Post on 09-Nov-2018
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
1
O proceso de ensino-aprendizaxe da Música Tradicional e Popular
Galega en contextos educativos non formais: as escolas de música
tradicional e popular en Galicia.
- Síntese do primeiro Proxecto de Fin de Carreira presentado no Conservatorio Superior de
Música de Vigo na especialidade de Pedagoxía da Linguaxe e da Educación Musical-
RESUMO
O proxecto céntrase no estudo do proceso de ensino-aprendizaxe da
Música Tradicional e Popular Galega en contextos educativos non formais, é
dicir, na práctica educativa que se está levando a cabo nas escolas centradas
no ensino deste tipo de música espalladas por toda a xeografía galega.
Así, pretende ofrecer unha perspectiva sobre a situación actual do
ensino da MTPG en Galicia, estudar a súa potencialidade como vehículo para a
alfabetización musical e elaborar unha proposta metodolóxica tendo en conta
ambos aspectos.
No primeiro punto do informe recóllense os resultados da investigación
cualitativa levada a cabo entre decembro de 2011 e xullo de 2012 na que se
estudaron diferentes centros ligados ao ensino da MTPG.
No segundo punto descríbese a metodoloxía que optimizaría os
resultados da transmisión da MTPG neste tipo de centros, garantindo o acceso
de toda a poboación á educación musical a través da súa lingua musical
materna.
Finalmente, recóllese unha proposta didáctica que exemplifica a
viabilidade de empregar a MTPG como base para a alfabetización musical a
través dun ensino articulado a partir da percepción e a expresión da linguaxe
musical.
PALABRAS CLAVE: ensino, aprendizaxe, educación non formal,
música tradicional e popular galega (MTPG).
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
2
1. INTRODUCIÓN
Galicia está entre as comunidades autónomas que desenvolve un maior
número de actividades de música tradicional de toda España. Segundo o
estudio realizado pola Fundación Sondeseu en 2006 case oito de cada dez
concellos desenvolven actividades docentes vinculadas coa música tradicional
galega, o que implica un volume de alumnado de entre 20.000 e 24.000
alumnos.
O valor potencial deste estudo é facilitar a toma de conciencia da alta
difusión deste tipo de educación non formal e analizar a metodoloxía
desenvolvida polo seu profesorado. A través da súa posta en común podería
desenvolverse unha educación de mellor calidade, incrementando os
beneficios que aporta a este sector tan amplo da poboación que toma parte nel.
Ademais, tendo en conta o valor desta música como material para a
educación musical da poboación, é preciso estimar a posibilidade de
desenvolver uns materiais que permitan optimizar os recursos que actualmente
se destinan a este tipo de educación.
Así, poderiamos sintetizar os obxectivos da investigación en:
- Ofrecer unha panorámica da práctica educativa que se desenvolve
actualmente no seo dos diferentes centros de ensino non formal nos que se
ensina música tradicional e popular galega en Galicia.
- Reflexionar sobre o papel que xoga a transmisión da música e o baile
tradicional dentro da sociedade galega, tendo en conta a riqueza patrimonial
que constitúe.
- Poñer en valor as potencialidades da música tradicional como medio
para a alfabetización musical da poboación.
- Propoñer unha metodoloxía que permita optimizar os recursos
existentes para este tipo de ensinanzas a través do ensino da linguaxe musical.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
3
- Deseñar uns materiais didácticos que exemplifiquen cómo podería
traballarse empregando dita metodoloxía.
FUNDAMENTACIÓN DA INVESTIGACIÓN
O punto de partida para deseñar a investigación foi elaborado tendo en
conta a información recollida no Libro Branco do Ensino na Música Tradicional
en Galicia, realizado pola Fundación Sondeseu entre xaneiro e xullo de 2006,
así como as comunicacións recollidas nas actas dos Congresos de Ensinantes
de Música Tradicional celebrados en Santiago de Compostela nos anos 2006 e
2007.
DESEÑO DA INVESTIGACIÓN
A investigación realizada é de tipo non experimental e cualitativa,
baseada no estudo de casos e, en menor medida, na investigación-acción
participativa. Deste xeito, o obxectivo principal foi a recompilación de
descricións e observacións dos participantes neste fenómeno.
Unha vez superada a fase de preparación, a recollida de información
levouse a cabo combinando varios métodos. Por unha parte analizáronse
experiencias docentes e discentes de persoas participantes neste tipo de
actividades, realizáronse cuestionarios e entrevistas a profesores e membros
dos equipos directivos dalgunhas das escolas máis representativas, e
completouse o estudo coa análise de documentos e a observación da autora,
como alumna e profesora.
