cuberto a temperatura vai ser maior.
♦ Materiais: tres vasos de cristal do mesmo tamaño, recipiente de vidro máis grande, papel adhesivo negro, auga, termómetros.
♦ Reflexión: valorar o papel da atmosfera na regulación do clima terrestre.
Experiencia nº 2: Emisión de dióxido de carbono nos tubos de escape
♦ Obxectivo: comprobar a presenza de dióxido de carbono nos gases emitidos na combustión dun vehículo de motor
♦ Protocolo: cunha montaxe similar á mostrada recollemos os gases que saen polo tubo de escape dun vehículo nun globo, e logo facémolos burbullar lentamente nunha disolución de 25 cc de auga con 10 gotas de azul de bromotimol. A presenza de dióxido de carbono decolora a marelo a disolución.
♦ Materiais: tubos de ensaio, unha probeta, varios tubos (largos e curtos), un matraz, contagotas, pinza Hoffman, soporte e base, noz dobre, tubos de goma, globo, pera pneumática, tapóns furados, disolución alcohólica de azul de bromotimol.
♦ Reflexión: tomar conciencia dos impactos producidos polos uso de combustibles fósiles
Experiencia nº 3: Estratificación en medios acuáticos
♦ Obxectivo: comprender o comportamento da auga cando se misturan masas de diferente densidade, dependente da salinidade e temperatura.
♦ Protocolo: colocamos auga de diferente salinidade e cor, en cadanseu compartimento dunha cubeta separados por un tabique central. De seguido, retiramos con precaución o separador e observamos a estratificación das augas, dacordo á densidade (ou a temperatura)
♦ Materiais: cubeta transparente, separador, auga, sal e dous corantes
♦ Reflexión: relacionaremos esta experiencia co quentamento do océano como consecuencia do cambio climático.
Experiencia nº 4: Simulación de fenómenos meteorolóxicos extremos (ciclón)
♦ Obxectivo: imos comprobar de forma empírica algunhas consecuencias do quencemento global, como o aumento na frecuencia de fenómenos extremos, derivado dos cambios que se preven na circulación atmosferica e oceánica, así como nas interaccións entre temperatura - auga - atmosfera.
♦ Protocolo: unimos as botellas polas respectivas bocas, poñemos os tapóns furados e selamos con silicona e cinta adhesiva. Enchemos a metade dunha botella con auga máis un chorro de tinta. Collemos a botella chea cunha man e poñemos a outra na unión de ambas botellas facendo movementos xiratorios. Deixamos repousar e nese momento verase un remuíño similar a un furacán.
♦ Materiais: dúas botellas de plástico, cinta adhesiva e cola forte ou silicona, tinta de cor intensa.
♦ Reflexión: valorar as consecuencias sociais e económicas asociadas aos riscos naturais, tendo en conta como diversas actividades humanas poden potenciar estes desastres.
Experiencia nº 5: Desxeo segundo os modelos ártico e antártico
♦ Obxectivo: experimentar con outra consecuencia do cambio climatico, a fusión do xeo, e facer visible o diferente comportamento do xeo continental e flotante á hora de fundirse.
♦ Protocolo: poñemos os cubiños de xeo nunha cubeta e enchemos de auga ata o borde (xeo flotante).Na segunda cubeta o xeo vai enriba de rochas (xeo continental) e tamén enrasamos de auga ata o borde.Tras certo tempo observamos a diferenza entre ambos casos.
♦ Materiais: dúas cubetas de vidro, auga lixeiramente coreada de azul, cubitos de xeo, rochas.
♦ Reflexión: valorar as diferentes consecuencias da fusión de xeo continental (aumento do nivel do mar e inundación de zonas costeiras) e o flotante (alteración de correntes mariñas, sen cambios no nivel do mar).
Experiencia nº 6: Determinación da contaminación na auga
♦ Obxectivo: analizar a presenza de diversos contaminantes en diferentes mostras de auga do entorno por métodos colorimétricos semicuantitativos
♦ Protocolo: botamos 5 ml da mostra obxecto da análise nos diferentes tubos dos kits de análise, e imos engadindo os reactivos correspondentes. Pasado o tempo indicado, comparamos a coración que toman as mostras coas fichas patrón e xa podemos calcular o valor de cada parámetro. Para determinar a contaminación fecal, usamos o reactivo Analema.
♦ Materiais: mostras de auga, tubos de ensaio e gradillas, contagotas, luvas, reactivo de colibacilos Analema, tests colorimétricos Macheray-Nagel (pH, dureza, fosfatos, nitratos, nitritos, amonio), vasos de precipitados, probetas.
♦ Reflexión: valorar a auga como un recurso limitado que pode verse diminuído pola contaminación e o cambio climático
ACTIVIDADES HUMANAS QUE PRODUCEN GASES CON EFECTO INVERNADOIRO
AUMENTO DA TEMPERATURA TERRESTRE(QUENCEMENTO GLOBAL = CAMBIO CLIMÁTICO)
ALTERACIÓNCORRENTES
MARIÑAS
FENÓMENOS METEOROLÓXICOS
EXTREMOSEFECTOS
SERES VIVOS
SAÚDE
DESERTIZACIÓN
IMPORTANTES IMPACTOS AMBIENTAIS EN TODO O PLANETACONSECUENCIAS ECONÓMICAS E SOCIAIS DE GRAN ALCANCE
DESXEO
INUNDACIÓNZONAS
COSTEIRAS
ACTIVIDADES HUMANAS QUE PRODUCEN GASES CON EFECTO INVERNADOIRO
AUMENTO DA TEMPERATURA TERRESTRE(QUENCEMENTO GLOBAL = CAMBIO CLIMÁTICO)
ALTERACIÓNCORRENTES
MARIÑAS
FENÓMENOS METEOROLÓXICOS
EXTREMOSEFECTOS
SERES VIVOS
SAÚDE
DESERTIZACIÓN
IMPORTANTES IMPACTOS AMBIENTAIS EN TODO O PLANETACONSECUENCIAS ECONÓMICAS E SOCIAIS DE GRAN ALCANCE
DESXEO
INUNDACIÓNZONAS
COSTEIRAS