Post on 05-Aug-2020
Memoria Erasmus+
Finlandia
Llara Mejuto Mosteiro
Curso: 2017-2018
Datos da profesora participante:
Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro
Ciclo no que imparte clase: Educación infantil
Módulos impartidos: O xogo infantil e a súa metodoloxía e Autonomía persoal e saúde
infantil.
Curso académico: 2017-2018
Datos do centro:
Nome: CIFP Ánxel Casal – Monte Alto
Enderezo: Paseo marítimo, 47. A Coruña, 15002
Coordinadora de programas internacionais: Cristina Vázquez Fernández
Datos do centro de acollida:
Nome: Luksia
Enderezo: LOHJA: Toivonkatu 4, 08100 Lohja
NUMMELA: Ojakkalantie 2, 03100
Coordinadora de programas internacionais: Riikka Suhonen
Obxectivos da mobilidade:
• Intercambiar experiencias profesionais no campo da educación infantil, que nos
permita innovar no noso ámbito de traballo.
• Actualizar e aprender novos coñecementos teórico prácticos relacionados coa
organización de espazos educativos, relación coas familias, así como adquirir
novas competencias profesionais.
• Coñecer os proxectos pedagóxicos e a organización dalgúns dos servizos
educativos da educación finesa.
• Profundar e reflexionar a través da discusión e confrontación de diferentes puntos
de vista, sobre as características dos diferentes modelos educativos.
Temporalización e desenvolvemento das actividades:
A mobilidade levouse a cabo ao longo de 5 días no mes de maio, dende o 21 ata o 25 de
maio de 2018.
Día 21/05/2018
O primeiro día tivemos unha reunión no centro de Luksia en Lohja coa coordinadora de
programas internacionais, Rikka. Coñecemos as instalacións do centro educativo e a
parte do equipo de profesorado que alí traballa, cos que puidemos intercambiar puntos de
vista sobre o modelo educativo finés e español.
Despois Rikka amosounos unha presentación sobre a sociedade e educación finesa, e
seguimos a profundizar no coñecemento deste país.
Ao final da mañá achegámonos á escola infantil “Ojaniittu Kindergarten” onde ademais de
coñecer os espazos e as educadoras que traballan alí, tivemos unha alumna galega que
estaba a desenvolver a súa FCT do ciclo de educación infantil na escola. Foi ela e a
subdirectora da escola que nos puxeron ao día sobre o funcionamento da escola e
resolveron as nosas dúbidas.
Día 22/05/2018
O alumnado do ciclo de turismo organizounos unha visita a mina do pobo e agasallounos
cunha barbacoa no lago.
Compartimos a xornada con outros profesores/as e alumnos/as que estaban de Erasmus,
cos que tamén intercambiamos opinións e ideas sobre educación.
Visitamos a parte da mina que hoxe en día é un museo, e sorprendeunos o ben
preparada que estaba para recibir aos nenos/as de todas as etapas educativas (con
xogos, zonas de descanso, exposicións de artistas locais...), e tamén perfectamente
adaptada para persoas con diversidade funcional.
Día 23/05/2018
Pasamos a xornada na escola infantil OJANITTUTALO, coas educadoras e os nenos/as
de 0 a 3 anos.
Compartimos con eles/as toda a xornada, observando momentos claves no día a día
como son a comida, o descanso, os momentos de hixiene e o xogo.
Tamén mantivemos ao longo da mañá diversas conversas coas distintas educadoras coa
finalidade de profundar máis no coñecemento desta etapa educativa, resolver dúbidas e
intercambiar puntos de vista.
Día 24/05/2018
A primeira parte da xornada visitamos unha escola no bosque en Nummela. Coñecemos o
desenvolvemento dunha xornada en plena natureza, os recursos que empregan, as
actividades que desenvolven,...
Intercambiamos impresións tanto coas educadoras como cos nenos e as nenas.
Despois visitamos ao alumnado e profesorado do ciclo de educación infantil.
Presentámonos, presentamos o noso centro e a nosa cidade. Comparamos materias e
organización do centro e das clases, recursos e materiais. Intercambiamos opinións e
propostas de mellora. Intercambiamos cancións e xogos.
Día 25/05/2018
Volvemos pasar a xornada na escola infantil OJANITTUTALO. E aproveitando un tempo
totalmente atípico nesta época en Finlandia, fumos dar un paseo polo bosque cos máis
cativos/as da escola.
Sinalar que foi unha experiencia, tanto de aprendizaxe a nivel persoal como profesional,
moi gratificante. Tivemos unha acollida excepcional, grandes profesionais que nos
axudaron moito a coñecer de primeira man e a profundar no funcionamento do sistema
educativo finés. Sen dúbida unhas aprendizaxes que terán a súa repercusión no día a día
da aula no vindeiro curso 2018-2019.