A análise de ditos materiais posibilitou a redacción do informe que se
inclúe no seguinte apartado e a elaboración da proposta metodolóxica que se
recolle no terceiro punto do proxecto.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
4
2. A SITUACIÓN ACTUAL DO ENSINO DA MTPG EN GALICIA
Existe unha gran disparidade entre os centros de ensino non formal nos
que se estuda MTPG e non existe unha lexislación específica referida aos
mesmos. Aínda que comunmente nos referimos a estes co termo “escolas de
música” só un dos centros estudados se adecuaba á normativa vixente para as
escolas de música e danza, a “Orden del 20 de julio de 1992, por la que se
regulan las condiciones de creación y funcionamiento de las Escuelas de
Música y Danza”, concretada para o territorio galego na “Orde do 11 de marzo
de 1993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das
escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia”.
Segundo estas, a función das Escolas de Música e Danza será
“favorecer o coñecemento destas disciplinas a idades temperás, descubrindo
vocacións e aptitudes que poderán encamiñarse ao ensino conducinte á
titulación”. A titularidade destas escolas pode ser, segundo a normativa, pública
ou privada, pero en todos os casos a súa oferta educativa debe incluír:
- Música e movemento (4-8 anos).
- Práctica instrumental (sen límite de idade) referida a instrumentos da
“música clásica”, de “raíz tradicional” ou da “música moderna”.
- Formación musical complementaria á práctica instrumental (a partir
dos 8 anos).
- Actividades instrumentais e vocais de conxunto.
A excepción da Escola de Música Municipal de Silleda, as restantes
escolas estudadas non se adecúan a estas características. Entre elas
distinguimos:
- Públicas: xestionadas por concellos e deputacións directamente ou a
través da súa concesión a empresas privadas. É o caso de:
o Escola Provincial de Gaitas de Ourense e as Escolas de Gaitas
da Deputación de Ourense.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
5
o E-trad: escola municipal creada polo Concello de Vigo e
xestionada pola empresa gañadora do concurso público celebrado trala súa
creación no 2008.
- Privadas: xestionadas por entidades privadas que contan ou non con
apoios económicos públicos. É o caso de:
o Escola Livre da MPG e Aula Folque Infantil (AFI): estas escolas
constitúen o eixo do proxecto educativo de aCentral Folque. Fináncianse a
través das matrículas do alumnado e as subvencións percibidas do Concello de
Santiago de Compostela e Pontevedra, respectivamente, cidades que acollen
cada unha destas propostas.
o Tradescola: escola creada pola Asociación de Gaiteiros Galegos
contando co apoio económico do Concello de Lugo.
o Escola BellónMaceiras: escola dirixida e xestionada por Daniel
Bellón e Diego Maceiras sen contar con ningún tipo de apoio económico
público.
o Asociacións folclóricas, culturais ou veciñais: a maior parte das
actividades formativas vinculadas coa MTPG desenvólvense no seo de
asociacións, reguladas pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora
do Dereito de Asociación. Esta lei, de carácter xeral, non especifica as
características que deben posuír aquelas asociacións que centren a súa
actividade na educación musical.
O informe abrangue, ademais do estudo do marco lexislativo, unha
recompilación dos materiais didácticos e as publicacións máis empregadas
neste tipo de ensino distinguindo entre aquelas que teñen un carácter
claramente didáctico e aquelas que, sen pretendelo directamente, constitúen
un recurso empregado neste tipo de aulas. Porén, a parte central do informe
refírese as características dos centros, do alumnado, do profesorado e á
metodoloxía empregada en cada escola.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
6
O apartado referido ao traballo que se fai nas asociacións amplía a
información do Libro Branco coas opinións e observacións extraídas das
experiencias recollidas e os cuestionarios realizados por docentes de oito
escolas deste tipo.
Noutro apartado, analízanse unha serie de escolas máis polo miúdo,
partindo da base de que posúen un proxecto educativo propio. Dentro del
inclúense:
- E-Trad, Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo,
- Proxecto educativo de aCentral Folque, materializado na Escola Livre
da MPG e a Aula Folque Infantil (AFI),
- Tradescola
- Escolas de gaitas de Deputación de Ourense. A Escola Provincial de
Gaitas
- Outras iniciativas: Escola de Música BellónMaceiras e Escola
Municipal de Silleda.
