Historia

Post on 09-Aug-2015

33 views 1 download

Transcript of Historia

A Historia é a ciencia que nos explica quen eran, como vivían e que fixeron as persoas no pasado.

Homínidos

PERIODOS DE TEMPO

• Un lustro 5 anos• Unha década 10 anos• Un século 100 anos• Un milenio 1.000 anosOs séculos escríbense con números romanos.

Agora mesmo estamos no século XXI. Colón descubriu América no século XV e o primerio astronauta chegou á Lúa no século XX.

Para medir os anos tomamos como referencia o nacemento de Xesucristo. Ese sería o ano 1. Agora estamos no ano 2015 despois do nacemento de Cristo ou 2015 despois de Cristo. En abreviatura sería 2015 d.C ou simplemente 2015. Para anos anteriores ao nacemento de Cristo usamos a abreviatura a.C que significa antes de Cristo. Así podemos dicir que a gran pirámide de Keops foi construída no ano 2550 antes de Cristo ou no 2550 a. C.

Pirámide de Keops 2550 a. C.Torre Eiffel 1889 d. C.

Vocabulario

• Historiador: persoas que investigan o noso pasado

• Arqueólogo: estuda os restos materiais do pasado que normalmente están enterrados: cerámica, armas, esculturas e outros obxectos.

• Xacemento: O lugar onde están enterrados os restos doutra época.

• Paleontólogo: estuda os restos de seres vivos do pasado.

Fontes da HistoriaSon os restos que quedaron do pasado. • Fontes escritas: moedas, cartas, inscripcións,

libros, mapas…• Fontes non escritaso Fontes orais: canción, historia, entrevista,

discurso…o Fontes gráficas: fotografía, pintura, dibuxoso Fontes materiais: armas, ferramentas, edificios…

ETAPAS DE LA HISTORIA