Post on 30-Mar-2016
description
1
C.E.I.P. Fontes-Baíña
2010 - 2011
2
Onde vivimos?
Nós vivimos en: Baredo, Baíña e uns
poucos en Baiona.
3
Parroquias do concello
O Concello de Baiona ten cinco parroquias: Baiona,
Baredo, Baíña, Sabarís e Belesar. Delas, catro son
costeiras e Belesar é de interior e polo tanto máis
agrícola. O noso colexio está situada na de Baíña e a el
acode o alumnado de Baíña e Baredo.
COLEXIO
4
Baiona
Baiona é unha vila costeira,mariñeira e turística,que
está situada o Noroeste de Galicia,ó sur da Ría de Vigo e
bañada polo Océano Atlántico.
O longo da historia a nosa vila recibiu os nomes de:
Stuciana,Abóbriga,Balcagia,Erizana e Baiona
O concello ten unha extensión aproximada de 35
quilómetros cadrados, cunha población de 12.000
habitantes, que no verán pode chegar a triplicarse.
5
Sabarís
Sabarís é a primeira das parroquias de Baiona que
nos atopamos unha vez atravesada a ponte de Ramallosa
(Nigrán).É aquí onde comeza o concello de Baiona.
Está unida a Baiona, coa que comparte a praia da
Ladeira, onde atopamos dous campings.
Ten o seu propio colexio de Primaria e un centro de
infantil.
6
Belesar
Belesar é a parroquia máis grande de Baiona.Os
nenos e nenas de esa parroquia non veñen ao noso
centro,pero si teñen o seu propio .
Está situada encima de Sabarís . Belesar é a única
parroquia que non ten mar, por eso mesmo moita xente
compaxina a agricultura con outros traballos en Vigo.
7
Baíña
Baíña é unha parroquia do concello de Baiona .
Atópase despois de Sabarís subindo cara o Cortelliño . É
costeira .
Nela están os lugares de :
Fontes
Baíña
Admirante Fontán
Burgo
O noso colexio está no lugar de Fontes.
8
Baredo
É outra das parroquias de Baiona . Para chegar a
Baredo debemos pasar Baiona en dirección A Garda Nada
máis saír de Baiona , á esquerda está Baredo.
Os de Baredo adícanse á agricultura e a pesca .Os
seus nenos e nenas van ao colexío de Fontes .
9
Percorrido por Baiona
10
Fortaleza Monterreal
Recinto amurallado de 3 km , antigamente chamado
Monte Boi .
Foi construida no seculo XVI e conserva 3 torres . Na
entrada principal atópase o parque da Palma , á dereita
as praias Ribeira e Barbeira por detrás temos unha
panorámica da baía de Baiona con praia América e
Panxón ao fondo e na esquerda as praias dos Frailes e a
Concheira.
11
Martín Alonso Pinzón
Pinzón chega coa carabela a Baiona o 1 de Marzo de
1.493 . A súa estatua está situada na Palma.
A Palma encóntrase separando dúas praias , a da
Concheira , e a da Ribeira . Antigamente eran terras que
pertenecían ó Castelo de Monterreal . Asi estivo , ata que
no século XX a familia de don Angel Bedriñana mercouna
e máis tarde douna ó pobo de Baiona , como lugar de
ocio e tendal de redes .
Na actualidade é un parque no que atopamos zonas
deportivas , de paseo e espallamento.
12
Monumento
“ Encontro entre dous mundos “
Erguido o pé da muralla do Monte Boi preto do lugar
onde foi enterrado o primeiro indixena.
Inagurado o 1 de Marzo de 1.993 polo príncipe de
Asturias co gallo da celebración do V centenario da
Arribada da Carabela Pinta a Baiona. Obra do escultor
Magín Picallo.
No interior da bola foron depositadas terras
procedentes de diferentes paises Iberoamericanos.
13
Pozo da Aguada
O pozo da aguada está situado no paseo da Ribeira,
a escasos metros do lugar onde arribou a Carabela Pinta.
