Post on 03-Jun-2020
Na historia Xesús faise presente. Barroco e Ilustración
O século das luces. A Ilustración
Século das luces, ilustración ou enciclopedismo (1.......), son términos para referirse a
un movemento dos séculos XVII e XVIII de tipo filosófico e cultural. O seu nacemento está
en Inglaterra, pero será en Francia onde atope o seu centro de difusión con representantes
coo Voltaire e Rousseau e a publicación da Enciclopedia (2) Busca información desta
obra representativa da Ilustración.
Características
Menospreza a cultura e forma de pensamento do Medievo. Busca unha cultura ilustrada,
máis científica, máis racional. A través da razón, a observación e a experiencia, vai elaborar
un concepto novo do mundo, da vida, do home, do seu comportamento social e da relixión.
É un corrente propia de intelectuais, de filósofos, pensadores, literatos e científicos, aínda
que van a intentar difundir esas ideas a todos os sectores sociais. Vanse aproveitar das
tertulias organizadas nas cafeterías, nos salóns da alta sociedade, para chegar ós
poderosos e políticos, e a través dos mestres nas escolas pretenden que acaden a amplos
sectores da sociedade.
División de poderes: teoría que establece que os diferentes poderes políticos (o executivo,
o xudicial e o lexislativo) .............. (3) Busca información desta división dos tres
poderes.
Con estas ideas,o ser humano observa a realidade desde a súa racionalidade. Hai que
preguntarse el porque das cousas. Nada debe escaparse ao filtro da razón. A razón é o
único instrumento para facer avanzar á sociedade, e a única forma de progreso.
Estas ideas levaban implícita a necesidade dunha serie de cambios sociais como, por
exemplo, poñer fin ós privilexios que formaban parte de determinados grupos sociais e
promover a igualdade.
Para levar a cabo esta labor, a burguesía vai provocar unha serie de revolucións nos
séculos XVIII e XIX das que a máis coñecida e importante é a Revolución francesa.
A relixión na Ilustración
A ilustración mira dun novo xeito a relixión e intenta quitarlle calquera resto de superstición.
A Historia da Igrexa examínase dun modo máis crítico, por exemplo: o pai Enrique Flórez
desmonta así numerosas devocións, tradicións e crenzas falsas e lendarias na súa España
sagrada (4) Busca información deste libro......, e o benedictino Benito Jerónimo Feijoo
fai algo moi parecido co que chama "erros comúns" co seu Teatro crítico universal (5) Cal
era o obxectivo desta obra?..............
Baixo a luz da razón os seglares realizan tamén as primeiras formulacións do deísmo
(6......) (Voltaire, Volney, Rousseau) e o ateísmo (Diderot, Holbach, A Mettrie) e esbózase
por primeira vez un certo comparatismo na historia das relixións, que aparece, por exemplo,
no relativismo de Voltaire
O libertinismo (7......) e o librepensamiento (8.....) esténdense. Pero o fundamental é un
laicismo que se vai instalando con forza cada vez maior nos gobernos de Europa como
unha consecuencia natural do Tratado de Westfalia (1648), que consagrou o fin do
cesaropapismo (9....).
Os monarcas católicos empezan a ver os beneficios económicos que reportan o regalismo e
as desamortizacións (10. En España iníciase en 1798 coa Desamortización de .....? )
para o estado: discútese o excesivo papel que tiñan as ordes relixiosas nas universidades e
a súa monopolio na educación xeral, que facía encauzasen os mellores talentos cara á
carreira eclesiástica no canto da as ciencias prácticas.
En 1759 o marqués de ...........(11), ministro do rei portugués José I de Portugal, expulsou
aos xesuítas, últimos defensores do cesaropapismo, no que lle seguiron a maioría dos
países europeos (Francia, 1762; (12) España............en que ano?)
Nun século caracterizado pola soberanía da razón, o Ensaio sobre o entendemento humano
(1690) de John ............ (13) reclamaba probas dos dogmas relixiosos e entablou un
combate xeral contra o dogmatismo.
A Masonería moderna
Á luz das novas correntes ilustradas vai cobrar forza ou renacer unha organización cuxos
orixes parecen estar nos gremios medievais. Trátase das logias masónicas. En realidade é
como un instrumento de difusión do pensamento ilustrado e do deísmo destas agrupacións
das que formaban parte as elites económicas e intelectuais. De carácter secreto, os seus
membros agrupábase en logias e van a loitar por un racionalismo e polo rechazo da relixión
e da súa influencia nas persoas.
(14) Cales son os símbolos da Masonería? O motivo destes símbolos?......
(15) Como naceu a masonería e cales son as súas características fundamentais?.......
.................................................................................
ENTREGA DA ACTIVIDADE 5
Actividade 5_ 4 ESO
Nome e Apelidos do alumno/a
● Sí é un documento word/writer: Actividade 5_Víctor P
● Si enviades fotos (numeradas por orde): (Exemplo: 1_A 5_Víctor P)