Post on 24-May-2015
O TESOURO DOS
NOSOS AVÓS...
A HISTORIA DE
FINA
*.-PRESENTACIÓN-.**.-PRESENTACIÓN-.* *NOME:Serafina Álvarez Vidal*IDADE: 72 anos Na súa aldea é coñecida como Fina de San José,ou tamén coma “a muller de Benigno da Xil”.Unha das súas maiores afeccións é o balonmán, e tamén o Entroido.Dáselle moi ben cociñar. O carneiro á tarteira con patacas guisadas é a súa especialidade.É natural de Novás (O Rosal)
A súa casa...
Viviu parte da súa vida nunha casa no Rosal, “ a casa da Ventosela”. Era a súa casa paterna.
Esta casa ten moita historia xa que nela, dentro da súa finca, atópase unha capela,a capela de San Xosé, onde se celebra a festa do 19 de Marzo. Nesta casa coa capela, que aínda se conserva, viven a súa nai, Esperanza, a súa irmá máis pequena co seu marido, Marina e Carlos,e o fillo máis pequeno destes.
Esta casa foi fundada en primeira instancia polo Abade D. José De Ucha Ribero no ano 1694. Esta data figura inscrita no frontal da capela.
E xa paramos de falar da súa casa pois poderíase escribir un libro da historia da casa na que Fina pasou a súa infancia, e de feito xa o hai, así que imos falar doutros aspectos moi interesantes da vida de Fina.
*A súa orixe...
Aquí atópase a capela, entre camelios e frutais.
A capela de S.Xosé...
O ciprés, na finca da casa...símbolo de nobreza
A súa infancia...
...inolvidable
Eu empecei a escola con oito anos e ós once, a traballare. A ghanar o xornal, a cavar na viña, e despois ós catorce anos empecei a ir ós percebes, pra conseguir diñeiro, cinco duros, que daquela era muito, porque os nosos pais non podían. Colliámolos en Oia e tiñamos que ir vendelos á Guarda. E íbamos a pé, atravesábamo-lo monte e chegábamos a Portecelo. Alí tamén ibamos ó arghazo donde o vendíamos, e ó xerez. Ó mellor carghabamos con trinta quilos nas costas. Isto ata os quince ou dezasete anos.
E a nosa roupa, a pouca que tiñamos, pois comprábannola os nosos pais como recompensa dese traballo. Eu como son a máis vella dos catro irmáns, fun a que máis traballei, o resto xa viviron doutra forma.
Era unha infancia mui dura, só era bunita porque por onde andábamos cantábamos sempre...Axudábamonos uns ós outros, bailabamos, riamos e disfrutabamos muito da vida...iso si, a diversión nunca faltaba.
A vida cotiá...
Unha matanza
A familia: A nosa familia estaba moi unida. Eu,
mentres aínda era raparigha e aínda non ía ó mare, ía toda contenta a durmir á casa dos meus avós moitas veces.
Facíamos unhas matanzas... máis bunitas! Reuníamonos todos e todo era unha parranda: cantares, bailes, facíamos “filloces”...E todo iso era moi bunito, do que agora xa non hai.
Pasándoo ben nunha voda cos amigos e coa familia
Cando xa casei... Cando xa era moza seguía traballando prá casa e
logho cando casei, ós 23 anos xa vin pra esta casa. Era unha casiña vella que servía pra ghuardar a palla. Démoslle unha pintura de cal, xa que daquela non tiñamos pintura e fomos traballando e arreglando a casa pouco a pouco, pero vivíamos mui mal, pero que mui mal, xa que o meu home tiña un soldiño moi pequeno e non daba pra nada. Xa despois empezamos a ter vaca, invernadoiros...e gracias a iso fomos tirando. E decíannos os vellos:
- Enriba dun ovo houbo unha ghaliña e enriba da vaca
viñan cinco duros e enriba do invernadoiro pois outros cinco.
