Post on 03-Jul-2015
Fixemos fermosas pombas
que nos lembrarán no
carballo da entrada
os nosos desexos de PAZ
Aprendemos con Branca, da escola de xordos como podemos vencer as BARREIRAS DE COMUNICACIÓN
Non fala, pero contounos un SIGNA CONTO, coa linguaxe de
signos.
O conto de “COCO E A LÚA”, a historia dun crocodilo que
un día roubou a lúa.
Ensinounos a falar con signos
E aprendemos moi ben.
Vimos a historia de Pedro, un neno xordo que loitaba
co xigante das barreiras de comunicación.
Para os maiores houbo unha charla de concienciación para aprender moitas cousas sobre as persoas xordas, as súas necesidades especiais e como podemos axudalas.
Gustounos tanto que ben que lle aplaudimos
E había que rematar con festa rachada, cantando e bailando todos “O patio do meu cole”