Post on 25-May-2015
novas da xustiza
Número 1023 Edita: CCOO de Xustiza 8 de abr i l de 2014
Mobilizacións
8 de abril: Concentracións
contra a LOPX
O pasado venres 5 de abril o Consello de
Ministros aprobou a sentenza de morte para
miles de empregados públicos e para o
servizo público da Xustiza
Páxina 2
Paga Extra
CCOO logra en Valencia a recuperación
da extra de 2012 para os funcionarios de
xustiza
Dende o sector de xustiza de CCOO instamos á Dirección Xeral de
Xustiza a que abone de oficio á paga extraordinaria substraída
ilegalmente en decembro de 2012 e evite así os inxentes gastos que
para as arcas públicas que supón litigar e máis, cando xa hai
sentenzas noutros territorios que nos dan a razón
Páxina 7
Xustiza áxi l e ef icaz
CCOO demanda da DXX unha solución ao
transporte de expedientes en carriños de
supermercado, as quendas e os arquivos
Cando falamos do Pacto para a Xustiza do ano 2001, onde se
deu o pistoletazo de saída para a Nova oficina xudicial, da que,
13 anos despois, aínda non temos noticias en Galicia, falábase
da modernización da xustiza. Carros de supermercado para
transportar expedientes non casa moito cunha xustiza eficaz,
áxil e moderna.
2 Novas da Xustiza
Editorial
Concurso de traslado 2014.
Relación definitiva de
vacantes de Galicia
O sector de Xustiza de CCOO considera as 28 prazas unha relación paupérrima, 20 de
Xestión, 6 de tramitación e 2 de auxilio, que
nin cubre as necesidades dos Xulgados, nin
se axusta a realidade pola amortización de
prazas decretada en maio de 2012, ademais
de anular as esperanzas de decenas de
compañeiros e compañeiras
Páxina 11
Publicado na nosa páxina web
Outras novas
El Gobierno pretende aprobar una Oferta Pública de Empleo escandalosa
3 Novas da Xustiza
Mobilizacións
8 de abril: Concentracións contra o anteproxecto da
LOPX
Gallardón minte na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros
asegurando que non desaparecerán os Xulgados de Paz e cando asevera que os
Tribunais provinciais de Instancia non suporán a eliminación de sedes Xudiciais.
A reforma da LOPX decreta a mobilidade xeográfica e funcional forzosa, ao
establecer como centro de destino o conxunto de servizos comúns e unidades
de apoio directo que radiquen na mesma provincia.
Para CCOO non se garante o mantemento de todos os postos de traballo
e anunciamos un durísimo proceso de negociación e mobilización se o
Goberno non asegura o emprego, as retribucións e a non existencia de
procesos de mobilidade xeográfica forzosa. Esta reforma tamén atenta aos
dereitos cidadás. Principais aspectos da reforma
Desaparición das Audiencias Provinciais: As súas competencias actuais en
1ª Instancia pasarán aos Tribunais Provinciais de Instancia e os recursos aos
TSX
Creación dos Tribunais Provinciais de Instancia: Asumirán ademais todas
as competencias actuais dos Xulgados e o seu ámbito territorial será provincial,
desaparecendo os partidos xudiciais e, por tanto, decenas de órganos xudiciais
Desaparición dos Xulgados de Paz: a presión cidadá e sindical contra estas
propostas que xa estaban contidas no documento elaborado pola “comisión de
expertos” que serviu de base a este anteproxecto de lei, obrigou ao ministro
Gallardón a maquillar o texto presentado, e non tivo reparos en mentir á
cidadanía, asegurando que “desaparecerán os xuíces de paz pero non os
xulgados de paz” cando no anteproxecto se contempla non só o seu peche
definitivo, senón tamén un período transitorio para o persoal destinado nos
Xulgados de Paz ata a entrada en vigor desta Lei e o persoal ao servizo da
Administración de Xustiza que preste servizos nos Xulgados de Paz quedará
4 Novas da Xustiza
adscrito ao Servizo Común de Notificacións e Embargos con sede na que fora
ata o de agora cabeceira do partido xudicial do que dependese, ou constituirase
se non o houbera, aínda que poderán constituírse unidades desprazadas do
Servizo Común de Notificacións e Embargos naquelas localidades nas que sexa
necesario en atención á poboación e o traballo existente, previa decisión da
Administración competente”
Gallardón suprime as garantías actuáis do centro de traballo e establece como
centro de destino a provincia: a administración poderá imponer a
mobilidade xeográfica e funcional dentro da provincia, pois se accederá nas RPT
a un servizo común ou a una unidade de apoio directo de ámbito provincial.