Entre as conclusións extraídas do estudo realizado podemos destacar as
seguintes:
Os centros de ensino están financiados na súa maioría combinando
capital público e privado, derivado das matrículas do alumnado, das cotas dos
membros das asociacións e das actuacións e concertos realizados por alumnos
e profesores. Nos cuestionarios observamos que as escolas están recibindo
cada vez menos subvencións e a autofinanciación estase consolidando como
sistema de financiación máis estendido.
Isto provoca certa precariedade no que se refire aos espazos e recursos
dispoñibles para o desenvolvemento destas actividades. Aínda que hai escolas
que contan con aulas específicas, moitas destas actividades formativas teñen
lugar en salóns de actos, salas de usos múltiples, recintos deportivos, aulas de
colexios e institutos ou locais sociais.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
7
O horario no que se desenvolven é durante a fin de semana ou polas
tardes, no caso das actividades que teñen lugar pola semana. Entre as
actividades máis estendidas atopamos: baile tradicional, pandeireta, gaita e
percusión, maioritariamente como aulas colectivas.
Sinalar tamén que, no que se refire aos centros, tanto alumnos como
profesores destacan o clima que se crea neste tipo de escolas, que as
diferenza das do ensino regrado. Nalgunhas ocasións estas dinámicas
favorecen a aprendizaxe, pero tamén hai outras nas que estas son contrarias á
calidade do ensino. Os factores que impulsan isto son as amplas ratios e a
heteroxeneidade do alumnado.
A heteroxeneidade do alumnado ven dada xeralmente pola convivencia
de alumnos de diferentes idades dentro dunha mesma aula, o que acentúa as
diferentes capacidades e coñecementos previos do alumnado. Os obxectivos
do alumnado van dende o interese práctico (por aprender a tocar un
instrumento), cultural (coñecer a tradición), lúdico ou escénico.
Existe un alto índice de continuidade por parte dos alumnos que
participan nestas actividades. Así mesmo, é recorrente que o alumnado asista
a clases noutras escolas de música ou en conservatorios, participe noutras
agrupacións ligadas á MTPG ou en diferentes actividades da mesma escola.
Isto reflicte que existe a necesidade de crear un espazo no que os
coñecementos poidan ser transferidos dende unha das disciplinas ás outras, é
dicir, un espazo de globalización onde se poida aprender a MTP dunha
maneira holística, poñendo en relación o baile, o canto e as disciplinas
instrumentais.
Respecto ao profesorado cabe destacar que posúen unha dobre
función que combina a formación do alumnado e a preservación das tradicións
e a cultura musical dos pobos. O perfil de profesor máis estendido é dun home
novo, de entre 26 e 33 anos, con algún tipo de formación universitaria e
formado musicalmente en asociacións ou de xeito autodidacta. Porén, a
proporción entre homes e mulleres tende a equipararse nos últimos anos.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
8
Engadir tamén que as enquisas realizadas pola Fundación Sondeseu
contaron coas respostas de 638 mestres, que impartían clase nun total de 696
centros, onde se imparten varias actividades, o que reflicte que existe un alto
índice de mobilidade entre os centros por parte dos profesores. Outro dato
extraído de dito estudo é que case tres cuartas partes do profesorado traballa
sen contar cun contrato laboral.
A filosofía do ensino da MTPG pode resumirse en dúas ideas principais:
- Garantir á poboación o acceso á educación musical. Tanto a E-Trad
como o proxecto educativo de aCentral Folque pretenden ofrecer a posibilidade
de que todo o mundo poida recibir unha educación musical de calidade. Por
unha parte, a E-trad fundamenta a súa actividade nos principios da Community
Music, e por outra, aCentral conta con dúas escolas para adaptarse ás
necesidades educativas das persoas en cada unha das diferentes etapas da
vida.
- Valorar a MTPG como material de indubidable valor para a educación
musical, dada a súa significación para a poboación, a súa sinxeleza e a súa
accesibilidade.
Respecto á metodoloxía, obsérvase que existe unha clara conciencia
sobre a necesidade de incluír o ensino da linguaxe musical como ferramenta
para o ensino instrumental. Existen algunhas escolas nas que o alumnado
dispón dunha clase específica pero na meirande parte dos casos, a linguaxe
musical aparece integrada na aula de instrumento. Isto dá como resultado que
o ensino da linguaxe musical se centre case exclusivamente na lectura rítmica,
descoidando a audición e o traballo melódico, harmónico e formal.