Segundo a tradición , aquí abasteceuse de auga
potable a Carabela antes de partir cara Palos da
Fronteira na segunda semana de Marzo de 1.493.
14
Virxe da Rocha
Dende o Paseo da Palma podemos observar, no alto
de San Roque, a Virxe da Rocha .
Mide 15 metros de altura e está a 100 metros sobre
o nivel do mar. O interior do monumento contén unha
escaleira de caracol de 45 chanzos que permiten subir ó
barco que sostén a súa man dereita. É obra do arquitecto
porriñés Antonio Palacios e as súas mans e cara son obra
do escultor valenciano Mariano Benlliure.
Foi construída entre 1910 e 1930.
15
Carabela Pinta
Situada no medio da baía , a que se accede a través
dun pantalán . A Carabela chegou a Baiona o 1 de marzo
de 1.993 e deu a noticia do descubrimento dun novo
mundo . O seu capitán foi Martín Alonso Pinzón .
Esta é unha réplica da que viaxou a Ámérica e hoxe
en día está convertida en Museo.
16
Monolito da Arribada
Erguido na Praza de Castro (antigamente Praza da
Froita), inagurado 0 22 de marzo de 1.965. Consiste
nunca gran pedra de 5 metros de altura, 2 metros de
diámetro e un peso de 20.000 kilogramos.
Na súa parte frontal figura unha carabela tallada polo
baionés Ángel Fernández.
17
Pazo de Mendoza
Vemos a posición do Monolito da Arribada , explicado
na páxina anterior, está situado na Praza de Castro, ao
lado do Pazo de Mendoza edificio coñecido de Baiona
que, hai anos foi unha tenda de roupa , na actualidade
é un hotel.
18
Cruceiro da Santísima Trinidade
Chámase así por encontrarse na barriada de ese
nome, antiga calzada romana, (entrada Real da Vila a
través da Porta da Vila.
Consta dunha grande cruz gótica do século XV,
cuberta por un templere de estilo renacentista,cunha
altura de 8 metros.Ten,a 1 metro do solo, unha
lousa que servía para celebrar misa nos tempos da
peste.
Como tódolos cruceiros está feito de pedra, pero
pola súa forma, é un cruceiro único en Galicia ( cruz
+ templete) e segundo Castelao na súa obra “As
cruces de pedra na Galiza “ é un dos principias
cruceiros.
19
Casa do Concello
A casa de Lorenzo Correa ou casa Correa é o edificio
civil máis notable de Baiona e foi construído no ano 1.759
por o propio Lorenzo Correa.
Este edificio foi adquirido polo concello según acordo
do 3 de novembro de 1.942.Ocupa 630 metros cadrados,
repartidos en dous andares.No andar baixo están as
dependencias da policía local, vías e obras, calabozos e
recaudación.Na primeira planta, destaca a alcaldía, o
salón de plenos, e oficinas en xeral.
20
Casa da Cultura
A Casa da Cultura fai anos, foi un hospital e despóis
unha gardería de monxas.
Na actualidade adícase a distintas actividades
(conferencias, exposicións…) e nela está a Biblioteca
Municipal de Baiona.
Está situada na parte detrás do Concello,a súa
esquerda a Colexiata de Santa Liberata,e a súa dereita o
Casco Vello.
21
Igrexia Ex-Colexiata
Empezada a construir na segunda metade do século
XII, aínda que foi feita na súa maior parte no século XIV.
Estilo románico con formas góticas. Planta basilical
de cruz latina con tres naves.
Ten dúas torres, dous contrafortes e un gran rosetón
na súa fachada.
Está situada na praza, que lle da o nome, Santa
Liberata. Hoxe é a parroquia de Baiona.
22
O CORTELLIÑO
Subindo dende o colexio, en dirección ó Rosal, a
poucos quilómetros atopamos “O Cortelliño” . Aquí temos
un mirador cunhas boas vistas.
Vemos O Val MIñor (Nigrán, Gondomar e Baiona),
coa baía de Baiona e a Ría de Vigo ó fondo.
Nun día claro, seremos quen de ver varias rías
baixas.
23