PEDRO E O LOBO

Post on 16-Mar-2016

223 views 2 download

description

Conto ilustrado

Transcript of PEDRO E O LOBO

Era moi cedo de mañá cando Pedro saiu da casa, abriu a porta e dirixiuse para o verde e ancho prado.

Na rama dunha árbore enorme estaba un fermoso paxaro amigo de Pedro.

-Todo está tranquiliño esta mañá, non sí? – Dixo piando alegremente.

Só entón chegou un pato cos seus andares de sempre. Alegrouse de que Pedro deixara a porta aberta, e decidiu darse un baño na lagoa que había no fondo do prado.

Ao ver ó pato o pequeno paxaro baixou ata a herba, situado preto do pato e dixo:

- Que tipo de paxaro es que non podes voar?-, ao que o pato respondeu con desdén: -Que tipo de paxaro es que non podes nadar?-. Dito isto, mergullouse na lagoa presuntuosamente.

Aquilo rematou nunha discusión, rifaron e rifaron. Mentres o pato se mergullaba na auga, o paxaro voaba axitado na beira.

Naquel momento, algo chamou a atención de Pedro; un gato axexaba entre as herbas.

O gato pensaba: - O paxaro está ocupado discutindo, é moi probable que o poida atrapar agora-. E arrastrouse preparando as súas garras.

-Coidado!- Berrou Pedro, e de súpeto o paxaro levantou o voo ata a árbore.

Mentres o pato berráballe con rabia ao gato… dende o medio da lagoa, claro!

O gatiño andaba arriba e abaixo mirando o paxaro e pensaba: - Me pregunto se paga a pena subir tan alto, cando chegue alá arriba o paxaro xa terá fuxido.

O avó, fumando na súa cachimba, saíu da casa e atravesou a porta que estaba aberta. Non lle gustaba que Pedro entrara no prado e díxolle: -Non é un sitio adecuado para ti. Se sae un lobo da fraga, entón que?

Pedro non prestou atención ó que o seu avó lle dixo porque sentía que os nenos coma el non tiñan medo aos lobos.

Pero o avó colleu a Pedro da man, levouno para casa e pechou a porta co seu fecho.

O avo non ía moi enganado nos seus temores porque, moi pouco tempo despois, un famento e enorme lobo gris saíu da fraga escura.

O gato viuno de seguida, e dun chimpo fuxiu subíndose á árbore.

O pato berrou e no medio do seu terror saíu para fóra da lagoa sen decatarse. Mais non importaba o rápido que o pobre patiño tentaba correr… O lobo corría como unha bala detrás del…

O lobo estaba preto… e cada vez máis preto… podía sentir a súa respiración…

Finalmente o lobo colleuno… e dun bocado enguliuno!

Agora as cousas estaban así: o gato enriba da árbore sentado nunha póla… O paxariño noutra póla da mesma árbore, mais non moi preto do gato porque non había precisamente unha grande amizade entre eles dous.

E o lobo camiñando cara adiante e cara atrás arredor da árbore mirándoos con ollos voraces e lambendo as súas mandíbulas famentas.

Mentres, Pedro, que o vira todo detrás da porta pechada pensou: Ah, así que o lobo quere comer a un destes. Isto pode vir a caer nun dobre xogo. Imos ver…

Pedro foi rápido para o seu cuarto, colleu unha corda grosa e ben forte e subiu ao alto do muro de pedra. Unha rama da árbore que estaba preto de onde o lobo estaba a saltar viña a caer sobre o seu muro.

Pedro colleu a póla da árbore e con moito tino subiu nela.

Pedro murmurou ao paxaro: -Se un paxariño bo e voa arredor da cabeza do lobo, mais non te achegues moito, só o suficiente para mantelo ocupado por uns segundos.

O paxaro obedeceu e voou sobre o lobo case tocándolle a cabeza mentres o lobo chasqueaba famento os seus grandes dentes como unha navalla afiada.

O lobo facía grandes saltos! Desexaba atrapar o paxaro con todas as súas forzas! Abría e pechaba a súa boca con forza, pero o paxaro era listo e o lobo non foi quen de collelo.

Mentres todo isto acontecía, Pedro fixo un lazo coa súa corda e deixouno caer pouquiño a pouquiño sen que o lobo se decatase… Cando a cola do lobo estaba dentro do lazo, Pedro puxou da corda con todas as súas forzas.

Feito! O lobo estaba preso polo rabo. Ao sentirse atrapado, saltaba salvaxemente tentando fuxir.

Pero Pedro amarrou o outro extremo da corda á árbore. Canto máis se revolvía o lobo, máis se pechaba o lazo sobre a súa cola ferida.

E naquel momento… os cazadores saíron da fraga.

Viñan seguindo o rastro do lobo e disparando as súas escopetas.

-Non disparen! – Gritou Pedro mentres estaba aínda sentado na árbore. –O paxariño mais eu cazamos o lobo. Axúdennos a levalo ao zoolóxico!-.

E entón… imaxinade o desfile triunfal! Pedro diante de todos… Detrás del, os cazadores arrastrando ao lobo.

E detrás de todo, o gato e o avó, que ía fumando na súa cachimba e movendo a cabeza murmurando: -Ben, e se Pedro non dera collido o lobo, entón que?

Por riba de todos eles ía voando o paxariño. Estaba orgulloso de si mesmo, e dicía: -Mirade o que Pedro e mais eu cazamos!-

E se escoitades atentamente, aínda poderedes oír ao estúpido pato berrando na barriga do lobo, porque como xa sabedes, no seu furioso ataque, o lobo engulírao vivo.

Este conto ilustrouno o alumnado de 1º curso do CEIP Plurilingüe A Pedra

de Bueu en outubro de 2012.

Iago

Gabriel Esperanza

Laura Boubeta

Laura BrocosBrais

AroaMartiño

Ariadna

Martín

Álvaro

JonathanMaría GarcíaIria

Alexandre

Marcos

NereaÁfrica

JorgeLucía Saray

Roi

Lois

Mario

David Crujeiras

Xiana Gallego

Lidia

Damián

ZulemaIzhan

Carlos

Sergio

SaraAnsurXiana Pastoriza

Eva

IsaacAndrés

Claudia

María Rosales

HelenaNatalia

David Soliño