A emigración: Había que criar os fillos, que xa eran dous, e o
meu home marchou a Alemaña e eu quedei aquí coidando dos fillos. E mentres el non volveu, eu non lle ghastei unha perra. O que el ghañaba era pra arreghlar a casa.
E esa era a nosa vida, unha vida moi duriña, o que pasa é que eu fun moi forte. E así estou aghora, porque traballei muito. O meu home estivo en Alemaña tres anos e el quería que fora pra alí. Pero eu cos fillos non quixen. Entón veu e quería empregarse aquí, pero como non encontrou traballo decidiuse a marchar a Holanda. En Holanda estivo outros tres anos,moito tempo fóra da familia, só... Entón decidiu virse pra aquí e empregouse en Camposancos, na Pasaxe.
E esta foi a nosa vida durante cuarenta e tres anos.
O Franquismo...
...sufrimento
Eu dou pouca fe da gherra, porque eu nacín no 1935 e a gherra foi no 1936, polo que era moi pequena e aínda non era moi consciente das cousas.
Do que si que me acordo é da posgherra cando os homes andaban fuxidos por aquí.
Recordo que ó mellor ías polo monte e atopabas homes tirados, algúns xa mortos, outros feridos, pero o que si que vos podo dicir é que todos fuxían.
Houbo un moi coñecido na Guarda que se chamaba Juan Noia, que viviu tres anos oculto nunha casa moi preto de aquí. Todo o mundo sabía que estaba agochado alí e a súa familia ía visitalo e levábanlle
comida, pero cando a Guarda Civil viña a preghuntar polos fuxidos, naide dicía nada. Aquí todo o mundo calaba e axudábanse uns ós outros, xa que calquera día o que se atopara nunha situación coma a de Xoán Noia, podía ser alguén da túa familia.
O que si que nunca se me olvidará foi a fame que pasamos. Meu pai non tiña diñeiro pra comprar comida prá casa, e aínda por riba era obrighado a traballar plantando árbores no Picoto e no Terroso, e tamén nos montes de aquí preto, sen recibir nin unha peseta a cambio.
A pesar de todo...
...a diversión
Os xoguetes:
Os únicos xoguetes que tiñamos eran uns que nos facían os nosos pais.
A miña nai, a min e as miñas irmás facíanos unhas monecas de trapo. E o meu pai ó meu irmán facíalle un xoguetiño de madeira, que non me lembro aghora como se chamaba, pero do que si me acordo e que tamén lle facían uns xoghetes que se chamaban traques.
Estes eran os nosos reghalos do día de Reis.
Algúns xogos:
Cando xa eramos rapazas de casar, non sabíamos facer outra cousa que xoghar a xoghos de críos... xoghábamos á cachiza, á roda, ó tres en raia na terra, ós alfileres...
As festas:
Nos íamos a tódalas festas, se nos dicían que había festa en Triana pois todos íamos a Triana (alá nos montes de Couselo), tamén íamos á Guarda, Goián, Oia, Viladesuso... e como tiñamos que estar ó toque da oración na casa, pois collíamos as zapatillas na man, que eran as únicas que tiñamos e había que conservalas, e botábamos a correr prá casa ou senón o próximo domingo quedabamos na casa castighadas.
Canción cantada no Recreo Artístico Guardés fai moitos anos
Os mozos:Eu era moi ligona, e con quince anos xa tiña
mozo, co que me casei ós vinte e tres anos. Aquilo era moi bonito, porque íamos ós bailes e
poñiámonos tódalas mozas nunha roda e despois viñan eles e cada un arrimábase á súa pra ir bailar con ela, pero nós non queríamos que viñeran porque queríamos ir cos outros, só os queríamos pra ir á noite con eles prá casa, e así non ir soas...
E é así, antes había as mismas trampas que hai aghora.
Cando estabamos na casa, eles marchaban prá Telleira e nós quedabamos alí, pero nós non lle ghuardabámo-la casa, íamos a cantos bailes había, moitas veces sen dicirlles nada...
