Post on 29-Mar-2016
description
Aí van algunhas propostas de lectura para este mes de setembro!
SETE CASA EN FRANCIA BERNARDO ATXAGA
Chrysostome Liège asinou o contrato para servir na Force Publique do rei Leopoldo a comezos de 1903, e chegou ao seu destino no Congo en agosto do mesmo ano tras viaxar en paquebote de Anveres a Matadi, despois en tren até Léopoldville, e logo ao final nun pequeno vapor, o Princesse Clémentine, deica o destacamento militar de Yangambi
NACER - Animais extraordinarios XULIO GUTIÉRREZ / NICOLÁS FERNÁNDEZ
Neste libro descríbese a forma asombrosa en que se reproducen e coidan as súas crías doce especies de animais. Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comenza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un.
GRISELA ANKE DE VRIES / WILLEMIEN MIN
Un día, Grisela atopouse moi triste, tan triste coma o seu pelame gris.«Teño que facer algo», pensou.Colleu un bote de pintura vermella e dixo:-Se me pinto dunha cor alegre, seguro que me poño contenta
COMO FACER UN CÓMIC LEWIS TRONDHEIM / SERGIO GARCÍA
Lewis Trondheim e Sergio García alíanse neste álbum para explicarlles aos lectores as claves da Novena Arte: como construir unha páxina, a composición das viñetas e a súa función narrativa, os tipos de planos, a descomposición do movemento, ...
O CORAZÓN DO NEGROR JOSEPH CONRAD
...Figuras negras encrequenadas, deitadas, sentadas entre as árbores contra o apoio dos troncos, aferrándose á terra, despuntando dela a medias, medio borradas no luscofusco, en todas as actitudes posibles da dor, do abandono e da desesperación...