Aparece así a necesidade de desenvolver uns materiais que favorezan o
estudo da linguaxe musical dun xeito natural, paralelo á aprendizaxe
instrumental, e que non limite esta á aprendizaxe da técnica e do repertorio,
senón que empregue dita técnica e dito repertorio como vehículo para a
alfabetización musical do alumnado.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
9
No que se refire ás ensinanzas instrumentais a maioría dos profesores
entrevistados coinciden nas vantaxes de empregar a frauta rectificada para
comezar por ser máis accesible economicamente, porque facilita o estudo en
espazos pechados e sobre todo porque facilita a aprendizaxe da colocación da
man e do dedo de apoio, a dixitación da escala de Do Maior e dos primeiros
elementos rítmico-melódicos.
Por outra parte a percusión galega abarca multitude de instrumentos. Os
máis estendidos son o bombo, o tamboril e a pandeireta. Estas empréganse
para coñecer os diferentes ritmos e xéneros da MTPG. A técnica instrumental
ensínase de maneira específica. Polo xeral podemos distinguir dous espazos
nos que se traballa a percusión: a clase de pandeireta e canto, na que poden
aparecer outro tipo de instrumentos de percusión miúda, e a clase específica
de percusión, centrada na aprendizaxe da técnica do tambor.
Se analizamos a metodoloxía empregada atendendo aos principios
metodolóxicos propostos pola Escola Nova, temos que:
- As aprendizaxes que se promoven neste tipo de centros seguen o
principio de actividade porque parten da vivencia, a práctica e a experiencia.
- O principio de socialización está presente por ser actividades
colectivas e por enmarcarse no seo de asociacións ou escolas nas que se
favorece que se establezan máis vínculos afectivos que noutro tipo de centros
de ensino. Ademais, en moitos casos a participación nas escolas implica a
participación en grupos instrumentais ou vocais, o que tamén favorece a
aprendizaxe.
- Aínda que a maioría das actividades son colectivas vemos que os
profesores respectan, na maior parte dos casos, o ritmo de aprendizaxe de
cada alumno e procuran satisfacer as súas necesidades educativas. Porén, en
moitos casos, a atención individualizada vese dificultada polas elevadas
ratios e a heteroxeneidade do alumnado que convive nas aulas.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
10
- Tanto o alumnado como o profesorado demandan un espazo de
globalización, xa que observan que xorden dificultades derivadas dunha falta
de secuenciación paralela dos contidos nas diferentes aulas da mesma escola.
- A creatividade xoga un papel pouco destacado. Na percusión e no
baile algúns profesores si convidan aos seus alumnos a improvisar cos
elementos aprendidos. Porén, no caso do canto e a gaita, a creación case non
aparece.
Sería preciso fomentar este principio non só pola necesidade de
desenvolver a creatividade como parte da formación de calquera músico senón
polos beneficios que comporta como ferramenta pedagóxica.
A necesidade dun espazo onde traballar a partir da MTP tendo
presentes os principios de globalización e creatividade foi observada polo
equipo de aCentral, para o que puxeron en marcha a AFI e o Laboratorio de
Sons, nacido como prolongación da aula de experimentación sonora da AFI.
Pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de
ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. Parte do
sincretismo infantil, a necesidade de aprender de maneira global a través da
experiencia e a vivencia. Os rapaces contan con catro aulas nas que se
traballan, cunha secuenciación paralela, o ritmo, a voz, o movemento e a
creación a través dos elementos aprendidos.
3. PROPOSTA METODOLÓXICA
Os obxectivos da proposta metodolóxica poderían sintetizarse en:
- Garantir o dereito á educación musical de toda a poboación galega
mediante a súa posible aplicación en centros de ensino non formal,
contemplando a posibilidade de que se convertan en escolas de música.
- Optimizar os vínculos afectivos que se crean neste ámbito educativo e
as potencialidades da MTPG como vehículo para a alfabetización musical.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
11
- Permitir tomar conciencia ao profesorado dos obxectivos, contidos e
criterios de avaliación que deberían manexarse neste tipo de ensino, así como
dos aspectos metodolóxicos necesarios para mellorar a calidade destas
actividades educativas.
3.1. FUNDAMENTACIÓN TEÓRICA
Neste primeiro apartado expóñense os aspectos metodolóxicos máis
relevantes, tomando como referencia a obra de recoñecidos autores e
pedagogos. Así, séntase unha base sólida sobre a que asentar, non só a
metodoloxía incluída na programación didáctica, senón tamén para outras
propostas similares que poidan xurdir no futuro.
Os aspectos abordados neste epígrafe son:
Musicalización da poboación
Destácase a importancia de garantir o dereito á educación musical dada
a súa contribución ao desenvolvemento global da persoa e sintetízanse os
aspectos clave do proceso de musicalización, tomando como referencia a obra
de Violeta Hemsy.
