Post on 21-Jul-2015
www.ccooxustiza.com 1
Edición 1039 www.ccooxustiza.com 18 de novembro de 2014
Substitucións: seguimos dando a
matraca. Quendas ti ou quendo
eu?
No día de hoxe remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza co fin de que se abra mesa sectorial
para unha nova regulación da orde de substitucións
A/A: Director Xeral de Xustiza Pza Europa 5 4º Fontiñas – Santiago de Compostela
A Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre
funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza resulta xa un réxime normativo
obsoleto e que perdeu vixencia e efectividade tras unha sentenza xudicial que impide o
pago pleno das substitucións e un sistema de quendas que na praxe diaria dos xulgados
non funciona, xera conflitos e é mal xestionado polas delegacións territoriais
Polo que demandamos que abra unha mesa sectorial de forma inminente de cara a abrir
a regulación a unha nova orde de substitucións, consonte á lexislación vixente, cuxos
puntos ineludibles a tratar serán:
www.ccooxustiza.com 2
- A retribución completa das substitucións entre corpos, en cumprimento das
directivas europeas que obrigan a que para os que fan o mesmo traballo as
retribucións sexan as mesmas, como sucede noutros territorios.
- A regulación dun sistema de quendas que impida a atribución de funcións
extemporánea que se ven dando no corpo de auxilio, coa publicación no Opax
das persoas que integran as quendas, nun procedemento aberto e transparente,
e a retribución de a quenda feita, quenda cobrada.
Por outra banda demandamos que non se dilaten as publicacións das substitucións,
como está a acontecer no momento actual e que se publiquen de maneira inmediata as
seguintes:
- Xulgado da Paz da Baña: baixa de larga duración acreditada por un parte médico
-
- Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº1 de Carballo: licenza por tres meses,
comunicada e sabida pola Dirección Xeral de Xustiza con antelación
- Servizo común de notificacións de Ferrol: baixa médica de larga duración
acreditada documentalmente
- Xulgado de Paz Val do Dubra, baixa de larga duración
Galicia, 18 de novembro de 2014
www.ccooxustiza.com 3
Substitucións entre titulares
No día de hoxe publícase na intranet de xustiza unha substitución entre titulares, así
como a adxudicación de postos da última convocatoria que podedes consultar aquí
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa
cobertura en substitución vertical ou horizontal.
De acordo coa normativa reguladora, terá
preferencia a tramitación das substitucións
verticais, e dentro de cada un dos apartados
operan os criterios de preferencia determinados
na norma.
Os/as interesados/as nas substitucións poden
presentar as súas solicitudes conforme ao
modelo Anexo II (descargar aquí), , ate o 20 de
novembro inclusive, anticipando a instancia por
fax ao 981546222 facendo constar no espacio
adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se
atopa destinado, así como aquel para o que fai a
súa solicitude.
www.ccooxustiza.com 4
Renovación do
certificado dixital
A tarxeta de fichaxe Kronos, ademais de servir para vixiar os movementos deses chibos
expiatorios chamados empregados públicos que pagaron os efectos da crise coas súas
retribucións e perda de dereitos, serve tamén como acreditación dixital para diferentes
trámites ante a administración (facenda, seguridades, social,...)
A caducidade do certificado implica, ademais de non poder empregalo ante a
administración, a imposibilidade de utilización do sistema de fichaxe. A Xunta de Galicia,
en lugar de encargar ao persoal de AMTEGA, unha entidade cun orzamento de 90
millóns de euros, a titorización de cada unha das tarxetas para a súa renovación
presencial no posto de traballo por medio deste persoal, deixa ao funcionario de xustiza
esa responsabilidade en exclusiva, ben no centro de traballo ou ben en puntos
habilitados, que tan só están dispoñibles nas grandes cidades.
Dende tres meses antes da caducidade todos os funcionarios recibirán unha
comunicación no seu correo corporativo da necesidade da súa renovación. Tendo en
www.ccooxustiza.com 5
conta que o correo corporativo xxxx@justicia.es é un servizo deficitario e para moitos
funcionarios inútil polas súas poucas prestacións en comparación con outros como
gmail, é moi posible que moitos traballadores non queden suficientemente informados.
Polo que dende CCOO demandamos que eses puntos habilitados (Puntos de
acreditación dixital) se fagan en todos os partidos xudiciais, itinerantes e con datas
concretas, e que sexan informados os funcionarios nos taboleiros dos xulgados con
anticipación da súa posta en marcha
Aquí podedes descargar o escrito que CCOO remite á Dirección Xeral para que poña os
medios para unha renovación ordenada e efectiva, en igualdade de condicións , para
todos os traballadores e traballadoras
Escrito CCOO a Dirección Xeral sobre renovación do certificado dixital
O certificado de empregado público, emitido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre
(FNMT), ten unha vixencia inicial de 3 anos, polo que antes dese tempo cada
empregado debe proceder á súa renovación.