Ninguén estará xa destinado nun centro de traballo concreto: “la idea -de los
Tribunales Provinciales de Instancia- (…) permitirá ganar flexibilidad y
maximizar los recursos existentes (…) reasignando efectivos dentro del mismo
órgano judicial -recordemos de ámbito provincial- para hacer frente a
necesidades cambiantes del servicio público de la Justicia. (…) sin necesidad de
crear o suprimir órganos judiciales ni alterar la planta existente.
Privatización dos actos de comunicación e execución.- O texto
presentado recolle literalmente que “los Procuradores podrán realizar los actos
procesales de comunicación judicial, embargos y ejecución, a excepción de los
lanzamientos, así como otras tareas de auxilio y cooperación con los
Tribunales”, o que ademáis de suponer un inaceptable coste adicional á
cidadanía, pon en perigo tamén centenares de postos de traballo do persoal de
xustiza que na actualidade realizan esas actuacións..
Nesta mesma liña e en relación coa supresión dos xulgados de fóra das capitais
de provincia derivada da implantación dos Tribunais Provinciais de Instancia, o
texto presentado polo ministro recolle:
“Asimismo, en la Ley de Demarcación y Planta Judicial podrán establecerse sedes desplazadas de
todas o alguna de las Salas de los Tribunales Provinciales de Instancia en aquellas localidades y
municipios del territorio provincial en los que, a la entrada en vigor de la presente Ley, estuvieran
radicadas sedes judiciales distintas de los Juzgados de Paz, en atención a la valoración conjunta de
las siguientes circunstancias:
1ª. Volumen y dispersión de la población en el territorio provincial.
2ª. Relevancia de la carga de trabajo de los órganos jurisdiccionales existentes, según los módulos establecidos conforme a las determinaciones de la LOPJ.
3ª. Distancia de la sede desplazada a la capital de la provincia.
4ª. Tiempo de desplazamiento en transporte público desde la sede desplazada a la capital de la provincia.
5 Novas da Xustiza
5ª. Carácter uniprovincial de la Comunidad Autónoma.
6ª.Especiales características orográficas o geográficas del territorio provincial y, singularmente, las que dificulten los desplazamientos a la capital de la provincia.
7ª. Insularidad del territorio provincial.
8ª. Existencia, estado y posibilidad de aprovechamiento de edificios e infraestructuras judiciales existentes en la sede desplazada.
9ª. Posibilidad de amortización y de recuperación de las inversiones efectuadas en los edificios e infraestructuras judiciales de la sede desplazada.”
Este texto, repetimos foi froito da presión cidadá e sindical contraria ao peche
dos xulgados de fóra das capitais de provincia, pero non garante en absoluto, o
mantemento de todas as sedes xudiciais actuáis e, moito menos, dos postos de
traballo alí existentes. Por un lado, o mantemento ou non destas sedes terá
que ser aprobado na futura Lei de Demarcación e Pranta, que tamén se
decidirá nas Cortes Generales a proposta do Goberno, da que non temos máis
novas que o acordado polo comité de expertos. Por outra parte, queda claro
que estas sedes desprazadas dos tribunais provinciais só se implantarán nas
pocas actuáis que cumpran os requisitos expresados de forma conxunta e, polo
tanto, outras moitas sedes quedarán definitivamente pechadas e os seus
traballadores despedidos (no caso do persoal interino) ou trasladados de
localidade no caso do persoal de carreira, ao igual que pasará nos xulgados de
paz.
