Post on 19-Aug-2018
Índice
O espectáculo: Todo é percusión ........................................................................................................ 3
Sinopse ............................................................................................................................................ 3
Memoria didáctica e de mediación .................................................................................................... 4
Xustificación e descripción da unidade didáctica ........................................................................... 4
Obxectivos ....................................................................................................................................... 5
Contidos do espectáculo relacionados co corrículo docente ......................................................... 6
Estratexia metodolóxica .................................................................................................................. 8
Actividades de aprendizaxe ............................................................................................................. 9
Imaxes do espectáculo ...................................................................................................................... 13
Enlaces de interés ............................................................................................................................. 16
O espectáculo: Todo é percusión
Duas, acompañada da compañía Exire, prepara para esta ocasión un
espectáculo centrado nos ritmos que xeramos día a día. Para asegurar un
bo contido didáctico fusiónanse obras de grandes e recoñecidos autores
como John Cage ou Steve Reich con obras compostas expresamente para
esta ocasión.
Sinopse
Todo é percusión é un espectáculo didáctico de aproximadamente 45
minutos de duración destinado ós alumnos que cursan 2º e 3º ciclo de
educación primaria así como ensinos de educación secundaria. O espectáculo
levarase a cabo polo dúo de percusión Duas e dúas bailarinas de arte
contemporáneo, que se identifican baixo o nome de Exire, co obxetivo
principal de chegar ó Arte Total a través da ligazón das distintas artes: música,
danza e teatro.
A vida queda reducida, en esencia, ó ritmo, que comezamos a considerar
música cando tomamos conciencia do mesmo. O punto de mira principal de
este concerto didáctico é precisamente iso, esaxerar os ritmos que atopamos
en todos e cada un dos nosos movementos diarios para crear música a partir
dos mesmos.
Abordase un argumento sinxelo, adecuado ó público seleccionado.
Recréase un día da vida cotidiana de catro rapazas, compañeiras de piso,
dende que soa o despertador ata que remata a xornada laboral nunha fábrica,
pasando por diversos episodios do día a día, como a realización das tareas
domésticas, a preparación do almorzo...
Memoria didáctica e de mediación
Xustificación e descripción da unidade didáctica
O espectáculo Todo é percusión foi creado dende a súa orixe con unha
finalidade puramente didáctica, onde preténdese ver a percusión como un
instrumento ó alcance de todos. Todo o mundo pode crear música a partir dos
obxectos cos que convivimos, só hai que tomar conciencia de este aspecto. O
proxecto nace con esta idea principal, e iso é precisamente o que se pretende
transmitir ós xovenes espectadores.
A presente guía didáctica ten como funcións básicas orientar e asesorar o
traballo de mediación na aula para poder acadar unha serie de obxectivos que
serán plantexados a continuación. Por un lado, trataremos de ofrecer toda a
información relevante acerca do tipo de espectáculo ao que se vai asistir, así
como das formacións encargadas da interpretación. Por outro lado proponse
a realización de obradoiros creativos nos que os nenos e as nenas
experimenten e creen coas suas mans de maneira que se sintan parte activa e
protagonista dentro do espectáculo ó que asistirán.
Obxectivos
Obxectivos xerais
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender
a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da
cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo
propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e
de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si
mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e
creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
c) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse
na construción de propostas visuais e audiovisuais
d) Posibilitar que as manifestacións artísticas teñan presenza constante
na vida do alumnado formando parte de múltiples aspectos da súa
socialización e da súa comunicación.
e) Fomentar no alumnado a interpretación e a análise crítica para
comprender que todas as formas de arte son expresión de ideas e
mesmo de sentimentos de persoas.
Obxectivos específicos.
1. Ofrecer recursos didácticos enfocados cara a percusión corporal e a
súa aplicación na aula.
2. Participar en actividades musicais con actitude aberta, interesada e
respectuosa, tomando conciencia como membro dentro dun grupo
valorando as contribucións de tódolos membros.
3. Coordinar o movemento e desenvolver as capacidades motrices
fundamentais.
4. Desenvolver a concentración.
5. Realizar un acercamento ós instrumentos de percusión así como á
súa construción.
6. - Proporcionar un acercamento ós compositores relacionados có
espectáculo.
7. Aumentar a conciencia dos ritmos diarios.
8. Axudar a disfrutar e valorar as diferentes manifestacións musicais.
9. Mostrar aplicacións prácticas de ritmos con obxectos diarios, así
como coñecer e probar as diferentes técnicas para extraer sons
agradables dos diferentes materiais: fregar, percutir, falar...