A MTPG como vehículo de alfabetización musical
Reflexiónase sobre o valor da MTPG como material para a educación
musical, tomando como referencia as propostas metodolóxicas de Z. Kodály e
C. Orff, máximos defensores do emprego da música folclórica como material
didáctico musical.
Modelo de aprendizaxe
Sintetízanse as teorías da educación vixentes na actualidade e o modelo
de aprendizaxe que se desprende das mesmas. A perspectiva cognitivo-
constructivista baséase fundamentalmente nas ideas propostas por Piaget,
Vigotsky e Ausubel.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
12
Método de ensino
Das teorías anteriores despréndese tamén un método de ensino no que
fundamentar a práctica pedagóxica. Entre as características deste destacar que
debe ser directo, global, partir sempre da música e do sonoro, basearse no
instinto rítmico e a sensibilidade auditiva do neno e promover a súa autonomía.
Principios metodolóxicos
Os principios metodolóxicos que tomamos como referencia ao longo do
traballo teñen a súa orixe na transformación educativa que tivo lugar nos
Estados Unidos e en Europa entre finais do século XIX e principios do XX. As
correntes máis relevantes foron o experimentalismo de J. Dewey e o modelo
pedagóxico da Escola Nova.
Estes principios son:
- GLOBALIZACIÓN: o ser humano aprende de maneira natural a través
da percepción global daqueles elementos e situacións que o rodean. Así,
cando o alumnado participa en actividades relacionadas coa MTPG é natural
que experimente o desexo de coñecer a música dunha maneira holística e
global.
- INDIVIDUALIZACIÓN E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: resulta
indiscutible a importancia de adaptar a actividade educativa ás características
do alumnado, aos seus coñecementos e experiencias previas, aos seus
intereses e ás súas necesidades.
- SOCIALIZACIÓN: Vigotsky destacaba a importancia da interacción
social como activadora da ZDP e promotora da aprendizaxe. Tanto o contacto
cos compañeiros como co mundo adulto permiten ao neno camiñar cara cotas
máis altas de desenvolvemento.
- ACTIVIDADE: é o punto de partida para a construción do
coñecemento. A través da imitación e da práctica o alumnado adquirirá unha
serie de habilidades e coñecementos sobre as que terá que reflexionar de xeito
que acabará sendo consciente dos mesmos. A audición e a análise dos
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
13
elementos da linguaxe musical xogan, na programación didáctica, un papel
fundamental, evitando a primacía tradicional da lectura rítmica nas aulas. O
movemento terá por tanto moita importancia, xa que favorece a implicación
física e mental do alumnado na audición musical.
A canción ocupará un lugar central na proposta xa que actuará como
punto de partida para a creación dos conflitos cognitivos que desencadearán a
aprendizaxe dos novos contidos. Ademais, servirá de modelo para a creación
de novas propostas, permitindo ao neno completar o proceso de musicalización
a través da expresión.
- CREATIVIDADE: debe promoverse como habilidade pero tamén é
preciso empregala como ferramenta pedagóxica. A través da creación e a
improvisación equilíbrase o desenvolvemento da percepción e a expresión, xa
que posibilitan a exteriorización dos elementos interiorizados ao tempo que
serve como experiencia para a interiorización de aspectos rítmicos, melódicos,
harmónicos e formais.
3.2. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ANUAL
A metodoloxía proposta concrétase nunha programación didáctica anual.
Esta permite amosar cómo se podería abordar o ensino da linguaxe musical a
través da MTPG. Esta materia proporcionaría un espazo para que os alumnos
puidesen achegarse a esta música dende unha perspectiva global e optimizaría
os recursos invertidos na formación instrumental ao prover ao alumnado dun
maior coñecemento de todos os parámetros musicais.
A programación didáctica de linguaxe musical está concibida como eixo
en torno ao cal articular o ensino das diferentes disciplinas ligadas á MTPG.
Así, o alumnado que o desexe, poderá participar noutras actividades de tipo
instrumental, vocal ou ligadas ao baile tradicional na mesma escola. Os
contidos traballados nestas aulas deberán desenvolverse tendo en conta os
contidos traballados nesta materia, de xeito que resulte unha práctica docente
articulada de xeito coherente. Para iso, tivéronse en conta as dificultades
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
14
técnicas da gaita, a percusión, o canto e o baile na elaboración das unidades
didácticas. Deste xeito, posibilitase un traballo paralelo entre as aulas
especializadas e a de linguaxe musica.
