Mortalidade

Post on 21-Jun-2015

441 views 4 download

Transcript of Mortalidade

MORTALIDADE

Sería o número de mortos producidos nunha determinada poboación nun período de tempo determinado

igual que a natalidade a mortalidade pódese

expresar a través dun índice

A evolución desta taxa en España é semellante á que se experimenta noutros países

europeos

Aínda que podemos constatar a existencia dun certo retraso, respecto a outros países, no inicio do descenso ( finais do século XIX )

e está caracterizada por un retroceso constante e

sostido,

e momentos moi puntuais de aumento da mortalidade

Esta tendencia xeral parece cambiar nas

últimas décadas, observándose un certo

repunte da mortalidade

fenómeno directamente

relacionado co progresivo

avellentamento da

poboación española

A análise doutros indicadores demográficos relacionados coa mortalidade resulta tamén moi

expresivo

Os FACTORES que explican este descenso xeneralizado da mortalidade

Estarían relacionados cos avances producidos en España nas últimas décadas

Paralelamente á redución sistemática da mortalidade, constatamos tamén

unha modificación nas causas da morte en España

A mortalidade producida polas enfermidades infecto-contaxiosas, de natureza epidémica, practicamente desapareceu

incrementándose a morte producida polos novos hábitos de vida asociados ás sociedades desenvolvidas: enfermidades cardiovasculares, cancro, mortes por accidentes de circulación…

En canto á distribución xeográfica do índice de mortalidade

A redución da mortalidade sendo un fenómeno xeral a todas as rexións españolas, non é uniforme

Identifica as catros provincias coas taxas de mortalidades superiores e inferiores

Explica cales son os factores que condicionan estas diferencias

O maior/menor envellecemento da poboación, fenómeno intimamente asociado á desigual incidencia dos fenómenos migratorios, convértese no factor decisivo para explicar as disparidades na incidencia da mortalidade a nivel xeográfico

Analiza o contido desta noticia en

relación co estudiado sobre a mortalidade

en España