10. Ligar as diferentes artes: música, danza, teatro.
11. Aprender as normas de comportamento usuais para a asistencia a
un espectáculo de estas características.
Contidos do espectáculo relacionados co corrículo docente
Respecto ó apartado de contidos, traballaránse de maneira equitativa os
tres bloques de contidos establecidos no Decreto 105/2014, de 4 de
Setembro polo que se establece o currículo da Educación Primaria na
Comunidad Autónoma de Galicia e os establecidos no Decreto 86/2015, de
25 de Xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria
obrigatoria e do bacharelato na Cominidade Autónoma de Galicia.
Os diferentes contidos quedarán repartidos entre o traballo realizado na
aula previamente á asistencia ó concerto didáctico e na propia asistencia ó
concerto.
Contidos para os ensinos de educación primaria
▪ Bloque 1. A escoita. Procúrase que o alumnado tome conciencia dos
sons que do seu ámbito, así como das posibilidades sonoras dos materiais e
dos obxectos do seu contexto. Faise fincapé na audición activa de
manifestacións musicais de distintas orixes e no respecto no proceso da
audición.
▪ Bloque 2. A interpretación musical. O alumnado é protagonista
absoluto neste bloque, cuxo obxectivo é a creación de produtos musicais de
diferentes estilos, usando diversas técnicas compositivas e con finalidades
distintas. Centrámonos tamén en que o alumnado valore o traballo
colaborativo, o respecto cara ás demais persoas e a avaliación con intención
de mellorar.
▪ Bloque 3. A música, o movemento e a danza. Este derradeiro bloque
está destinado ao desenvolvemento da expresividade e a creatividade do
alumnado desde o coñecemento e a práctica da danza. Comézase pola
coordinación motriz e a conciencia do desprazamento no espazo, e chégase
finalmente ao nivel de creación e expresión de sentimentos co movemento.
Contidos para os ensinos de educación secundaria obrigatoria.
Os elementos do currículo básico da ensinanza secundaria obrigatoria
organizáronse en catro bloques, moi relacionados entre si, que comparten
múltiples elementos: "Interpretación e creación" integra a expresión
instrumental, vocal e corporal coa improvisación e a composición musical,
o que permitirá ao alumnado participar da música dunha forma activa;
"Escoita" pretende crear a primeira actitude fundamental cara a esta arte e
dotar o alumnado das ferramentas básicas para gozar dela a través da
audición e a comprensión do feito musical; "Contextos musicais e culturais"
relaciona a música coa cultura e a historia, dá a coñecer o valor do
patrimonio musical español e galego, e ensina a identificar o estilo e as
características distintivas da música que delimitan cada período histórico
básico; e finalmente, "Música e tecnoloxías" pretende abranguer o
coñecemento e a práctica da interacción entre música e novas tecnoloxías.
Todo é percusión céntrase sobretodo nos dous primeiros bloques:
“Interpretación e creación” e “Escoita”.
Preténdese así memo, desenvolver no alumnado as seguintes
competencias básicas:
- A competencia social e cidadá.
- A competencia cultural e artística.
- A competencia para aprender autonomía e iniciativa persoal.
Estratexia metodolóxica
Empregaráse no desenrolo da presente Unidade Didáctica unha
metodoloxía activa, sendo as persoas encargadas de levala a cabo có
alumnado meras mediadoras e coordinadores. O protagonismo absoluto
recae sobre o alumnado, sendo eles os que construirán o seu propio
coñecemento.
A continuación ofrécese unha serie de propostas didácticas acorde con esta
metodoloxía.
Actividades de aprendizaxe
Ofrecemos a continuación, unha serie de propostas didácticas,
enfocadas tanto ó mundo da percusión en xeral como ó espectáculo de
Todo é percusión en particular.
Algunhas das actividades propostas presentarán dous niveles de
dificultade. O nivel 1 está pensado para as ensinanzas de educación primaria
mentres que o nivel 2 está pensado para o secundaria. Non obstante,
poderase sempre empregar o nivel que se considere oportuno.
Todas as actividades propostas poden ser modificadas, ampliadas ou
reducidas en función das necesidades de cada centro, do tipo de alumnado
e do tempo destinado a esta actividade.
ACTIVIDADE 1 : COÑECER AS NORMAS DE ASISTENCIA A UN CONCERTO
Antes de asistir a un espectáculo de estas características débense
coñecer unha serie de normas básicas de comportamento.
