Post on 24-May-2015
description
O SÉCULO XVII: A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL
2º ESO
1. O FINAL DA HEXEMONÍA ESPAÑOLA
Filipe III
Filipe IV
Carlos II
A inicios do século XVII, España posuía o imperio máis rico e poderoso do mundo.
En poucas décadas perdeu a hexemonía en Europa e sufriu unha profunda crise económica e social.
O REINADO DE FELIPE III
Filipe III reinou entre 1598 e 1621. O seu valido era o duque de
Lerma. A súa política exterior foi pacifista,
xa que desexaba solucionar a grave crise financeira evitando os gastos militares.
Pero o rei incorreu en enormes gastos e tivo que declarar unha bancarrota en 1607.
En política interior, a medida máis relevante foi a expulsión dos mouriscos.
Cadro titulado Embarque dos mouriscos no porto de Vinaròs (1612-1613).
O duque de Lerma, de Rubens
O REINADO DE FELIPE IV
Filipe IV reinou entre 1621 e 1665.
O seu principal valido foi o conde-duque de Olivares.
A política exterior foi belicista. España involucrouse na Guerra dos Trinta Anos. Ao principio, as tropas españolas saíron vitoriosas, pero ao final España foi derrotada e perdeu parte do seu imperio en Europa (Tratado de Westfalia).
Europa tras a sinatura do Tratado de Westfalia
En política interior, Olivares intentou reformar a monarquía co obxecto de repartir os gastos militares e reforzar o poder do rei. Pero esta política provocou levantamentos, sobre todo en Cataluña e Portugal. Portugal alcanzou a independencia.
Política interior
O REINADO DE CARLOS II
Reinou entre 1665 e 1700.
A súa nai, Mariana de Austria, tivo gran influencia no goberno.
A primeira parte do seu reinado foi de crise, pero a situación melloroua partir de 1680.
Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polo problema sucesorio.
2. A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL
A economía retrocedeu en todos os seus sectores: agricultura, artesanía e comercio. Tamén se sucederon as bancarrotas.
Os valores predominantes fomentaban a vida inactiva. O ideal era vivir das rendas e rexeitábase aos que traballaban.
No século XVII, a poboación española sufriu un retrocesodebido as malas colleitas e as pandemias de peste, a expulsióndos mouriscos, as guerras e a emigración a América.
3. GALICIA NA IDADE MODERNA
A finais do século XV os Reis Católicos someteron á nobreza galega e crearon dúas institucións presididas polo seu representante no reino de Galicia:
As Xuntas de reino: Tratan os problemas de Galicia
A Real Audiencia: un tribunal especial.
A agricultura da época caracterizouse por:
Desenvolveuse a agricultura pola incorporación de novos cultivos vidos de América: millo e pataca
Auxe do comercio marítimo polo contacto coas colonias de América.
Economía
4. A HEXEMONÍA FRANCESA
Desde o Tratado de Westfalia, Francia converteuse na potencia europea dominante.
O esplendor comezou co reinado de Luís XIV, que ampliou as fronteiras de Francia en Europa e formou un imperio colonial.
A perruca, igual ca os tacóns,ten tamén a función de aumentara altura e prestancia do rei.
Cetro: símbolode mando.
O manto real de coroacióndos reis de Francia desdea Idade Media.
Espada medieval: símboloda xustiza. O rei é a máximarepresentación da xustiza.
Coroa: símbolodo poder real.
Luis XIV.
Obra de Rigaud
Control sobre poderes alleosá coroa: Igrexa,
institucións representativase poderes locais
Centralizaciónadministrativa
Sometementoda nobreza
Formacióndun exército
estatal centralizado
Represiónda disidencia
relixiosa
Sacralizacióne exaltación do rei
na arte e a propaganda
DO MONARCA
Este rei implantou en Francia unha monarquía absoluta: quitoulles poder ás institucións locais, unificou as leis e impostos, eliminou a disidencia relixiosa, controlou a nobreza e converteu a corte no centro da administración do Estado.
Luís XIV exemplo de monarquía absoluta