Así, aínda que as unidades se centran nun repertorio fundamentalmente
para gaita, por ser a actividade que máis demanda uns materiais adecuados
para o traballo da linguaxe musical de xeito paralelo ao seu ensino, teremos
presente a necesidade de que o alumnado perciba a música dende todas as
súas dimensións. Tanto o baile como o canto son fundamentais para garantir
unha boa interiorización de todos os aspectos musicais, así como a
comprensión do valor sociocultural da MTPG.
Características do alumnado
Esta programación didáctica corresponde ao primeiro curso académico
no que se incluiría a materia de linguaxe musical nas escolas de MTPG. As dez
Unidades Didácticas (UD) que a conforman están deseñadas para un
alumnado que xa tivo un contacto previo coa música a través dunha
metodoloxía baseada totalmente na vivencia e na experiencia.
Isto posibilita que a partir dos 7-8 anos o alumnado poida comezar a súa
alfabetización musical, coincidindo co inicio da etapa das operacións concretas,
en termos piagetianos. É preciso ter en conta que nesta etapa o pensamento é
máis lóxico, realista e precede á acción. Ao desaparecer a centración e a
representación estática propia da etapa anterior, o pensamento pode ser
reversible, o que lle permite comparar as partes dunha unidade completa entre
si e establecer relacións entre estas e o todo. Isto posibilita a análise dos
diferentes parámetros musicais, tendo en conta a súa relación coa peza
musical.
Así mesmo, a mellora da capacidade de abstracción e do control motriz
fan que sexa unha idade adecuada para comezar o estudo da linguaxe musical
e dun instrumento. Tendo en conta que esta etapa abarca ata os 12 anos, o
recomendable sería distribuír aos alumnos de entre 7 e 12 anos segundo o seu
nivel de aprendizaxe.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
15
Obxectivos da Programación Didáctica
Obxectivos xerais
- Establecer vínculos afectivos coa música mediante a participación
en actividades formativas relacionadas coa MTPG que posibiliten o seu
coñecemento.
- Apreciar a importancia da música como linguaxe artística e medio de
expresión cultural dos pobos e as persoas.
- Adquirir coñecementos que permitan enriquecer a relación do
alumnado coa música, posibilitando o estudo profesional da mesma a aqueles
alumnos que así o desexen.
- Tomar conciencia da importancia do traballo individual e adquirir as
ferramentas cognitivas e metacognitivas necesarias para poder xestionar a
aprendizaxe dunha maneira autónoma.
- Valorar a voz e o corpo como medio para comprender os elementos
da linguaxe musical e para expresar ideas musicais propias e alleas.
- Adquirir as bases para o desenvolvemento auditivo e educar a
memoria como base para a formación do oído interno e o seu
desenvolvemento posterior.
- Asimilar os códigos e a terminoloxía musical especificados nos
contidos e desenvolver as capacidades de lectura e escritura como elementos
básicos na formación musical do alumno.
Obxectivos didácticos
- Memorizar cancións, patróns rítmicos e propostas melódicas por
imitación como medio para enriquecer o mundo sonoro interno propio.
- Coñecer o propio corpo como instrumento a través da voz e a
percusión corporal, controlando a emisión da voz e a respiración no canto.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
16
- Percibir auditivamente e expresar a través do movemento, o canto e
a percusión (corporal e instrumental) os tres niveis do ritmo: acento, pulso e
ritmo propiamente dito, en compases de dúas e tres partes.
- Interpretar e memorizar ostinatos que comprendan pulso, acento e
ritmos sinxelos empregando instrumentos de percusión e a percusión corporal.
- Adecuar textos a ritmos coñecidos e viceversa.
- Percibir auditivamente e expresar a través do movemento e o canto
as calidades do son, os movementos melódicos, as cadencias, as estruturas
harmónicas e a forma.
- Analizar auditivamente a forma, o ritmo, a melodía e a harmonía das
pezas musicais traballadas.
- Improvisar motivos de dous e catro compases tomando como
referencia as pezas traballadas.
- Crear melodías de catro e oito compases sobre unha estrutura
harmónica e en base a un modelo dado.
- Desenvolver pequenas formas musicais de oito ou dezaseis
compases a partir de motivos de rítmico-melódicos propostos polo alumnado,
incluíndo ou non modificacións cadenciais.
- Escribir melodías coñecidas e creadas polos compañeiros tendo en
conta a forma, a construción rítmica e melódica e a estrutura harmónica
implícita.
