Post on 12-Jul-2015
O RÍO CABEPROXECTO
OS NOSOS RÍOS E MARES
O RÍO
PASEAMOS POLAS SÚAS ORELAS E DESCUBRIMOS
OS SERES QUE VIVEN XUNTO A EL
O RÍO CABE BAIXA MANSIÑO
CANDO CHOVE MOITO, O RÍO MEDRA E
PODE INCLUSO SAÍRSE DO SEU CAUCE
PERO CANDO NON CHOVE
O NIVEL BAIXA DÍA A DÍA
XUNTO AO RÍO MEDRAN MOITOS
AMENEIROS, CHOPOS E FRESNOSOS AMENEIROS PROTEXEN
O RÍO DO VENTO
AS RAÍCES DOS FRESNOS
RETEÑEN A TERRA DAS ORELAS
OS PARRULOS CONSTRÚEN O SEU NIÑO ENTRE AS
PÓLAS PARA PROTEXERSE DOS SEUS INIMIGOS,
POIS TEMEN POLAS SÚAS CRÍAS
ESTES PAXAROS ACHAN REFUXIO
E COMIDA XUNTO Á AUGA.
A LAVANDEIRA
A GARZA REAL
O MERLO RIEIRO
O OURIOLO
A LAVANDEIRA
As lavandeiras teñen
un rabo moi longo que
moven continuamente
de arriba a abixo
O MERLO RIEIRO
Anda pola corrente
empurrando a auga
coas súas ás para
atrapar insectos.
A GARZA REAL
Pesca rás e peixes
co seu longo pico
O OURIOLO
Vén dende África e marcha
ao rematar o verán.
O PICAPEIXE
Dende unha póla alta
asexa a súa presa,
tírase e pesca unha
deliciosa troitiña.
AS RÁS VERDEXADAS
As rás verdes viven nun tranquilo
recuncho do río. Son grandes
cantoras.
Na primavera os machos cantan
para atraer as femias,
logo aparéanse e pronto
os cágados sairán dos ovos.
Para cantar inflan como
globos os sacos vocais.
A PÍNTEGA
A súa pel é velenosa.
Pertence á mesma
familia que a rá,
É un anfibio.
O AGUANEIRO
É un animal moi raro,
pois ten cabeza de toupa,
trompa de elefante,
rabo de rato e
patas de parrulo.
Pero nada moi rápido
por baixo da auga.
A ANGUÍA
As crías de anguía nacen moi lonxe
da nosa costa. Atravesan o
océano e entran de noite nas rías
galegas convertidas en angulas.
Despois medran e fanse anguías.
OS INSECTOSA PESAR DE QUE AS SÚAS LARVAS PASAN VARIOS ANOS NA AUGA
ESTES INSECTOS VIVEN MOI POUCO TEMPO.
LIBÉLULA CABALIÑO DO DEMO EFÉMERA
A LIBÉLULA1. A elegante libélula pon os seus ovos na
auga, no talo dunha pranta
2. Unhas larvas de libélula
A LIBÉLULA3. A libélula adulta sae da súa vella pel 4. A pel vella está valeira e a libélula loce as
súas fermosas ás novas
AS TROITASSon peixes de río que se distínguen polas pintas vermellas da súa pel.
Teñen tanta forza que poden dar chimpos fóra da auga.
No inverno as troitas viven aletargadas no fondo das augas frías.
Agardan o retorno da primavera protexidas das xeadas.
ESTES ANIMAIS MÓVENSE CON
FACILIDADE POLA AUGA
O Zapateiro deslízase sobre a auga
coas súas patas aceitosas
A araña pescadora atrapa
os insectos e os peixiños pequechos.
A COBRA DE AUGA OU SAPEIRA
Nada moi ben.
E a ti non che fará
ningún dano porque
é inofensiva
A LONTRA
Quedan moi poucas lontras
porque só poden vivir
en augas moi limpas. Son
áxiles e veloces nadadoras:
poden atrapar peixes,
sobre todo de noite.
Polo día, refúxianse nos
seus tobos, son tan tímidas
que é moi difícil velas.
QUE BONITO É O RÍO CABE!
Dá gusto sentar na súa beira, contemplar as súas
augas limpas e bañarse nelas
O RÍO É MOI DELICADO
Se está contaminado,
non pode albergar vida.
O MAPA Neste mapa do concello do Incio localizamos onde está o
río e os lugares onde vivimos todas nenas e nenos da
clase.
PARA QUE USAMOS A AUGA DO RÍO CABE
Estes son os usos que se lle dan á auga do río.
O CICLO DA AUGA
UNHA CANTIGUIÑA
“POLA BEIRA DO RÍO”
Pola beira do río
cantaba un sapo
e no cantar dicía
hay que te papo….
UNHA ADIVIÑA
Longo, longo coma un camiño
e torto, torto coma un fouciño.
AS E OS AUTORES