Post on 21-Jun-2015
description
ALBA FERNÁDEZ SOUTO- 2º BACH A
A desigualdade entre o galego e o castelán remóntase a varios séculos atrás. Debido ao sometemento de Galicia ao poder de Castela, o castelán ocupou desde entón un status superior como lingua dominante e o galego viuse reducido ao uso oral coloquial ou familiar.
En Galicia fálanse dous idiomas, o galego e o castelán. A voz bilingüismo presenta problemas á hora de describir os usos lingüísticos dunha sociedade, por iso debemos ter en conta o término diglosia. Cando dúas linguas son usadas con valor social diferente, estamos en situación de diglosia.
A diglosia trae consigo :• A restrición do uso do galego por presión do castelán (medios de comunicación, sistema educativo, administración local, xulgados, Igrexa,etc.) • O asentamento e o aumento dos prexuízos lingüísticos (compárase ao galego coa falta de cultura, atraso social, etc). • Da lugar a interferencias lingüísticas xa que contamina todos os niveis da lingua (castelanismos).Todo isto provoca o conflito lingüístico
Numerosos humoristas gráficos abordaron a situación de conflito lingüístico e as súas consecuencias. Entre eles destacamos a Castelao, Xaquín Marín, Xosé Lois, e Andrade. Como dí Castelao:
"O humorismo interpreta a vida dunha maneira sinxela e forte.”
BILINGÜISMO
DIGLOSIA: SITUACIÓN DE DESIGUALDADE
DIGLOSIA
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS:A suposta falta de utilidade do galego
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS:O galego non xera riqueza.
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: O galego íllanos do exterior
PREXUÍZOS LINGÜISTICOS: Asociar ao galego ca pobreza e co
atraso.
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: O galego considerado só como lingua
rural.
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: O tópico da lingua universal
"Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...” (Castelao )
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A suposta imposición do galego
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A suposta “imposición” do galego no ensino: sería como
falarmos en inglaterra da imposición do inglés.
PREXUÍZOS LINGÜISTICOS: “O castelán tamén é lingua propia da Galiza”.” Decir que o castelán é tan galego como o galego resulta unha contradicción, sería como dicir que o
queixo de Castela é tan galego como o do país porque tamén o consomen persoas galegas.” (Xosé Ramón Freixeiro Mato)
PREXUÍZOS LINGÜISTICOS: “As persoas galegas non saben falar o galego”: unha lingua nunca se chega a falar ben de todo e en xeral as persoas galegas son plenamente competentes en galego; porén, o compromiso co uso da lingua
debe levar parello o propósito de falala correctamente).
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS:A nosa actitude non axuda.
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: Identifícase ao galego co atraso social e
económico
PREXUÍZOS LINGÜISTICOS: A falta de apoio dos nosos rexidores : “ ¿voltamos aos
tempos dos Reis Católicos…?”
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: …continuamos ca falta de apoio dos
nosos rexidores.
PREXUÍZOS E INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS: un pouco de todo…
INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS: Contaminación , interferencias do
castelán no galego.
INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS DOUTROS IDIOMAS
INTERFERENCIAS LINGÜíSTICAS DOUTROS IDIOMAS: “ XA ÉRAMOS POUCOS E …”
RESTRICIÓN DE USOS: “ …que ata fai falla publicitala”
ÁS VECES AS LEMBRANZAS DO PASADO VOLVEN…
CON ESTAS ACTITUDES ESTAMOS AFOGANDO AO NOSO IDIOMA
QUE NUNCA TEÑAMOS QUE ARREPENTIRNOS DE FACERLLE DANO Á
NOSA LINGUA
QUE NON NOS SINTAMOS ESTRANOS NO NOSO PAIS E FUXAMOS
FAGAMOS DO GALEGO UNHA LINGUA FORTE
“EU SON A MIÑA LINGUA. E TI, QUEN ES?”
BIBLIOGRAFÍA:
www.galizacig.com/avantar/.../os-prexuízos-lingüísticos-proposta-de-clasificación
www.amesanl.org/especiais/humor/index.html
www.vieiros.com/letras98/humor-lingua.html
www.culturagalega.g/xaquinmarin2.php?categoria
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/selectivo2.pdf
Lingua e Literatura II. Editorial Rodeira- grupo Edebé, 2009.