É Importante lembrar que no caso de que o certificado de empregado público
chegue a caducar o traballador non poderá acceder ou facer uso das aplicacións
nas que sexa necesaria a súa utilización, como por exemplo o sistema de fichaxe en
PC Kronos.
Como renovar o certificado?
Existen dúas alternativas ás que poden optarse para a obtención do novo certificado:
renovación autoxestionada polo traballador dende o seu posto de traballo
renovación presencial
www.ccooxustiza.com 6
Renovación autoxestionada polo traballador dende o seu posto de
traballo
Dende tres meses antes da data de caducidade do certificado, pódese renovar sen
necesidade de persoarse nun punto de acreditación.
As instrucións laberínticas están dispoñibles na intranet, podedes visualizalas aquí,
ou ben descargar o arquivo premendo aquí
Durante o procedemento de renovación autoxestionado necesitará acceder aos
seguintes enlaces:
Solicitar Certificado Dixital de Empregado Público
Descargar certificado dixital AP
Renovación presencial
Se vostede presta servizos nunha sede xudicial na que exista un Punto de Acreditación
Dixital (PAD), debe acudir ao seu PAD de referencia.
A medida que se establezan os PAD's de referencia, iránse incluindo na seguinte lista.
Consulte o que lle corresponda:
Sede Enderezo Ubicación
Datas e horario de
renovación de
certificados
Ourense
Secretaría da Audiencia
Provincial de
Ourense (Anexo a
biblioteca) - Plz. Concepcion
Pazo de xustiza 2ª
planta
Do 03/11/2014 ata 12/11/2014 e
do 05/01/2015 ata 04/03/2015 -
Luns e Mércores de 10:00 a
14:00
www.ccooxustiza.com 7
Sede Enderezo Ubicación
Datas e horario de
renovación de
certificados
Arenal
Pontevedra
(Audiencia)
Calle Rosalía de Castro, 5 -
36001 - Pontevedra
Oficina Fiscales - 3ª
planta
Do 12/11/2014 ata 14/01/2015
Mércores de 10:00 a 14:00
Pontevedra
(Xuzgados)
C\Francisco Tomás y
Valiente s/n, 36004
Edificio A Parda,
Entreplanta. Biblioteca
do Decanato.
Do 10/11/2014 ata 14/01/2015
Luns de 10:00 a 14:00
Vigo Xulgados de Vigo, Edificio
Vello r/ Lalín , 4 – 36209
Sala de Xuntas de
Xuíces Planta 1 (acceso
por Xdo. de Instancia
nº1)
Do 13/11/2014 ata 03/02/2015
Martes e Xoves de 10:00 a
14:00
Se presta servizos noutra sede xudicial distinta, deberá achegarse á súa delegación
mais próxima nos horarios antes indicados, ou contactar co CSU de Xustiza para
concertar o momento e forma de proceder á renovación.
Para resolver calquera incidencia non contemplada no procedemento descrito, poderá
dirixirse ao Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza (CSU) no
correo soporte.xustiza@xunta.es ou no telefono 981 546 223
E recorda, coidado co que fas, porque...
www.ccooxustiza.com 8
El Área Pública de
CCOO celebrará un acto
en defensa de los
servicios públicos
Concentración a las 13:30 horas ante el Congreso de los Diputados
La Confederación y el Área Pública de CCOO celebrarán una asamblea de
representantes sindicales, el próximo miércoles 19 de noviembre, de 10:30 a 13:00
horas, en el Auditorio Marcelino Camacho en la C/ Lope de Vega, 40 Madrid, en la que
se reivindicará la importancia de los servicios públicos para conseguir un Estado de
Bienestar robusto y una sociedad más justa y equitativa.
www.ccooxustiza.com 9
El acto comenzará a las 10.30 horas y estará conducido y presentado por los secretarios
generales las federaciones del Área Pública de CCOO. Asimismo, contará con la
participación de trabajadores y trabajadoras del Área Pública (Enseñanza, Sanidad y
Federación de Servicios a la Ciudadanía) y de otras federaciones.
El encuentro terminará a las 13:00 horas con la intervención del secretario general de la
Confederación, José Ignacio Fernández Toxo.
