Post on 19-Jun-2015
description
OBRADOIRODE
PUBLICIDADE
Equipo de BibliotecaI.E.S. De Curtis
E TI, SABES LER … PUBLICIDADE?
QUE É A PUBLICIDADE?
A PUBLICIDADE é unha técnica de promoción de produtos.
QUE OBXECTIVO TEN? Informar ó público, a través dos medios de comunicación, sobre as vantaxes de bens e servizos, para vendelos e obter beneficios económicos.
CAL É A SÚA FERRAMENTA FUNDAMENTAL? Os anuncios publicitarios, difundidos a través dos medios de comunicación.
QUEN FAI OS ANUNCIOS PUBLICITARIOS ?
Fanos os "creativos publicitarios“, que traballan en Axencias de Publicidade.
Cómpre ter en conta que no deseño e elaboración dun anuncio intervén moita xente: sociólogos, psicólogos, xente que fai enquisas, músicos, especialistas en imaxe e deseño… Todo está perfectamente estudado para que o anuncio capte a atención dun determinado grupo de xente.
ALGÚNS COÑECEMENTOS NECESARIOS PARA LER PUBLICIDADE
QUE INFORMACIÓN PODEN TRANSMITIR AS CORES?
Cores cálidas: : dan sensación de actividade, de alegría, de dinamismo, de confianza , forza, poder, vitalidade. Os publicistas úsanos como reclamo da atención do consumidor.
Cores frías: : dan sensación de tranquilidade, descanso, seriedade, profundidade e reflexión.
CADA COR TEN UN SIGNIFICADO
VERMELLO: úsase para captar a atención. Pode ter valor connotativo de paixón, forza, potencia…
AMARELO: úsase tamén para captar a atención. Asóciase á luz e á calor.
O VERDE E O AZUL
VERDEVERDE: : transmite sensación de relaxación e calma. Asóciase, con frecuencia, á natureza, a todo o puro e san.
AZULAZUL: : suxire calma, tranquilidade, serenidade. Asóciase á inmensidade do mar e do ceo.
OS TIPOS DE PLANOS
Nun anuncio publicitario é moi importante analizar os tipos de planos (espazo visual onde están obxectos, personaxes…) que predominan, xa que axudan a entender que se quere suliñar, na mensaxe publicitaria: se interesan paisaxes, aparecerán planos panorámicos, se o interese se centra nalgunha parte do corpo ou dun obxecto, manexaranse os primeiros planos ou de detalle…
TIPOS DE PLANOS
A ANGULACIÓN
Consiste en colocar a cámara nunha posición para crear un efecto determinado no lector ou espectador. Observade a seguinte diapositiva.
TEMÁTICA
Os publicistas deseñan as súas mensaxes publicitarias en torno a temas que resultan moi atraentes para o receptor e que despertan nel sensacións positivas:
A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMENTO, A VIDA SAUDABLE, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O FACTOR ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE , A AMIZADE, A DIVERSIÓN…
Observade as seguintes diapositivas:
ESTEREOTIPOS
Son ideas acerca de tipos sociais firmemente aceptadas por unha comunidade. A xeneralización inherente ao estereotipo faino erróneo, falso.
Velaquí algún dos estereotipos máis comúns no mundo publicitario, cos que debemos ser moi críticos, pola falsedade que actualmente conlevan:
OS ESTEREOTIPOS DE SEXO
HOME: ESTABLE, VALOROSO, AMANTE DO RISCO, CONQUISTADOR, EXECUTIVO…
MULLER: AMA DE CASA, NAI , INFERIOR INTELECTUALMENTE, FERMOSA, COQUETA…
TAMÉN OS NENOS SON REPRESENTADOS COMO DISTINTOS DAS NENAS...