CCOO quere denunciar que o Ministerio de Xustiza aproveita una vez máis para
intentar colar pola porta de atrás e sen previo aviso importantes modificacións
non noso estatuto profesional, por exemplo a redución da promoción interna do
cupo do 50% ao 30%.
O Sector de Xustiza de CCOO, dado que a Xunta de Galicia ten o mandado
na Disposición Transitoria Décima do anteproxecto, de implantar a Nova Oficina
Xudicial, esixe a apertura dunha negociación, e que dende a Dirección Xeral se
defendan todos os postos de traballo existentes e todas as sedes xudiciais,
dada a situación peculiar de Galicia, con dispersión poboacional e xulgados
colapsados, e que se poña freo a unha sangría que ameaza con dilapidar a
Xustiza como servizo público, deixando o campo aberto á corrupción e a xustiza
de doble vía, impune para grandes fortunas e intereses financieiros, afastada e
encarecida para o cidadán de a pé
PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS!!!
6 Novas da Xustiza
Santiago
Ourense
Ferrol
A Coruña
7 Novas da Xustiza
CCOO consigue sentenzas que
obrigan á devolución íntegra de
decembro de 2012 Estas sentenzas favorables á devolución íntegra da paga extra, roubada en decembro de 2012
polo Goberno, únense ás dúas anteriores ditadas polos Xulgados do Contencioso de Sevilla e
Girona, o que permite asegurar que pouco a pouco máis sentenzas deste tipo irán lográndose
nos restantes ámbitos territoriais, o que permitirá realizar, segundo vaian ditándose, a
extensión de efectos a todos os traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza de
toda España, se o Ministerio de Xustiza e as CCAA se negan a aboar de oficio a todo o persoal
da Administración de Xustiza a paga extra íntegra.
O Xulgado do Contencioso Administrativo nº8 de Valencia notificou as primeiras sentenzas
nesa Comunidade Autónoma, recoñecendo o dereito a percepción íntegra da paga extra
correspondente ao mes de decembro de 2012. Ademais da lograda polos servizos xurídicos de
CCII, notificouse xa outra sentenza co mesmo contenido e agárdanse máis no mesmo sentido.
Nos fundamentos xurídicos da sentenza, entre outros, recoñécese a ilegalidade da aplicación
con carácter retroactivo do recorte da extra e o dereito á percepción íntegra por parte do noso
colectivo, ao terse modificado a Lei Orgánica de Poder Xudicial para poder suprimila o 28 de
decembro de 2012, cando xa devengáramos de forma íntegra dita paga. Esta sentenza permite
que todas e todos os funcionarios de xustiza da provincia de Valencia podan solicitar a
correspondente extendión de efectos das mesmas. O prazo para solicitar a extensión de
efectos é dun ano. En Galicia, CCOO ten interpostas xa as reclamacións da paga extra, e
agardamos que consonte as sentenzas de Valencia, Girona e Sevilla, se fallen favorablemente
e podamos recuperar o que lexitimamente nos pertence.
Dende o sector de xustiza de CCOO instamos á Dirección Xeral de Xustiza a que
abone de oficio á paga extraordinaria substraída ilegalmente en decembro de 2012 e
evite así os inxentes gastos que para as arcas públicas que supón litigar e máis,
cando xa hai sentenzas noutros territorios que nos dan a razón, co que pode
considerarse que senón se paga de oficio existe mala fe procesual, dilapidación de
recursos públicos e ánimo dilatorio no que, antes ou despois, teñen que devolver por
ter roubado o que por lei nos corresponde.
