Post on 25-Mar-2016
description
O POR QUE DESTE TRABALLO?DENDE A BIBLIOTECA E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA FIXERON A SEGUINTE PROPOSTA: PARA O SAMAÍN, FACER UN LIBRO DE MONTEMONSTROS.INSPIRÁNDONOS NO RELATO DO GATIPEDRO (QUE NOS ENCANTOU) DE ÁLVARO CUNQUEIRO DO SEU LIBRO “ESCOLA DE MENCIÑEIROS”
NA NOSA CLASE SAIU ESTE LIBRIÑO, NO QUE SE TABALLAN AS CORES, QUE ESPERAMOS AMPLIAR COAS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS.AS FAMILIAS QUE DESEXEN PARTICIPAR DEBERÁN ANOTAR A MALDADE QUE PODE FACER O GATIPEDRO (RELACIONADA COA SÚA COR) E TAMÉN COMO COMBATIR ESA MALDADE. TAMÉN DEBUJOS E ADORNOS QUE SE LLES OCORRA.PODE SER NUN, VARIOS OU TODOS OS GATIPEDROS.
…Pedro Chosco, o que pecha as pálpebras dos nenos. ... Mais ninguén sabía onde nacen os pesadelos que fan mexar na cama.…un gato branco cun corno mouro polo que deitaba auga: o Gatipedro, o culpable de que os nenos sintan ganas de mexar na cama. Como arrastra a lingua ao andar, disque non entra nos cuartos se se pon sal na porta e ventás pois non soporta o salgado. Pedro Chosco ofreceuse a poñer o sal nas portas dos ollos, entre o mundo real e o mundo dos soños para que Gatipedro non poida cruzalas. Por iso as sabas dos nenos que saben esta historia aparecen enxoitas polas mañás.Mais non se conforma o Gatipedro e a calquera hora do día verte auga do seu corno nos nosos ollos. Daquela choramos. Por iso as nosas bágoas saben a sal, ao que botou Pedro Chosco para que poidamos soñar en paz.