Una vez finalizado el acto se realizará una concentración, a las 13:30 horas, ante el
Congreso de los Diputados, en la que se entregará a los grupos parlamentarios un
manifiesto reivindicativo contra los recortes y en defensa de los servicios públicos.
www.ccooxustiza.com 10
A casa polo tellado
É posible comezar unha casa polo tellado? Segundo a imaxe parece que si, e segundo
as políticas desenvolvidas pola Xunta de Galicia no ámbito público, e máis
concretamente, no eido da Xustiza confírmase este extremo: é posible crear un entorno
laboral incómodo a través dun recorte orzamentario brutal que, sexamos francos, obriga
a xestionar miserias que deixan campo aberto a incontable cantidade de políticos
corruptos que eluden o peso dunha xustiza sen medios materiais ou persoais para
facerlles fronte
Vexamos algúns exemplos de como crear unha vivenda en sentido inverso:
1.- Xustiza moderna, áxil, eficaz: temos un marco normativo do que levamos falando
dende nada menos que 2001, a Nova Oficina Xudicial, regulamentado ata a
extenuación, que consideramos un cambio simple de denominación, xa que non hai
dotación orzamentaria e que sirve de instrumento propagandístico (nos últimos
orzamentos aprobados a dotación era de 42.000 euros, nin para medio tellado). Nós
apostamos pola modernización e unha xustiza eficaz, pero non podemos comprar en
Harrod’s coa tarxeta do Dia. Ademais do marco normativo, temos tamén carros de
supermercado para o traslado de expedientes xudiciais pola rúa. Temos o Minerva, do
que gardan a chave en Madrid e non a prestan a ninguén, co que a descoordinación
está a orde do día ( o exemplo clásico do que está en busca e captura no xulgado nº1
www.ccooxustiza.com 11
mentres declara no nº2 sen que se interactúe). Temos amortización de prazas (plan de
amortización 2012 do 5% do cadro de persoal) e non se crear órganos xudiciais dende
hai cinco anos. De momento nada sabemos dos cimentos: parece que chega o
expediente electrónico, pero debeu pinchar unha roda polo camiño, porque non o vemos
máis que en anuncios na prensa, (ogallá se cumpra o que aí se di dunha vez) e a
creación de novos órganos, sociais, mercantís, seccións da audiencia, familia, nin están
nin se lles espera, co que temos tellado sobre tellado, xa que hai promocións de xuíces
que non saben nin onde metelos, todo son parches e reforzos provisionais.
2.- Lingua galega: o tellado, un foro da lingua na intranet, que podería ser unha
ferramenta útil para a promoción da lingua galega na administración, como obriga o
estatuto de autonomía, pero faltan os alicerces: Formación en linguaxe xurídica galega?
Non hai, todo o profesorado foi despedido. Minerva en galego? Non hai, en Madrid non
prestan a chave! Como ben apunta un compañeiro nese foro....
www.ccooxustiza.com 12
3.- As sentenzas xudiciais como ornamento floral. Certo é que, na nosa opinión, a
subtracción da paga extra 2012 solapou outros recortes de maior importancia, como o
desconto por enfermar ou a perda de dereitos consolidados como os canosos, que
supuxeron renuncias a subas salariais, discriminacións inxustas e ráfagas a campo
aberto sobre o funcionariado. Pero unha vez que os xuíces ditaminan que foi unha
apropiación indebida pola administración, a que esperamos? A contribuír ao colapso dos
órganos xudiciais? A dilatar os procedementos á espera do momento electoral máis
propicio? A min que mo expliquen, porque se é así creo que vou pagar a contribución da
miña casa cando me pete, xa que todo vale...
E así poderiamos enumerar ata o infinito, seguro que se vos ocorren agravios para
engadir a esta lista, pero non queremos aburrir as ovellas coas nosas lamentacións.
As organizacións sindicais temos a representación dos traballadores na negociación,
pero resulta difícil cando as decisións arbitrarias amparadas na crise nos retrotraen a
perdas de dereitos que equivalen a tempos preconstitucionais e a marxe que lles queda
aos xestores de baixo nivel e cero ou achegado ao cero. Pode que nos acusen de falta
de rigor e ataques incisivos á administración, de renuncias a posicións intermedias, de
cargar as tintas contra quen se topa cos muros de facenda, pero e que nos abocan a
unha emenda á totalidade. Non é fácil manter un talante negociador na procura do
beneficio para o persoal de xustiza cando as alegacións que se presentan son
rexeitadas unha e outra vez e chegamos aos centros de traballo coas mans baleiras. Ás
veces o síndrome de Estocolmo pode cegar a negociación, por iso a actividade sindical,
na miña opinión deben ser ciclos curtos, oito anos e que pase outro. Unha das cousas
que máis me sorprendeu cando empecei no sindicato foi comprobar que hai xente que
leva quince, vinte ou máis anos liberada. Non sei se o problema é a falta de relevo que
non se quere dar ou que non o hai. Non dubido da voluntariedade e boa fe dos
compañeiros. Pero paga a pena recapacitar e saber se estamos facendo o correcto con
este modelo de profesionalización do sindicalismo. Un debate aberto, sen inquinas
persoais e libre no seo das organizacións sindicais e no conxunto dos traballadores sería
un bo comezo. Pode que estea errado, que adoeza da falta de experiencia, unha febre
filipina, o mal de altura ou que sei eu, que ninguén se sinta ofendido...
www.ccooxustiza.com 13
Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados/as:
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com
Ferrol Mati matildeav1@gmail.com
Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com
Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es
Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com
Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es