Paga Extra
8 Novas da Xustiza
Xustiza moderna, áxi l ef icaz
CCOO demanda da DXX unha solución ao transporte de
expedientes en carriños de supermercado, as quendas e os
arquivos
En asemblea de traballadores, sobre os problemas do auxilio xudicial, tratouse o tema
do traslado de expedientes, cunha alta participación. A orde do día era o traslado de
expedientes, arquivos e expurgos e quendas. Pese a ampla participación as opinións
foron unánimes. Esa xustiza áxil, moderna e eficaz que nos están a vender non é máis
que unha entelequia: a realidade é ben distinta, pese aos flamantes anuncios
mediáticos, e pese aos intentos de varrer baixo a alfombra o que non se quere ver, o
certo é que os medios materiais e persoais da xustiza son precarios, o que obriga aos
funcionarios a exercer non só de axentes que notifican, fan sala, emplazan etc, senón
tamén a facer de sherpas, arquiveiros ou o que os seus superiores traten de impoñer,
nunha sorte de navalla suiza da xustiza, que corta a cochambre a forza de
voluntarismo.
Os acordos adoptados en dita asemblea foron:
Traslado de expedientes
A solución ao traslado de expedientes non pasa por un carro eléctrico ou por unhas
tarxetas magnéticas que, por certo, despois de anos de loita, tan só foron outorgadas
coa xustificación de agochar esa miseria de carriños da compra baixo o pretexto de
invisibilizarnos fronte á prensa ou o público ao evitar a entrada pola porta principal dos
xulgados.
A solución é unha reorganización do traballo, xa que o 90% dos centos de kilos de
papel que se trasladan cada día son vistos, un simple selo e unha sinatura.
A falta de vontade das institucións debe ser forzada por nós a través de dúas vías, a
institucional e as mobilizacións. En canto a vía institucional faremos chegar á Dirección
Xeral unha recollida de sinaturas opoñéndonos a calquera solución que non pase por
unha reorganización do traballo e ao cumprimento da legalidade (protección de datos,
9 Novas da Xustiza
prevención de risco, deber de custodia documental) así como recorrer á inspección de
traballo para comprobar os flagrantes incumprimentos da lexislación, todo por manter
as castas aristocráticas no mundo da xustiza. Na pasada semana mantivemos unha
reunión co Fiscal Xefe da Audiencia Provincial, quen negouse rotundamente a unha
reorganización do traballo, no sentido de que sexan os Fiscais os que se despracen aos
xulgados e non os papeis a súa mesa, o que concorda cunha concepción clasista da
Xustiza. No entanto acordamos conxuntamente solicitar un reforzo de tramitación, que
sexa quen dividir o traballo entre os meros vistos e os asuntos que merecen informe.
Non é unha solución definitiva para nós, pero aliviaría a sobrecarga física do traballo.
Arquivos e expurgo
O raquítico cadro de persoal laboral pretende ser suplantado atribuíndo as funcións de
arquivo que lle correspondería ao corpo de auxilio coa connivencia da administración.
Esiximos unha solución e negámonos rotundamente a asumir funcións que non nos
corresponden, froito dos recortes e a neglixencia da administración. Debe aumentarse a
plantilla do persoal laboral e non asumir pola vía dos feitos funcións que non nos
corresponden, demandamos unha ampliación de espazos de arquivo, ocupando as
zonas de aparcadoiro subterráneo de xuíces e secretarios que sexan precisas para
solucionar un problema inaprazable, e que están a provocar “carreiras” por baixar
expedientes ante o pírrico espazo de que dispón o arquivo. Asimesmo, negámonos de
plano a efectuar o expurgo, como está a acontecer no TSX, onde por enriba do traballo
habitual, dentro da xornada e sen remuneración, os funcionarios vense obrigados a
efectuar o expurgo, e demandamos persoal de reforzo itinerante e específico para
exercer esa labor.
Quendas
O oscurantismo, a falta de rigor e control por parte da administración, e a
indiscriminada atribución de funcións por un día, veñen a demostrar que as quendas
fracasaron. Polo tanto, nesta asemblea, acordouse por unanimidade pedir a eliminación
das mesmas e a creación de dúas prazas de auxilio xudicial no servizo común do
decanato, cos créditos das prazas amortizadas na Audiencia Provincial, adicadas en
exclusiva a cumprir esa función.