Elaboraremos dúas listas. Baixo a cara feliz escribiremos as accións
que están permitidas durante un concerto e baixo a cara triste as
accións que poderían afectar a un bo desenvolvemento do
espectáculo.
ACTIVIDADE 2: OS NOMES PROPIOS DO ESPECTÁCULO. (Dous niveis de
dificultade)
Coñeceremos con esta actividade os nomes propios máis destacados
do espectáculo para que cando chegue o momento de asistir ó
concerto estemos familiarizados co nome dos compositores e dos
intérpretes que farán posible este espectáculo.
Nivel 1.
Atopa na seguinte sopa de letras estas palabras:
1.CASEY
2. JOHN
3. ED
4. CAGE
5. DUAS
6. ARGENZIANO
7. DRIADAS
8. REICH
9. CANGELOSI
10. STEVE
Relaciona cada nome co seu apelido.
J_ _ _ C _ _ _
C_ _ _ _ C_ _ _ _ _ _ _ _
E_ A_ _ _ _ _ _ _ _ _
S _ _ _ _ R_ _ _ _
Agora que xa coñecemos tódolos nomes ¿Podes unilos coa súa
imaxe correspondente?
(Xogo interactivo de quen é quen)
- Nivel 2.
Maior dificultade da sopa de letras.
Xogo interactivo con imaxes e vídeos de quen e quen .
Aproximación a algunha das obras máis destacadas dos
compositores anteriores.
ACTIVIDADE 3. OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
Os compositores da actividade 2 son compositores importantes para os
percusionistas. ¿Coñeces os instrumentos de percusión? Coa seguinte
actividade familiarizarémonos con algúns dos instrumentos máis
importantes desta familia.
- Dous niveis de dificultade relacionados coa identificación dos
instrumentos de percusión: Presentar debuxos de moitos
instrumentos para que coreen os de percusión. Nomealos.
ACTIVIDADE 4. OS INSTRUMENTOS EMPREGADOS NO ESPECTÁCULO TODO É
PERCUSIÓN.
Ademáis dos propios instrumentos de percusión, pódense empregar outros
obxectos para a producción de sons. A John Cage gustáballe esta idea , e
empregouna nalgunha das súas obras máis importantes como Living Room
Music.
En Todo é percusión, poderemos escoitar como soan algúns destes
obxectos sonoros convertidos en instrumentos de percusión.
- Encrucillado cos obxetos empregados como instrumentos de
percusión durante o espectáculo.
ACTIVIDADE 5. A CONSTRUÍR O NOSO PROPIO INSTRUMENTO DE
PERCUSIÓN.
¡¡¡ATENCIÓN!!! As intérpretes de Duas teñen unha petición especial.
Queren que levedes o voso propio instrumento ó espectáculo para poder
tocar con elas.
As persoas encargadas de levar a cabo a unidade didáctica realizarán este
obradoiro creativo co alumnado, facilitando as bases para a construcción
dos instrumentos que logo os alumnos deberán levar o día do concerto para
complementar a actividade cunha segunda parte o día do espectáculo.
Os instrumentos que podemos construír son tambores, maracas,
castañolas…
ACTIVIDADE 6: PERCUSIÓN CORPORAL
O corpo é un bo instrumento de percusión mediante o cal podemos
producir diferentes sons, en función das partes do corpo que percutamos e
da intensidade do golpe.
Acompañaremos as bases de percusión creadas con texto inventado polos
alumnos, co fin de coordinar a expresión corporal e da lingua.
Imaxes do espectáculo
Enlaces de interés
• INTÉPRETES E COMPOSITORES
http://www.caseycangelosi.com/perc.htm
http://www.stevereich.com/
http://johncage.org/
https://www.facebook.com/Duas-168785536808657/?fref=ts
www.asdriadas.blogspot.com
• VÍDEOS DAS OBRAS MUSICAIS EMPREGADAS NO ESPECTÁCULO o
Theatric Nº1 – Casey Cangelosi
https://www.youtube.com/watch?v=_kG7bmuMnoE
o Stinking Garbage – Ed Argenziano
https://www.youtube.com/watch?v=kpirlQY89Xg
o Living Room Music – Jonh Cage
https://www.youtube.com/watch?v=soHjrfr1Yvw
o Clapping music – Steve Reich
https://www.youtube.com/watch?v=hH1j06bMHDQ
o Music for pieces of Wood – Steve Reich
https://www.youtube.com/watch?v=Mv_8UaP_QRI
• LINK DO ESPECTÁCULO COMPLETO
https://www.youtube.com/watch?v=LU4WkmAcMXk