- Reproducir correctamente, oralmente ou por escrito, melodías e
ritmos sinxelos por imitación, a partir de representacións gráficas ou tras a
audición dun fragmento sonoro.
- Seleccionar o tempo e os matices axeitados para a interpretación
das pezas propostas e as creacións individuais e colectivas en función do
carácter musical das mesmas.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
17
Contidos da Programación Didáctica
Contidos rítmicos
- Pulso, acento binario e ternario.
- Compases de 2/4, 3/4 e 6/8 a pulso e 2/4 e 3/4 a compás.
- Subdivisión binaria e ternaria.
- , , , , , = en subdivisión binaria.
- , , , , , en subdivisión ternaria.
Contidos melódicos
- Pentacordo de DO.
- Escala de Do Maior.
- Notas reais dos acordes de tónica e dominante de Do Maior.
- Notas de paso.
- Floreo superior e inferior.
- Movementos melódicos por graos conxuntos.
- Intervalos de 2ª, 3ª, 4ª e 5ª.
Contidos harmónicos
- Sensación de tónica-dominante.
- Estruturas harmónicas T-T-D-T e T-D-D-T.
- Finais conclusivos e suspensivos. Modificación cadencial.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
18
Contidos formais
- Construcións melódico-harmónicas de 4+4 compases.
- Progresión melódico-harmónica.
- Principio de repetición. Principio de variación.
- Formas: A-A, A-A’, A-B, A-A-B-B-, A-A-B-B’.
- Variación rítmica. Variación melódica. Variación rítmico-melódica.
Contidos expresivos
- Agóxica:
o Allegro-andante-lento.
o Acelerando e ritardando.
- Dinámica:
o Forte- mezzoforte-piano.
o Crescendo e decrescendo.
Secuenciación dos contidos por UD
Os contidos anteriormente mencionados, secuenciaranse ao longo do
curso tal e como se recolle na seguinte táboa:
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
19
UD
PEZA
RITMO
MELODÍA
HARMONÍA
FORMA
EXPRESIÓN
1
Marcha de
Malpica (1ª
parte)
Pulso,
acento
binario (2/4),
, ,
Arpexo de
DO
Pentacordo
de DO
Nota de
paso
T-T-D-T
Motivos 2
cc. téticos
A-A
Repetición
e variación
Allegro-lento
Forte-piano
2
Valse:
adaptación
da Marcha
de Malpica
Pulso,
acento
ternario
(3/4),
,
Arpexo de
DO
Pentacordo
de DO
Nota de
paso
T-T-D-T
Motivo 2cc.
anacrúsico
( )
A-A’.
Variación
rítmica e
melódica
Allegro-
andante-
lento
Forte-piano
3
Pasodoble
vello
,
Nota LA
como floreo
do SOL
T-T-D-T
Motivo 2cc.
anacrúsico
( )
A-A’-A-
A’’…
Variación
rítmica e
melódica
Allegro-
andante-
lento
Forte-
mezzoforte-
piano
Danza Húngara n.5: análise formal e rítmico ( ). Creación sobre a “Marcha de Malpica”
4
O Chotis
en 2/4
Nota SI
como floreo
do DO
T-T-D-T
T-D-D-T
A-B
Progresión
Variación
rímtico-
melódica
Andante-lento
Forte-
mezzoforte-
piano
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
20
5
O Chotis
(ternario)
2/4 e 3/4 a
compás
Cambio de
compás 2/4
– 3/4 =
Nota SI
como floreo
do LA.
Canto por
terceiras
T-T-D-T
T-D-D-T
A-B
Progresión
Variación
rímtico-
melódica
Allegro-lento
Forte-
mezzoforte-
piano
“Erik a ropogós/ Red Cherries” e Peza n.15 de “Para nenos” (Bartók): análise formal e
melódico (progresión). Análise comparativo.
6
Marcha de
Malpica (2ª
parte)
SI agudo
como NR da
Dominante
T-T-D-T
T-D-D-T
A-B.
Variación
melódica
Ritardando
Forte- piano
7
Muiñeira
de Poio
Pulso,
acento
binario,
subdivisión
ternaria
(6/8)
, ,
, ,
,
Pentacordo
de DO + si
como floreo
inferior.
Nota de
paso e
floreo.
T-T-D-T
D-T-D-T
A-B = AA-
BB
Acelerando
Forte- piano
8
Buxos
verdes (2ª
parte)
, ,
, ,
Pentacordo
de DO + si
como floreo
inferior.
Nota de
paso.