Tamén había unha rivalidade entre os mariñeiros e os da aldea. Nin ós mariñeiros lles gustaban as da aldea, nin ós da aldea lles gustaban as mariñeiras. Por iso nos miraban mal cando eu e unhas amigas nos xuntabamos cuns rapaces mariñeiros que nos gustaban...Ata nos chegaron a por un mote...chamábannos as “bombín”.
Algunhas anécdotas:
Algunhas anécdotas:* Recordo unha de cando ía ós percebes. Un día
meu pai dixérame que como tiñamos moita fame, en vez de diñeiro trouxera pan. A min, que ese día ía con dous quilos de percebes a vendelos a unha casa en que se me compraba, déronme a cambio tres quilos de pan de millo. Fun prá casa máis contenta ca un cuco!
Outras veces, cando eu tiña moita fome, o pouco que me daban xunto co diñeiro, xa o comía polo camiño, e cando cheghaba á casa, eu, caladiña, non dicía nada, porque senón tiña que repartilo cos meus irmáns, e así era todo para min.
*
Eu tamén tiña un tío que era falanxista. Era poeta. Tamén escribiu no Heraldo Guardés, un xornal da Guarda, e colaborou na revista Vida Gallega e no xornal El Pueblo de Vigo, e no 1921 emigrou a Sevilla, logo de varios anos de telleira co seu pai. En Sevilla enriqueceu o seu coñecemento e xa en 1932 escribiu un libro de poesía, Lágrimas del corazón.
A súa morte foi estraña. Morreu autoenvenenándose, xa que foi víctima dunha traizón e calumnia por culpa duns cartos desaparecidos das arcas municipais.
Os novos
tempos
Eu non critico pra nada a xuventude de aghora,pero o que digho é que todo cambiou muito, por exemplo, antes íamos pró baile as cuatro da tarde e víñamos para casa ás oito, pero aghora saen ás dez ou doce da noite e cheghan ás dúas, tres ou seis da mañán.
Tamén cambiou a forma de divertirse, antes nós íamos ós bailes, e aghora vós vandes ás discotecas e encerrándeisvos alí.
Eu non digho que iso non sexa diversión, pero é diferente. Pra min antes era mellor, aínda que non critico o de aghora.
Hoxe en día temos moitas vantaxes, e só vos digho unha cousa, aproveitai o que tendeis, que aghora vivimos coma reis.
Aghora eu tamén me divirto. Saio á praza é falo cas veciñas, miro a televisión no sofá, o fútbol, que me ghusta muito, vou ver o Novás... Pero tamén me ghustaría facer as festas de antes alghún día.
Xa centrándonos na política, eu penso que Felipe González foi quen nos axudou a que todo fora mellor, e gracias a el temos o que temos hoxe.
A HISTORIA DE
CARMEN
*.-PRESENTACIÓN-.**.-PRESENTACIÓN-.* *NOME:Carmen Baz Alonso*IDADE: 77 anos
É coñecida no pobo como Carmen a do Lato,familia á que pertence.É unha persoa moi alegre, cantareira e divertida...Vive en San Caetano, cos seus fillos, as súas respectivas parellas e as súas tres netas.
O seu barrio... ...e as súas xentes
A pedra do Grelo
A capela de San Caetano
Vellos mariñeiros
Manuel do Canal
O tío Chirro
O tío MarDomingos
No cruceiro da praza de San Caetano
Marina (a forgueira) e Avelino (o mudo)
A tía Piruana
O tío Francisco Mauro e
a tía Jesusa
A tía Antonia
Vellos amigos
cinco compañeiros cun peixe espada no Valladeiro
A súa infancia...
...inolvidable
Eu nunca fun á escola, e ghustaríame ir, pero non pudía porque éramos dez irmáns e tiña que coidar deles, xa que naqueles tempos as nosas nais tíñannos pra atender os fillos, e entre que coidaba deles e traballaba non tiña tempo de ir á escola.
