Post on 26-Jun-2015
description
1
C.E.I.P. QUINTELA – MOAÑA
EDLG
2
ADIVIÑAS
Alto me vexo. Unha cousiña
Color de ouro teño. criada no monte,
Por una risada enxoita na casa
perdín canto teño. e cómese sen tasa.
Alto pin pin, Alta estou,
ruín cabaleiro, ladrón vexo vir,
rómpelle a bolsa do meu carapucho
e cae o diñeiro. non podo fuxir.
Ten pelexo como a xente Brancas por dentro.
E é moi boa para comer; Que boas están!
chega polo mes de Santos Son froitos moi secos
e todo o ano a tes. que o outono nos da.
Alta estou, Alto vivo,
capotiño teño; se me mira a xente
vén o vento e río, quedo sen dente.
e non o deteño.
3
Son branca e non son de papel. No aire se cría,
Son verde e non son limón. no aire se ten;
Son vermella e non son sangue. bota una risada
Son negra e non son carbón. e perde o que ten.
Cal é a cousa, cal é ela, No alto nacín,
ten tres capas de inverno: entre a terra e o ceo;
a primeira mete medo, se alguna vez me río
a segunda é lustrosa téñocho todo perdido.
e a terceira é amarguenta.
Altos país, Alto está
peludas nais, e barbas ten.
fillos con peles; Ri e guinda
adiviña se queres. o que contén.
( As letras de MAGOSTO )
Para que eu baile Está en mes e non en tres.
póñenme a capa, Repítome tres veces en castaña.
porque sen capa Son a primeira letra de gusto.
non podo bailar. Son a última letra da frase anterior.
Para que eu baile Quedo no medio de festa.
tíranme a capa, Aparezo no souto e desaparezo en
porque sen capa soubo.
non podo bailar. Son a letra que se repite en outono.
4
CANTIGAS A castaña no ourizo, Acabáronse as vendimias
quixo rir e rabeou. e veñen as esfolladas;
Caeu do ourizo abaixo, para comer coas mazáns
vaia toupa que levou. catro castañas asadas.
Señora María, Acabáronse as castañas,
Señor Manuel, secáronse os castiñeiros,
Castañas asadas acabáronse os rapaces,
e viño con mel quedan os mozos solteiros.
e viño con mel
e viño con mel.
Señora María, Non chas quero,
Señor Manuel. Non chas quero,
Aquí temos o magosto, castañas do teu magosto.
que viva a festa rachada. Non chas quero,
Os meniños deste cole, non chas quero,
terán hoxe castañada. Que me cheiran a chamosco.
Señora María,
Señor Manuel,
Castañas asadas
e viño con mel
e viño con mel
e viño con mel.
Señora María,
5
Señor Manuel.
LENDAS Conta unha lenda que hai moitos, pero moitos, moitísimos anos,
nun pobo vivía un matrimonio moi pobre que tiña moitos fillos.
Tódolos veciños os axudaban. No tempo das patacas, dábanlle
patacas, no tempo das uvas, dábanlle uvas e no tempo das
castañas ,dábanlle castañas. O único que non lle daba nada era
un home que era tan rico como avaro.
Un día dous dos fillos máis novos desa familia foron apañar
castañas e apañaron as castañas que caerán ó camiño dun dos
castiñeiros dese home rico. Eles non o viran, pero el estaba no
souto queimando rastrollos. Chamou ós nenos e mandoulles
botar as castañas que apañaran no camino ó lume. Os nenos,
con moito pesar, botáronas e fixeron que se marchaban, pero
agocháronse detrás dun dos castiñeiros coa esperanza de
recuperalas cando o home marchara. E así foi. Cando o home
marchou, eles poideron recuperar as castañas, pero estas xa
estaban asadas.
Leváronas para a casa e derónllelas a probar a tódolos vecinos.
Tanto lles gustaron que polo San Martiño xuntáronse todos para
asar castañas.
Por certo, contan que a este home malo, os seus castiñeiros
nunca máis lle deron castañas.
6
REFRÁNS, DITOS…
En San Martiño
trompos ó camino.
En San Amaro
trompos ó faiado.
En San Martiño faise o magosto
con castañas asadas e viño ou mosto.
Polo San Simón pon o tapón.
Polo San Martiño proba o viño.
A chuvia no agosto non trae bo mosto,
nin bo magosto, nin bo entrecosto.
Polo San Martiño
todo mosto é bo viño.
Polo San Simón proba o viño
e o porco polo San Martiño.
Por San Martiño
cata o teu viño.
Antes do San Martiño, pan e viño.
Despois do San Martiño, fame e frío.
7
Polo San Martiño
planta o teu alliño.
Castañas, noces e viño
fan a ledicia do San Martiño.
Por San Martiño
nin fabas nin viño.
Deixa a auga e bebe viño
despois de San Martiño.
O día de San Martiño
proba o teu viño.
Do novo viño
proba un traguiño
polo San Martiño.
Por San Martiño
atesta o teu viño.
Auga de San Martiño
come pan e bebe viño.
Despois de San Martiño
vén o inverno de camiño.
A todo porco lle chega o seu San Martiño.
8
Se novembro empeza ben,
nada hai que temer.
Novembro acabado,
inverno empezado.
Polo San Martiño
castañas e bo viño.
O verán de San Martiño
son tres días e un pouquiño.
Imos a San Martiño
a tirar trompos ó camino.
A castaña maduriña,
ou cocida ou asadiña.
A castaña ten a maña
que se vai con quen a apaña.
Tras o verán de San Martiño
Chega decembro co seu inverniño.
Polo San Martiño
vai ver o teu soutiño.
Castañas no Nadal
saben ben e pártense mal.
9
Fíate das castañas asadas,
que, se estoupan, sáltanche á cara.
Por San Martiño
mata o teu porquiño.
Outono bonito,
folliñas no chan,
castañas asadas
que ricas están.
As castañas que despois de San Martiño quedan no souto
son do moucho.
Sen castañas
de visita non vaias.
A castaña no agosto quere arder
e no setembro, beber.
As castañas polo San Martiño
teñen sede e queren viño.
Con ricos magostos
e cantos fermosos,
feliz San Martiño,
farto e entretido.
En San Martiño
abre o pipote de viño.
10
Despois de San Martiño
vén o inverno de camiño.
Do novo viño
bota un traguiño polo San Martiño.
Polo San Martiño
próbase o viño
e mátase o porquiño.
San Xoán garda a chave do pan,
San Martiño a do viño
e San Andrés a do porquiño.
Castañas e chourizos,
cun grolo de viño.
A castaña no ourizo
eu ben sei o que fai:
se é que está verde, madura;
se é que está madura, cae.
Xa sopra o vento,
chegou o momento,
cun amplo sorriso
regaña o ourizo.
- Como te chamas?
- Come castañas.
- E de apelido?
- Calco cocido.
11