T-D-D-T
A-A-B-B’
Acelerando-
Ritardando
Forte- piano
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
21
9
Buxos
verdes (1ª
parte)
, ,
, ,
Comezo
anacrúsico
Pentacordo
de DO + si
como floreo
inferior.
Nota de
paso e
floreo.
T-D-D-T
A-A-B-B’
Allegro-
andante-
lento
Crescendo-
decrescendo
Peza n. 1 de “Para nenos” de Bartók: análise rítmico, melódico, harmónico e formal. Creación
sobre a estrutura harmónica da parte A.
10
Mazurca
da Bretoña
en 3/4
Anacruse de
en ¾
Notas reais.
Enlace
harmónico e
modificación
cadencial.
Nota DO’ (2ª
parte)
T-D-D-T
Apoiatura LA
sobre SOL.
T-T-D-T
4+4 cc.
anacrúsico
A-B
Allegro-
andante-
lento.
Accelerando-
Ritardando
Forte-
mezzoforte-
piano
Crescendo-
decrescendo
Metodoloxía
A metodoloxía, como xa se indicou, basearase na actividade, a
experiencia e a vivencia. A partir do movemento e o canto o alumando
establecerá un primeiro contacto cos novos contidos e a través da análise
auditiva irá tomando conciencia progresivamente de ditas aprendizaxes.
A imitación xogará un papel importante como andamiaxe, de xeito que o
profesorado deberá ir retirando progresivamente a súa axuda favorecendo a
autonomía do seu alumando. Deste xeito, a reprodución e a repetición darán
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
22
paso á creación de variacións rítmicas e melódicas dende as que os alumnos
accederán á improvisación e ao desenvolvemento de pequenas formas
musicais baseadas en ditas improvisacións. Estas pequenas pezas tomarán
como modelo as propostas en cada Unidade Didáctica.
Organización espazo-temporal
A programación inclúe 10 UD para desenvolver ao longo de tres
trimestres, xa que, ademais das 3 UD que se contemplan para cada un dos
trimestres, se engadiu unha décima proposta que podería empregarse como
repaso dos contidos do primeiro curso ao final do mesmo ou ao comezo do
curso seguinte, establecendo así unha relación coherente entre ambos cursos
académicos.
Pártese da premisa de contar con dez clases por trimestre que
repartidas entre as tres unidades didácticas, permiten contar cunha sesión en
cada trimestre para facer un repaso dos contidos traballados nas unidades
precedentes e transferilos a outros contextos, promovendo o contacto con
outras músicas.
Para isto escolléronse pezas de autores como Brahms e Bartók,
inspiradas no folclore húngaro, entendendo que sería unha maneira moi natural
de chegar á música académica dende a música tradicional.
As clases desenvolveranse nunha aula que conte con espazo suficiente
para realizar as actividades de movemento e a distribución das cadeiras será
en U favorecendo o contacto visual entre os alumnos e destes co profesor.
Recursos materiais e persoais. Papel do profesorado.
A aula contará cun encerado pautado, reprodutor de música,
instrumentos de percusión e unha biblioteca de aula coas partituras, libros, cds
e materiais didácticos necesarios para a práctica docente. Ademais, cada
alumno aportará un instrumento melódico, en principio, unha frauta doce
rectificada, aínda que poderían ser outros instrumentos impartidos no centro.
O proceso E-A da MTPG
Andrea Porto Mato
23
A proposta didáctica podería levarse a cabo sen outras aulas de apoio,
porén, o recomendable sería contar con outras clases paralelas centradas na
técnica instrumental, no canto ou no baile, para o cal sería preciso contar con
profesores espacializados en cada unha das disciplinas.
O profesorado actuará como mediador entre a música e o alumno
presentando unha actitude positiva ante as dificultades e brindando un trato
próximo, que promova a motivación e un bo clima na aula. É necesario que
sexa claro na exposición dos contidos e no desenvolvemento das actividades
propostas.
Avaliación
A observación sistemática será a ferramenta de avaliación máis
importante para avaliar a evolución do alumnado e da propia práctica docente.
Partirase dunha avaliación inicial e farase unha avaliación continua de cada
alumno, rexistrando as observación en dúas táboas de avaliación. Nunha delas
recollerase en que grao se acada cada un dos criterios de avaliación indicados
en cada UD e derivados dos obxectivos didácticos indicados ao comezo da
mesma. Na outra recolleranse observacións sobre a participación, o grao de
comprensión, o grao de corrección na execución das actividades propostas, as
preguntas realizadas, as intervencións voluntarias e as dificultades atopadas
polos alumnos no proceso de aprendizaxe.