Hoxe en día aínda nun sei ler nin escribir, o único que sei é o que a miña mente aprendeu agora...
Nun tiñamos casa onde vivir. Eu ós dez anos xa ía pola aldea vender
peixe nunha patela.
*Os xoghetes: Xoghetes? Eu nunca tiven xoghetes!
E na Noche Buena e na Navidad aínda que non tiñamos xoghetes na miña casa era a aleghría máis ghrande que pudía haber, porque como cantabamos muito, con dúas nociñas e catro pasas, había cantarola ata o día. Tampouco tivemos fotos da primeira comunión, porque tampouco había diñeiro para paghalas.
E vestidos? Preghuntándesme polos xoghetes e non polos vestidos? Eu nunca tiven dous vestidos. O único que tiña había que lavalo pola noite e pola mañán cunha plancha de carbón, planchalo ben planchadiño pra ires ghuapa pola tarde.
A vida cotiá...
A súa familia:
Os Latos...pais de Carmen
O traballo: Con dez anos xa ía á aldea e a
Goián,andando,a vender peixe cunha patela, pero ó mellor non tiñamos venta e había que vir de volta prá casa sen unha peseta... porque a venta só era unha hora, a hora na que xente saía da misa...E tiñamos que ir ata alá descalzas porque nun había calzado.
Eu tiña casa pra ir traballar, onde de inverno traballaba dúas tardes á semana e me daban cinco duros, e logho viña o verán e aínda traballaba máis e paghábanme os mesmos cinco duros.
Traballei tamén coas redes, arrastrándoas, atando, lavándoas...
Cando tiña vinte e tres anos fun servir pra unha casa de dez fillos e ghanaba vinte duros ó mes. A nosa vida foi unha miseria. Tiñamos que coller as carqueixes e cepillo e ir freghar polas casas.
Tamén traballei emporlando o porto da Guarda...
Esta son eu no desfile da Festa do Monte con redes nas mans.
A fame... O único que tiñamos pra comer eran
papas, e pra iso só levaban fariña con aghua fervida mais verdura cocida, nin touciño nin unto...E levantábamosnos sen almorzar e a noite íamos prá cama sen cear...Pasei muita fome, muita fome!
Eu tiven unhas tías que marcharon á Arxentina e dunha delas non sei nada, nin se morreu, se aínda vive ...Nada!
Tamén tiven familiares en Segovia, Barcelona …
Emigración:
As festas... as romarías
A festas, nun fun a muitas, só ía ás de por aquí...a San Roque, por exemplo.
As nosas festas eran cantar e bailar, ai se vos contara todo o das festas, nun vos cabía en dous libros...
Había aquí na cruzada un home que tocaba a ghaita que era coñecido por todos, “o tío Lancha”, e nós con só a súa ghaitiña bailabamos e faciamos unhas festas que eran unha marabilla...O tío Lancha era o ghaiteiro que había, e el por onde andaba sempre había festa...
Canción...A BerberechiñaGuardesiña da Cruzada ten coidado coas cebolas,(bis)
se che pican, se che pican, fóra o demo e non as comas,
(bis)
(retrouso) Arrastráche-lo cu polas pallas e fixeches o niño no chan,e manchaches a berberechiña que traías lavada do mar,que traías lavada do mar, que traías lavada do mar,Arrastráche-lo cu polas pallas e fixeches o niño no chan.
Un rapaz coa súa noiva unha noite no Curuto,(bis)nun recuncho moi escuro deulle bicos coma un bruto,(bis)
/retrouso/
Xa se sabe quen de noite se bañaba en Fedorento,(bis)era o cura cunha monxa que fuxía do convento,(bis)
/retrouso/
Cando fun o Monte Tegra cunha moza de Almería,(bis)ensineillo todo todo que era o que ela quería,(bis)
/retrouso/
Antonio Alberto.[ grupo Lareira ]
Os mozos: Eu nun quiría os noivos ricos, porque eu era
pobre e ó mellor botábanmo en cara... Os mozos nós coñeciámolos oíndollos cantar, ou senón viñan eles sacarnos bailar, pero nos elixíamos, como nun nos conviñera, “media vuelta e pa’ derecha”...Ai! nós tiñamos trucos pra que non se acercaran a nós os que nun quiríamos, e tamén houbo alghúns que quedaron plantados, ai non...