En tanto esta modificación non ocurra esiximos que as quendas sexan públicas no
OPAX, accesible a todos para saber qué funcionarios están na quincena correspondente
e que se modifique a orde de substitucións pola vía de urxencia, de xeito que non se
abonen 100 euros por quincena, senón que se retribúan polas quendas efectivamente
realizadas.
10 Novas da Xustiza
Para todas estas reivindicacións, orientadas a dignificar o noso traballo, contamos co
apoio de todos os funcionarios e funcionarias, e iniciamos unha campaña de
mobilizacións, ata que o sentido común, que é do que se trata, se impoña sobre as
medidas improvisadas ou o “tirar palante” só mudado, ao parecer, a golpe de titulares
de prensa incómodos. Demandamos un análise rigoroso, e para iso, invitamos á
Dirección Xeral, na persoa de Juan José Martín, Director Xeral, a visitar os xulgados “a
pé de obra” e participar nunha asemblea, non cos grandes xefes baixo escolta policial e
nunha neboa de flashes e sorrisos, senón con nós, os funcionarios e funcionarias, que
somos a fin de contas os que sustentan a xustiza, sabemos dos seus problemas e as
súas necesidades, máis que eses que rara vez saen das catro paredes que conforman
os seus despachos. En tanto as reivindicacións, xustas e lexítimas non sexan atendidas,
os funcionarios non cesaremos nas mobilizacións sostidas e crecentes para un mellor
servizo e unha xustiza áxil, eficaz e moderna pero real, como prometía o papel que todo
o aguanta, como a Carta de dereitos do cidadán ante a Xustiza, puro fume que se dilúe
sobre rodas en toneladas de papel entre xulgado e fiscalías.
11 Novas da Xustiza
Concurso de traslado
Concurso de traslado 2014. Relación definitiva
de vacantes de Galicia
A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitirnos a relación definitiva de vacantes de Galicia para
o concurso de traslado de 2014, que podedes consultar premendo aquí
O sector de Xustiza de CCOO considera as 28 prazas unha relación paupérrima, 20 de Xestión,
6 de tramitación e 2 de auxilio, que nin cubre as necesidades dos Xulgados, nin se axusta a
realidade pola amortización de prazas decretada en maio de 2012, ademais de anular as
esperanzas de decenas de compañeiros e compañeiras, condenados á mobilidade exterior, ou
o que é o mesmo, a non poder conciliar a súa vida familiar e laboral como consecuencia da
redución dos cadros de persoal decretada unilateralmente pola Xunta de Galicia. Dende CCOO,
reiteramos as nosas reivindicacións:
1.- A derogación dos plans de amortizacións do 5% do cadro de persoal, que bloquea resultas
nas Audiencias, Xulgados de Contencioso, Xulgados de Paz, Xulgados de Instrución e anula de
facto o concurso de traslado
2.- A creación de prazas dos servizos de apoio coas que xa foron amortizadas dende o ano
2012
3.- A consolidación dos reforzos estruturais, é dicir, dos de máis de dous anos de duración que
xa poden ser considerados necesidades dos diferentes órganos, consolidándoos como plantilla
e ofertándo esas prazas no concurso de traslado.
4.- A negociación dunha nova orde de substitucións, que permita acceder ás mesmas aos
funcionarios que están destinados fóra da nosa Comunidade Autónoma.
12 Novas da Xustiza
Humor
Por Luis Davila
Novas da Xustiza
Edita
CCOO de Xustiza
Subscricións-Colaboracións
Se queres publicar un artigo ou un
comentario no boletín, se queres
realizar unha consulta ou unha
suxestión ou se queres recibir o
boletín remítenos un correo
electrónico a
sectorxustizaccoo@gmail.com
Síguenos en
www.ccooxustiza.com
google +