E mira, o meu home coñecino víndome cantar á porta, eu tiña vinte e catro anos...
O tío Lancha tocando a gaita
Disfrutando cos seus a Festa do Monte
Festa do Monte...o rapaz do sombreiro é seu fillo
A romaría de Santa Tegra
A banda de San Caetano.....A Corea
A festa do monte ...
O franquismo...
...lembranzas
A guerra civil: Eu tiña seis anos cando foi da gherra e
paseino moi mal. A miña abuela tiña dous netos na
gherra, e un día cando estaba na ventá da casa, viu como un dos seus netos se poñía enriba dunha pedra, e moi emocionada de ver ó neto que xa daba por morto,resistiu, pero logho mirou ó outro, e xa na ventá, deulle un ataque, e xa non resistiu tanta emoción. Morreu.
Non. Naquela estaba, porque estaba azocada con el. Cando el estaba, había que achantar, porque eu non tiña idea do que era a política nin muito menos. Moitas veces fun cantar á praza do reloxo o “Cara ó Sol”, e logho nós ó cheghar á casa cantabámoslle:
- Cara ó sol ,coa barrigha vacía…
Estabas a favor de Franco?
Fuxidos: Na familia da miña avoa houbo
fuxidos. Houbo un moi coñecido que estaba casado cunha sobriña da miña avoa: Juan Noia. El tivo que pasar muitas veces a Portughal pra escapar dos falanxistas polas súas ideas, xa que era comunista.
Nese tempo había que pensar coma eles, senón …
Algunhas anécdotas:
* Eu traballaba pra unha muller limpando na súa casa. A cambio dábame cinco duros, pero ás veces non me paghaba. Acórdome que cando estaba pra casar, prometeume que en vez de pagharme daríame un reghalo de voda. Ó final quedei sen diñeiro e sen reghalo de voda.
* PRA LUCIR OS BICOS, PRA CANTAR OS LATOS, E PRA BAILAR OS MASCATOS *
Este é un refrán típico da Guarda. Os Bicos eran unhas persoas altas e cuns
ollos moi bunitos, eran os ghuapos do pobo. Os Latos, familia a cal pertenzo eu, é unha
familia na que todos cantaban moi ben, eran as mellores voces do pobo, eu diría que as mellores de España. Aínda hoxe son coñecidos por iso. Por exemplo, o famoso Tino Baz pertence ós Latos, é meu sobriño.
Os Mascatos, eran coñecidos polo ben que bailaban.
Os novos...
tempos
Eu creo que agora estamos muito mellor. Pra min a mellor época da miña vida foi a vellez, non dependemos dos fillos pra nada, cando quero ir de viaxe vou, teño unha pensión que me dá pra vivir ben...
Xa, centrándonos en política, a mellor época pra min foi a de Felipe González, que foi quen nos deu unha pagha,sesenta mil pesetas, porque meu home era enfermo e iso aghradecíase muito...
Eu só vos digho que ánimo, traballar, non quededes cos brazos cruzados, agharrande ben as letras e non queirais ser estropallos de naide.
Ser persoas e tratándevos ben uns ós outros que é o mais bunito que pode haber nesta vida.
Conclusión do traballo:
• Foi un traballo moi interesante, xa que os nosos avós, avoas neste caso, gardan un tesouro que se non fose por este traballo quizais non descubriríamos nunca.
• As dúas se puxeron moi nerviosas no momento da entrevista, e ata en momentos se lles saltaron as bágoas da emoción de recordar os momentos tan duros que viviron.